Velaquí por fin a hora entre lusco e fusco cando os trasnos saen a colgar farrapos de sombra nos aramios do ceo e os grilos rompen en música baixo as poutas dos tigres máis alegres do reino felinos feroces que camuflan a peL con pinturas de amor nesta hora de perfumes encarnados de arrecendos a zucre e trópico de acordes tensos no aire presaxios de estampidas rinoceronte ó ritmo que marcan os tambores e o peito nesta hora abracadabra na que xorden os trasnos das ardentes covas para seren faíscas frenéticas entre os corpos frechas antílope que incendian a un tempo a pel dos vagalumes e as barrigas dos amantes e tamén a alí babá o señor do cofre das laranxas o mago marabilloso que xa corre como un neno invocado pola chamada da fera que agarda escondida no tobo no cubil que desata o desexo en cacería territorio terremoto onde se fai urxente o bocado da presa madura deliciosa carne fresca ofrecida en sacrifico nunha explosión muscular de masas caracois de volcáns de magma que violentan os ventres en vibrante movemento doce macedonia de fluidos zugados en feridas de seda en linguas lianas babosas bicos bolboretas berros de lava convulsións de mel zumes tan acuáticos na fervenza das entrañas na imprecisa xeografía do oco cova de cálidas paredes onde de súpeto aboian nubes de coral mares marmelada arrecifes habitados por peixes amarelos que van esvarando como pedras de río pola peí ata chegar as praias verdes onde venen morrer enormes baleas de carne cansa cetáceos derrotados na furia do combate que agora reclaman repouso no confín da selva no vértice acantilado onde rompen mar e amor en pura xerfa en encaixe de nevé que xungue e afasia paisaxes de berro ou nada no punto exacto sen retorno onde a selva toda é un anel de inmensa claridade unha esfera perfecta de auga e carne un globo de luz que colma o aire do crepúsculo como unha laranxa en exacta plenitude.
O REINO LARANXA
por dentro de nos mesmos por entre as arañeiras que cobren os recantos da alma existen aínda países pausados no aire das ponlas territorios de roupa branca con recendo a herba lugares onde medran prados soños e laranxas e mazas tan verdes como o cariño cando nace por dentro de nos mesmos máis ala das cancelas que as palabras non abren permanece en pe o reino invisible dos cantos o oco cova onde habita desde sempre alí babá o auténtico señor daquelas historias antigás que forón amasando con faragullas de pan e asombros de neno o marabilloso alí babá dos soños laranxas o mago abracadabra da pata de cabra o ilusionista ábrete sésamo que garda no peto córenla trasnos con artes de circo e un peite para a barba de ouro por dentro de nos mesmos nos recunchiños máis sabrosos do corpo sobreviven aínda escondidos os trasnos máis trastes do mundo os únicos capaces de inventar cada noite trucos de lume e proceres sorpresa os únicos que lembran aínda a ruta da illa do tesouro onde un día ficaron náufragos tantos soños tantas ilusións que tan fácil se forón esquecendo nas perchas do armario da memoria por dentro de nos mesmos por entre mares piratas de nubes navegan dornas costureiras de amor penélopes de vento e vela que tecen e destecen rumbos de coral suaves singraduras de seda que perseguen o ronsel da costa abrigosa o peirao onde agarda paciente o ser amado e amante o ser humano disposto a ofrecerse e ofrecernos o tacto formiga que nos vai devolvendo afondo profundo do propio ser ó recinto sagrado da lareira lume onde segué a arder a máis intensa luz e a calor de pan do máis quentiño paraíso no único lugar do universo onde so existimos nos ala dentro no reino redondo que non é deste mundo pero tampouco doutro no único lugar do universo onde aínda florecen como un bosque diminuto de soles as laranxas máis marabillosas da horta secreta de alí baba
Carlos Negro na IV Forxa Literaria (Encontros Culturais no Rural)