Tece soa a súa tea a lenta tarántula. Escura nun recanto da confusión do asedio recolle entre as ruínas da desfeita os trofeos da morte. Receosa do fado quebradizo coma un tesouro acaricia na sombra as súas propias feridas e vive da convincción de que a vida prosegue mentras no peito aínda un corazón latexe. Sabe que todo está perdido, sabe que nada será igual, e non obstante, soa e inerte no medio da noite prende un cativo lume que escintila pola gándara erma do silencio coma se fose unha voz. Humildemente tece soa a súa tea a lenta tarántula e mide na dor a estatura da vida.