MaRía DeL CaRMeN Álvaro
SIMBIOSE
Preámbulos con paisaxEs desertas
para naufragar sen medo a engañarse,
para xustificar a aliteración das verdades,
para manten o equilibrio na canle da vida
dende a gaiola híbrida do tempo.
Canto nos queda por fuxir de nos mesmos cara á nada?
Nada sobra
nesta tarde de escumas voadoras
onde se artella unha fráxil luz
de ondas e paxaros.
Sempre hai un destino que nace
escrito con ringleiras desiguais
baixo os marmelos rebeldes.
A simbiose alfabética do ser
está por vir.
Devalan os verbos e as palabras
na orela de ausencias compartidas
e cadaquén busca a súa metade.
O NOSO TEAR
Sementeiras de invernía
pcrcorren pouco a pouco os outonos baleiros
sen darse conta da súa existencia.
A noite arrola o enxerto esquecido
no cerne inmóbil que sempre dorme.
por iso fermentou, xunto a árbore cotia,
este pan tan noso,
co fin de non apagar a música
nos violíns do silencio.
Preto dun mar desbocado galopan aínda
aquelas frangullas dos calendarios burgueses.
Destoutra orela busco nas túas mans
os tecidos que saben espirme de lúas.
Ás veces queren vestirnos
coas Teas sobrantes,
pero hoxe estreamos traxe,
o noso tear ten nome propio.
María Del Carmen Álvaro
0 comentarios