aMiGoS Da SoLaiNa...for ever
A media tarde, Xavier Parcero e Paco Lareo entregaron os diplomas e medallas aos "amigos da Solaina" David Otero, Paco Penas de Dorvisou e Antonio Costa Baquero.
David Otero fixo tremer a terra e ata o mesmo G-8 cando dixo: "Imos cara o futuro. E se é, ha de ser pequeno. E ha de ser pequeno porque ha de ser de moitos. Porque hai futuros grandes pero son duns poucos que caben nun sofa, e eses nunca invitan aos pobres ao salón. O futuro tamén ha ser unha ponte, unha ponte que nos leve aos días bons. E o futuro tamén ha de ser algo que cumpla, solidario...como este espazo nos que nos atopamos"
Antonio Costa Baquero "Lonxe" despois de dar as grazas a todos dixo que nesta terra a semente máis pura é a da arte e da cultura. Tamén invitou a os nenos que estaban alí presentes que non deixaran nunca de seguir plantando ese árbol, que o árbol da cultura e da arte sempre derrota ao árbol da guerra. Que a arte e a cultura son a base para o benestar, para o entendemento e para os praceres da vida..."
Paco Penas de Dorvisou agradeceu todos por estar nesa tarde marabillosa nun dos recuncho dos máis fértiles do planeta terra e tamén a súa compañeira poder facer posible compartir ese grande amor pola Solaina e deixarlle acostarse e levantarse tantos días cavilando na Solaina. Dixo que non se adicaba a fotografía profesionalmente, senón que era unha afición a que adicaba moitas horas e reinvidicou a necesidade de que o povo tamén faga arte. Que moitas veces tíñamos que deixar de lado eses conceptos ou esteriotipos dos entendidos ou filósofos da arte para deixarse levar pola intuición e criar. Non querendo dicir con eso que haxa que rexeitar da súa doutrina.
0 comentarios