Blogia

FUNDACIÓN PACO LAREO

OTáVio CaBRaL

IMG_4389
ZooM

Otávio Cabral (Brasil) na forxa da Solaina de Piloño na procura das musas.
IMG_4415
ZooM
Otávio no pendello da Solaina procreando nun acto de sensibilidade.

ANa D. GoNZáLeZ DoBaRRo

IMG_4348
ZooM
Ana D. Gónzalez Dobarro (Lalín, Pontevedra) nariz a nariz coa arte que povoa a horta da Solaina.

IMG_4366
ZooM
Ana escomenzando a darlle xeito as ideas.

MaRía MeiJiDe

IMG_4299
ZooM
María Meijide (Santiago de Compostela)no seu papel, posando con xeitos de artista. Nestes caso, o fotógrafo perde ata creto, jeje.

IMG_4301
ZooM

Dúo e TRío De aSeS

IMG_3829
ZooM
O Grande avó Nove Frangvska de Macedonia e Jen Pepper da ASSOCIATE PROFESSOR OF STUDIO ATRS CAZEDOVIA COLLEGE de New York


IMG_3816
ZooM
Nove Frangvska (Macedonia), Jen Pepper (New York) e Paco Lareo (As Cerdeiriñas :-)

David Bethell

IMG_4323
ZooM
David Bethell, INGLATERRA.
IMG_4337
ZooM

ANa GáLVeZ SaLa

IMG_4414
ZooM
Ana Gálvez Sala(Barcelona)estampando o seu selo na IX Xuntanza Obradoiro internacional das Artes Plásticas.
IMG_4411
ZooM

IMG_4318
ZooM

Armindo Salgueiro dando a coñecer as actividades da Xuntanza. Ao fondo, Nove Frangvska no preludio do seu obradoiro.
IMG_4376
ZooM
David Bethell, participante de Inglaterra é entrevistado por unha cadena de Tv. Á esquerda, a polifácetica e querida Carmen Lareo facendo de traductora.


IMG_3999
ZooM
Damián "Paio" posando con oficio.
IMG_3987
ZooM
Damían ademirado da beleza da Solaina.

SiLVeRio RiVas Na SoLaiNa

IMG_4267-1
ZooM
O escultor Silverio Rivas honrou a Solaina nunha curta visita para compartir un tempo cos participantes da IX Xuntanza.
IMG_4269-1
ZooM

Paco Lareo
ZooM
Os artistas participantes en esta IX xuntanza Obradoiro terán a oportunidade de coñecer a Fundación NEIRA VILAS en Gres, o Centro Galego De Arte Contemporánea nunha visita a Compostela, a paisaxe e arte do entorno nunha ruta turística e como non, tamén disfrutar da súa rica e variada gastronomía.

Escultura "Ao aRTiSTa DeSCoÑeCiDo"

veran-08 010
ZooM
Paco Lareo e O Vila
IX XUNTANZA
ZooM
Descuberta do monumento "ao artista descoñecido" mentras os gaiteiros Plácido Rozas e Enrique Viz interpretaban o himno da Solaina.

IMG_3915
ZooM
Damián Payo e un cartel nos recorda a figura do seu pai cunha dedicatoria de Antón Lamazares.
IMG_4239
ZooM
Grabado da escultura diseñada por Paco Lareo e feita coa colaboración de "O Vila", na Solaina de Piloño

Se queres ser universal, fala da túa aldea

IX XUNTANZA
ZooM
Este ano, a SOLAINA, rinde homenaxe ao ARTISTA DESCOÑECIDO e ao canteiro Vidal Payo. Paco Lareo, Celso Fernández "Celsiño" e Xosé Payo foron os encargados da mesa redonda onde disertaron sobre os homenaxeados.
Xosé Payo, fillo do artista de Alemparte, fixo unha profunda e sentida lembranza da vida e a obra do seu pai. Nun maxistral exercicio foi describindo e exalzando a figura deste home que entregou, dende moi novo, a súa vida á pedra e á terra. Un home autodidacta, humilde e xeneroso que traballou arreo tanto como escultor ou canteiro.
Destacar unha frase, que posiblemente describa con acerto a capacidade e o bon facer deste artista dezano, cando alguén se achegaba a Vidal Payo para facer un encargo e dicía que non era doado, él sempre contestaba mirando a pedra " non ho, esta obra xa está feita, só hai que sacarlle o que sobra.

IX Xuntanza Obradoiro Internacional Das Artes Plásticas na SoLaiNa De PiLoÑo

IX XUNTANZA
ZooM
A Fundación Casa Museo "A SOLAINA DE PILOÑO" acolle este ano a IX Xuntanza internacional das Artes Plásticas. Do 13 ó 19 de Xullo, pintores e escultores de diferentes paises compartiran ideas,soños, coñecementos, ferramentas, espazo e ata ese pan das abellas como lle gusta chamar ao amigo Xosé Vázquez Pintor.
IX XUNTANZA
ZooM
Despois da recepción dos artistas que foron chegando xa desde a tardiña do Sábado e da visita á Fundación Neira Vilas de Gres, inagurouse a Xuntanza coa benvida do presidente da Fundación, Francisco Lareo Morao e as intervencións da Delegada de Cultura da Xunta de Galicia, María Xesús López e o alcalde do concello de Vila de Cruces, Xesús Otero.

IX Xuntanza Obradoiro Internacional Das Artes Plásticas

PIM0002

PIM0004

Technorati Profile

iNTeRFeReNCiAs... por PaCo Lareo

Email0002


PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN

“INTERFERENCIAS”

VIGO

A miudo encontramos ó camiñar , soños, ilusións que son reais ata o espertar, este sería o caso das INTERFERENCIAS como ilustración máxica dunha historia garimosa de alegres garabatos inarmónicos que se organizan entre si para ensinarnos que formamos parte daquel debate cultural, que mestura ao sufremento coa ledicia para obter a enerxía simplificadora das accións cotiáns, resolvedoras de todalas dúbidas que poidan garantir a nosa existencia.

¡ Cal sería a tensión daquela primeira INTERFERENCIA! Que me dou o acordo do recordo da memoría, da existencia. Este glorioso momento pilloume nas gallas dunha cerdeira nas cereixas da Ascensión, cereixas de liberdade, admiración, sorpresa, sensación de vivir, garabateando na miña concencia para sempre a miña primeira INTERFERENCIA.


PACO LAREO

Email0001


ao LoCuS aMoeNuS...

O ARTISTA Paco lareo no entorno da SOLAINA. Fotos de Paco Penas

aRMaDaNZaS Da SOLAINA...

"OS ARMADANZAS DA SOLAINA", a cargo de Carmen Lareo puxeron en escea a obra de teatro CAMIÑO DE VOLTA, escrita por Paco Lareo.

aRTe eN eSTaDo PuRo...

Video fotográfico do Mural colectivo artístico literario sobre a Solaina feito polos cativos no día adicado aos nenos e nenas, e tamén do curso de pintura que imparte A SOLAINA, cada verán, os "pequenos" artistas.