Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2004.

Resumen

LA VIE EN ROSE

rincon_1.JPGRincón del Arroz- Los Cristianos- Arona
Paco Lareo almorzando con José Blanco, empresario e auténtico dinamizador cultural no sur de Tenerife.


Co gallo da visita de Paco Lareo, o centro galego do Sur de Tenerife organizou unha charla coloquio sobor da Fundación Casa Museo A Solaina e coincidindo tamén, cunha exposición de fotos que recollían os actos da inaguración dunha praza co nome de Galicia.
Neste "pequeno" homaxe ao amigo Paco lareo non faltou unha degustación gastronómica con viños, larpeiradas e múseca da terra.
Por certo, o acto foi bastante concurrido, arredor dunhas sesenta persoas se deixaron ver polo centro e decir que asistiron uns cinco concellais de cultura dos municipios do Sur de Tenerife.
02/02/2004 00:09 enlace permanente. Tema: a FoRXa No hay comentarios. Comentar.

MOMENTOS

amigos_1.JPG
De dereita a esquerda: Paco Lareo( A Solaina), Vázquez Pintor( escritor), Miguel Anxo Fernán Bello( Espiral Maior), Manuel Bragados( Xerais) e sra de Vazquez Pintor na horta da SOLAINA DE PILOÑO. XUÑO_2001

Presentación dos libros de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

BANZADOS ( Espiral Maior)

A MEMORIA DO BOI (Xerais)

QUEN FAGA VOAR (Laiovento)



Actividades enmarcadas na V Forxa Literaria. Encontros culturais no rural.
04/02/2004 20:06 enlace permanente. Tema: FoRXaS LiTeRaRiaS No hay comentarios. Comentar.

VI XUNTANZA OBRADOIRO - INTERNACIONAL DAS ARTES PLASTICAS
NA LEMBRANZA DE MANUEL PESQUEIRA SALGADO

anton_pulido_1.JPG

O autor do cartel da VI xuntanza é ANTÓN PULIDO


Pinta o teu pobo e serás universal




Manuel Pesqueira Salgado, señor de si mesmo, amador da súa
aldea, Lantaño, materializou coa precisión dun sabio mestre de obras os
seus cadros en estado de vixilia: ¡E así fixo real o consello sagrado! Colocou
na aorta do cadro a Lantaño e casouno cos seus labores, festas, soños e
desgracias, pintoulle ollos e mans: amasounos ao modo labrador con Francisco de
Asís e Caín no Bulbo Raquídeo e viviunos baixo un arco celeste de luces
grisallas a cabalo entre os bacelos das videiras e o desasosego dos temporais
asasinos do agro: prata e esterco rebozados en alma e sangue. Na súa vigilia
arrasou polos pelos a Leira, esa cruz dos Farrapos á que Galicia deu sitial na
alma dos homes e a persignou en todas as súas obras.

Así falaba Pesqueira: “O home este é una anaco de terra; a terra
esta e un anaco de campesiño”. E este dar vida aos seus veciños – amigos –
labradores – terra – ceo – pariuno desde o máis puro lugar da creación: ¡pro
dereito e coa mesma man que fai sagradas as faenas de touros: a esquerda!

Pesqueira é bárbaro e de Asís e ciruxián que despeza ao
home e medieval xuíz que somete a desvarío último ó seu corazón tal cal oulea á
esquerda do Pórtico de la Gloria.

Amador verdade da beleza intemperie e do dourado sol de
outono madurado o universo e do estremecemento negro da caza.

A súa pintura é cortiza de árbore, látego, nube, xustiza,
ar. Á pintura, Manuel Pesqueira Salgado, regaloulle un nobre aixadón fabricado
con machetadas de néboada e saliva humana.

Manuel Pesqueira Salgado, señor de Lantaño ¡¡deica sempre!!


ANTÓN LAMAZARES (Texto lido no homenaxe a Manuel Pesqueira na VI XUNTANZA - OBRADOIRO- Internacional das Artes Plásticas. Xuño_2002)
10/02/2004 04:44 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

A XENTE DA SOLAINA

paio_1.JPG
DAMIÁN PAYO CANGADO


CURRICULUM



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces