Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

camiño de volta


portada_1

ESPAZO ESCÉNICO

A escenografía procurará sinxeleza co obxecto de que a obra poida ser representada en calquera lugar. Unha vella forxa como a da Solaina de Pilono será o lugar onde transcorre esta sinxela peza. Grazas á maxia do Ferreiro-Narrador polo escenario da forxa (onde o xogo de luces xogará un papel moi importante) irán pasando todos os personaxes... que poderán aparecer en escena todos sentados ao redor do lume.

PERSONAXES

FERREIRO-NARRADOR.- O dono da forxa, home curtido en mil batallas e que percorreu mil países. Será o encargado de fiar a historia e de ir introducindo os personaxes. Vestirá capa negra, chapeau e gastará mostacho (e perilla)... levará na man unha especie de pao que tal vez sexa unha variña máxica.

SOLAINA.- Bolboreta que soña con atopar o amor da súa vida, e abofé que o atopa.

OBRADOIRO.- Bolboreta irmá de Solaina.

FORXA.- Bolboreta irmá de Solaina e Obradoiro.

VOZ DA MEMORIA.- É unha voz con forza e con pouso; ben podería ser a voz dun avó.

DONA LAVERCA.- Sempre amábel e servicial, boa xente, perdón, bo bicho.

O CORVO.- Un paxarraco.

VAGALUME.- Chámanlle Vagalín. Fica namorado de Solaina.

NAI- Bolboreta traballadora e entregada as súas fillas, Solaina, Obradorio e Forxa.

I

FERREIRO-NARRADOR.- Éranse unha vez unha familia de bolboretas que saíron de excursión entre lusco e fusco dun día do mes de agosto. No rubor da lúa chea extraviáronse tres délas que respondían aos nomes de Solaina, Obradoiro e Forxa. De súpeto decatáronse de que perderán a súa familia e voaron sen descanso coa esperanza de atopar aos seus, ata que esgotadas e alumadas pola lúa chea decidiron reponer forzas e ficaron durmidas profundamente penduradas dun garabulliño. Pasa a noite e de súpeto Solaina esperta...

SOLAINA.- (Limpando os seus olliños coas antenas, berra emocionada.) Irmas... irmás!... é de día; espabilade. Mirade... mirade!... Espertade. Que marabilla, que fermoso lugar atopamos! Oh!... isto é un paraíso! Auga... flores de moitas cores, brancas, verdes, azuis, amarelas... violetas... Vede, vede, escoitade, escoitade... os cantos dos paxariños, a elegancia da garza, a curiosidade da troita buscando a posibilidade dun insecto descuidado, lagartos á raíña do sol polas pedras, escánceres escurréndose entre os xuncos de facer corozas, e no ceo a súa maxestade o azor axexando o almorzó.

OBRADOIRO.- (Interrompendo.) Tamén hai arañeiras con arañas pequeniñas e gotas do orballo engarzadas, fendidas polas raíñas do sol do amencer.

FORXA.- (Sorrindo ante tanta fermosura, susurra con voz doce.) Margaridas do campo, amieiros, carballos e freixos, toxos, silvas, garduñas e xestas, fieitos e castiñeiros, vacas pacendo, íabregos arando na térra, asubiando muiñeiras de esperanza. Velaí os coellos fóra dos seus tobos roendo herbiñas frescas, restras de formigas moi atarefadas, antenas de abellas colgadas dos castiñeiros, vermes, carricantas e avespas, cempés xuntando o cu coa cabeza, esquíos ñas copas dos piñeiros a voltas coas pinas, curuxas e mouchos adurmiñados ñas cachopas, libélulas, pitas cegas, insectos de todas as clases e cores coma nos.

As tres moi ledas brincaron, xogaron e comerán afartar néctar das flores. Volverán ao garabulliño e, mentres descansaban un pouco, acordaron faceto o seufogar e bautízalo co nome de "A casiña da Xuntaza do río Deza coUlla".

SOLAINA.- Vivimos nun paraíso que hai onde se xunta o río Deza co Ulla.

VOZ DA MEMORIA.- Pois en liña dereita quédavos cerca, voades por enriba de San Miguel de Castro, Pazo de Meirás, Gástelo de Cira e xa está.

FERREIRO-NARRADOR.- Despídense a coro as bolboretas bailando e cantando aires da súa térra natal.

Adeus, adeus espiña en flor dunha serra;

Adeus, adeus Voz, sempre nos acordaremos dela.

Ai lirí ai lirí ai lé

Ai lirí ai lirí ai lí

0 comentarios