Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

Se queres ser universal, fala da túa aldea

IX XUNTANZA
ZooM
Este ano, a SOLAINA, rinde homenaxe ao ARTISTA DESCOÑECIDO e ao canteiro Vidal Payo. Paco Lareo, Celso Fernández "Celsiño" e Xosé Payo foron os encargados da mesa redonda onde disertaron sobre os homenaxeados.
Xosé Payo, fillo do artista de Alemparte, fixo unha profunda e sentida lembranza da vida e a obra do seu pai. Nun maxistral exercicio foi describindo e exalzando a figura deste home que entregou, dende moi novo, a súa vida á pedra e á terra. Un home autodidacta, humilde e xeneroso que traballou arreo tanto como escultor ou canteiro.
Destacar unha frase, que posiblemente describa con acerto a capacidade e o bon facer deste artista dezano, cando alguén se achegaba a Vidal Payo para facer un encargo e dicía que non era doado, él sempre contestaba mirando a pedra " non ho, esta obra xa está feita, só hai que sacarlle o que sobra.

0 comentarios