Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

De mestre a mestre......

olimpio

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas...Olimpio Arca


Na honra da súa aldea natal, este paxariño cruceño aletea moi novo e o seu voo remata na capital do reino, en Madrid. Alí estudia delineación e arte dramático. No seu entusiasmo de trazos urbanísticos tentou abrir espazos cidadáns e pensou sustituir a rúa das Flores pola Gran Vía. No eido do arte dramático, si que era un drama a subsistencia na metrópoli e o seu espirito de aventura lévao ata Venezuela onde na capital, Caracas, volve a estudiar debuxo e cor, na acreditada escola Tass e máis tarde na escola de Belas Artes Cristóbal Rojas, na que chega a ser mestre.

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas e así Lareo chega a EE-UU, logo a México, Colombia, Panamá, Bos Aires, etc. Todos países novos onde non hai moita cabida para a súa arte. Volve a Europa e gana a vida en Francia, en Italia, en Suiza, pero no seu interior está sempre presente o seu curruncho natal e así, retorna coma unha anduriña ao seu Pilono querido. Aquí entre os seus, deixa voar a imaxinación e crea a Asociación Cultural O Labrador e máis tarde funda a Solaina casa Museo de Pilono.

Amigo Lareo, van aló xa vinte longos séculos cando o filósofo Aristóteles deixou escrito para a posteridade que a finalidade da arte era dar corpo á esencia secreta das cousas, non copiar a súa apariencia. Iso foi o que fixeches ti na túa casa da Solaina. Co teu esforzó, co teu traballo día a día, eos teus sinsabores por mor dése virus da ENVIDIA que corroe aos ineptos, alcanzaches plenamente a esencia secreta dun mundo que sempre se abre polas portas máis sinxelas.

¡Gracias Paco pola túa grandeza de espirito e pola túa contribución ao arte con maiúsculas!



Olimpio Arca Caldas Febreiro de 2007, no homenaxe de E.Fervenza a Paco Lareo

0 comentarios