Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

XuNTaNZaS

XI XUNTANZA OBRADOIRO DAS ARTES PLÁSTICAS

no Museo RAMÓN MARÍA ALLER

xuntanza lalin

XuNTaNZa DoS FoRXaDoReS

solaina NADAL

ZooM

IX Xuntanza Obradoiro Internacional Das Artes Plásticas

PIM0002

PIM0004

VII XUNTANZA OBRADOIRO INTERNACIONAL DAS ARTES PLÁSTICAS
11/07/04-17/07/04

<center>VII  XUNTANZA OBRADOIRO INTERNACIONAL DAS ARTES  PLÁSTICAS<H6>11/07/04-17/07/04</H6></center>
Todo se coidou ata o último detalle para que os artistas disfruten plenamente desta estadía en Piloño. Comeza hoxe a séptima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas no seo da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, no Concello de Vila de Cruces. «Sete días que se adicarán a creatividade no rural, aquí en Piloño, e de convivencia marcadas pola paz», así describe o presidente da Fundación, Francisco Lareo, esta nova xuntanza na que algúns artistas veñen por primeira vez e outros repiten experiencia.

Un proxecto programado con mimo nos últimos meses polo equipo técnico de A Solaina e no que, cada un, se fará dono dun recuncho das instalacións para deixar voar o pincel sobre o lienzo ou plasmar na pedra ou na madeira as inquedanzas e sensacións máis profundas dese momento, sempre en contacto coa natureza. «Cada xuntanza, e xa van sete, teñen unha característica especial e particular. Ninguhna se asemella á anterior», subliña Lareo. Os resultados do obradoiro veranse co decorrer dos días e finalmente exhibiranse alá polo mes de novembro nas salas do Museo Municipal Aller Ulloa de Lalín. Ao mesmo tempo presentarase o catálogo, que editará a Dirección Xeral de Promoción Cultural, dos traballos realizados no museo cruceño.

Os creadores xa enchen A Solaina. Artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.

Amelia Ferreiroa.
na Voz de Galicia

<center></center>
A SOLAINA DE PILOÑO é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.
Paco Penas

PILOÑO SITIO DISTINTO
por Pepe Galindo

<center>PILOÑO SITIO DISTINTO<H6>por  Pepe Galindo</H6>
Banda de música artistica de Merza na SOLAINA DE PILOÑO no homenaxe en lembranza de Xosé Casal e Luis Areán (Xuño, 2001)



Cando regresei da miña viaxe a Galicia comentaba co amigo meu Luis Armand, que por alí estivo tamén hai agora un par de anos, o disposta a gozar da arte que está a xente por aquelas térras. E aínda que esta xeneralización quizáis veña de facer niño precisamente nun contorno relacionado coa arte, e tamén polo formidable trato recibido dos fillos de ala, ó comentario non lle falta razón. Con curiosidade endémica solicitan dos chamados artistas a explicación da súa particular interpretación do mundo; e fano do modo máis natural posible, sen prexuízos, sen afectación.
Antonte miraba co meu amigo Guillermo Aymerich, que é de alí, as fotografías que tomei na miña travesía galega. Recordábame puntualmente, a propósito délas, que Galicia é un país de recantos, de fermosísimos recantos, como vacas cáchenos: ocultos, máxicos, insospeitados. Lugares de mil verdes, de mil luces nun mesmo día. Fíxense vostedes que ata polos ríos corre auga cristalina, e xeada, ademáis, como un polo. Por non falar dos generosísimos comestibles que lle ofrece o país ó alucinado viaxeiro. Pero estas bonanzas da paisaxe e a gastronomía son tópicos, e non por isto menos certas, que case fan esquecelo que realmente hai no fondo de todo isto: as xentes que alí permanecen, entre as que se poden recoñecer, e non con dificultade, aquelas que fabulaba Don Alvaro Cunqueiro nun dos seus máis fermosos libros. E xusto aquí vénme á memoria unha frase que lle gusta moito dicir ó meu amigo Pablo Ramírez, gran admirador e degustador do galega: en Galicia non ten mérito ser escritor naturalista, só tes que sentar a escoitar e transcribir literalmente todo o que escoltas. Estes son os veciños contadores de historias que habitan aquel dédalo de currunchos.
Tomemos como exemplo un deses insólitos recantos: Piloño, unha pequeña parroquia do concello de Vila de Cruces, Comarca de Deza, Galicia, fin da térra na tradición grecolatina. Un lugar no que precisamente as súas xentes son desas que están dispostas a gozar coa arte, e a participar na súa creación. Alí, un grupo de persoas, case filántropos, case personaxes de Cunqueiro, empéñanse en promover uns encontros entre artistas de diferentes nacionalidades. Ano tras ano, Paco e Carmen Lareo, Armindo Salgueiro, Damián Payo, Xavier Vázquez e José Vispo traballan para recrea-lo seu pequeño Pont-Aven, como aquel da Galicia francesa. Corren arriba, corren abaixo, para lie ofrecer á periódica concentración de artistas un contorno que, raiando no exótico, dea acollida e bendiga as musas creadoras dos seus ocupantes. E o sitio é realmente distinto: un ateigado conxunto de edificacións arredor dunha solaina interior, repleto de esculturas, texturas, muráis e escaleiras que soben en todas direccións, e con sete bustos de granito oufanos e rotundos de Colmeiro, Laxeiro, Castelao, Várela Buxán, Maruja Villanueva, Ramón Soto e Vidal Payo, encaixados nunha parede que parecen vixia-lo lugar coa súa mirada de pedra viva. Alí coexisten durante unha semana os artistas foráneos, compartindo o seu parecer e a súa maneira de facer. As súas obras permanecerán naquel lugar, no pequeño museo, nos seus caóticos espacios. Pero, quizáis, o máis importante non sexan os obxectos acumulados, senón o cúmulo de circunstancias que os provocaron: a estancia comunitaria, a conexión con outros -colegas que acaba, sobre todo, por enriquecer. E así, case sen darse conta, cada un dos que alí da e require un pouco sae notablemente mellorado. Aínda que isto non sexa cousa demasiado estraña: de Galicia adoitase saír dése modo.
Tamén discutía con Guillermo o difícil que debe ser naquel país ter vocación de pintor naturalista, e pintar ala onde te levara a burra de Courbet, é dicir, e pintar ó azar xusto no lugar onde á burra se lle ocorra parar. Son tales os cambios de luz que o iris chega a zumbar no seu incesante abrir e cerrar. Pero afortunadamente para eles, os artistas da Xuntanza de Piloño non son pintores naturalistas. Eles traballan noutros ámbitos, en relación cos símbolos ou cos medios, coa Historia da Arte ou coa mesma vida. Teñen a inmensa sorte de non verse na obriga de imitar, interpretar ou suxeri-lo millón de verdes da paisaxe que os rodea. Parece totalmente imposible, mesmo para un bo fotógrafo.
Non sabedes o que tendes, ¿ou si? "
Valencia, setembro do 2000

VI XUNTANZA OBRADOIRO

<center>VI XUNTANZA OBRADOIRO</center>
PORTADA DO CATALOGO DAS ACTIVIDADES DA VI XUNTANZA deseñada por "PAIO"


Para moitos dos que día a día traballamos neste enriquecedor mundo da
cultura constitúe un motivo de satisfacción comprobar como algunhas orixinais
iniciativas, nacidas hai anos, se van consolidando co paso do tempo ata
converterse en citas obrigadas as que asistimos en cada ocasión con verdadeiro
interese. Por iso esta nova edición da Solaina de Piloño supon un motivo de
orgullo para tódolos que dalgunha maneira nos sentimos implicados coas
diferentes manifestacións artísticas de vangarda.

Poder compartir experiencias, distintas visións creativas e incluso
intercambiar opimóns é fundamental para o mundo da cultura, porque este ámbito
fortalécese a través do diálogo, que fructifica en obras e opimóns, contribuíndo
a que cada día todos teñamos unha visión máis amplia da realidade cotiá.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo quere achegar o seu
pequeño gran de área a este proxecto que se iniciou na comarca do Deza alá
polos anos noventa, e seguir sendo testemuña e salvagarda dun traballo que
constitúe un exemplo de ilusión, de creatividade e de esperanza para todos
nos.

Jesús Pérez Várela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo


Dende hai lempo estamos a vivir no panorama internacional un momento no que a
oferta cultural e artística é cada vez máis variada e plural en tódalas súas
múltiples manifestacións: pintura, escultura, instalacións, moda...

Esta VI Xuntanza Obradoiro Internacional das artes plásticas, converte por uns
días ó concello de Vila de Cruces en escaparate das distintas tendencias artísticas
que están a xurdir dentro e fóra das nosas fronteiras. As obras que nos amosan
os diferentes artistas que este ano concorren a esta xuntanza, constitúen un
fiel reflexo da diversidade artística contemporánea, dos moitos camiños
abertos na sociedade actual, da capacidade de contrastar ideas e opinións a
través do respecto e a liberdade.

Desde esta Dirección Xeral de Promoción Cultural esperamos seguir contribuíndo
co noso esforzó a que esta xenial idea continúe consolidando a súa andaina
para facer de Piloño un lugar de privilexio no terreo das artes plásticas en
Galicia.



Mª Carmen García Campelo
Directora Xeral de Promoción Cultural

A SOLAINA E AS SÚAS XUNTANZAS

por Román Rodríguez González

<center>A SOLAINA E AS SÚAS XUNTANZAS  <p><font size=&quot;2&quot; color=&quot;#800080&quot;>por Román Rodríguez González</font></p></center>

Pintura: Paco Lareo



Nos mundos de hoxe, qué separa o local do global, o continente do contido nunha obra creativa, ou a paisaxe arte. A estas grandes cuestións, mesmo filosóficas, as Xuntanzas Obradoiro da Solaina tentan dar resposta.
Paxariñas. Piloño. Vila de Cruces. Deza. A terra. Son palabras que inventámo-los homes para delimita-la nosa realidade. Cada unha transmite percepcións e sensacións diferentes. E cada unha escenifica un espacio concreto onde pezas que o configuran encaixan como nos crebacabezas que fan os nenos. O Pico da Piñeireta pecha o particular microcosmos que enmarca a Solaina, pero é tamén, ¡que contradicción!, a porta dun mundo sen límites nin fronteiras. mundo de relacións e de intercambios que dá como froito unha obra artística singular na súa concreción e no seu proceso creativo.
O acontecemento remóntase a 1992. Cada dous anos témo-la sorte de que este foro de acollida se difunda cada con máis forza, convertendo a pequena aldea de Paxariñas nun referente -quen sabe se mundial?- das vangardas artísticas. E facéndoo, o que ten máis mérito, sen perder nunca a súa idiosincrasia, a súa orixe netamente rural e a súa conexión coas xentes do lugar. A Solaina e as súas Xuntanzas nacen e viven ó pé dun pequeno camiño que leva ó campo festa. Está rodeada de leiras, prados e algunhas vides. Non desentoa nin causa impacto no sitio. E só un xa inmaterial cruceiro de ferro avisa da súa presencia. Non é, xa que logo, unha catedral no deserto, nin un invento, nin un artificio. É unha parte da paisaxe, da cultura, cunhas raíces profundas e ben alimentadas que lle permiten ofrecer unha frondosidade xenerosa, atraente e cativadora non só de numerosos artistas, senón tamén de moitos profanos que, coma mim, se senten amigos da Solaina.
Estamos perante unha exposición e un catálogo no que a propia localización da Solaina se reflicte. Onde artistas de toda España e outros chegados de Alemaña, Portugal, Francia ou Inglaterra non son alleos ó verde e rico colorido do contorno natural que os envolve e mimetiza. A utilización de materiais saídos das eiras, das carballeiras ou dos camiños e a propia concepción de moitas das obras paridas nesta IV Xuntanza son testemuños, xa historia, da reacción da proxección do espacio na creación artística.
É neste intre cando a maxia da comunicación ten lugar. Cando o global, o internacional, se deixa influír polo local, pola xeografía que envolve a Solaina e ó revés. Cando o continente dunha obra racha a fina raia que o separa do contido a través da inspiración. E cando a paisaxe se converte en arte pola interiorización e pola representación dos seus elementos na peza creada.
Román Rodríguez González na IV Xuntanza Obradoiro-Internacional das Artes Plásticas

A FORZA DUN ENCONTRO
por DAVID BARRO

<center>A FORZA DUN ENCONTRO<H6>por DAVID BARRO</h6></center>
Xuntanza de amigos na lúdica horta da Solaina


Tras unha longa conversa co artista alemán Jügen Partenheimer, acabamos por falar de viaxes. El dicía que hai que distinguir a viaxe de tipo turística que é unha especie de escapismo, unha parvada porque é viaxar por viaxar, por evitar o lugar no cal se desenvolve a nosa vida; da viaxe espiritual, a da imaxinación, é dicir, a viaxe artística que significa a posibilidade de volver, de centrarse, ‘e desa enerxía podes tirar todo porque sabes que vas volver e porque o fas coa impresión de realizar o que desexas. A maioría da xente que participa en viaxes turísticas non quere regresar, están fuxindo dunha Frustración da sóa vida persoal, da súa profesión e iso non é a viaxe en sentido artístico, que non ten ningunha frustración, é parte dun ciclo da vida, dun desenvolvemento que aceptas e queres aceptar con motivo do descoñecido”. E, polo tanto, que a idea de viaxe non ten que ser algo ligado á realidade, ten moito de imaxinación ó privarte da propia existencia do vivido, de separar todo o que semella seguro, o que pensas gue coñeces. Falamos dun estado mental, aberto e cheo de curiosidade, dun encontro.
Un encontro abre o mundo, abre o ego, segundo Blanchot. Os artistas perseguen metas, moitas veces descoñecidas e o que atopan é o froito de diferentes encontros, de acumulacións de cousas e situacións que acaban por definir unha vida, unha actitude. Por iso, vivencias e xuntanzas como esta da Solaina de Pilo- ño moitas veces resultan claves para fortalecer un contorno, para contaminar e enriquecer diferentes propostas. A soidade do estudio cobra luz e acaba por compartir esa intimidade con visións moitas veces moi distintas e distantes, proba dun momento artístico como o actual que, cada vez mais, amosa unha perspectiva plural. Dar a coñecer novas experiencias como estas preséntase como vital de cara a fortalecer a cultura galega e proxectala ó exterior.
Non cabe dúbida de que a arte é un producto social e como tal, deixa atrás toda noción romántica da obra como producto dun xenio creador que se manifiesta á marxe da sociedade. A arte ten un lugar na historia, é producida nun momento concreto, e iniciativas deste tipo propician a práctica artística e o intercambio de experiencias entre os creadores, ó tempo que contribúen á superación entre os propios artistas.
Dende os seus inicios e como reflexo fiel da realidade, esta xuntanza na Solaina de Piloño, ofreceu unha suxerente diversidade de propostas. Nesto radica un dos principias actrativos duna cita como esta. Ver como se comportan artistas que defenden intereses estéticos moi diferentes, artistas con orixes e idades ben distintas e, polo tanto, portadores de experiencias vitais descoñecidas polos seus compañeiros. Así, nesta comarca de Deza, comprendemos a liberdade que se reclama como característica primeira das creacións artísticas.
Non é de estrañar que esta xuntanza se presente en Lalín, terra que deu grandes artistas de xeracións diferentes, sirvan de exemplo Laxeiro, Antón Lamazares, Guillermo Aymerich ou Alvaro Negro. Neste ano son Eva Bosch, Andrew Smith, Juan Carlos Platis, Monique van Steen, Mónica Trastoy, Iñigo Legazpi, Ana Carina Valcarce, Ana Pillado, Lorena Lázara, Celeste Pena, Miranda, John Brown, Paco Lareo, Ramón Conde, Isabel Alonso, Débora Quelle, Iván Prieto y Teresa Otero. Interesante tamén son os estampados de deseños de Enmanuel, Carmen L. Barcala e Lola F. Dapena, a cargo de Pamen Pereira, Antón Pulido e Boke Bazán.
Na mestura de nomes, recoñezo seguir atentamente os pasos dalgúm deles, con outros non concordo en propostas estéticas. Por iso prefiro non entrar a valorar as súas obras, non é este o lugar e si o é para enxalzar iniciativas como esta da VI Xuntanza Obradoiro Internacional das artes Plásticas, quizais máis importante de cara ó futuro do que os propios artistas e organizadores podan hoxe intuír.

DAVID BARRO na VI Xuntanza Obradoiro-Internacional das artes plásticas. Ano 2002

AS BELAS ARTES

<center>AS BELAS ARTES</center>
A escultura da foto naceu das mans de Antonio Taboada "Willi", viveu na horta da SOLAINA un tempo concreto, non chegou a reproducirse e morreu ós poucos coma a xente da aldea para falarnos un chisco da fugacidade do tempo e das cousas.


OLA FERVENDO
Dende o principio, os artistas viaxaron para acrecentar os seus coñecementos. Velázquez e Goya foron a Roma, e Picasso a París. A tecnoloxía moderna fixo marabillas co factor tempo e o mundo é agora moito máis accesible no que se refire á mobilidade. Galicia e o País de Gales non están lonxe nin xeográfica nin culturalmente, aínda que as súas semellanzas e diferencias crean un ingrediente que serve de reto para cal- quera especialista en Belas Artes.

A VI Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas na Solaina de Piloño, Vila de Cruces, na galega comarca de Deza e a Bienal de Harlech no País de Gales, Fixo posible un intercambio entre pintores e escultores destes dous países.

No mes de xullo de 2002, Piloño acolleu a varios artistas de España e Europa. Durante unha semana: pintura, madeira, pedra, ideas, debates, música e emocións todas elas semeilaban estar nunha ola fervendo. O escenario era a forxa dos Lareo. O decorado unha terra húmida e vizosa tan antiga como as súas xentes. Un horario moi completo, moita enerxía eas delicias daposible. O producto Final foi unha serie de traballos obrigados a xermolar prematuramente.

Mirando pezas producidas, aparentan complementarse as unhas coas outras. Notas por antonomasia, pero que no seu conxunto semellan actuar como unha sinfonía. Referencias ao surrealismo, abstracción, minimalismo; cor monocroma en soportes de dous e tres dimensións. Os participantes incluían talentosos estudiantes da facultade de Belas Artes de Pontevedra e xoves e maduros profesionais. Esta experiencia foi recibida por todos coma un río veloz portador do botín de cofiecementos novos.

A arte moderna é a miúdo definida como a expresión da cultura filtrada por individuos, nunha mesturada información que xirando no remuíño maratoniano dos tempos actuais remata no mellor dos casos nunha afirmación visual plástica.

Os intercambios culturais dan acceso a coller prestado valiosos cofiecementos que permiten ao artista unha maior oportunidade de triunFo e de regreso á casa, os talleres enchéronse de novas imaxes, todas vestidas con galas de lembranzas e de contactos persoais de alleas terras celtas.

EVA BOSCH na VI Xuntanza Obradoiro-Internacional. Ano 2002

VI XUNTANZA OBRADOIRO - INTERNACIONAL DAS ARTES PLASTICAS
NA LEMBRANZA DE MANUEL PESQUEIRA SALGADO

<center>VI XUNTANZA OBRADOIRO - INTERNACIONAL DAS ARTES PLASTICAS<H6>NA LEMBRANZA DE MANUEL PESQUEIRA SALGADO</H6></center>

O autor do cartel da VI xuntanza é ANTÓN PULIDO


Pinta o teu pobo e serás universal




Manuel Pesqueira Salgado, señor de si mesmo, amador da súa
aldea, Lantaño, materializou coa precisión dun sabio mestre de obras os
seus cadros en estado de vixilia: ¡E así fixo real o consello sagrado! Colocou
na aorta do cadro a Lantaño e casouno cos seus labores, festas, soños e
desgracias, pintoulle ollos e mans: amasounos ao modo labrador con Francisco de
Asís e Caín no Bulbo Raquídeo e viviunos baixo un arco celeste de luces
grisallas a cabalo entre os bacelos das videiras e o desasosego dos temporais
asasinos do agro: prata e esterco rebozados en alma e sangue. Na súa vigilia
arrasou polos pelos a Leira, esa cruz dos Farrapos á que Galicia deu sitial na
alma dos homes e a persignou en todas as súas obras.

Así falaba Pesqueira: “O home este é una anaco de terra; a terra
esta e un anaco de campesiño”. E este dar vida aos seus veciños – amigos –
labradores – terra – ceo – pariuno desde o máis puro lugar da creación: ¡pro
dereito e coa mesma man que fai sagradas as faenas de touros: a esquerda!

Pesqueira é bárbaro e de Asís e ciruxián que despeza ao
home e medieval xuíz que somete a desvarío último ó seu corazón tal cal oulea á
esquerda do Pórtico de la Gloria.

Amador verdade da beleza intemperie e do dourado sol de
outono madurado o universo e do estremecemento negro da caza.

A súa pintura é cortiza de árbore, látego, nube, xustiza,
ar. Á pintura, Manuel Pesqueira Salgado, regaloulle un nobre aixadón fabricado
con machetadas de néboada e saliva humana.

Manuel Pesqueira Salgado, señor de Lantaño ¡¡deica sempre!!


ANTÓN LAMAZARES (Texto lido no homenaxe a Manuel Pesqueira na VI XUNTANZA - OBRADOIRO- Internacional das Artes Plásticas. Xuño_2002)