Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

FoRXaS LiTeRaRiaS

XeNTe Da SoLaiNa

xabier

Xabier Vázquez, cavilando na eira da Solaina

...os homes e mulleres atravesan a cancela, buscan coa mirada as fisonomías que o espacio aberto lles ofrece.
O sol, solitario, sigue apoderándose dende a Solaina de tódalas vidas misteriosas que por aquí pasan.
Como unha ponte pausada, chega a luz. As cores íspense. Todo está quedo.
Hai un silencio feraz, precursor, sensual, agardandoi a chegada da PALABRA de tódolos que saben que o sol está aquí. Como sempre.
Xabier Vázquez Parcero é vocal do padroado da Fundación Casa Museo A Solaina.
(Texto recollido na IV Forxa Literaria)
lastscan

Xabier, nunha das actividades na Forxa Literaria. Ao fondo, Carmen Morao, secretaria e "señora" da Solaina

HOMENAXE A MANUEL REIMÓNDEZ PÓRTELA
por Xosé Neira Vilas

<center>HOMENAXE A MANUEL REIMÓNDEZ PÓRTELA<H6>por Xosé Neira Vilas</H6></center>

De primeiras quero saudar agarimosamente a dona Victoria Fernández, viúva de Reimóndez e a todos os familiares que a acompañan nesta ocasión. E quero felicitar á Solaina de Pilono e ó seu director, o amigo Paco Lareo, por homenaxear ó gran Manuel Reimóndez Pórtela que andou por estes e moitos outros caminos procurando levar saúde e consolo á xente, exercendo un vocacional apostolado humanístico.

Hónrase a Solaina dedicando esta sesión, esta Forxa Literaria a este gran home, a este "médico dos pobres", como todos lle chamábamos na comarca.
Os que participamos nesta mesa redonda puxémonos máis ou menos de acordó e escollemos facetas diferentes para non repetirnos, para non dicir todos as mesmas cousas. Porque Reimóndez era polifacético. Hai varios Manuel Reimóndez e abordamos cada un de nos aspectos diferentes do seu múltiple facer.

Por outra parte ahí están os seus libros imprescindibles, as súas investigacións, e está na memoria da xente a súa bonomía, a súa sabencia, a súa calidade humana.

Se se me permite voume referir á miña relación persoal con este home singular e tamén ó Reimóndez emigrante, pois a emigración gravitou decisivamente nel.

Comezou a exercer a medicina cando tiña 25 ou 26 anos. Eu andaba polos trece e fun búscalo moitas veces, camiñando os sete quilómetros que hai entre Gres e San Miguel de Castro, íao buscar para miña avóa, para miña nai ou para algún irmán pequeño. El acudía puntualmente.
Algunhas veces volvíamos xuntos caminando ou chegaba algo máis tarde dacabalo. Viñamos por Cira ou cruzábamos o río na barca de Noente, na que remaba un portugués, barqueiro moi agradable e moi amigo do noso médico, quen case a diario subía a aquela embarcación sen baixarse do cabalo dado que ante calquera emerxencia o cabalo sabía nadar e eles dous non.
Sentíamos na aldea verdadeira devoción e simpatía por aquel home, sempre atildado, sempre ben vestido, que ademáis de medicinas daba consellos con palabra grata, convincente, alentadora, por suposto en galego.
Comentábase moito que estivera en Cuba e aquelo, entre os vecinos, dáballe certa aureola, certo misterio, pois era e non era totalmente de San Miguel de Castro; era un médico que de rapaz vivirá en América e en parte formárase alí. Xa se sabe que daquela os nomes de Buenos Aires e da Habana tiñan algo de lonxano e de máxico para todos nos.
Moita xente dicía "vou buscar a San Miguel", ou "que me vexa San Miguel". É obvio que se referían á parroquia pero poder antepoñerlle o nome dun santo tiña de por si un algo de relixioso, de bo anuncio, de presaxio favorable.
Os medios que utilizou Reimóndez revelan as súas posibilidades económicas e tamén a evolución do país, que quedara moi mancado pola guerra que acababa de pasar, (guerra na que tamén estivera o noso amigo como sanitario, nada menos que no frente de Teruel). Nun tempo a pé, ó mellor ata dez ou quince quilómetros, e logo dacabalo, en bicicleta, en moto, e finalmente en coche, de primeiras nun cochiño para o que estivo anotado longo tempo e que un día por fin llo asignaron e foino buscar a Barcelona.
En 1949 marchei para Buenos Aires. Tiña vinte anos. En todo momento antes de marchar estiven relacionándome con el. El seguiu atendendo amorosamenté á miña familia. Atendeuna durante máis de trinta anos. as máis das veces sen cobralle absolutamente nada.

Dende Buenos Aires, ñas cartas a meu pai sempre lle preguntaba por don Manolo, pero a el non me atrevía a escribirlle. Xa daquela, inda que seguía indo ás casas (foi sempre) xa instalara unha clínica, en plena aldea, na que se facían operacións e se ingresaban pacientes. En lembranza do pai, o seu filio Luís coida con esmero esa casa (chamada popularmente a Casa do Médico) que nos trae a todos entrañables lembranzas do seu fundador.
En 1961 mandeille a meus pais os meus dous primeiros libros, e mandeilles tamen exemplares para don Manolo.
Logo, ese mesmo ano, Anisia e máis eu fomos residir e traballar a Cuba. Nas cartas á familia sempre preguntaba polo médico amigo, que sabía os seguía atendendo a todos.
En 1971 envieille un exemplar do meu libro para nenos "Cartas a Lelo", onde aparece un contó no que un rapaz vai buscar ó médico. Inda que sen nomes, o rapaz era eu mesmo e o médico era, por suposto, o doutor Reimóndez.

Nos comezos de 1972 recibín na Habana unha carta del, unha carta extensa, escrita en galego. Era coma unha declaración de fe no destino de Galicia, unha clara toma de conciencia do seu país. E a min alegroume saber del, de don Manolo, directamente, e alegroume saber que aquel home a quen admiraba e quería, erguía a bandeira da dignidade do seu país; estábamos enrolados na mesma idea da defensa de Galicia e da súa identidade.
Meses despois, Anisia e eu chegamos a esta térra. Ela por primeira vez e eu despois de vintecatro anos de emigrado. E o primeiro encontró que tiven na comarca foi con Reimóndez. Baixamos nun taxi dende Santiago e pasamos por San Miguel de Castro. Antes de ver a meus pais e a meus irmáns entrei por Valvoa e vino a el. Estiven con el, como estaría moitas veces máis naqueles 50 días que botamos aquí, e nas viaxes sucesivas que dende entón facíamos a Galicia.
Foi el quen fixo poner unha pedra, un monolito na miña humilde casa natal en 1982, onde me fixeron unha entrañable homenaxe en ausencia, e todo organizado por este home singular. Ese monolito anticipouse dez anos á creación do Centro Cultural de Gres, hoxe en plena actividade, e á nosa Fundación, da que Luis Reimóndez é secretario. Foi un adianto do que logo se faría, e foi indudablemente un xesto precursor, que lle debemos a don Manolo.
Xa estaba ferido de morte e asistiu gozoso, conmovido, á inauguración do dito centro en 1993, uns meses antes do seu falecemento.
Sempre recordarei os seus xestos, a súa amizade e lealtade, e o seu amor a Galicia.

Dicía no comezo que Manuel Reimóndez Pórtela fora un emigrante. A emigración, sobre todo a emigración a América, marcou moitos acontecementos galegos e moitas conductas e comportamentos das nosas xentes. El era un exemplo positivo desa circunstancia, pois despois dos seus anos naquel continente xa nunca máis tivo unha soa patria. As súas patrias eran Galicia e Cuba, de certa maneira como me ocorre a min. Eu estiven moitos máis anos fóra pero el estivo na época da infancia e eso é definitorio se nos atemos á coñecida frase de Rilke.

Tina poucos anos cando marchou cos seus pais para a Habana. Alí rematou os estudios primarios e comezou o bacharelato. Viviron no barrio de Marianao e no casco histórico da cidade, na rúa Leonor Pérez, preto da casa natal de José Martí, poeta e Heroi Nacional de Cuba. Participou en xogos, festas e cancións con rapaces do seu tempo, brancos, negros e mulatos. Con uns e outros ía patinar á histórica Alameda de Paula. E integrou un equipo de béisbol.
En 1932 voltou co pai a Galicia. Aquí rematou o bacharelato e comezou a estudiar Medicina.
Sempre falaba de Cuba e recordaba, coma Laxeiro, cancións, prazas, monumentos, campañas electorais, ditos e refráns. Recordaba todo. A Habana foi a súa primeira cidade e poida que fose a cidade que de certo amou. A "súa" cidade. Repetía que un anaco del estaba naquel país.

No outono de 1978, corenta e seis anos despois de ter regresado a Galicia, o noso amigo voltou a Cuba, nesta ocasión con Victoria, a súa esposa.
Temos constancia directa da súa emoción naquel reencontró porque os acompañamos case a diario. Van ala vintecinco anos e ainda teño presenteo seu asombro cando caminaba por unha rúa que coñecera os seus pasos de adolescente, cando vía unha estatua ou entraba nun teatro ou recorría un parque. Trataba de recoñecer a cidade en cada recanto, en cada esquina, en cada árbore ornamental. E logo na Praza da Catedral, nas fortalezas do Morro, da Cabana, da Punta, de Atares. Visitou o Centro Galego, o cemiterio onde se achan uns cincuenta panteóns que levan os nomes de outras tantas sociedades galegas, as máis délas xa extinguidas. A Habana cambiara moito pero aínda tina, no centro histórico, ese aquel de señorío inconfundible, ese selo de nobreza.

De volta trouxo fotografías, libros, recordos, e trouxo sementes e plantas tropicáis que foi plantando no salido das casas de San Miguel de Castro, á beira das flores que cultivaba Victoria e das vellas pedras traballadas que o noso médico e arqueólogo foi coleccionando, non lonxe da consulta e do laboratorio fotográfico e da biblioteca instalou un invernadeiro para protexelas e ate lie creou un clima axeitado mediante un sistema de estufas. Atendía con perenne dedicación e ata con paixón aquel recanto tropical. Quería reproducir en Galicia o máis representativo da flora cubana. E logrouno durante un bo tempo. (A atención desas plantas axudouno anímicamente nun trance difícil da súa vida: cando morreu Manolo, o seu fillo maior, nun brutal e para todos nos inesquecible accidente de tráfico).

Manuel Reimóndez Pórtela, emigrante, médico, investigador, fotógrafo, arqueólogo, animador cultural, presidente do grupo dos 16 que traballou no anteproxecto do Estatuto de Galicia, Alcalde da Estrada, filántropo, escritor, afanoso camiñante e observador... foi un home pleno, un galego integral que amou a Galicia por enriba de todo e sen pedir nada a cambio. Amouna coma quen ama un anaco de sí mesmo. Amouna e estudiouna con devoción e agarimo.

Alégrome de recordalo neste lugar, nesta Forxa Literaria, neste Piloño que caneou moitas veces. Despois que fotografou e estudiou centos de cruceiros en boa parte da provincia de Pontevedra, chegou ó pazo de Raíndo, nesta parroquia, moi preto de aquí, e no cruceiro atopouse cunha imaxe do Nazareno que mira para a esquerda, algo certamente novedoso e poida
que o único caso en toda Galicia. Sentía tal ledicia por aquel descubrimento que non se conformou con dicírnolo. Unha tardiña levounos alí e puidemos velo. Connosco ía tamén o profesor e arqueólogo estradense Xoán Andrés Fernández.

Piloño, pois, debíalle esta homenaxe, que hoxe cumple cabalmente a Solaina. Noraboa por tal acerto que é certamente un acto de xustiza.

Xosé Neira Vilas na VI Forxa Literaria na lembranza de D. Manuel Reimóndez Portela
A Solaina de Piloño, 22-6-03

A MAGIA DO ORLANDO

<center>A MAGIA DO ORLANDO</center>
Fundación Casa Museo A SOLAINA de PiloÑo
Texto de Orlando Jorge Figueiredo na V Forxa Literaria (Encontros Culturais no Rural)


O JUGO
Estou aqui, sentado. Estou aqui, parado, a olhar o silêncio que caiu sobre este espaço. Este silêncio feito de sol e moscas que me pousam nos bracos, que me fazem cócegas com as suas patitas como se dissessem: Olha para mim, Orlando! Olha para mim! Moscas que fazem parte deste cenário. As luzes estâo adormecidas, os microfones calados, o rádio dorme a sua sesta, as máscaras esto penduradas á espera dos actores que nâo vém. Por um momento, a vida ficou suspensa. Estou aqui, sentado na solaina desta casa. Ouço os pássaros que me contam segredos...O telefone é um telefone preto, antigo e queda se silencioso. Estou aqui, a olhar o jugo pendurado na trave do alpendre. O jugo que olha para mim e me propóe mil jogos de submissáo. É um jugo partido, incompleto. Talvez possa ser recuperado, talvez a vida possa ser restaurada em cada momento e o jugo se torne leve e suave. Ha o busto de urna crianga que me fita com os seus olhos vazios. Os cábelos de palha e o nariz arrebitado fazem-me sorrir.
Estou sentado, aqui. No meio deste palco que é a própria vida, olhando as lúas coladas Nas paredes. Umas tantas lúas que me sorriem de mansinho. Lúas doces e ternas como carinhos de mulher. Deixo-me ficar, prisioneiro desta magia, deste encantamento encantado, enfeitigado pela magestade simples deste jugo pendurado na trave do alpendre. Deixo-me ficar nesta quieta mansidào de nâo fazer nada, de nâo desejar nada, nem aventuras, nem paixôes, apenas estar. Apenas fazer parte deste cenário rural que agora se agita. O rádio toca uma cançao infantil. Os actores vâo chegando. A vida recomeça.

Homenaxe a D. Manuel Reimóndez Portela

<center>Homenaxe a D. Manuel Reimóndez Portela</center>
Fundación Casa Museo A SOLAINA de Piloño

Texto leído por Xosé Neira Vilas na VI FORXA LITERARIA da Solaina de Piloño adicada a memoria de Manuel Reímondez Portela.

De primeiras quero saudar agarimosamente a dona Victoria Fernández, viúva de Reimóndez e a todos os familiares que a acompañan nesta ocasión. E quero felicitar á Solaina de Pilono e ó seu director, o amigo Paco Lareo, por homenaxear ó gran Manuel Reimóndez Pórtela que andou por estes e moitos outros caminos procurando levar saúde e consolo á xente, exercendo un vocacional apostolado humanístico.
Hónrase a Solaina dedicando esta sesión, esta Forxa Literaria a este gran home, a este "médico dos pobres", como todos lle chamábamos na comarca.
Os que participamos nesta mesa redonda puxémonos máis ou menos de acordó e escollemos facetas diferentes para non repetirnos, para non dicir todos as mesmas cousas. Porque Reimóndez era polifacético. Hai varios Manuel Reimóndez e abordamos cada un de nós aspectos diferentes do seu múltiple facer.
Por outra parte ahí están os seus libros imprescindibles, as súas investigacións, e está na memoria da xente a súa bonomía, a súa sabencia, a súa calidade humana.
Se se me permite voume referir á miña relación persoal con este home singular e tamén ó Reimóndez emigrante, pois a emigración gravitou decisivamente nel.
Comezou a exercer a medicina cando tina 25 ou 26 anos. Eu andaba polos trece e fun búscalo moitas veces, camñando os sete quilómetros que hai entre Gres e San Miguel de Castro, íao buscar para miña avóa, para miña nai ou para algún irmán pequeño. El acudía puntualmente.
Algunhas veces volvíamos xuntos camiñando ou chegaba algo máis tarde dacabalo. Viñamos por Cira ou cruzábamos o río na barca de Noente, na que remaba un portugués, barqueiro moi agradable e moi amigo do noso médico, quen case a diario subía a aquela embarcación sen baixarse do cabalo dado que ante calquera emerxencia o cabalo sabía nadar e eles dous non.
Sentíamos na aldea verdadeira devoción e simpatía por aquel home, sempre atildado, sempre ben vestido, que ademáis de medicinas daba consellos con palabra grata, convincente, alentadora, por suposto en galego.
Comentábase moito que estivera en Cuba e aquelo, entre os vecinos, dáballe certa aureola, certo misterio, pois era e non era totalmente de San Miguel de Castro; era un médico que de rapaz vivirá en América e en parte formárase alí. Xa se sabe que daquela os nomes de Buenos Aires e da Habana tiñan algo de lonxano e de máxico para todos nos.
Moita xente dicía "vou buscar a San Miguel", ou "que me vexa San Miguel". É obvio que se referían á parroquia pero poder antepoñerlle o nome dun santo tina de por si un algo de relixioso, de bo anuncio, de presaxio favorable.
Os medios que utilizou Reimóndez revelan as súas posibilidades económicas e tamén a evolución do país, que quedara moi mancado pola guerra que acababa de pasar, (guerra na que tamén estivera o noso amigo como sanitario, nada menos que no frente de Teruel). Nun tempo a pé, ó mellor ata dez ou quince quilómetros, e logo dacabalo, en bicicleta, en meto, e finalmente en coche, de primeiras nun cochiño para o que estivo anotado longo tempo e que un día por fin llo asignaron e foino buscar a Barcelona.
En 1949 marchei para Buenos Aires. Tiña vinte anos. En todo momento antes de marchar estiven relacionándome con el. El seguiu atendendo -«amorosamente á miña familia. Atendeuna durante máis de trinta anos. Atendeuna as máis das veces sen cobralle absolutamente nada.
Dende Buenos Aires, nas cartas a meu pai sempre lle preguntaba por don Manolo, pero a el non me atrevía a escribirlle. Xa daquela, inda que seguía indo as casas (foi sempre) xa instalara unha clínica, en plena aldea, na que se facían operacións e se ingresaban pacientes. En lembranza do pai, o seu fillo Luís coida con esmero esa casa (chamada popularmente a Casa do Médico) que nos trae a todos entrañables lembranzas do seu fundador.
En 1961 mandeille a meus pais os meus dous primeiros libros, e mandeilles tamen exemplares para don Manolo.
Logo, ese mesmo ano, Anisia e máis eu fomos residir e traballar a Cuba. Nas cartas á familia sempre preguntaba polo médico amigo, que sabía os seguía atendendo a todos.
En 1971 envieille un exemplar do meu libro para nenos "Cartas a Lelo", onde aparece un contó no que un rapaz vai buscar ó médico. Inda que sen nomes, o rapaz era eu mesmo e o médico era, por suposto, o doutor Reimóndez.
Nos comezos de 1972 recibín na Habana unha carta del, unha carta extensa, escrita en galego. Era coma unha declaración de fe no destino de Galicia, unha clara toma de conciencia do seu país. E a min alegroume saber del, de don Manolo, directamente, e alegroume saber que aquel home a quen admiraba e quería, erguía a bandeira da dignidade do seu país; estábamos enrolados na mesma idea da defensa de Galicia e da súa identidade.
Meses despois, Anisia e eu chegamos a esta térra. Ela por primeira vez e eu despois de vintecatro anos de emigrado. E o primeiro encontró que tiven na comarca foi con Reimóndez. Baixamos nun taxi dende Santiago e pasamos por San Miguel de Castro. Antes de ver a meus pais e a meus irmáns entrei por Valvoa e vino a el. Estiven con el, como estaría moitas veces máis naqueles 50 días que botamos aquí, e nas viaxes sucesivas que dende entón faciamos a Galicia.
Foi el quen fixo poñer unha pedra, un monolito na miña humilde casa natal en 1982, onde me fixeron unha entrañable homenaxe en ausencia, e todo organizado por este home singular. Ese monolito anticipouse dez anos á creación do Centro Cultural de Gres, hoxe en plena actividade, e á nosa Fundación, da que Luis Reimóndez é secretario. Foi un adianto do que logo se faría, e foi indudablemente un xesto precursor, que lle debemos a don Manolo.
Xa estaba ferido de morte e asistiu gozoso, conmovido, á inauguración do dito centro en 1993, uns meses antes do seu falecemento.
Sempre recordarei os seus xestos, a súa amizade e lealtade, e o seu amor a Galicia.
Dicía no comezo que Manuel Reimóndez Pórtela fora un emigrante. A emigración, sobre todo a emigración a América, marcou moitos acontece-mentos galegos e moitas conductas e comportamentos das nosas xentes. El era un exemplo positivo desa circunstancia, pois despois dos seus anos naquel continente xa nunca máis tivo unha soa patria. As súas patrias eran Galicia e Cuba, de certa maneira como me ocorre a min. Eu estiven moitos máis anos fóra pero el estivo na época da infancia e eso é definitorio se nos atemos á coñecida frase de Rilke.
Tiña poucos anos cando marchou cos seus pais para a Habana. Alí rematou os estudios primarios e comezou o bacharelato. Viviron no barrio de Marianao e no casco histórico da cidade, na rúa Leonor Pérez, preto da casa natal de José Martí, poeta e Heroi Nacional de Cuba. Participou en xogos, festas e cancións con rapaces do seu tempo, brancos, negros e mulatos. Con uns e outros ía patinar á histórica Alameda de Paula. E inte-grou un equipo de béisbol.
En 1932 voltou co pai a Galicia. Aquí rematou o bacharelato e comezou a estudiar Medicina.
Sempre falaba de Cuba e recordaba, coma Laxeiro, cancións, prazas, monumentos, campañas electorais, ditos e refráns. Recordaba todo. A Habana foi a súa primeira cidade e poida que fose a cidade que de certo amou. A "súa" cidade. Repetía que un anaco del estaba naquel país.
No outono de 1978, corenta e seis anos despois de ter regresado a Galicia, o noso amigo voltou a Cuba, nesta ocasión con Victoria, a súa esposa.
Temos constancia directa da súa emoción naquel reencontró porque os acompañamos case a diario. Van ala vintecinco anos e ainda teño presente o seu asombro cando camiñaba por unha rúa que coñecera os seus pasos de adolescente, cando vía unha estatua ou entraba nun teatro ou recorría un parque. Trataba de recoñecer a cidade en cada recanto, en cada esquina, en cada árbore ornamental. E logo na Praza da Catedral, nas fortalezas do Morro, da Cabana, da Punta, de Atares. Visitou o Centro Galego, o cemiterio onde se achan uns cincuenta panteóns que levan os nomes de outras tantas sociedades galegas, as máis délas xa extinguidas. A Habana cambiara moito pero ainda tiña, no centro histórico, ese aquel de señorío inconfundible, ese selo de nobreza.
De volta trouxo fotografías, libros, récordos, e trouxo sementes e plantas tropicáis que foi plantando no salido das casas de San Miguel de Castro, á beira das flores que cultivaba Victoria e das vellas pedras traballadas que o noso médico e arqueólogo foi coleccionando, non lonxe da consulta e do laboratorio fotográfico e da biblioteca instalou un invernadeiro para protexelas e ate lie creou un clima axeitado mediante un sistema de estufas. Atendía con perenne dedicación e ata con paixón aquel recanto tropical. Quería reproducir en Galicia o máis representativo da flora cubana. E logrouno durante un bo tempo. (A atención desas plantas axudouno anímicamente nun trance difícil da súa vida: cando morreu Manolo, o seu fillo maior, nun brutal e para todos nós inesquecible accidente de tráfico).
Manuel Reimóndez Pórtela, emigrante, médico, investigador, fotógrafo, arqueólogo, animador cultural, presidente do grupo dos 16 que traballou no anteproxecto do Estatuto de Galicia, Alcalde da Estrada, filántropo, escritor, afanoso caminante e observador... foi un home pleno, un galego integral que amou a Galicia por enriba de todo e sen pedir nada a cambio. Amouna coma quen ama un anaco de sí mesmo. Amouna e estudiouna con devoción e agarimo.

Alegrome de recordalo neste lugar, nesta Forxa Literaria, neste Pilono que
caneou moitas veces. Despois que fotografou e estudiou centos de cruceiros en boa parte da provincia de Pontevedra,
chegou ó pazo de Raíndo, nesta parroquia, moi preto de aquí, e no cruceiro atopouse cunha imaxe do
Nazareno que mira para a esquerda, algo certamente novedoso e poida
que o único caso en toda Galicia. Sentía tal ledicia por aquel descubrimento que non se conformou con dicírnolo.
Unha tardiña levounos alí e puidemos velo. Connosco ía tamén o profesor e arqueólogo estradense
Xoán Andrés Fernández.
Piloño, pois, debíalle esta homenaxe, que hoxe cumple cabalmente a Solaina. Noraboa por tal acertó que é certamente un acto de xustiza.

ENCONTROS

<center>ENCONTROS</center>
Fundación Coso Museo A SOLAINA de Piloño
INTRODUCCIÓN ó I Obradoiro Literario da V Forxa
Literaria na Solaina de Piloño.
Baixo o epígrafe: Encontros Culturáis no Rural.

Vivimos dous días intensos e tranquilos na Solaina, sen chegar as 48 horas: o domingo 17 de xuño pola tarde xa volvemos cada quen pro noso cubil.

Hai unhas flores por moitos xardís e incluso escapadas nalgunha veira aun camino que son coma margaritas grandes de color alaranxada a maioría délas e algo mais perdida outras. Todas unhas flores moi alegres sen dúbida. Hoxe estamos a domingo 15 de Agosto.

Eramos por completo ignorantes do que podería dar de si este encontró de poetas na Solaina, os-as galegos-as xa nos coñeciamos de vello e alí vimos conxeniar con Jorge e Orlando, a suma esta vez de poetas portugueses.
Non sabiamos que proposta habería de traballo, se é que ía haber algunha en especial. Pero bueno, con que se dera un recoñecemento do Sitio, a convivencia, o disfrute da xuntanza, os diálogos, e algunha pequeña aportación poética, xa a dariamos por ben apretada.
Pero sí había algo tramado, algo que tería que ser necesariamente traballo individual cun resultado propio e con unidade, mais ó mesmo tempo, substrato sobre substrato ou peza de engranaxe pra unha maquinaria de grupo:
Todas e todos lembraredes ñas carnicerías os mapas de vacas, porcos e ovellas despezadas eos nomes postos en cada parte individualizada dos seus corpos (ou ben separadas ou ben remarcadas). Pois así convimos en facer coa Solaina, despezala e repartírmonola e elaborar cada quen un plato que levaría unha descripción o mais física posible da unidade ou unidades entregadas-aceptadas, mais toda a serie de asociaciós, intereses, esperanzas, suxerencias, que a unha lle xurdiran naquela chousa nova tal cal, deixándose levar. Escribindo.
Non hai moito máis que contar, o resto xa é o proceso, a soedade e a compañía, o terreo de cada unha que fixo o terreo común (común, participativo e aberto da Solaina).
Arrincouse coma quen atrinca polo pe unha pataca, o domingo pola tarde no recital, mostrando as patacas dadas nun tempo record, novas, e eos inconvintes de ser aínda pequeñas e coa térra moi apegotada.
Considerar a moitos-as poetas mais ca coma labradores, coma recolectores eficaces e bos feirantes (coas palabras colocadiñas en canastros, en tinas, ou en cada serda que lie sae do corpo pra fóra ó animal, prendida unha palabra, ou nunha serda cortada, unha miga dunha palabra). E nos contentos-as porque as patacas botan xoromelos e este libro vense botando fóra.
Estivemos considerados de mais, ben atendidos. A Solaina clama ó ceo, e a súa pretensión non é a Capital. Parécenos ben.
Celso Fernández Sanmartín

O XARDIN DAS ARTES

<center>O XARDIN DAS ARTES</center>
A ESTATUA de Ramón Conde

Eu estou ben
¿e ti?
É esta preocupaçao que encontramos no jardim de esculturas da Solaina. Das profundezas da pedra, entre os montes ondulantes que nos rodeiam, soltam-se gestos de ternura que nos envolvem de urna forma subtil e delicada. O mundo inteiro passa por aqui. É um jardim feito de símbolos, feito de fente, de rostos, de corpos, de bichos, de máquinas.. .Há as máquinas de costura que costuram a vida quando a vida se rompe. O martelo do ferreiro, a forja que forja novos sonhos, a forja criadora de esperanças, mas que recorda que só com trabaiho se tem direito ao sonho.
No centro, um fuste encimado por alguém em posiço fetal e que recebe os raios do nascer do Sol. Alguem que renasce do Sol. A Solaina...Em volta, aconchegando as estátuas, as videiras so testemunhas da vida.
É possível que, durante a noite, no silencio, as estátuas conversern umas com outras e contem o que ouviram durante o día. Acredito que sim. E as videiras, cómplices, acenarao as cabeças e o ciclista de arame murmurará baixinho:
-Será que eles voltam amanha?

Orlando Jorge Figueiredo na V Forxa Literaria (Encontros Culturais no Rural)

ESTÉTICA E ESPIRITUALIDADE
por LUÍS QUINTEIRO FIUZA

<center>ESTÉTICA E ESPIRITUALIDADE<H6>por LUÍS QUINTEIRO FIUZA</H6></center>
ESTÉTICA E ESPIRITUALIDADE
Un dos fenómenos máis interesantes que se están a producir no eido da cultura do noso tempo é a recuperación, sen complexos ideolóxicos, da espiritualidade como dimensión inesquecible da existencia humana. Non deixa de resultar rechamante que, despois da radical sospeita da razón ilustrada poio que respecta á relixión, sexa a actividade artística a canle máis doada a través da que se está a producir este novo rexurdir do feito relixioso.
En realidade, na historia da cultura e na vida concreta de cada persoa sempre estiveron estreita e fondamente conxugados o pulchrum e o sacrum. Xa no noso século foi o fenomenólogo alemán da relixión Rudolf Otto quen, na súa obra clásica Das Heilige, reivindicou con máis forza a necesidade de tomar absolutamente en conta a dimensión do sagrado para poder entende-lo ser humano como existencia aberta por natureza á transcendencia.
Ninguén poderá nunca esquece-lo cambio epocal que trouxo consigo o emprego sistemático da razón ilustrada nos diferentes campos da vida humana. Pero a esta razón ilustrada tamén Ile chegou a súa crise. E foi o filósofo Martin Heidegger un dos pensadores contemporáneos que analizou con máis radicalidade as consecuencias últimas desta crise. Ata o punto de que a súa análise levouno ós albores mesmos do nacemento da filosofía, para, desde alí, retoma-las augas puras da interrogación humana polo ser e polo sentido da realidade.
Nos seus comezos, a pregunta do ser humano polo cosmos e por si mesmo dentro del maniféstase como admiración e fascinación polo misterio da realidade que se ergue diante de nós como un factum que nos vén dado. E é xustamente a fascinación polo misterio da realidade unha das raíces do fenómeno relixioso universal.
A cultura dos nosos tempos está profundamente marcada por esta volta á pureza primeira e radical da vida e do pensamento. Aquí hai que situar tamén os avatares da permanente inquietude dos nosos días pola autenticidade ética.
No interior existencial dos artistas de tódolos tempos adiviñámo-la arela de acada-la autenticidade dunha realidade en continuo cambio. Coa urxencia que sempre tivo para os que se consagran ó cultivo da dimensión estética da realidade, eles bitan tamén hoxe a cotío por descifraren en categorías de sinxeleza as complexas tramas dun mundo que se nos fai cada día máis difícil de abranguer.
Por todo oque levamos dito, ternos que sentirnos intimamente agradecidos a aqueles que desde A Solaina consagran o mellor de si mesmos para descifraren, desde a forza demiúrxica do seu talento artístico, as complexas claves dun mundo que non pode renunciar nunca á utopía da súa sinxeleza orixinal.
Así como en tempos pasados, quen se achegou á Academia de Platón ou ó Liceo de Aristóteles entregou o mellor de si mesmo ó cultivo da sabedoría, cómpre que tamén hoxe os homes e as mulleres dos nosos tempos atopen lugares de referencia simbólica para poderen consagra-las súas enerxías á busca gratuíta do sentido último da realidade. Deste xeito, poderannos ofrece-lo froito do seu esforzo. desde a relevancia da obra de arte. ós que habitamos no mundo cotián.
LUÍS QUINTEIRO FIUZA,Obispo de Ourense, na IV Xuntanza Obradoiro-Internacional das Artes Plásticas.

A XEITO DE PRESENTACIÓN por XOSÉ LUNA

<center>A XEITO DE PRESENTACIÓN por XOSÉ LUNA</center>

BOA TARDE A TODOS, AMIGAS E AMIGOS.
Hai tempo, nunhas xornadas en Cuntis adícadas ao xornalista e poeta Roberto Blanco Torres -que como sabedes era oriundo das terras de Deza, o seu pai Pedro Blanco Torres era natural da parroquia de Donramiro no concello de Lalín-, un amigo meu, poeta, preguntoume, no medio dunha das conferencias, se sabía qué era iso da Solaina de Piloño. A verdade que aínda que eu puxen todo o ímpetu en explicarlle, pois que era unha Casa-Museo, un espacio aberto a todo o mundo, onde se desenvolven exposicións, encontros internacionais, obradoiros, forxas literarias.., el seguía sen velo claro. E recordo, recordo, que tiña nas miñas mans a edición facsímile que se viña de facer do libriño Orballo da media noite. Abríno e saíume o Poema do Alfareiro. Lino en baixa voz, paseillo ao meu amigo, leuno paseniñamente, e asentiu coa cabeza. Agora tiña unha visión poética do que era a Solaina de Piloño.

“Ti crês que o Mundo está feito
pró teu regalo,
e n-él danzas, jogas, vives, sin pensar n-outra cousa. Pois non; o Mundo faise
está facéndose;
II será o que ti queiras i-outros queiran,
e compre non Ile furtes teu esforzo.
(… …)
Arranja ó teu amor o cosmos,
no desorde pon ritmo,
no amorfo, arista.
Traballa e descansa;
e baijo do ceo infindo
frúe a beleza da túa obra,
chea de concentos eternaes.
Despois de cada jornada
regusta o júbilo fecundo
de crear, de trocar a Nada
en forma, dándolle senso e vida.
Racionaliza o caos e séntate â dereita de Deus-pai.”

Efectivamente, a Solaina ten a capacidade de crear, de trocar a Nada en forma, dándolle senso e vida. Por iso cando meu bo amigo Paco Lareo, que compartiu comigo, ao longo deste ano, moitos proxectos e soños literarios, invitoume a participar nesta xuntanza cultural, nesta V Forxa Literaria adícada á memoria de dous grandes músicos, de dous dinamizadores culturais, de dous homes que amaban á súa Terra, Luís Areán e Xosé Casal, contesteille que para min era unha honra.
Díxome, tamén, Paco, que ía vir a persoa que teño ao meu carón e que lle gustaría que eu a presentase e, por suposto, accedín encantado porque, amigas e amigos, Francisco Pillado Mayor é para min, mellor dito, é para a miña xeración, un referente, un deses homes imprescindibles. Fixádevos senón.
Principios dos anos 70. Francisco Pillado Mayor, Pancho para os amigos, fala co seu pai, daquela subdirector de La Voz de Galicia e dille: “Mira, este heme, esta persoa, é absolutamente descoñecido, está absolutamente ignorado, e creo que a miña obriga é dalo a coñecer. Se ti me permites eu fágolle unha entrevista”, O seu pai dille que adiante. A entrevista era a Manuel Daniel Varela Buxán, que levaba máis de 20 anos en Galicia sen que ninguén soubese da súa existencia. Anos máis tarde, así o recoñecía o mesmo Varela Buxán: “Dende que ti... escomenzaches a esparexer o meu nome, ...tudas son satisfaicións pra min...chamáronme para que fora a falar a Burela... En Vigo e Pontevedra estanse representando simultaneamente obras miñas. O día 5 do mes que ven... fanme unha homenaxe... e tuda ista ledicia lla debo, sin dúbida, ó irmán Pancho, que foi o que promovéu isto en Galiza.
Se ti non foras, amiguiño meu, ¿Quen me coñecía eiquí? Eu seguiría caladiño en Cercio e nadie sabería que houbo un galego que fixo o que puido polo noso teatro”
Ben. Quixera, moi brevemente, falarvos do abraiante curriculum de Francisco Pillado, de toda a súa traxectoria e, de verdade, de verdade, que teño que facer un exercicio de síntese, para desbullar todo o seu quefacer como director, investigador, ensaista, dramaturgo, tradutor e adaptador.
Foi o cofundador do grupo de teatro O Facho (grupo que debuta no ano 1965, cun espectáculo dirixido polo propio Pillado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura da Coruña, ante un público de auténtico luxo, alí estaba xente como García Sabeli, Rof Carballo, Silvio Santiago, Juan Naya ou Leandro Carré Alvarellos).
Cofundador da Escola Dramática Galéga, e precisamente poio seu labor como director dos cadernos, imprescindibles para calquera investigación neste terreo, foi galardoado no ano 1989, co Premio da Crítica.
Cofundador da Compañía Luís Seoane e do Clube Teatral Elsinor. E tamén foi fundador e director da colección Castrodouro-Teatro e da revista Don Satúrio.
Ten publicado, entre moitos outros, os ensaios Glosa do Teatro Galego (1984), 0 Teatro de Luís Seoane, (1985) e O teatro de Manuel Lugrís Freire.
En colaboración con Manuel Lourenzo publica: O Teatro Galego (1979), libro que Ile adican a Varela Buxán e á memoria de Leandro Carré Alvarellos e Antoloxía do Teatro Galego (1982), obras que tiveron como obxectivo principal impulsar os estudos teatrais como parte dunha común empresa de cultura e de país. Como complemento ás dúas obras citadas publican, no 1987 o Diccionario do Teatro Galego, diccionario de fácil e rápida consulta que abarca dende 1671, ano do Entremés de Feixó de Araúxo
-primeira obra coñecida na nosa dramaturxia-, ata 1985.
Como dramaturgo Pillado é autor, entre outras, das obras: Fígaro ou a inútil precaución e Cyrano de Bergerac, esta en colaboración con Paulino Pereiro. Ambas as dúas obras foron estreadas por Librescena. Tamén por encargo deste grupo teatral fai unha adaptación de O barbeiro de Sevilla.
Como traductor e adaptador verteu ao galego, entre outras, obras de Federico García Lorca, Chekhov, Genet, Ionesco, Beckett ou a Máxia Vermella de Michel de Ghelderode.
En colaboración con Miguel Anxo Fernán-Vello ten publicado dous libros hoxe en día fundamentais: Conversas en Compostela con Carballo Calero e A Nación incesante, libro de conversas con Xosé Manuel Beiras.
Na actualidade dirixe a revista de Teatro Casahamlet, os Cadernos de Teatro, e tamén ese incrible, marabilloso e comprometido proxecto editorial chamado Laiovento, nome que o mesmo Pillado tomou prestado da peza teatral Vento nocturnio de Ramón Otero Pedraio, o vello fidalgo vivía no pazo de Laiovento. A editorial que, precisamente, vén de celebrar o seu X aniversario destaca pola súa preocupación pola cuestión do idioma e a recuperación da memoria histórica do noso país.
Pillado é sabedor de que a nosa cultura é o noso mellor patrimonio, quizais por iso regalou a soberbia biblioteca do seu pai á Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago; e quizais por iso, tamén, regalou o seu excepcional arquivo teatral á Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, na que se creou a Biblioteca-Arquivo “Francisco Pillado Mayor”.
Gusta da música. Toca o piano, é un bo orador, un bo conferenciante e, como algúns dos que estades aquí tendes comprobado nalgunha velada, é un excepcional contertulio.
Considera esperpéntico que os medios de comunicación falen de bombardeos humanitarios. Sabe practicamente de memoria os poemas de Federico García Lorca. Se tivera que recomendar unha lectura, de seguro, esta podería estar entre os Jrmdns Karamazov de Dostoyevsky, o Merlin e familia de Álvaro Cunqueiro, o Calendario do perpetuo, de Xosé María Álvarez Cáccamo ou calquera dos esperpentos do seu admirado Valle Inclán.
Preguntáronlle, hai un par de anos, cal era a súa análise da producción literaria galega e contestou con esta xenialidade:
“O panorama é patético, tanto na Galiza como no Estado. As afinidades selectivas de Goethe leva esgotado máis de dez anos. É como se, na música, desaparecese das tendas a V Sinfonía de Beethoven”.

En fin. Francisco Pillado Mayor, o adalide da nosa dramaturxia, é unha das persoas que máis leva traballado a prol do teatro galego. É un dos intelectuais que máis traballou e segue a traballar a prol da cultura do noso país. E o seu compromiso estético e, sobre de todo, ético maniféstase, está presente, en todos e cada un dos seus proxectos, en toda a súa traxectoria vital; sempre na boa e sabia compaña da súa compañeira, da súa muller, NoIi Vega, á quen Varela Buxán Ile adicou o libro O cego de Fornelos, “pola sila bondade e outros méritos de galeguidade”.
E remato. Dicía ese xenial poeta e excepcional dramaturgo alemán, Bertoid Brecht, algo así como que: “Hai homes que loitan un día e son bos; hai outros que loitan moitos días e son mellores; e hai, e hai, os que loitan toda a vida e eses, eses, son os imprescindibles”. Pois ben, amigas e amigos, hoxe temos aquí, connosco, para abrir esta V Forxa Literaria, a un deses homes imprescindibles da cultura do noso país, a un deses loitadores da vida, Francisco Pillado Mayor; Benvido á Solaina de Piloño.


XOSÉ LUNA na inaguración da V FORXA LITERARIA presentando a FRANCISCO PILLADO

ESCULTURAS na Solaina de Piloño

<center>ESCULTURAS  na Solaina de Piloño</center>

Autor da escultura( non das esculturas): Paco
Lareo



Desde a opaca pátina do balcón pechado.
(Retirada a cadeira contra a parede para non ver, un
proceso no que debo tapar os ouvidos con forza até facerme dano).
Desde a toupeza dun aceno feral
dunha verde balsa onde non conseguín perderme,
e os ruídos fanse de máis
e o elemento
accidentes.

Desde o lugar exacto
dalgunha ausencia
lambo anacos de marfín desta matriz
e pecho os ollos nesta brancura da que xa non son princesa.

A autista vixiante no faiado, Lucía coa súa vida na bandexa.
Desde esta corda dun outeiro cego
nin ninfa nin altazor,
recodo de carqueixa onde borrarme.

Desde o fervor das trenzas que tanto custaron,
disciplina das trenzas das que ti non es valente.

Coma un deserto verde que vomite o meu deserto,
o sono dun mosteiro no que só se escoi ten os meus berros
(ou rúa do orzán, avenida da marina, o borrazás e a casa túa
aquí en Piloño).
Desde a paisaxe dun oco.
A miña desrelación co medio.
Que vin brillar en Jorge esa atención que hoxe non é miña
e a Orlando matinar no porqué dun escenario.
O sol de María desde un patio de butacas
e no sorriso de Estevo un corazón asistido.

Se Celso entenderá que Carlos me atopou de cóstas o balcón
que con tal ansia e tenrura me tiña preparado.
Que o branco palacio se fai fortaleza, e o labirinto unha presenza animal,
e de Triana imposible
e as habitacións
concéntricas.

Son eu na cripta e o meu nome dentro, debuxado de tiza.

Se entender esta presbicia
é cousa dalgún espacio,
verde
ou branco.

YOLANDA CASTAÑO- V forxa literaria ( Encontros Culturais no rural, Xuño 2001 )

MOMENTOS

<center>MOMENTOS</center>
De dereita a esquerda: Paco Lareo( A Solaina), Vázquez Pintor( escritor), Miguel Anxo Fernán Bello( Espiral Maior), Manuel Bragados( Xerais) e sra de Vazquez Pintor na horta da SOLAINA DE PILOÑO. XUÑO_2001

Presentación dos libros de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

BANZADOS ( Espiral Maior)

A MEMORIA DO BOI (Xerais)

QUEN FAGA VOAR (Laiovento)



Actividades enmarcadas na V Forxa Literaria. Encontros culturais no rural.

ACTIVIDADES CELEBRADAS NA VI FORXA LITERARIA, Xuño do 2003

<center>ACTIVIDADES CELEBRADAS NA VI FORXA LITERARIA, Xuño do 2003</center>

Fundación Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO
VI forxa Literaria Xuño 2003 (Encontros Culturais no Rural)



Na lembranza de MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA

SÁBADO 21



Inauguración da VI Forxa literaria
Exposición fotográfica: Rosa Veiga
Exposición de libros: Seminario de estudios de Deza, editorial Fervenza
Presentación da novela Mar de bronce de Xosé Vázquez Pintor de Xerais
Presentación do poemario "Para iso está o futuro" de David Otero de Fervenza
Teatro "Os armadanzas da SOLAINA" poñen en escea a obra de Vázquez Pintor "Sala de Espera", dirixida por Patricia Méndez

DOMINGO 22



Homenaxe a Manuel Reimóndez Portela ( Médico rural, escritor, Filántropo)
Charla coloquio sobre a vida e obra do persoeiro:
Xosé Neira Vilas
Olimpio Arca
Xoán Andrés Fernández Castro
Valentín González

Descuberta de un busto do homenaxeado feito polo escultor do Deza O Vila
Interpretación da muñeira da SOLAINA e o himno galego polos músicos Enrique Viz e Manuel Otero
Entrega de medallas "amigos da SOLAINA" a Xosé Neiras Vilas e a título póstumo a Manuel Reimóndez Portela
Concerto: Orfeón Parroquial " Nosa Señora de HOY-VAS"

XOVES 27



Recepción de participantes do II Obradoiro literario
Portugal: Orlando José Figueirido, José Jerónimo Ferreira
Galicia: Sechu Sende, Enma Couceiro, Marta Dacosta, Rosa Aneiros

<

SÁBADO 28



Continúa o II Obradoiro literario
II Certame literario "Forxa infantil"
Lectura dos traballos e presentación do dossier dos realizados na Forxa
Seisdedos de Lalín pon en escea o espectáculo de marionetas "VARIETÉS"

DOMINGO 29



Conclusión do Obradoiro literario
Cousas de Carlos Blanco
Recital músico- poético Galaico- Portugués
Tuba: Pablo Goval Golmar
Poetas:
Antía Otero
Carlos Negro
David Otero
Enma Couceiro
Estívaliz Espinosa
Fernando Gonzaléz
José Jerónimo Ferreiraç
Lucía Aldao
Orlando José Figueirido
Xosé Maria Alvarez Cáccamo
Xosé Luna
Xoán Xosé Fernández Avella
Yolanda Castro

Entrega da medalla "amigo da Solaina": Xosé Molina
Clausura : gaiteiros " O arco de Merza",
Merenda recetario polo mestre Siro do restaurante Calderón de Santiago de Compostela
Filloas tradicionais a cargo de Xose Molina do centro de estudios da filloa de Merza.


Esta bitácora só pretende amosar a grande paixón que desperta en nos todo aquelo que rodea a SOLAINA DE PILOÑO. Non é unha bitácora oficial da Fundación . É o noso agradecemento a un grupo de persoas que loitan xenerosamente para que a Galiza esperte do seu sono e progrese.
Paco Penas e Uxio. Tenerife , Xaneiro, 2004

FÁBRICA ÍNTIMA

<center>FÁBRICA ÍNTIMA</center>

Escultura: Paco Lareo



Tece soa a súa tea a lenta tarántula.
Escura nun recanto da confusión do asedio
recolle entre as ruínas da desfeita
os trofeos da morte. Receosa
do fado quebradizo coma un tesouro
acaricia na sombra as súas propias feridas
e vive da convincción de que a vida prosegue
mentras no peito aínda un corazón latexe.
Sabe que todo está perdido, sabe
que nada será igual, e non obstante,
soa e inerte no medio da noite
prende un cativo lume que escintila
pola gándara erma do silencio
coma se fose unha voz. Humildemente
tece soa a súa tea a lenta tarántula
e mide na dor a estatura da vida.


PoesíaGONZALO NAVAZA

IV FORXA LITERARIA Encontros culturais no rural

O ESCARABELLO DE FERRO

Escultura de Paco Lareo

<center>O ESCARABELLO DE FERRO<p>Escultura de Paco Lareo</p>

O neto do ferreiro

tamén quixo forxar un enreixado

de palabras precisas e perennes

como o ferro.

Forxar as migallas dun abecedario

ata facelas conmovedoras,

transparentes e puras

como o orballo da mañan

que esbara nas follas da verdura

ou da herba.

Un día o neto do ferreiro

atopou coa luz cromática da lingua

na carboenta forxa dos seus soños

e anceiou engarzar

toda a beleza do presente,

do pasado e do futuro.

Anceiou afogarse alí

na paixón do lume,

na dor dos seus

como seselle estivera abrindo un río

de troitas e nenúferos brancos

dende o peito á gorxa

CANDIDO DURO.

( Para o meu amigo Paco da Solaina de Piloño con fonda admiración pola súa obra-
unha aperta.Cándido Duro )

IV FORXA LITERARIA encontros culturais no rural.