Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

MaRía LaDo

clausura 172
Na clausura da Forxa LiterariaMaría lado, en nome de todos os seus compañeiros, e co seu propio donaire e verbo, agradeceu a presenza de todos e como preámbulo da exposición dos traballos feitos nese taller obradoiro, contounos un pouco como foi o traballo dos poetas. Sobretodo para os que eran de lonxe, para que non pensaran que estiveran alí dándolle as cañas nada máis, senón que estiveron alí encerrados escribindo, que o que fixeron foi traballar todos tomando como referencia A Solaina, partindo da forxa, das esculturas e dos diferentes ambentes e espazos da casa museo para inspirarse neles.

ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa
verás a casa deitada na tarde.
solaina de portas abertas. e con tal luxuria
que na seguinte liña
desexarás ser a brisa que agora entra
e a dous centímetros exactos de caricia
percorre as súas estancias e colma as cortinas.
pero ti,
chamada por unha das palabras escritas máis abaixo,
cruzarás a eira ata o xardín e alí
baixo unha sombra que as follas tezan
sentarás a escribir un poema
no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén
que chega
é alguén anterior a ti
un home de cabelos grises que garda a casa
pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos
que baixo sombra idéntica
e nesta mesma tarde que detén este verso.
senta no espazo exacto, idéntico
ao que ti ocupas.
e no seu caderno escribe
que ti estás aquí
no final do poema
pero que non es a única.

María Lado
.

0 comentarios