Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

BOLBORETAS E CARAMELOS

<center>BOLBORETAS E CARAMELOS</center>
DO VOO DAS BOLBORETAS DE BURBULLA EN BURBULLA
Dentro da creación artística, a pintura non ten por qué verse constrinxida á representación dunha realidade aparente, nin á aplicación de técnicas artesas sobre soportes no sentido estricto no que adoita considerarse. Hoxe, con tódolos quebros estéticos deste século, e desde as neoavangardas dos anos sesenta dun modo máis acusado, as prácticas artísticas concibidas como unha estructura fíxa, eos seus xéneros ben diferenciados, estalaron configurando un mapa de gretas. O artista xa non representa o mundo, non reproduce ventas miméticas ou idílicas a través das que contemplar ideáis eternos de conservación. Xa non trata tanto de plasmar unhas impresións como de presentar e responder preguntas. O seu labor de médium co incógnito ou de portavoz dunha realidade múltiple, incerta e relativa, son funcións extremas coas que as veces participa como intermediario da comuni-dade na que se inscribe. Pero á marxe do arquipélago estructurado en torno os circuitos e mercados artísticos internacionais -a homoxeneización da mundialización-, a actividade do artista aínda ten moito de naufraxio, de illa solitaria, de navio proxectado ñas singraduras fragmentadas, de rota que constrúe sucando ou arando no mar. O verso de Machado, aquel caminante non hai camino, faise camino ó andar, manten a súa vixencia porque é a poesía, á fin e ó cabo, a enerxía que constitúe a mirada que ten sobre o mundo. É a atracción dunha sombra a que nos pon en marcha, no noso afán por desvelar qué luz acollé a noite e qué hai de humano ou divino nela.
Neste sentido, a traxectoria vital e artística de Paco Lareo está dotada dése impulso romántico, dunha actitude liberadora que vai á busca do benestar espontáneo, sabéndose parte dun substrato que o une coa tradición. Habería que incidir en que o delirio surrealista, dadaísta as veces, do que pode facer gala, atopa un equilibrio ñas súas doses reivindicativas dunha Galicia rural e culta á vez. Ai está se non firme proxecto da Fundación Casa Museo "A Solaina " no seu Pilono natal, na comarca do Deza, digno das narracións extraordinarias que, desde Cunqueiro a Borges, nos reconcilian coa capacidade do home para soñar utopías.
E dentro deste Paco Lareo poliédrico, activista plural que herda o humanismo renacentista, a tenra picaresca galega e as súas vivencias americanas e europeas, atopámonos coa súa producción artística, libertaria, allea a modas e corsés, reinstalada na súa térra e ofrecendo, desde os anos oiten-ta, os cadros das súas lendarias Talópidas como corcheas que puntean a melodía de quen constrúe un discurso poético e vital. O Cinetismo rural e as Faisanes da luz centraron a súa actividade no ecuador dos noventa, e agora, na súa aventura máis recente e inmediata, son os pins do xardín das bolboretas e os Caramelos de plástico das burbullas inxectadas de cor as súas señas de identidade artísticas.
A través destes materiais atípicos, cotiáns na súa funcionalidade orixinaria e distantes da solemne nobreza de óleos ou pans de ouro, Lareo fai emerxe-la gracia e a sorpresa risoña na súa descontextualización e traslado ó plano pictórico. No uso desinhibido e configurador destas diminutas antenas de plástico, e na capacidade de xerar tramas ópticas e cromáticas que aporta o plástico de bur-bullas, fusiónanse esas prácticas artísticas autónomas, conxénitas ó voo libre dun artista despreocupado dos compartimentos estancos. ¿Son pinturas, son cadros, obxectos, relevos ...? Recursos utilitarios tan lexítimos como puido se-lo asento de bicicleta co que Picasso resolveu a cabeza dun touro. Non busco, atopo.
Os achádegos están moitas veces diante dos nosos propios olios. Intuición e intención, e deixar voa-la imaxinación. Para isto, Lareo sostén a súa teoría da relacionalidade, a partir dunha ordenación simbólica dos obxectos, posuidores de alma e vida propia, e condicionantes en grande medida das nosas conductas e relacións. Non deixa de ser curioso como os inventos máis insospeitados, ou a aparición de solucións para problemas puntuáis, se converten co paso do tempo en elementos que, unha vez resolto o no, interiorizados nos nosos hábitos, nos levan un paso máis ala no proceso e civilización. Etiquetados e preservados, clasificámo-la nosa fraxilidade como outro sistema de ordenación do mundo.
Anque os tempos actuáis adolezan dun certo conservadurismo xeralizado, as intencións de Lareo non pasan polo reduccionismo, pola síntese controlada. Malia que o proceso de elaboración destas obras esixa os coidados e delicadezas, como bo galego mundano, a Lareo sobrevenlle o exceso da narración, da historia por contar, do relato interno e da fábula exuberante.
Cómo non participar da espiral do Xardín das volvoretas, da vertixe de cóxegas do namoramento e do desexo cando sentimos un revoloteo dentro do estómago. Son toda unha invitación á brisa eses xirasois de corola amarela polinizada, rotorrelevos duchampianos e sementes de xúbilo que ansiaba Van Gogh. Paisaxes de desertos azuis e bolboretas xigantes como cruces de pedra da Bretaña máis festiva que puido coñecer a Castelao.
Máis cruces e cruceiros se aparecen agora nos Caramelos de plástico, resaltando as insertacións na paisaxe transversal das burbullas, nunha estampa con cruceiros e arcos de ermida e peixes de eucaristía convertidos en raspas de sardina. Pero tamén hai lugar para o antefaz azul do pallaso, para a máscara do neno que todos levamos dentro; para a man que se estende desde as profundidades oceánicas recollendo unha esfera na súa palma; para o cáliz cocteleiro de guante branco e as pipas sementadas nunha noite de ocio; para o cucurucho con landras do organigrama administrativo; para as libélulas do pantano, curmáns irmáns das bolboretas do xardín, e para os bufos e mouchos da sabedoría popular; para os rabinos amarelos dunha xungla de espermatozoides no caos xerminal dunha vida ó sol; para un reloxo de área que nos escorre o tempo; para os dous olios negros que miran como un tótem de tenrura, coa enigmática tranquilidade de quen observa ou se senté observado.
Esa é, á postre, a dinámica de comunicación que se establece entre a obra de arte e o espectador: un cruce de miradas esos corazóns detidos. Despois do consentimento, o entendemento, a reflexión que practica esa personaxe meditabunda que observa o burato negro, a sombra primixenia que segué absorbendo a luz, queimando enerxía como un plástico que se derrete. E é que, ó igual que houbo unha idade de pedra, de bronce, dos metáis en xeral, grande parte do sáculo vinte admitiría o cualificativo dunha idade do Plástico. Puidera ser, cando xa se fala da era do sicilio das placas dos ordenadores, ou da era do titanio, que recobre o museo Guggenheim de Bilbao ou as naves espaciáis das futuras excursións interestelares, que a proposta de Paco Lareo deixe translucir unha sentida homenaxe ó omnipresente plástico, e desde as problemáticas da súa biodegradación trate de rescatar, cando menos, as mil historias que introduciu ñas nosas vidas.
Se a ilusión da vida no mundo como un soñó no globo xa non é posible, sempre nos quedará a condensación iridiscente nunha burbulla de plástico. E por suposto, os xogos malabares de artistas como Paco Lareo.
Severino Pénelas

0 comentarios