VII XUNTANZA OBRADOIRO INTERNACIONAL DAS ARTES PLÁSTICAS11/07/04-17/07/04
11/07/04-17/07/04
Un proxecto programado con mimo nos últimos meses polo equipo técnico de A Solaina e no que, cada un, se fará dono dun recuncho das instalacións para deixar voar o pincel sobre o lienzo ou plasmar na pedra ou na madeira as inquedanzas e sensacións máis profundas dese momento, sempre en contacto coa natureza. «Cada xuntanza, e xa van sete, teñen unha característica especial e particular. Ninguhna se asemella á anterior», subliña Lareo. Os resultados do obradoiro veranse co decorrer dos días e finalmente exhibiranse alá polo mes de novembro nas salas do Museo Municipal Aller Ulloa de Lalín. Ao mesmo tempo presentarase o catálogo, que editará a Dirección Xeral de Promoción Cultural, dos traballos realizados no museo cruceño.
Os creadores xa enchen A Solaina. Artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.
Amelia Ferreiroa. na Voz de Galicia
0 comentarios