Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

PaCo LaReo Fillo e Netos de Artesans.


Paco Lareo_18

O fillo do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias...(X.Vázquez Pintor)

É un mentirán en circo cando exerce nos escaparates dos múltiples convivios, un benvestido en festa, un músico de tubas no ronsel dos clásicos que souberon adubiar os seus iconos de barba froleada, restras de colores, leontina e arrecendos á selva que fabrican no seu interior de luces. A terminoloxía das modernidades teños calificado coas palabras máis diversas, desde os neoloxismos ata as máis choqueiras do noso léxico do Entroido (que outra volta velaí vén). Así lies debeu iluminar a memoria a moitos dos asistentes á inauguración da súa Mostra de Pintura na Casa da Cultura de Cangas, hai tantos anos, cando el andaba en soños coas "talópidas": Camilo Camafio concedéralle a palabra e Paco, cegado da gorxa,

apenas dixo tres, nin siquera unha frase, e rompeu nunha danza pequeniña, en espiral de muiñeira. E todos/as apampamos. Velaí a provocación ou a risa das metáforas.
Porén hai outros lareos no diario ruralita que andamos a facer de volta os herdeiros das aldeas. Tal aló na labarada de Pilono, parroquia que exerce ben distinta no universo das Solainas de Galiza, "que é un mundo". O filio do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias. Con Carme, a súa irmá, conserva e garda o niño de nación, o berce, a lareira, a forxa, a ingre e o barquín, os espacios da infancia e madureza; aínda cando houbera que marchar as Américas en antes, coma sempre. Hoxe este espacio é referente dos tres tempos que se conxugan ñas gramáticas do afecto: pasado, presente, futuro (arca, casa, edificio). Pintura, escultura, literatura: os tres piares dunha ponte mínima e universal. E ñas paredes do obradoiro, de pórtico cara á luz dos benchegados, as efixies dos recoñecidos para os ilustres amadores das esencias dos labregos/as: son bustos que perdurarán, aínda cando as sucesivas desgracias da deserción nos preocupen coa chegada da ruina. Eis o contributo do agradecemento.
Nesta tarde noite de venres febreiriño a vila antiga e petrucial d’A Estrada, pola voz de "Edicións A Fervenza", faille a entrega, ao artista máis moderno das freguesías do rural, dun ghainete de melindres ou tarta enteira de chiculate e naturrías, coa nosa/vosa gratitude por tanta lealdade e permanencia, o cariño e a calor, en Terra viva.
Xosé Vázquez Pintor no homenaxe a Paco Lareo, A Estrada, Febreiro, 2007

arte na horta

De dereita a esquerda: Paco lareo, Xosé Vazquez Pintor, Miguel Anxo Fernán Vello,
Manuel Bragado e a dona de X.V. Pintor na horta da Solaina, Maio, 2001

1 comentario

Xose Lois Mosquera -

Paco, coñezote dende que era un raparigo, cando tiñamolo cafe o Canton en Vila das Cruces, e despois de tantos anos sigote admirando. Lembrome cando contas as tuas andainas po-las terras das U.S.A.S, cun cadilac que espetaras. (perdoade o meu galego escrito, pero e que onde ando non practico moito) Un saudiño, pa todo-los que fadedes posible lo arte galego, e en especial pa ti ferreiro.