Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

Paco Lareo, CaBaLeiRo Do DeZa

Paco Lareo_2

Paco Lareo é un dos grandes Artistas da Nosa Terra. ( Xosé Luna)



DA SÚA TRIBO herdou o maior tesouro do mundo, a Forxa da Vida.
Os seus amigos, que son moitos, chámanlle Paco. Responde sempre cun sorriso.
A súa figura é a dun Cabaleiro de Deza galopando no seu Golf branco polas estradas da arte. É desa especie en vías de extinción, a dos bos e xenerosos. Leva sesenta e cinco primaveras demostrándoo día a día, hora a hora. Nunha ocasión falamos do segredo das cousas e agora, o arriba asinante, escribe Cousiñas. Se tivese que pintar un animal quizáis escollería unha bolboreta de mil colores distintas. Se tivese que poner música seguramente "pincharía" calquera desas cancións que fican no corazón por sempre xamais. Se tivese que escoller un lugar no mundo tal vez iría á procura dése seu Macondo paradisíaco, onde o sol fachea sempre ao amanecer. Ten participado en mil proxectos. Coñeceu mil países. Saboreou mil culturas. Viviu baixo mil ceos. E todo iso meteuno, de vagariño, na súa maleta e tróuxoo para a Terra. Forxou, coa forza dos seus Soños, unha Solaina de Cultura. E fixo da súa aldea, Pilono, un lugar universal. Gusta de cantar no coro da parroquia. Goza actuando no teatro da vida. Pasa moitas horas mesturado eos nenos, que son futuro. E gusta de parolar eos seus vecinos na taberna ou botalle unha man no que faga falta.
Hai tempo dixen del que era un dos Grandes do noso país. Hoxe -por escrito e tendo como testemuña o luar de agosto-, repito o mesmo: Paco Lareo é un dos Grandes Artistas da nosa Terra. Un día pintou unha andoriña inscrita nun círculo, ao día seguinte xurdía entre as augas da cultura Edicións Fervenza. E é que o Lareo non fai obras de Arte, non, o Lareo fai Maxia. O seu Universo Máxico é como mil estrelas bailando nun infindo mar azul. Aínda que el nunca o buscou, xa o ten acadado dende hai moito tempo. Paco Lareo ten o recoñecemento de todos aqueles que temos a honra de trátalo como persoa e como artista. Felicidades Mestre.

Xosé Luna no homenaxe ao seu amigo Paco Lareo , Febreiro, 2007

luna

Xosé Luna, segundo pola esquerda, na Solaina de Piloño.

1 comentario

madelyn -

ninguno