Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.

Resumen

solaina.jpg
A SOLAINA DE PILOÑO é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.
Paco Penas
11/07/2004 01:17 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

VII XUNTANZA OBRADOIRO INTERNACIONAL DAS ARTES PLÁSTICAS
11/07/04-17/07/04

solaina_art_1.jpg
Todo se coidou ata o último detalle para que os artistas disfruten plenamente desta estadía en Piloño. Comeza hoxe a séptima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas no seo da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, no Concello de Vila de Cruces. «Sete días que se adicarán a creatividade no rural, aquí en Piloño, e de convivencia marcadas pola paz», así describe o presidente da Fundación, Francisco Lareo, esta nova xuntanza na que algúns artistas veñen por primeira vez e outros repiten experiencia.

Un proxecto programado con mimo nos últimos meses polo equipo técnico de A Solaina e no que, cada un, se fará dono dun recuncho das instalacións para deixar voar o pincel sobre o lienzo ou plasmar na pedra ou na madeira as inquedanzas e sensacións máis profundas dese momento, sempre en contacto coa natureza. «Cada xuntanza, e xa van sete, teñen unha característica especial e particular. Ninguhna se asemella á anterior», subliña Lareo. Os resultados do obradoiro veranse co decorrer dos días e finalmente exhibiranse alá polo mes de novembro nas salas do Museo Municipal Aller Ulloa de Lalín. Ao mesmo tempo presentarase o catálogo, que editará a Dirección Xeral de Promoción Cultural, dos traballos realizados no museo cruceño.

Os creadores xa enchen A Solaina. Artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.

Amelia Ferreiroa.
na Voz de Galicia
11/07/2004 11:27 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

HOMENAXE A MANUEL REIMÓNDEZ PÓRTELA
por Xosé Neira Vilas

reimondez_2.jpg

De primeiras quero saudar agarimosamente a dona Victoria Fernández, viúva de Reimóndez e a todos os familiares que a acompañan nesta ocasión. E quero felicitar á Solaina de Pilono e ó seu director, o amigo Paco Lareo, por homenaxear ó gran Manuel Reimóndez Pórtela que andou por estes e moitos outros caminos procurando levar saúde e consolo á xente, exercendo un vocacional apostolado humanístico.

Hónrase a Solaina dedicando esta sesión, esta Forxa Literaria a este gran home, a este "médico dos pobres", como todos lle chamábamos na comarca.
Os que participamos nesta mesa redonda puxémonos máis ou menos de acordó e escollemos facetas diferentes para non repetirnos, para non dicir todos as mesmas cousas. Porque Reimóndez era polifacético. Hai varios Manuel Reimóndez e abordamos cada un de nos aspectos diferentes do seu múltiple facer.

Por outra parte ahí están os seus libros imprescindibles, as súas investigacións, e está na memoria da xente a súa bonomía, a súa sabencia, a súa calidade humana.

Se se me permite voume referir á miña relación persoal con este home singular e tamén ó Reimóndez emigrante, pois a emigración gravitou decisivamente nel.

Comezou a exercer a medicina cando tiña 25 ou 26 anos. Eu andaba polos trece e fun búscalo moitas veces, camiñando os sete quilómetros que hai entre Gres e San Miguel de Castro, íao buscar para miña avóa, para miña nai ou para algún irmán pequeño. El acudía puntualmente.
Algunhas veces volvíamos xuntos caminando ou chegaba algo máis tarde dacabalo. Viñamos por Cira ou cruzábamos o río na barca de Noente, na que remaba un portugués, barqueiro moi agradable e moi amigo do noso médico, quen case a diario subía a aquela embarcación sen baixarse do cabalo dado que ante calquera emerxencia o cabalo sabía nadar e eles dous non.
Sentíamos na aldea verdadeira devoción e simpatía por aquel home, sempre atildado, sempre ben vestido, que ademáis de medicinas daba consellos con palabra grata, convincente, alentadora, por suposto en galego.
Comentábase moito que estivera en Cuba e aquelo, entre os vecinos, dáballe certa aureola, certo misterio, pois era e non era totalmente de San Miguel de Castro; era un médico que de rapaz vivirá en América e en parte formárase alí. Xa se sabe que daquela os nomes de Buenos Aires e da Habana tiñan algo de lonxano e de máxico para todos nos.
Moita xente dicía "vou buscar a San Miguel", ou "que me vexa San Miguel". É obvio que se referían á parroquia pero poder antepoñerlle o nome dun santo tiña de por si un algo de relixioso, de bo anuncio, de presaxio favorable.
Os medios que utilizou Reimóndez revelan as súas posibilidades económicas e tamén a evolución do país, que quedara moi mancado pola guerra que acababa de pasar, (guerra na que tamén estivera o noso amigo como sanitario, nada menos que no frente de Teruel). Nun tempo a pé, ó mellor ata dez ou quince quilómetros, e logo dacabalo, en bicicleta, en moto, e finalmente en coche, de primeiras nun cochiño para o que estivo anotado longo tempo e que un día por fin llo asignaron e foino buscar a Barcelona.
En 1949 marchei para Buenos Aires. Tiña vinte anos. En todo momento antes de marchar estiven relacionándome con el. El seguiu atendendo amorosamenté á miña familia. Atendeuna durante máis de trinta anos. as máis das veces sen cobralle absolutamente nada.

Dende Buenos Aires, ñas cartas a meu pai sempre lle preguntaba por don Manolo, pero a el non me atrevía a escribirlle. Xa daquela, inda que seguía indo ás casas (foi sempre) xa instalara unha clínica, en plena aldea, na que se facían operacións e se ingresaban pacientes. En lembranza do pai, o seu filio Luís coida con esmero esa casa (chamada popularmente a Casa do Médico) que nos trae a todos entrañables lembranzas do seu fundador.
En 1961 mandeille a meus pais os meus dous primeiros libros, e mandeilles tamen exemplares para don Manolo.
Logo, ese mesmo ano, Anisia e máis eu fomos residir e traballar a Cuba. Nas cartas á familia sempre preguntaba polo médico amigo, que sabía os seguía atendendo a todos.
En 1971 envieille un exemplar do meu libro para nenos "Cartas a Lelo", onde aparece un contó no que un rapaz vai buscar ó médico. Inda que sen nomes, o rapaz era eu mesmo e o médico era, por suposto, o doutor Reimóndez.

Nos comezos de 1972 recibín na Habana unha carta del, unha carta extensa, escrita en galego. Era coma unha declaración de fe no destino de Galicia, unha clara toma de conciencia do seu país. E a min alegroume saber del, de don Manolo, directamente, e alegroume saber que aquel home a quen admiraba e quería, erguía a bandeira da dignidade do seu país; estábamos enrolados na mesma idea da defensa de Galicia e da súa identidade.
Meses despois, Anisia e eu chegamos a esta térra. Ela por primeira vez e eu despois de vintecatro anos de emigrado. E o primeiro encontró que tiven na comarca foi con Reimóndez. Baixamos nun taxi dende Santiago e pasamos por San Miguel de Castro. Antes de ver a meus pais e a meus irmáns entrei por Valvoa e vino a el. Estiven con el, como estaría moitas veces máis naqueles 50 días que botamos aquí, e nas viaxes sucesivas que dende entón facíamos a Galicia.
Foi el quen fixo poner unha pedra, un monolito na miña humilde casa natal en 1982, onde me fixeron unha entrañable homenaxe en ausencia, e todo organizado por este home singular. Ese monolito anticipouse dez anos á creación do Centro Cultural de Gres, hoxe en plena actividade, e á nosa Fundación, da que Luis Reimóndez é secretario. Foi un adianto do que logo se faría, e foi indudablemente un xesto precursor, que lle debemos a don Manolo.
Xa estaba ferido de morte e asistiu gozoso, conmovido, á inauguración do dito centro en 1993, uns meses antes do seu falecemento.
Sempre recordarei os seus xestos, a súa amizade e lealtade, e o seu amor a Galicia.

Dicía no comezo que Manuel Reimóndez Pórtela fora un emigrante. A emigración, sobre todo a emigración a América, marcou moitos acontecementos galegos e moitas conductas e comportamentos das nosas xentes. El era un exemplo positivo desa circunstancia, pois despois dos seus anos naquel continente xa nunca máis tivo unha soa patria. As súas patrias eran Galicia e Cuba, de certa maneira como me ocorre a min. Eu estiven moitos máis anos fóra pero el estivo na época da infancia e eso é definitorio se nos atemos á coñecida frase de Rilke.

Tina poucos anos cando marchou cos seus pais para a Habana. Alí rematou os estudios primarios e comezou o bacharelato. Viviron no barrio de Marianao e no casco histórico da cidade, na rúa Leonor Pérez, preto da casa natal de José Martí, poeta e Heroi Nacional de Cuba. Participou en xogos, festas e cancións con rapaces do seu tempo, brancos, negros e mulatos. Con uns e outros ía patinar á histórica Alameda de Paula. E integrou un equipo de béisbol.
En 1932 voltou co pai a Galicia. Aquí rematou o bacharelato e comezou a estudiar Medicina.
Sempre falaba de Cuba e recordaba, coma Laxeiro, cancións, prazas, monumentos, campañas electorais, ditos e refráns. Recordaba todo. A Habana foi a súa primeira cidade e poida que fose a cidade que de certo amou. A "súa" cidade. Repetía que un anaco del estaba naquel país.

No outono de 1978, corenta e seis anos despois de ter regresado a Galicia, o noso amigo voltou a Cuba, nesta ocasión con Victoria, a súa esposa.
Temos constancia directa da súa emoción naquel reencontró porque os acompañamos case a diario. Van ala vintecinco anos e ainda teño presenteo seu asombro cando caminaba por unha rúa que coñecera os seus pasos de adolescente, cando vía unha estatua ou entraba nun teatro ou recorría un parque. Trataba de recoñecer a cidade en cada recanto, en cada esquina, en cada árbore ornamental. E logo na Praza da Catedral, nas fortalezas do Morro, da Cabana, da Punta, de Atares. Visitou o Centro Galego, o cemiterio onde se achan uns cincuenta panteóns que levan os nomes de outras tantas sociedades galegas, as máis délas xa extinguidas. A Habana cambiara moito pero aínda tina, no centro histórico, ese aquel de señorío inconfundible, ese selo de nobreza.

De volta trouxo fotografías, libros, recordos, e trouxo sementes e plantas tropicáis que foi plantando no salido das casas de San Miguel de Castro, á beira das flores que cultivaba Victoria e das vellas pedras traballadas que o noso médico e arqueólogo foi coleccionando, non lonxe da consulta e do laboratorio fotográfico e da biblioteca instalou un invernadeiro para protexelas e ate lie creou un clima axeitado mediante un sistema de estufas. Atendía con perenne dedicación e ata con paixón aquel recanto tropical. Quería reproducir en Galicia o máis representativo da flora cubana. E logrouno durante un bo tempo. (A atención desas plantas axudouno anímicamente nun trance difícil da súa vida: cando morreu Manolo, o seu fillo maior, nun brutal e para todos nos inesquecible accidente de tráfico).

Manuel Reimóndez Pórtela, emigrante, médico, investigador, fotógrafo, arqueólogo, animador cultural, presidente do grupo dos 16 que traballou no anteproxecto do Estatuto de Galicia, Alcalde da Estrada, filántropo, escritor, afanoso camiñante e observador... foi un home pleno, un galego integral que amou a Galicia por enriba de todo e sen pedir nada a cambio. Amouna coma quen ama un anaco de sí mesmo. Amouna e estudiouna con devoción e agarimo.

Alégrome de recordalo neste lugar, nesta Forxa Literaria, neste Piloño que caneou moitas veces. Despois que fotografou e estudiou centos de cruceiros en boa parte da provincia de Pontevedra, chegou ó pazo de Raíndo, nesta parroquia, moi preto de aquí, e no cruceiro atopouse cunha imaxe do Nazareno que mira para a esquerda, algo certamente novedoso e poida
que o único caso en toda Galicia. Sentía tal ledicia por aquel descubrimento que non se conformou con dicírnolo. Unha tardiña levounos alí e puidemos velo. Connosco ía tamén o profesor e arqueólogo estradense Xoán Andrés Fernández.

Piloño, pois, debíalle esta homenaxe, que hoxe cumple cabalmente a Solaina. Noraboa por tal acerto que é certamente un acto de xustiza.

Xosé Neira Vilas na VI Forxa Literaria na lembranza de D. Manuel Reimóndez Portela
A Solaina de Piloño, 22-6-03



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces