Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

IX FoRXa LiTeRaRia

AMiGOS e FoRXaDoReS DA SOLAINA...

IMG_5579
ZooM


David Otero e o doutor Manuel Barros Del Valle nun intercambio cultural, na presenza de Fenández abella, ao fondo, Carlos Loureiro.


IMG_5610
ZooM
De pé pola esquerda, co número 1, Avelino Pousa Antelo... David Otero, doutor Barros del valle, Mini e Carlos Loureiro.
Agachados, Damián Paio, Mero, Vázquez Pintor e Fernández Abella.

IMG_5780
ZooM

Paco Lareo, presidente da Fundación Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO, dirixíndose aos asistentes da Forxa.


David Otero...

Sentidas palabras de David Otero para A SOLAINA, os forxadores e amigos, como prólogo da presentación do seu libro e coloquio sobor da vida e obra de Alendre Bóveda.

SaBaDo, día 11...

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "Alexandre Bóveda na demanda de restauración" escrito por David Otero.
CHARLA COLOQUIO: Xose Vazquez Pintor, Avelino Pousa Antelo, Xoán Xosé Fernández Abella.
MÚSICA: Mini e Mero.

IMG_5642
ZooM

A partires das 18 horas, despois dunha breve presentación dos actos do día a cargo de Xavier Vázquez, presentouse o libro " Alexandre Bóveda, na demanda de restauración" do escritor, mestre e amigo da Solaina, David Otero. Acto no que participaron Xosé Vázquez Pintor, Avelino Pousa Antelo, Xoán Xosé Fernández Abella e o propio David Otero.


IMG_5715
ZooM


VIDEO, ÁLBUM...
viernes, día 10

PiNTo De HeRBóN e LuíS O CaRuNCHo... na Solaina de Piloño


Os mestres da regueifa, Pinto de Herbón e Luis "o caruncho", que actuaron por primeira vez na Solaina, foron os encargados de pechar as actividades do primeiro día da IX Forxa Literaria, cunha memorable demostración da súa capacidade de improvisación e dominio da arte regueifeira.

NOTA: o autor dos videos é Uxio Fernández Martínez

PiNTo De HeRBóN e Luís "o Caruncho" I

oS aRMaDaNZaS Da SoLaiNa


Os Armadanzas da Solaina son un grupiño de nenos que baixo a batuta de Carmen Lareo sempre nos sorprenden con obras de teatro, recitales de poesía ou música, nas actividades celebradas cada ano na Solaina de Piloño.
Nesta Forxa literaria participaron nun emotivo recital para rendir tributo a nosa poeta máis grande, Rosalía de Castro.
IMG_5382
Os primeiros en facelo foron Tamara e Andrés, que recitaron a dúo "CANTAN OS GALOS PRA O DÍA"

IMG_5388
Begoña recitou dúas poesías "QUÍXENCHE TANTO MENIÑA" e "ACOLÁ ENRIBA"

IMG_5393

"ADEUS RÍOS ADEUS FONTES" na voz de Cristina Iglesías.

IMG_5396
E para rematar o acto, Carmen Lareo, secretaria e gran Dama da Fundación, tamén quixo deixar testemuña do seu amor pola vida e obra de Rosalía, recitando o poema "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES"


XaN
...vai coller leña ó monte

Ana Blanco, para rematar, déixanos neste poema unha versión desa Rosalía máis retranqueira. Unha Rosalía que con certa dose de humor tamén aproveita para denunciar unha situación social.

LaDRaBaN CoNTRa MiN e UNHa VeZ TiVeN Un CRaVo...

A XuSTiCia PoLa MaN...

Ana Blanco, interpretando "A xusticía pola man" un poemiña onde podemos atopar a esa Rosalía máis reivindicativa e solidaria cos que sofren as inxusticias.

VIDEO: Uxio Fdez.

OBRa e ViDa de RoSaLía de CaSTRo

Ana Blanco Gómez, vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, falando da grande poetisa galega na Solaina de Piloño, con motivo do homenaxe celebrado na IX Forxa literaria 2009.
Autor do video: Uxío Fdez.

HoMeNaXe da SoLaiNa de PiLoÑo a RoSaLia De CaSTRo...

IMG_5335
ZooM
Descuberta dun alto relevo de Rosalía de Castro feito en pedra polo escultor "O Vila". Na foto, Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalia de Castro, Jesús Otero, alcade do concello de Vila de Cruces e o presidente da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, Paco Lareo

IMG_5346ZooM
O gaiteiro Plácido Rozas interpretando o himno galego.


IMG_5409
ZooM

Ana Blanco Gomez, vicepresidenta da Fundación Rosalñia de Castro e Maite Piñeiro, xerente da Fundación

EXPoSiCióN FoToGRáFiCa de PaCo PeNaS

IMG_5306


ZooM
Jesús Otero, Nuria Rodríguez (concelleira de cultura de Lalín) e Paco Penas na sala Laxeiro da Solaina de Piloño.
Nesta ocasión, Paco Penas fixo unha exposición temática da romería que se celebra no santuario do Corpiño.
Paco Penas, fotógrafo aficionado, dixo que coa fotografía tamén se podían contar historias, e que mesmo tiña a sensación de que estaba a escribir a súa bibliografía, en vez de con palabras , con megabais.

IMG_5292
ZooM
Paco Penas, Damíán Paio e Paco Lareo

IMG_5318
ZooM
Paco Penas atento aos apuntes de Xosé Vázquez Pintor...

VieRNeS, Día 10... iNauGuRaCióN Da IX FoRXa LiTeRaRia
Encontros culturais no rural

IMG_5280
ZooM
Paco Lareo, artista e presidente da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño e Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces inaugurando a IX Forxa Literaria, adicada este ano a Rosalia de Castro.

Paco Lareo deixou, unha vez máis, testemuña dese grande amor que sinte pola súa aldea natal e a Fundación A Solaina, destacando a importancia que teñen estas actividades para manter viva a historia dos povos. Reinvindicando, como sempre, máis compromiso por parte dos organismos oficiais e puntualizando que estaba xa cansado de meter o pé nas portas para evitar que se lle cerrasen de contado.

Jesús Otero felicitou a xente da Solaina polo seu compromiso coa cultura, resaltando tamén a grande promoción que conlevaban estas actividades para o concello.
IMG_5286
ZooM

IX FoRXa LiTeRaRia
Encontros Culturais no Rural

http://photos-b.ak.fbcdn.net/hphotos-ak-snc1/hs111.snc1/4816_1020871221909_1829056440_44433_420676_n.jpg

ACTIVIDADES DA IX FORXA LITERARIA 2009
(Encontros culturais no rural)
25 anos facendo historia no rural


VENRES 10 de Xullo (18:00h)
INAGURACION da IX FORXA LITERARIA
Exposicion Paco Penas
Descuberta do busto de Rosalia de Castro
Charla - coloquio sobre a vida e obra de Rosalia. Intervirán: Ana Blanco Gomez Vicepresidencia da Fundacion Rosalia de Castro e Maite Piñeiro Xerente da Fundacion
Recital nenos/as de poemas de Rosalia
Gaiteiros himnos
Regueifas nenos/as. Pinto de Herbón


SABADO 11 de Xullo (18:00h)
Presentación do libro "Alexandre Bóveda na demanda de restauración" escrito por David Otero. Intervirán Xose Vazquez Pintor, Avelino Pousa Antelo, Xoán Fernández Avella.
Musica: Mini e Mero.


DOMINGO 12 de Xullo (18:00h)
Centenario de Varela Buxán. Intervirán Xosé Vazquez Pintor, Carlos Loureiro e Daniel Gonzalez Alén.
Recital musico - poetico. Orlando Jorge Figueiredo, José Jerónimo Ferreira e Ulises Figueredo do Grupo poético de Aveiro, Iria Pedreira Anido.
CLAUSURA DA IX FORXA LITERARIA
Entrega de medallas. Seminario Estudios de Deza e Celso Fernández Sanmartín.
Concerto música de corda.
Ágape. Filloas