Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

AS PROPOSTAS DO RURAL

AS PROPOSTAS DO RURAL A distancia respecto dos grandes centros urbanos é un dos motivos con máis frecuencia alegados para justifica-las dificultades coas que se atopan moitos dos proxectos culturais que cuaslificamos de periféricos. Cando contan co apoio público, dependen abondo do empeño personal de quen os dirixe; cando a iniciativa eo soporte son privados, aumentan o risco e as dificultades.

Cando isto ocurre, cando desde o sector privado se propoñen proxectos que tentan o sempre controvertido do contemporáneo, o eco acadado non deixa de sorprender. Un ejemplo claro témolo na Fundación Museo Casa A solaina de Piloño. Situada nun medio rural, a iniciativa provoca se cadra non dun xeito consciente, pero si moi eficaz que o chegamento á arte contemporánea se fundamenta unicamente na ausencia de prejuicios. Os teóricos insisten en que a característica distintiva destas obras que moitos cualifican de escuras, de crípticas, non é outra que a súa vinculación, mesmo o seu compromiso, co actual. Que as obras, en definitiva, utilicen os materiais do momento e susciten preguntas que non exclúan as cuestións que se debaten actualmente.

As obras que se reúnen na fundación Museo Casa A Solaina de Piloño participan dese espírito, aínda que inciden nun dos aspectos que a miúdo esquecemos adoita estar relacionado coa arte, o goce lúdico. Nel céntrase unha das activididades máis afortunadas de cantas suscita a institución que dirixe Francisco Lareo: unhas xornadas que, cada dous anos, reúnen un grupo de artistas de moi distintas procedencias e linguaxes. Un grupo que coincide nas intencións, nos esforzos, en propoñe las súas preguntas desde as artes plásticas, pero que se amosa firme ó defende-la particularidade de cada proxecto artístico.

A Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño é, xa que logo, un ejemplo eficaz de cómo programar actividades integrándoas nun medio peculiar sen que por iso teñan que renunciar ás súas características distintivas, propias. Se nos grande núcleos urbanos, os museos e as institucións teñen que procurar que o excepcional sexan as obras exportas neste caso é tamen o medio e o xeito como xorden, e moi especialmente o animo desde o que se suscita todo.

Miguel Fernández-Cid (IV Xuntanza)

0 comentarios