Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

A Solaina e Paco Lareo

<center>A Solaina e Paco Lareo</center>

Paco Lareo_3

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.

Dous rios circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.

Sentarse naquela horta, unha noite de vran e lua chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.

cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.

A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.

Paco Penas de DORVISOU

4 comentarios

Dorvisou -

Amigo meu: Sabes ben que levo a solaina no corazón. O meu compromiso é firme e verdadeiro.
¡Saudos a terra!

Dorvisou -

Descalza: Non perdas o fío desta hestoria e recomendo-che, se tes a ocasión, que pases por alí.

PACO LAREO -

Paco: Graciñas por pinchar neste libro que pasea ó atardecer polos montes e vales da nosa fermosa comarca de Deza. Unha aperta, para tí e para tódo-los que pinchen nestas páxinas.

Descalza -

Bienvenido...me gusta si señor..;-)