Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

MeDia NoiTe...eN PiLoÑo


E para despedir o día, para agradecer ao sol tanta vida, Carmen Lareo (detrás da obxetivo nesta ocasión) e Paco Penas prepararon un churrasco ao abeiro da Solaina para os convidados.


Di a Wikipedia que cando falamos de Felicidade falamos dunha situación ou dun estado emocional no que un sente que todo vai conforme o que quere...e debe de ser certo :-)


E baixo os efluvios do sempre omnipresente licor café pasaron livianamente as horas baixo un manto de fábula. O conto da Rosiña, o sexo das poetas, as flores do mal, o principiño...


E para rematar a noite, un paseo polo mundo "surrealista" da Solaina.

0 comentarios