RaMóN CaRiDe
A QUENTURA DO SANGUE
A calor máis intensa do forno que se aviva
onde o pan é só masa comunal pedra ardente
a fondura das canles
colmatadas de lama
inmensidade das medas, de edificios e mundos.
Os corpos debruzados
nos círculos do abrazo
sobre un espello lento e liso de auga fría
pan das bocas abertas
os labres que bebemos
destila o bagazo como o amor das feridas
reverdecemos lentos na saiva e na estreitura
no anel onde todo
é brillo de outra tebra
nas arterias dos rios da neve e dos acibros
remansados en veigas salferidas de orballo
na entrega dos esteiros
onde o sal nos é dado
como se verte o amor ou o vino nas cuncas.
A Xosé Fernández Ferreiro
PEDRA DO SALNES
A raíz da pedra
Cando a pedra medra
No fondo dos eidos
Pedra de nos mesmos
Mármores e áreas
O granito o xisto
Os seixos as laxes
Nas formas precisas
Esencias da pedra
Casa adro cruceiro
Penedo valado
Canastro lareira
Peto perpiaño
Lumeira pendello
Sártego escultura.
Pedra petroglifo
Dolmen pedrafita
Con mámoa pelouro
Memoria da pedra
Na flor destas pedras
Onde a térra soña.
A pedra fai voz
Fala ao noso ouvido
Cantigas tan doces
Berros que estremecen
A pedra que amamos
Pedra que latexa
Pedra con raíz
Cerne feito pedra
Lembranza esculpida
Gravada na codia
Señardade dor
Mornura agarimo
Misterio da térra
Na pedra chantada.
Aire feito pedra
Pedras que respiran
Aire que revive
No alentó das pedras
Nas bocas dos ocos
Espacios gardados.
Agarimo de pedra
Das pedras que amamos
Pedras que son tempo
Vellas testemuñas
Pedra nova agromo
De maos e olLos mozos.
Pedra irta deitada
Pedra de nos mesmos
Terra feita pedra
Pedra
feita
pedra
A raíz da pedra
Da pedra
A pedra
A pedra
A pedra
A pedra sempre a pedra.
A Ánxeles Valladares e a Manolo Paz
0 comentarios