Fundación Coso Museo A SOLAINA de Piloño INTRODUCCIÓN ó I Obradoiro Literario da V Forxa Literaria na Solaina de Piloño. Baixo o epígrafe: Encontros Culturáis no Rural.
Vivimos dous días intensos e tranquilos na Solaina, sen chegar as 48 horas: o domingo 17 de xuño pola tarde xa volvemos cada quen pro noso cubil.
Hai unhas flores por moitos xardís e incluso escapadas nalgunha veira aun camino que son coma margaritas grandes de color alaranxada a maioría délas e algo mais perdida outras. Todas unhas flores moi alegres sen dúbida. Hoxe estamos a domingo 15 de Agosto.
Eramos por completo ignorantes do que podería dar de si este encontró de poetas na Solaina, os-as galegos-as xa nos coñeciamos de vello e alí vimos conxeniar con Jorge e Orlando, a suma esta vez de poetas portugueses. Non sabiamos que proposta habería de traballo, se é que ía haber algunha en especial. Pero bueno, con que se dera un recoñecemento do Sitio, a convivencia, o disfrute da xuntanza, os diálogos, e algunha pequeña aportación poética, xa a dariamos por ben apretada. Pero sí había algo tramado, algo que tería que ser necesariamente traballo individual cun resultado propio e con unidade, mais ó mesmo tempo, substrato sobre substrato ou peza de engranaxe pra unha maquinaria de grupo: Todas e todos lembraredes ñas carnicerías os mapas de vacas, porcos e ovellas despezadas eos nomes postos en cada parte individualizada dos seus corpos (ou ben separadas ou ben remarcadas). Pois así convimos en facer coa Solaina, despezala e repartírmonola e elaborar cada quen un plato que levaría unha descripción o mais física posible da unidade ou unidades entregadas-aceptadas, mais toda a serie de asociaciós, intereses, esperanzas, suxerencias, que a unha lle xurdiran naquela chousa nova tal cal, deixándose levar. Escribindo. Non hai moito máis que contar, o resto xa é o proceso, a soedade e a compañía, o terreo de cada unha que fixo o terreo común (común, participativo e aberto da Solaina). Arrincouse coma quen atrinca polo pe unha pataca, o domingo pola tarde no recital, mostrando as patacas dadas nun tempo record, novas, e eos inconvintes de ser aínda pequeñas e coa térra moi apegotada. Considerar a moitos-as poetas mais ca coma labradores, coma recolectores eficaces e bos feirantes (coas palabras colocadiñas en canastros, en tinas, ou en cada serda que lie sae do corpo pra fóra ó animal, prendida unha palabra, ou nunha serda cortada, unha miga dunha palabra). E nos contentos-as porque as patacas botan xoromelos e este libro vense botando fóra. Estivemos considerados de mais, ben atendidos. A Solaina clama ó ceo, e a súa pretensión non é a Capital. Parécenos ben. Celso Fernández Sanmartín
necesito que paco lareo se comunique con su familia de argentina, su prima Angelita Vazquez. PLs, haganle llegar este mensaje, es muy importante. Gracias, telefono 005411 45714463 (familia Vazquez)