Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

IX XuNTaNZa OBRaDoiRo

Escultura "Ao aRTiSTa DeSCoÑeCiDo"

veran-08 010
ZooM
Paco Lareo e O Vila
IX XUNTANZA
ZooM
Descuberta do monumento "ao artista descoñecido" mentras os gaiteiros Plácido Rozas e Enrique Viz interpretaban o himno da Solaina.

IMG_3915
ZooM
Damián Payo e un cartel nos recorda a figura do seu pai cunha dedicatoria de Antón Lamazares.
IMG_4239
ZooM
Grabado da escultura diseñada por Paco Lareo e feita coa colaboración de "O Vila", na Solaina de Piloño

Se queres ser universal, fala da túa aldea

IX XUNTANZA
ZooM
Este ano, a SOLAINA, rinde homenaxe ao ARTISTA DESCOÑECIDO e ao canteiro Vidal Payo. Paco Lareo, Celso Fernández "Celsiño" e Xosé Payo foron os encargados da mesa redonda onde disertaron sobre os homenaxeados.
Xosé Payo, fillo do artista de Alemparte, fixo unha profunda e sentida lembranza da vida e a obra do seu pai. Nun maxistral exercicio foi describindo e exalzando a figura deste home que entregou, dende moi novo, a súa vida á pedra e á terra. Un home autodidacta, humilde e xeneroso que traballou arreo tanto como escultor ou canteiro.
Destacar unha frase, que posiblemente describa con acerto a capacidade e o bon facer deste artista dezano, cando alguén se achegaba a Vidal Payo para facer un encargo e dicía que non era doado, él sempre contestaba mirando a pedra " non ho, esta obra xa está feita, só hai que sacarlle o que sobra.

IX Xuntanza Obradoiro Internacional Das Artes Plásticas na SoLaiNa De PiLoÑo

IX XUNTANZA
ZooM
A Fundación Casa Museo "A SOLAINA DE PILOÑO" acolle este ano a IX Xuntanza internacional das Artes Plásticas. Do 13 ó 19 de Xullo, pintores e escultores de diferentes paises compartiran ideas,soños, coñecementos, ferramentas, espazo e ata ese pan das abellas como lle gusta chamar ao amigo Xosé Vázquez Pintor.
IX XUNTANZA
ZooM
Despois da recepción dos artistas que foron chegando xa desde a tardiña do Sábado e da visita á Fundación Neira Vilas de Gres, inagurouse a Xuntanza coa benvida do presidente da Fundación, Francisco Lareo Morao e as intervencións da Delegada de Cultura da Xunta de Galicia, María Xesús López e o alcalde do concello de Vila de Cruces, Xesús Otero.