A Solaina de Piloño, fiel co seu obxectivo de difundir a cultura de Galicia en tódolos ciclos da sociedade rural, non pode esquencer nas súas programacións, un apartado destinado ós nenos e as nenas da nosa Comarca. Nista V Forxa Literaria, quixemos ofertar á mocidade, a posibilidade de participar no lº CERTAMEN INFANTIL DE EXPRESIÓN ESCRITA DE A SOLAINA. Os traballos presentados abarcan diferentes estilos literarios (narracións, poemas, contos, redaccións...) e, consideramos para iste conmetido, a non competitividade dos participantes xa que logo, non está presente nas actividades que aquí se desenvolven a rivalidade entre as persoas que fan uso da palabra, a pintura, a música para transmitir e comunicar sentimentos. Valoramos moi positivamente o nivel de concorrencia de nenos e nenas a esta convocatoria, e o agrado de tódolos presentes coas lecturas dos textos presentados. Asemade queremos agradecer a colaboración dos Centros de Ensino que aportaron neste proxecto polo seu apoio e implicación desinteresada.
Xabier Vázquez Parcero, nunha das actividades celebrada no marco da V Forxa literaria(Encontros Culturais no Rura)l