Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

CaMiÑo De VoLTa...

03140213

 

 

 

A liberdade é aquela facultade que aumenta a utilidade de todas as demais facultades.

I. KANT

Eu son libre na medida en que recoñezo

á humanidade e respecto a liberdade de todos os

homes que me rodean.

M. BAKUNIN

FRONTEIRAS COERCITIVAS versus LIBERDADE

Velaquí que nos achamos perante un "locus amoenus" con todos os elementos naturais, máxicos, con vida, que dan vida... e nel, unhas personaxes libres, solidarias, tolerantes... personaxes dun mundo concebido sen fronteiras, con espazos libres e onde as diferentes razas se entenden, se respectan, se namoran... Mais, aquí cobrarán o seu peso dúas personaxes condutoras, pouso de sabiduría, e cunha filosofía que irá guiando as outras personaxes polo escenario, pola acción, pola súa existencia vital: o FERREIRO-NARRADOR e a VOZ DA MEMORIA. Estas dúas personaxes serán o elo de unión entre o pasado e o presente e, ao mesmo tempo, unhas personaxes que se situarán entre a escena e as bancadas de espectadores desta máxica obra de teatro saída da pluma dun pintor, dun modelador, dun forxador da arte, dos soños, da realidade...

Obra exemplar -e exemplarizante-, obra que ben podería ser a traslación á literatura dramática dun cadro con dous ríos irmáns (ou pai e filio), con picoutos señoriais adobiados cunhas "espinas en flor" da serra que forman estes picoutos bicados nos seus pés por eses dous ríos; uns ríos e uns picoutos con pasado, con historia e cun presente (e cun futuro?). Pero, por moito que se trate de dous ríos dependentes (ben sexan pai e filio, ben sexan irmáns), con picoutos que se olían desde os seus cumes os uns aos outros, o pasar dos tempos levou a que fosen dúas zonas (dúas nacións?) diferenciadas, dous países fronteirizos: o Deza e o Val do Ulla. Pero aquí será onde o autor (narrador-ferreiro-forxador...) inmiscirá unhas personaxes (bolboretas) simbolizando a liberdade, que nun verán (curioso que non se tratase da primavera, pero por outra parte lóxico porque á primavera séguea o verán, pero aquí o futuro, o que vai vir, xa se dexerga que pode ser algo escuro, por moita felicidade que se vexa no final da obra, e polo tanto esa escuridade vén a ser representada polo outono... ese esfarelamento dos montes, a presenza neses montes dunhas tarabelas que impiden a visión realista e gratificante do máis ala...) deciden aproveitar a liberdade que lies dan as súas as e coñecer novos mundos e así chegaron precisamente á Xunta dos ríos (Deza e Ulla), ríos obligados a se entender pero que non deixan de ser, como antes se dixo, as bases de dúas zonas, dúas illas, de dous países. E aquí será cando as bolboretas se van facer a mesma pregunta que lie fixera aquel neto ao seu avó na estampa de Castelao sobre o porqué aqueles vecinos que dexergaban da outra banda do Miño eran máis estranxeiros eos de Madrid. Na estampa dé Castelao diseños que "non se sabe o que lie responden o vello"; pero na obra presente os guieiros (Narrador e Voz da Memoria) non líelo van contestar tampouco pero si que líelo van facer intuir (que nolo van facer intuir). E así veremos como Solaina lie vai falar ao seu amor, Vagalín:

"Sefoi unha mágoa extraviarnos da nosa familia entre lusco e fusco dun día do mes de agosto, tamén foi unha ledicia convivir convosco neste fermosísimo lugar. Graciñas pola solidaria tolerancia e por todo canto aprendemos xuntos ".

E así, pouco antes de caer o paño, vagalín, quen, o mesmo cas outras personaxes, traspasa fronteiras imaxinarias e coercitivas, vainos fornecer a filosofía desta obra teatral (pictórica?):

"SI Á MEMORIA, INTERCAMBIOS, ENCONTROS!... Concluíndo, Paco Lareo, o Ferreiro-Narrador, o forxador de liberdade e de respecto polos demais, e, como non, polo "locus amoenus", un home de mundo, un coñecedor de culturas, de senrazóns, de discriminacións, de desigualdades... fornécenos aquí un mundo ideal, (e por que non posíbel?) un mundo libre, sen atadallos, igualitario... onde desaparezan os na obra chamados "emigrantes involuntarios" e onde floreza a comunicación, a liberdade, o amor, o respecto polas culturas e, como non, pola natureza. E todo o anterior tomando como referente o seu espazo vital, os seus arredores... que non son nin máis nin menos que exemplos claros da (non)cohabitación actual de pobos, países, continentes...

Soamente esixir que todo isto non fique so nun cadro-obra teatral e que este mundo aquí pintado-narrado deixe de ser unha hipotética utopía e, de non ser así, se converta nese futuro que agora, neste verán presente, se nos mostré quizáis como un outono irreversíbel.

Carlos Loureiro Rodríguez no prologo de "camiño de volta". Obra de teatro escrita por Paco Lareo e lanzada ao espazo por Edicións fervenza na coleción "A PINGUELA". Unha iniciativa para fomentar o teatro e adicada a todos os públicos pero en especial aos máis cativos.

 

 

 


03140220

 

 

 

 

 

0 comentarios