ESCULTURAS na Solaina de Piloño

Autor da escultura( non das esculturas): Paco
Lareo
(Retirada a cadeira contra a parede para non ver, un
proceso no que debo tapar os ouvidos con forza até facerme dano).
Desde a toupeza dun aceno feral
dunha verde balsa onde non conseguín perderme,
e os ruídos fanse de máis
e o elemento
accidentes.
Desde o lugar exacto
dalgunha ausencia
lambo anacos de marfín desta matriz
e pecho os ollos nesta brancura da que xa non son princesa.
A autista vixiante no faiado, Lucía coa súa vida na bandexa.
Desde esta corda dun outeiro cego
nin ninfa nin altazor,
recodo de carqueixa onde borrarme.
Desde o fervor das trenzas que tanto custaron,
disciplina das trenzas das que ti non es valente.
Coma un deserto verde que vomite o meu deserto,
o sono dun mosteiro no que só se escoi ten os meus berros
(ou rúa do orzán, avenida da marina, o borrazás e a casa túa
aquí en Piloño).
Desde a paisaxe dun oco.
A miña desrelación co medio.
Que vin brillar en Jorge esa atención que hoxe non é miña
e a Orlando matinar no porqué dun escenario.
O sol de María desde un patio de butacas
e no sorriso de Estevo un corazón asistido.
Se Celso entenderá que Carlos me atopou de cóstas o balcón
que con tal ansia e tenrura me tiña preparado.
Que o branco palacio se fai fortaleza, e o labirinto unha presenza animal,
e de Triana imposible
e as habitacións
concéntricas.
Son eu na cripta e o meu nome dentro, debuxado de tiza.
Se entender esta presbicia
é cousa dalgún espacio,
verde
ou branco.
YOLANDA CASTAÑO- V forxa literaria ( Encontros Culturais no rural, Xuño 2001 )
2 comentarios
dorvisou -
Raquel -
Puedes añadir una descripción haciendo click en "Añadir bitácora".
Gracias