Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

VieRNeS, Día 10... iNauGuRaCióN Da IX FoRXa LiTeRaRia
Encontros culturais no rural

IMG_5280
ZooM
Paco Lareo, artista e presidente da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño e Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces inaugurando a IX Forxa Literaria, adicada este ano a Rosalia de Castro.

Paco Lareo deixou, unha vez máis, testemuña dese grande amor que sinte pola súa aldea natal e a Fundación A Solaina, destacando a importancia que teñen estas actividades para manter viva a historia dos povos. Reinvindicando, como sempre, máis compromiso por parte dos organismos oficiais e puntualizando que estaba xa cansado de meter o pé nas portas para evitar que se lle cerrasen de contado.

Jesús Otero felicitou a xente da Solaina polo seu compromiso coa cultura, resaltando tamén a grande promoción que conlevaban estas actividades para o concello.
IMG_5286
ZooM

0 comentarios