Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

O TALLO DA FORXA DA SOLAINA

<center>O TALLO DA FORXA DA SOLAINA</center>
Paco Lareo con Miguel Anxo Fernán Bello na saa de exposición da Solaina de Piloño


Alá polo verán do oitenta e catro, de súpeto, atopeime un día do señor, alí onde o río Ulla mailo Deza se xuntan, bolboretas, cabaliños do demo, paxariños e cegoñas, alí lagartos e escánceres, insectos de mil cores xogando cos bechos, alí fungos e amoras da flor da silva, pebidas, landras e margaridifias que pisamos. Fermoso manto da natureza arroupando a vida mesma nun doce e humilde abrazo da creación. Sinfonía de compasados sons. ¡Pum!, unha troita que salta, entra a percusión. Un rano con dó de peito chamando pola actriz dos seus amores. Nace unha fusa de silencio para lles dar paso ós protagonistas da noite. Xa estamos na movida: morcegos, gatos, mouchos e curuxas rompen o silencio na oitava final do luscofusco.

Cara á casa do ferreiro de Paxariñas, collín o antigo camiño real e, botando un pé diante do outro, cheguei á forxa e senteime no tallo que herdei dos zoquiños cheos de terra de meu pai. A carón da zafra, collinme da asa que pende dunha cadea, da que tantas veces na nenez tire¡ polo barquín para face-lo vento necesario que aviva as ascuas que quentan o ferro, e , con ela, un tufo de muxicas apagadas do carbón de castiñeiro enzóufanme toda a cara, que lavo na pía de tempera-las ferramentas de corte. Escorrendo a cara coas mans, chora ferralla o espello do martelo. Oio entón polos ollos do trasacordo, á suor das catro paredes de pedra e barro, falar daquelas noites invernais de caldeos e muxicas resultantes da fusión do ferro, lumieiras de antigos contos das fazafias e medos dos nosos vellos que sorrían ledos como o tallo, vendo como nacía a Asociación Cultural "0 labrego de Piloño", co seu Museo Labrego, monumento e todo. Día fermoso que, aínda hoxe, cumprindo catorce anos (14 de outubro de 1998), se lembra pola xente daquel tempo.

Como un resorte saín disparado pola porta da forxa cara á eira. Á esquerda, a cama; á dereita, a palleira. Nela brilla un puntiño de luz, a curiosidade levourne a el; cólloo entre os dedos e dime " i vaia home!, escaralláchesme o cu". Déixoo caer no chan convertido nun puntiño negro que se arrastraba con dificultade. Fixen mal, pensei, e, daquela, unha morea de vagalumes, amorosamente, achéganselle nun esfórzo de lle restaura-lo abdome. Moi sentido polo que fixen, miro para o corpo do delicto e sorpréndenme os dedos impregnados da luceciña do pobriño vagalume. Desde entón, cambieille o nome á palleira polo de Solaina. Entón o tallo da antiga forxa empezou a pilingrinar falando dos espacios da Solaina bohemia de Piloño, programando actividades culturais no rural. Xuntanzas Obradoiros das Artes Plásticas, Forxas Literarias e outras armadanceiras con efectos pruídores do noso castrato rural galego.

Xorde, entón, a boa acollida dos medios de información. Medra a admiración dos artistas galegos que escoitan o berro do noso mestre Laxeiro, "¡Oxalá que a Solaina medre tanto que poida ser albiscada desde a Berenguela de Santiago de Compostela". E viñeron os parabéns da Xunta de Galicia; nace, así, a Fundación Casa Museo "A Solaina de Piloño". Abre a porta de par en par para todos. Xustifica o anagrama convidando a visitala a entendidos e a curiosos que chegan do mundo enteiro. Xa van dúas edicións de Xuntanzas Obradoiros Intemacionais das Artes Plásticas xa se celebrou en xullo do 98 a IV, da que dá fe o presente catálogo- que faÍ a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo cooperando cos obxectivos fundamentais da Solaina, na divulgación e na promoción da cultura, dentro e fóra de Galicia.

Fráxil coma un cristal, situada no concello de Vila de Cruces, comarca do Deza, entre a flor do toxo e da xesta, arroupada pola mesma natureza, convive co seu contorno labrego, valorando moito máis a pureza dun sentimento cá aprendizaxe de punta afiada e estreita dos intereses que non son creados.

Está ben, talliño... Xa imos para o Museo Don Ramón MªAller de Lalín e mais para Viana do Castelo en Portugal, pero non teimes máis niso de que as estradas debían ser de cor branca e as liñas de azul mariño. De acordo, habería menos accidentes. ¡Tes cada cousa!...
Francisco Lareo Morao (IV Xuntanza Obradoiro Das Artes Plásticas, ano 1998)

1 comentario

buchi -

todo esto me parece interesante