Paco Lareo é un dos grandes Artistas da Nosa Terra. ( Xosé Luna)
DA SÚA TRIBO herdou o maior tesouro do mundo, a Forxa da Vida.
Os seus amigos, que son moitos, chámanlle Paco. Responde sempre cun sorriso.
A súa figura é a dun Cabaleiro de Deza galopando no seu Golf branco polas estradas da arte. É desa especie en vías de extinción, a dos bos e xenerosos. Leva sesenta e cinco primaveras demostrándoo día a día, hora a hora. Nunha ocasión falamos do segredo das cousas e agora, o arriba asinante, escribe Cousiñas. Se tivese que pintar un animal quizáis escollería unha bolboreta de mil colores distintas. Se tivese que poner música seguramente "pincharía" calquera desas cancións que fican no corazón por sempre xamais. Se tivese que escoller un lugar no mundo tal vez iría á procura dése seu Macondo paradisíaco, onde o sol fachea sempre ao amanecer. Ten participado en mil proxectos. Coñeceu mil países. Saboreou mil culturas. Viviu baixo mil ceos. E todo iso meteuno, de vagariño, na súa maleta e tróuxoo para a Terra. Forxou, coa forza dos seus Soños, unha Solaina de Cultura. E fixo da súa aldea, Pilono, un lugar universal. Gusta de cantar no coro da parroquia. Goza actuando no teatro da vida. Pasa moitas horas mesturado eos nenos, que son futuro. E gusta de parolar eos seus vecinos na taberna ou botalle unha man no que faga falta.
Hai tempo dixen del que era un dos Grandes do noso país. Hoxe -por escrito e tendo como testemuña o luar de agosto-, repito o mesmo: Paco Lareo é un dos Grandes Artistas da nosa Terra. Un día pintou unha andoriña inscrita nun círculo, ao día seguinte xurdía entre as augas da cultura Edicións Fervenza. E é que o Lareo non fai obras de Arte, non, o Lareo fai Maxia. O seu Universo Máxico é como mil estrelas bailando nun infindo mar azul. Aínda que el nunca o buscou, xa o ten acadado dende hai moito tempo. Paco Lareo ten o recoñecemento de todos aqueles que temos a honra de trátalo como persoa e como artista. Felicidades Mestre.
O fillo do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias...(X.Vázquez Pintor)
É un mentirán en circo cando exerce nos escaparates dos múltiples convivios, un benvestido en festa, un músico de tubas no ronsel dos clásicos que souberon adubiar os seus iconos de barba froleada, restras de colores, leontina e arrecendos á selva que fabrican no seu interior de luces. A terminoloxía das modernidades teños calificado coas palabras máis diversas, desde os neoloxismos ata as máis choqueiras do noso léxico do Entroido (que outra volta velaí vén). Así lies debeu iluminar a memoria a moitos dos asistentes á inauguración da súa Mostra de Pintura na Casa da Cultura de Cangas, hai tantos anos, cando el andaba en soños coas "talópidas": Camilo Camafio concedéralle a palabra e Paco, cegado da gorxa,
apenas dixo tres, nin siquera unha frase, e rompeu nunha danza pequeniña, en espiral de muiñeira. E todos/as apampamos. Velaí a provocación ou a risa das metáforas. Porén hai outros lareos no diario ruralita que andamos a facer de volta os herdeiros das aldeas. Tal aló na labarada de Pilono, parroquia que exerce ben distinta no universo das Solainas de Galiza, "que é un mundo". O filio do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias. Con Carme, a súa irmá, conserva e garda o niño de nación, o berce, a lareira, a forxa, a ingre e o barquín, os espacios da infancia e madureza; aínda cando houbera que marchar as Américas en antes, coma sempre. Hoxe este espacio é referente dos tres tempos que se conxugan ñas gramáticas do afecto: pasado, presente, futuro (arca, casa, edificio). Pintura, escultura, literatura: os tres piares dunha ponte mínima e universal. E ñas paredes do obradoiro, de pórtico cara á luz dos benchegados, as efixies dos recoñecidos para os ilustres amadores das esencias dos labregos/as: son bustos que perdurarán, aínda cando as sucesivas desgracias da deserción nos preocupen coa chegada da ruina. Eis o contributo do agradecemento. Nesta tarde noite de venres febreiriño a vila antiga e petrucial d’A Estrada, pola voz de "Edicións A Fervenza", faille a entrega, ao artista máis moderno das freguesías do rural, dun ghainete de melindres ou tarta enteira de chiculate e naturrías, coa nosa/vosa gratitude por tanta lealdade e permanencia, o cariño e a calor, en Terra viva. Xosé Vázquez Pintor no homenaxe a Paco Lareo, A Estrada, Febreiro, 2007
De dereita a esquerda: Paco lareo, Xosé Vazquez Pintor, Miguel Anxo Fernán Vello,
Manuel Bragado e a dona de X.V. Pintor na horta da Solaina, Maio, 2001
Armindo Salgueiro e Álvaro Negro son os dous pintores Dezanos que disfrutaran das becas convocadas polo Concello de Lalín para artistas locais. As bolsas de axuda, 12.000 euros cada unha, costearán a estadía dos artistas durante seis meses no centro Glogauer de Berlín. A iniciativa ten por finalidade impulsar a traxetoria, ampliar coñecementos e compartir experiencias nese centro Xermano. Hoxendía, Berlín é un referente cultural para o resto de Europa, Alí, nesa cidade, tamén vive desde fai uns anos outro artista da Terra Do Deza, Antón Lamazares, que deseguro fará un pouco de anfitrión no eido cultural para que a súa integración sexa máis doada.
Armindo Salgueiro, natural de Piloño e vicepresidente da Fundacion Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO, anota da importancia que teñen estes feito para romper esa barreira do espazo que hai entre as periferias e os centros neurálgicos das artes. Glogaeur defínese como un espazo de encontros internacionais orientado cara ás artes visuai co obxectivo de apoiar e fomentar a creación a investigación e o debate artístico.
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, manifestou que coa creación destas bolsas preténdese que "este povo ademas de ser coñecido por ser berce do ilustre LAXEIRO, siga vencellado ao mundo das artes plásticas con novas xeneracións de artistas recoñecidos a nivel nacional e internacional"