Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

A FORZA DUN ENCONTRO
por DAVID BARRO

<center>A FORZA DUN ENCONTRO<H6>por DAVID BARRO</h6></center>
Xuntanza de amigos na lúdica horta da Solaina


Tras unha longa conversa co artista alemán Jügen Partenheimer, acabamos por falar de viaxes. El dicía que hai que distinguir a viaxe de tipo turística que é unha especie de escapismo, unha parvada porque é viaxar por viaxar, por evitar o lugar no cal se desenvolve a nosa vida; da viaxe espiritual, a da imaxinación, é dicir, a viaxe artística que significa a posibilidade de volver, de centrarse, ‘e desa enerxía podes tirar todo porque sabes que vas volver e porque o fas coa impresión de realizar o que desexas. A maioría da xente que participa en viaxes turísticas non quere regresar, están fuxindo dunha Frustración da sóa vida persoal, da súa profesión e iso non é a viaxe en sentido artístico, que non ten ningunha frustración, é parte dun ciclo da vida, dun desenvolvemento que aceptas e queres aceptar con motivo do descoñecido”. E, polo tanto, que a idea de viaxe non ten que ser algo ligado á realidade, ten moito de imaxinación ó privarte da propia existencia do vivido, de separar todo o que semella seguro, o que pensas gue coñeces. Falamos dun estado mental, aberto e cheo de curiosidade, dun encontro.
Un encontro abre o mundo, abre o ego, segundo Blanchot. Os artistas perseguen metas, moitas veces descoñecidas e o que atopan é o froito de diferentes encontros, de acumulacións de cousas e situacións que acaban por definir unha vida, unha actitude. Por iso, vivencias e xuntanzas como esta da Solaina de Pilo- ño moitas veces resultan claves para fortalecer un contorno, para contaminar e enriquecer diferentes propostas. A soidade do estudio cobra luz e acaba por compartir esa intimidade con visións moitas veces moi distintas e distantes, proba dun momento artístico como o actual que, cada vez mais, amosa unha perspectiva plural. Dar a coñecer novas experiencias como estas preséntase como vital de cara a fortalecer a cultura galega e proxectala ó exterior.
Non cabe dúbida de que a arte é un producto social e como tal, deixa atrás toda noción romántica da obra como producto dun xenio creador que se manifiesta á marxe da sociedade. A arte ten un lugar na historia, é producida nun momento concreto, e iniciativas deste tipo propician a práctica artística e o intercambio de experiencias entre os creadores, ó tempo que contribúen á superación entre os propios artistas.
Dende os seus inicios e como reflexo fiel da realidade, esta xuntanza na Solaina de Piloño, ofreceu unha suxerente diversidade de propostas. Nesto radica un dos principias actrativos duna cita como esta. Ver como se comportan artistas que defenden intereses estéticos moi diferentes, artistas con orixes e idades ben distintas e, polo tanto, portadores de experiencias vitais descoñecidas polos seus compañeiros. Así, nesta comarca de Deza, comprendemos a liberdade que se reclama como característica primeira das creacións artísticas.
Non é de estrañar que esta xuntanza se presente en Lalín, terra que deu grandes artistas de xeracións diferentes, sirvan de exemplo Laxeiro, Antón Lamazares, Guillermo Aymerich ou Alvaro Negro. Neste ano son Eva Bosch, Andrew Smith, Juan Carlos Platis, Monique van Steen, Mónica Trastoy, Iñigo Legazpi, Ana Carina Valcarce, Ana Pillado, Lorena Lázara, Celeste Pena, Miranda, John Brown, Paco Lareo, Ramón Conde, Isabel Alonso, Débora Quelle, Iván Prieto y Teresa Otero. Interesante tamén son os estampados de deseños de Enmanuel, Carmen L. Barcala e Lola F. Dapena, a cargo de Pamen Pereira, Antón Pulido e Boke Bazán.
Na mestura de nomes, recoñezo seguir atentamente os pasos dalgúm deles, con outros non concordo en propostas estéticas. Por iso prefiro non entrar a valorar as súas obras, non é este o lugar e si o é para enxalzar iniciativas como esta da VI Xuntanza Obradoiro Internacional das artes Plásticas, quizais máis importante de cara ó futuro do que os propios artistas e organizadores podan hoxe intuír.

DAVID BARRO na VI Xuntanza Obradoiro-Internacional das artes plásticas. Ano 2002

0 comentarios