Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

DaViD OTeRo

DAVID OTERO
ZooM

A FORXA QUE NOS LEVA AO CORAZÓN


DAVID OTERO

" CANDO SOÑAMOS sós,
iso é un soñó.
Cando soñamos xuntos...
eses soños poden facerse
realidade..."
Boa tarde a todas e a todos:
Velaí - e direino en palabras de ALFONSO BLANCO TORRADO DE GUITIRIZ DA TERRA CHA - que xa hai anos que esta casa está feita - e faise máis a cada paso - para constituirse nun espazo para encontros na convivencia, para debates, fabulacións, para as creacións, pensamentos e tanto máis e máis. Velaí unha linda oportunidade popular e colectiva. Plenamente galega e por tal auténtica. Esta SOLAINA.
E aquí nesta SOLAINA e neste chan que pisamos a este aire de tempos limpos que compartimos, aquí, foilles amigas e amigos onde comezou hai anos un soñó importante e asemade para el a construcción dun camiño teimoso , quizabes unhas veces acedo, outras agredoce, as máis de melura polo entusiasmo dos seus forxadores e porque non dicilo, tamén coa idea entregada de se consolidar definitivamente en ESPAZO CULTURAL plenamente IRMANDIÑO.
O SOÑÓ mesmamente foilles:
" Producir CULTURA...
a lume de amor,
a facer rexo de mans xenerosas e de ferro, forxadoras,
a golpe de forza popular, alentó aldeán. A ánimo comunal e sempre noso. De Forxadores! De Ferreiros! Que velaí pois... está esta A SOLAINA! A DE PILOÑO)."
E a eles, aos forxadores, e para tal non sei se terei as palabras atinadas para o que me dicta o corazón, hoxe quero expresarlles públicamente o meu respecto, a miña admiración, o meu cariño... a miña gratitude, por seren quen son e estaren onde están (pois ben podían estar noutro lado e non xunto nosa e chamándonos, convocándonos). E polo tanto tamén, que non podería ser doutra maneira, agradecerlles a distinción que me fan, a de AMIGO DA SOLAINA xunto a dous compañeiros máis. Velaí pois que así xa que logo hoxe especialmente somos tres a agradecer.
CRAZAS meus amigos e quero que valla niso tamén o recordó afectivo de Willi, " O WILLI" , sempre presente, sempre, xa que de aquí nunca se foi e así o temos conosco a cariño fondo.
Quero dicirvos que a min persoalmente este recoñecemento de hoxe dame azos inmedibeis para seguir responsabelmente militando na humildade do orgullo de ser galego, porque como deixou escrito Manuel María da Terra Cha, poeta nacional...
" Galicia é un pobo e nada máis. O que non é pobo... Non pode ser Galicia.


O pobo está abaixo, nas raíces, E é o que sostén a arbre, Os cementos sobor dos que Se ergue o edificio"
Velaí xa que logo ben ás claras quero manifestar e sen rodeos o voso anaco de argumento para manter viva a crencia absoluta da vontade xigante da civilización dos pobos e a súa solidariedade, pois soamente desde abaixo se pode autodeterminar (que iso é humanizar) un pobo, neste caso sen dúbida refíromo ao noso, O POBO DO GALEGO.
Pois ben, como dixen, aquí na Solaina comezou un soñó, coma así outros soños e poño por caso: na Golada, en Boimorto, na Terra Cha, en Pardiñas de Guitiriz, en Gres, na Estrada, en Chantada, o soñó e non outro de PRODUCIR CULTURA.
Esa CULTURA que non se reduce a " bellas artes", nin se reserva a élites e a minorías que se din selectas e delicadas, esa CULTURA non...e refírome á Cultura dita e expresada en AMOR e polo pobo. Cultura de inclusión, pois O POBO É CULTURA (ALMA COLECTIVA E COMUNAL).E non haberá futuro se non partimos de saber quen somos.
MARTÍ dicía: "HAI QUE SER CULTOS PARA SER LIBRES", por iso, como así median e estimulan moitos aquí presentes para sermos máis nos a cada hora , enormes nomes como: Alfonso Torrado, Mini e Mero, Abella, Carlos Loureiro, X.C. Garrido, Manolo Fragoso, Xosé Luna, Vázquez Pintor, Mingos de Melide, os compañeiros hoxe recoñecidos, e tantas e tantos que dicilos non sería para acabar hoxe, xunto cos da Solaina, todas e todos tratan a cada momento vital de liberar a potencia cultural e desta maneira que fale a vida, a nosa vida, en clave absoluta de pobo libre. Que triunfe a liberdade da imaxinación. Esa que rebelde non se resigna á realidade que ten diante e que a sofre.. .e que a padece.. .pero que a transformará pouco a pouco a paso firme.. .pois como xa teño escrito en outras ocasións e non me canso diso:


"A salvación do mundo depende da capacidade dos pobos para determinarse na palabra de idioma seu, na súa CULTURA. Todo afeito de liberación... E así coñecerémos os nosos tempos... Velaía esperanza. Esa esperanza...A que comeza por recuperar a dignidade. A deste pobo noso en Lingua propia (A GALEGA E NON OUTRA)"
POIS han saber...que o futuro se é... ha ser pequeño, pero iso si... ha ser de moitos e en especial por deber e dereito de humanidade: dos humildes, dos pobres, dos que sofren, dos desprezados, dos excluidos, dos que están no reverso ou á marxe, da historia oficial, xa que o futuro , no dicir daqueles , daqueles que non somos nos, nin coma nos, non queren, poderá ser grande...pero deles que é dicir de poucos, pois poucos son os mercaderes do mundo que mesmo caben nun sofá, pero as súas reu-nións... non invitan aos pobres...nunca. E por iso eles falan de grande, de globalización, para que o ben o disfruten poucos...Eles producen unha serpe a cal cos aneis poderosos agola aos que somos excluidos e tratan de nos meter en vea o seu veleno feito pensamento único... paralizándonos a capacidade crítica.
POR ISO...o futuro, indo a el no calmo andar e decididos, ha ser pequeño, humilde, de moitos e como unha ponte de comunicación e irmandade para conquistar o ben e a xustiza.
O futuro se é, tamén ha ser en equipo. Equipo dos do pobo, dos das nacións libres, liberadas, comunitarias e todos moi acompañados. Xuntos.
E así velaquí hoxe na aldea, no pobo, na SOLAINA, producindo cultura, onde deberemos ejercer e ter de maneira moi clara unha mostra de cómo comezar a coller o futuro sentido e desexado, compartido, que nos é propio e nos pertence, si, como comezar a collelo polos pelos e aca-riñalo,bicalo, defendelo e facelo maior, para consérvalo e orgullosamente dicilo NOSO e a traballo de man con man, solidariamente, multiplica-lo...e compartilo en fraternidade irmandiña sen negar a ninguén.
Velaí hoxe amigas e amigos que con alegría sentimos de xeito real a máxica presenza da luz da estrela nosa que aluma e nos aluma no noso anaco de ceo de azul e branco, aquí neste chan e para sempre da SOLAINA DE PILONO DAS CRUCES, que é dicila SOLAINA ENORME DE CALIZA
Dise que o tempo é quen aluma os nosos traballos, pero aquí na Solaina ao pe e exemplo do voso argumento de bonomía responsabel de traballadores entregados por causa de Caliza, direi con orgullo e agradecido que neste caso é o voso traballo quen aluma os nosos tempos..
Moitas Crazas.


DAVID OTERO con motivo da entrega da medalla "AMIGO DA SOLAINA"

David _2 David


0 comentarios