GLoGaueR
Armindo Salgueiro
Armindo Salgueiro e Álvaro Negro son os dous pintores Dezanos que disfrutaran das becas convocadas polo Concello de Lalín para artistas locais. As bolsas de axuda, 12.000 euros cada unha, costearán a estadía dos artistas durante seis meses no centro Glogauer de Berlín. A iniciativa ten por finalidade impulsar a traxetoria, ampliar coñecementos e compartir experiencias nese centro Xermano. Hoxendía, Berlín é un referente cultural para o resto de Europa, Alí, nesa cidade, tamén vive desde fai uns anos outro artista da Terra Do Deza, Antón Lamazares, que deseguro fará un pouco de anfitrión no eido cultural para que a súa integración sexa máis doada.
Armindo Salgueiro, natural de Piloño e vicepresidente da Fundacion Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO, anota da importancia que teñen estes feito para romper esa barreira do espazo que hai entre as periferias e os centros neurálgicos das artes. Glogaeur defínese como un espazo de encontros internacionais orientado cara ás artes visuai co obxectivo de apoiar e fomentar a creación a investigación e o debate artístico.
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, manifestou que coa creación destas bolsas preténdese que "este povo ademas de ser coñecido por ser berce do ilustre LAXEIRO, siga vencellado ao mundo das artes plásticas con novas xeneracións de artistas recoñecidos a nivel nacional e internacional"
Foto da Web Do Concello de Lalin
2 comentarios
Paco Penas -
¡ViVa LaLíN...cOn RaZóN ou SeN eLa!
Checha -
Sendo como són coruñés, sinto unha especial predilección por esta terra das Cruces, e máis a medida que coñezo algo máis do seu entorno, e creo que é moi importante todo o que o mundo artístico ten que dicir por estas terras, onde, na miña opinión, se están a promover no posible as artes.
Por iso, e por máis, gracias á Solaina de Piloño, da que coñezo cada vez máis, e a todo aquél que promove a cultura.