A liberdade é aquela facultade que aumenta a utilidade de todas as demais facultades.
I. KANT
Eu son libre na medida en que recoñezo
á humanidade e respecto a liberdade de todos os
homes que me rodean.
M. BAKUNIN
FRONTEIRAS COERCITIVAS versus LIBERDADE
Velaquí que nos achamos perante un "locus amoenus" con todos os elementos naturais, máxicos, con vida, que dan vida... e nel, unhas personaxes libres, solidarias, tolerantes... personaxes dun mundo concebido sen fronteiras, con espazos libres e onde as diferentes razas se entenden, se respectan, se namoran... Mais, aquí cobrarán o seu peso dúas personaxes condutoras, pouso de sabiduría, e cunha filosofía que irá guiando as outras personaxes polo escenario, pola acción, pola súa existencia vital: o FERREIRO-NARRADOR e a VOZ DA MEMORIA. Estas dúas personaxes serán o elo de unión entre o pasado e o presente e, ao mesmo tempo, unhas personaxes que se situarán entre a escena e as bancadas de espectadores desta máxica obra de teatro saída da pluma dun pintor, dun modelador, dun forxador da arte, dos soños, da realidade...
Obra exemplar -e exemplarizante-, obra que ben podería ser a traslación á literatura dramática dun cadro con dous ríos irmáns (ou pai e filio), con picoutos señoriais adobiados cunhas "espinas en flor" da serra que forman estes picoutos bicados nos seus pés por eses dous ríos; uns ríos e uns picoutos con pasado, con historia e cun presente (e cun futuro?). Pero, por moito que se trate de dous ríos dependentes (ben sexan pai e filio, ben sexan irmáns), con picoutos que se olían desde os seus cumes os uns aos outros, o pasar dos tempos levou a que fosen dúas zonas (dúas nacións?) diferenciadas, dous países fronteirizos: o Deza e o Val do Ulla. Pero aquí será onde o autor (narrador-ferreiro-forxador...) inmiscirá unhas personaxes (bolboretas) simbolizando a liberdade, que nun verán (curioso que non se tratase da primavera, pero por outra parte lóxico porque á primavera séguea o verán, pero aquí o futuro, o que vai vir, xa se dexerga que pode ser algo escuro, por moita felicidade que se vexa no final da obra, e polo tanto esaescuridade vén a ser representada polo outono... ese esfarelamento dos montes, a presenza neses montes dunhas tarabelas que impiden a visión realista e gratificante do máis ala...) deciden aproveitar a liberdade que lies dan as súas as e coñecer novos mundos e así chegaron precisamente á Xunta dos ríos (Deza e Ulla), ríos obligados a se entender pero que non deixan de ser, como antes se dixo, as bases de dúas zonas, dúas illas, de dous países. E aquí será cando as bolboretas se van facer a mesma pregunta que lie fixera aquel neto ao seu avó na estampa de Castelao sobre o porqué aqueles vecinos que dexergaban da outra banda do Miño eran máis estranxeiros eos de Madrid. Na estampa dé Castelao diseños que "non se sabe o que lie responden o vello"; pero na obra presente os guieiros (Narrador e Voz da Memoria) non líelo van contestar tampouco pero si que líelo van facer intuir (que nolo van facer intuir). E así veremos como Solaina lie vai falar ao seu amor, Vagalín:
"Sefoi unha mágoa extraviarnos da nosa familia entre lusco e fusco dun día do mes de agosto, tamén foi unha ledicia convivir convosco neste fermosísimo lugar. Graciñas pola solidaria tolerancia e por todo canto aprendemos xuntos ".
E así, pouco antes de caer o paño, vagalín, quen, o mesmo cas outras personaxes, traspasa fronteiras imaxinarias e coercitivas, vainos fornecer a filosofía desta obra teatral (pictórica?):
"SI Á MEMORIA, INTERCAMBIOS, ENCONTROS!... Concluíndo, Paco Lareo, o Ferreiro-Narrador, o forxador de liberdade e de respecto polos demais, e, como non, polo "locus amoenus", un home de mundo, un coñecedor de culturas, de senrazóns, de discriminacións, de desigualdades... fornécenos aquí un mundo ideal, (e por que non posíbel?) un mundo libre, sen atadallos, igualitario... onde desaparezan os na obra chamados "emigrantes involuntarios" e onde floreza a comunicación, a liberdade, o amor, o respecto polas culturas e, como non, pola natureza. E todo o anterior tomando como referente o seu espazo vital, os seus arredores... que non son nin máis nin menos que exemplos claros da (non)cohabitación actual de pobos, países, continentes...
Soamente esixir que todo isto non fique so nun cadro-obra teatral e que este mundo aquí pintado-narrado deixe de ser unha hipotética utopía e, de non ser así, se converta nese futuro que agora, neste verán presente, se nos mostré quizáis como un outono irreversíbel.
Carlos Loureiro Rodríguez no prologo de "camiño de volta". Obra de teatro escrita por Paco Lareo e lanzada ao espazo por Edicións fervenza na coleción "A PINGUELA". Unha iniciativa para fomentar o teatro e adicada a todos os públicos pero en especial aos máis cativos.
O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas...Olimpio Arca
Na honra da súa aldea natal, este paxariño cruceño aletea moi novo e o seu voo remata na capital do reino, en Madrid. Alí estudia delineación e arte dramático. No seu entusiasmo de trazos urbanísticos tentou abrir espazos cidadáns e pensou sustituir a rúa das Flores pola Gran Vía. No eido do arte dramático, si que era un drama a subsistencia na metrópoli e o seu espirito de aventura lévao ata Venezuela onde na capital, Caracas, volve a estudiar debuxo e cor, na acreditada escola Tass e máis tarde na escola de Belas Artes Cristóbal Rojas, na que chega a ser mestre.
O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas e así Lareo chega a EE-UU, logo a México, Colombia, Panamá, Bos Aires, etc. Todos países novos onde non hai moita cabida para a súa arte. Volve a Europa e gana a vida en Francia, en Italia, en Suiza, pero no seu interior está sempre presente o seu curruncho natal e así, retorna coma unha anduriña ao seu Pilono querido. Aquí entre os seus, deixa voar a imaxinación e crea a Asociación Cultural O Labrador e máis tarde funda a Solaina casa Museo de Pilono.
Amigo Lareo, van aló xa vinte longos séculos cando o filósofo Aristóteles deixou escrito para a posteridade que a finalidade da arte era dar corpo á esencia secreta das cousas, non copiar a súa apariencia. Iso foi o que fixeches ti na túa casa da Solaina. Co teu esforzó, co teu traballo día a día, eos teus sinsabores por mor dése virus da ENVIDIA que corroe aos ineptos, alcanzaches plenamente a esencia secreta dun mundo que sempre se abre polas portas máis sinxelas.
¡GraciasPaco pola túa grandeza de espirito epola túa contribución ao arte con maiúsculas!
"En Galicia aínda hai un certo rexeitamento cara todo o que supón a cultura rural"
Boa proba dos atrancos que sufre a cultura rural na Galiza ponse de manifesto neste artigo de José Luis Estevez, que descubrín grazas a NeMeth , ao obviar a labor da Fundación a Solaina de Piloño cando se escribe sobor da arte na Galiza rural. Miguel Fernández Cid, tamén profundizaba neste problema cando escribía sobor da Solaina e dicía: "A distancia respecto dos grandes centros urbanos é un dos motivos con máis frecuencia alegados para justifica-las dificultades coas que se atopan moitos dos proxectos culturais que cualificamos de periféricos" Esperemos que a sociedade galega reflexione e se de conta que o rural non é un termo caduco, de que o rural é o principal valor do desarrollo sostenible. Que o rural é un espazo natural onde o home pode pensar, crear e vivir en libertade...ademáis, se é verdade o que dicía Honore De Balzac " A misión da arte non é copiar da natureza senón expresala", onde millor interpretala que desde á propia natureza. ¡LONGA VIDA A SOLAINA...!
O pasado día 28 de Febreiro cumpreu dous anos Solaina María , afillada da Solaina de Piloño . Como moita xente sabe, Solaina María vive en Venezuela e foi apadriñada polo padroado da Fundación A Solaina de Piloño coa idea de perpetuar o nome da Solaina máis alá do Atlántico. Neste pasado verán Solaina María visitou a FUNDACIÓN para ledicia dos seus padriños, que xa lles tardaba coñecela. E agora, que acaba de cumprir dous anos, a Solaina de piloño quere facerlle chegar un axóuxere máxico para anegalo mundo de paz e amor e convertilo nun xardín da infancia onde os nenos podan xogar a ser felices. ¡Parabéns, Solaina María!
Armindo Salgueiro e Álvaro Negro son os dous pintores Dezanos que disfrutaran das becas convocadas polo Concello de Lalín para artistas locais. As bolsas de axuda, 12.000 euros cada unha, costearán a estadía dos artistas durante seis meses no centro Glogauer de Berlín. A iniciativa ten por finalidade impulsar a traxetoria, ampliar coñecementos e compartir experiencias nese centro Xermano. Hoxendía, Berlín é un referente cultural para o resto de Europa, Alí, nesa cidade, tamén vive desde fai uns anos outro artista da Terra Do Deza, Antón Lamazares, que deseguro fará un pouco de anfitrión no eido cultural para que a súa integración sexa máis doada.
Armindo Salgueiro, natural de Piloño e vicepresidente da Fundacion Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO, anota da importancia que teñen estes feito para romper esa barreira do espazo que hai entre as periferias e os centros neurálgicos das artes. Glogaeur defínese como un espazo de encontros internacionais orientado cara ás artes visuai co obxectivo de apoiar e fomentar a creación a investigación e o debate artístico.
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, manifestou que coa creación destas bolsas preténdese que "este povo ademas de ser coñecido por ser berce do ilustre LAXEIRO, siga vencellado ao mundo das artes plásticas con novas xeneracións de artistas recoñecidos a nivel nacional e internacional"
Notas sobre a obra de Francisco Lareo por Alvaro Negro
Normalmente ante unha imaxe o noso ollo está acostumado a prestar atención primeiramente ás liñas e volumes que debuxan signos, formas ou figuras (sexan estas abstractas ou figurativas), é só despois, cando escrutamos os detalles e reparamos en como estes se integran sobre o fondo da imaxe. No caso das obras de Francisco Lareo ocorre ao contrario, a delgadez e minimalismo do que "escribe" non se impón sobre o fondo pictórico, xorde dende o interior do mesmo. É por isto que comezo a miña lectura dende unha análise da propia materia pictórica coma fondo e o que este agocha. O seu modus operandi habitual consiste en pinceladas de ritmo curvo e constante que percorren o lenzo de límite a límite, procurando a vibración da cor e da luz, unha sensación de volume lumínico froito das propias características físicas do óleo. A min, particularmente, os fondos evocáronme moitas imaxes: o ritmo do vento nun campo de millo, a carballeira na escuridade..., e mais e mais sensacións de paisaxe, pero tamén o cabelo en trenzas caendo sobre as costas dunha muller. Todo isto ten que ver coas liñas ornamentáis barrocas que tenden cara a un movemento infinito na súa continua pregadura, na súa traxectoria mais aló do límite do visíbel ou a propia fisicidade da materia. Se a idea do cadro como xanela renacentista remitíanos á propia idea de marco como límite da ilusión de perspectiva, de fuga cara a un centro; no barroco ese marco é unha pregadura mais deses movementos continuos de despregadura e repregadura onde xa non hai centro ou este está en todas as partes. Como dicía Deleuze: "o trazo do Barroco é a despregadura que vai ata o infinito". Confórmanse así atmosferas através dunha pintura que paradoxicamente é paisaxe, natureza, ao mesmo tempo que espazo teatral, artificio, un espazo de aberturas imperceptibeis, de iluminacións escondidas; como nunha caverna escura que hai que alumear para que as inscripcións sexan visibeis e deán comezo á representación. Así tampouco foi casualidade que a caverna fora a escenografía onde aconteceu un dos mitos de iniciación da imaxe, da representación e da pintura: o mito platóni¬co da caverna, co que se inaugura a teoría occidental do coñecemento. Pensemos en tres espazos simbólicos, en tres modos de representación como tres estruturas superpostas: o espazo arquitec¬tónico dunha catedral, o retablo escultórico dunha das súas cápelas, ou a planitude dun fresco pictórico; todo nos remite a esa caverna de claroscuro que no caso da obra de Lareo se entrevé entre os sucos dunha pincelada esencialmente barroca. É asi que os fondos dos seus cadros, nos seus monocromatismos ou bicromatismos abstractos, son mesmamente representación, paño escenográfico para unha historia que se conta através do debuxo na materia. Non é casual, pois, que as formas se inscriban por incisión ou sobreposición da materia, materia sobre materia, pregue sobre pregue, imaxe sobre imaxe, ou tamén, escrita de liñas curvas no aire (nas esculturas) ou no óleo (nas pinturas). Porque o óleo é paisaxe, auga, lume, borrasca, bosque... Ceo ou inferno... Moitas palabras posibeis que non deixan de ser a base dunha alegoría, dunha metáfora, de figuras lingüísticas (figurativas ou abstractas) que son mensaxes, historias de autocoñecemento. Francisco Lareo constrúe unha autobiografía falsa feita como un puzzle de pinturas, debuxos e esculturas que finalqmente derivan nunha verdade tan relativa coma toda verdade que acontece cando falamos do coñecemento através da expresión artística. Reescribir, repintar ou reesculpir a propia historia, é sempre un acto onde o creador se enfronta as dúbidas da súa propia existencia. Nesas dúbidas é onde paradoxicamente se atopa a autobiografía verdadeira, tamén a de Francisco. A cinta da máquina de escribir, virxe sen a gravura das letras, é o seu eterno "aquí e agora", o eterno momento sublime do lenzo en branco que queda por "barroquizar", por encher de liñas e pregaduras da alma e a materia.
DO VOO DAS BOLBORETAS DE BURBULLA EN BURBULLA Dentro da creación artística, a pintura non ten por qué verse constrinxida á representación dunha realidade aparente, nin á aplicación de técnicas artesas sobre soportes no sentido estricto no que adoita considerarse. Hoxe, con tódolos quebros estéticos deste século, e desde as neoavangardas dos anos sesenta dun modo máis acusado, as prácticas artísticas concibidas como unha estructura fíxa, eos seus xéneros ben diferenciados, estalaron configurando un mapa de gretas. O artista xa non representa o mundo, non reproduce ventas miméticas ou idílicas a través das que contemplar ideáis eternos de conservación. Xa non trata tanto de plasmar unhas impresións como de presentar e responder preguntas. O seu labor de médium co incógnito ou de portavoz dunha realidade múltiple, incerta e relativa, son funcións extremas coas que as veces participa como intermediario da comuni-dade na que se inscribe. Pero á marxe do arquipélago estructurado en torno os circuitos e mercados artísticos internacionais -a homoxeneización da mundialización-, a actividade do artista aínda ten moito de naufraxio, de illa solitaria, de navio proxectado ñas singraduras fragmentadas, de rota que constrúe sucando ou arando no mar. O verso de Machado, aquel caminante non hai camino, faise camino ó andar, manten a súa vixencia porque é a poesía, á fin e ó cabo, a enerxía que constitúe a mirada que ten sobre o mundo. É a atracción dunha sombra a que nos pon en marcha, no noso afán por desvelar qué luz acollé a noite e qué hai de humano ou divino nela. Neste sentido, a traxectoria vital e artística de Paco Lareo está dotada dése impulso romántico, dunha actitude liberadora que vai á busca do benestar espontáneo, sabéndose parte dun substrato que o une coa tradición. Habería que incidir en que o delirio surrealista, dadaísta as veces, do que pode facer gala, atopa un equilibrio ñas súas doses reivindicativas dunha Galicia rural e culta á vez. Ai está se non firme proxecto da Fundación Casa Museo "A Solaina " no seu Pilono natal, na comarca do Deza, digno das narracións extraordinarias que, desde Cunqueiro a Borges, nos reconcilian coa capacidade do home para soñar utopías. E dentro deste Paco Lareo poliédrico, activista plural que herda o humanismo renacentista, a tenra picaresca galega e as súas vivencias americanas e europeas, atopámonos coa súa producción artística, libertaria, allea a modas e corsés, reinstalada na súa térra e ofrecendo, desde os anos oiten-ta, os cadros das súas lendarias Talópidas como corcheas que puntean a melodía de quen constrúe un discurso poético e vital. O Cinetismo rural e as Faisanes da luz centraron a súa actividade no ecuador dos noventa, e agora, na súa aventura máis recente e inmediata, son os pins do xardín das bolboretas e os Caramelos de plástico das burbullas inxectadas de cor as súas señas de identidade artísticas. A través destes materiais atípicos, cotiáns na súa funcionalidade orixinaria e distantes da solemne nobreza de óleos ou pans de ouro, Lareo fai emerxe-la gracia e a sorpresa risoña na súa descontextualización e traslado ó plano pictórico. No uso desinhibido e configurador destas diminutas antenas de plástico, e na capacidade de xerar tramas ópticas e cromáticas que aporta o plástico de bur-bullas, fusiónanse esas prácticas artísticas autónomas, conxénitas ó voo libre dun artista despreocupado dos compartimentos estancos. ¿Son pinturas, son cadros, obxectos, relevos ...? Recursos utilitarios tan lexítimos como puido se-lo asento de bicicleta co que Picasso resolveu a cabeza dun touro. Non busco, atopo. Os achádegos están moitas veces diante dos nosos propios olios. Intuición e intención, e deixar voa-la imaxinación. Para isto, Lareo sostén a súa teoría da relacionalidade, a partir dunha ordenación simbólica dos obxectos, posuidores de alma e vida propia, e condicionantes en grande medida das nosas conductas e relacións. Non deixa de ser curioso como os inventos máis insospeitados, ou a aparición de solucións para problemas puntuáis, se converten co paso do tempo en elementos que, unha vez resolto o no, interiorizados nos nosos hábitos, nos levan un paso máis ala no proceso e civilización. Etiquetados e preservados, clasificámo-la nosa fraxilidade como outro sistema de ordenación do mundo. Anque os tempos actuáis adolezan dun certo conservadurismo xeralizado, as intencións de Lareo non pasan polo reduccionismo, pola síntese controlada. Malia que o proceso de elaboración destas obras esixa os coidados e delicadezas, como bo galego mundano, a Lareo sobrevenlle o exceso da narración, da historia por contar, do relato interno e da fábula exuberante. Cómo non participar da espiral do Xardín das volvoretas, da vertixe de cóxegas do namoramento e do desexo cando sentimos un revoloteo dentro do estómago. Son toda unha invitación á brisa eses xirasois de corola amarela polinizada, rotorrelevos duchampianos e sementes de xúbilo que ansiaba Van Gogh. Paisaxes de desertos azuis e bolboretas xigantes como cruces de pedra da Bretaña máis festiva que puido coñecer a Castelao. Máis cruces e cruceiros se aparecen agora nos Caramelos de plástico, resaltando as insertacións na paisaxe transversal das burbullas, nunha estampa con cruceiros e arcos de ermida e peixes de eucaristía convertidos en raspas de sardina. Pero tamén hai lugar para o antefaz azul do pallaso, para a máscara do neno que todos levamos dentro; para a man que se estende desde as profundidades oceánicas recollendo unha esfera na súa palma; para o cáliz cocteleiro de guante branco e as pipas sementadas nunha noite de ocio; para o cucurucho con landras do organigrama administrativo; para as libélulas do pantano, curmáns irmáns das bolboretas do xardín, e para os bufos e mouchos da sabedoría popular; para os rabinos amarelos dunha xungla de espermatozoides no caos xerminal dunha vida ó sol; para un reloxo de área que nos escorre o tempo; para os dous olios negros que miran como un tótem de tenrura, coa enigmática tranquilidade de quen observa ou se senté observado. Esa é, á postre, a dinámica de comunicación que se establece entre a obra de arte e o espectador: un cruce de miradas esos corazóns detidos. Despois do consentimento, o entendemento, a reflexión que practica esa personaxe meditabunda que observa o burato negro, a sombra primixenia que segué absorbendo a luz, queimando enerxía como un plástico que se derrete. E é que, ó igual que houbo unha idade de pedra, de bronce, dos metáis en xeral, grande parte do sáculo vinte admitiría o cualificativo dunha idade do Plástico. Puidera ser, cando xa se fala da era do sicilio das placas dos ordenadores, ou da era do titanio, que recobre o museo Guggenheim de Bilbao ou as naves espaciáis das futuras excursións interestelares, que a proposta de Paco Lareo deixe translucir unha sentida homenaxe ó omnipresente plástico, e desde as problemáticas da súa biodegradación trate de rescatar, cando menos, as mil historias que introduciu ñas nosas vidas. Se a ilusión da vida no mundo como un soñó no globo xa non é posible, sempre nos quedará a condensación iridiscente nunha burbulla de plástico. E por suposto, os xogos malabares de artistas como Paco Lareo. Severino Pénelas
Rincón del Arroz- Los Cristianos- Arona Paco Lareo almorzando con José Blanco, empresario e auténtico dinamizador cultural no sur de Tenerife.
Co gallo da visita de Paco Lareo, o centro galego do Sur de Tenerife organizou unha charla coloquio sobor da Fundación Casa Museo A Solaina e coincidindo tamén, cunha exposición de fotos que recollían os actos da inaguración dunha praza co nome de Galicia. Neste "pequeno" homaxe ao amigo Paco lareo non faltou unha degustación gastronómica con viños, larpeiradas e múseca da terra. Por certo, o acto foi bastante concurrido, arredor dunhas sesenta persoas se deixaron ver polo centro e decir que asistiron uns cinco concellais de cultura dos municipios do Sur de Tenerife.
Unha das fontes inagotavels de inspiración para moitos artistas sigue sendo a muller. Aquí temos ao noso amigo Paco Lareo nunha estampa, non moi inusual, con duas musas disposto a pecar.
Unha foto que define moi ben o conceuto, que teño eu, da amistade. Paco e Carmen Mato de Leiloio
¿Cre que a súa infancia lle marcou un pouco o sendeiro polo cal se había guiar unha vez maduro?
Creo que a familia é a célula máis importante de toda a sociedade, dende logo que si, creo profundamente que eu coma calquera persoa que nace nun espacio decide desde xa antes de nacer as sensacións dunha cultura básica, da profundidade da dun pobo como é a nosa rural e eso lévalo toda a vida por diante. Nacín nun seo familiar de artesáns, de ferreiro. A s miñas mans puxéronse a facer cousas dende moi pequeno inclusive cheguei a pensar que a axilidade das mans ten que ver coa intelixencia. Con doce anos xa fixen unha estatuíña.
¿Por que elixiu esta profesión?
Non a elixín, case nunca elixo, sinto a necesidade de facelo pero non de cara a un triunfalismo, porque eu non busco éxito. Son unha persoa que teño os mesmos vicios e virtudes que calquera e, por exemplo, en canto ó protagonismo e ó triunfalismo non é exactamente o programa da miña vida. Síntome moi afortunado porque traballo naquelo que me gusta e eso é para min tan importante que é se acaso o máximo galardón que recibín do creador.
¿Que pensou a familia sobre a súa vocación?
Nunca tiven a oposición da familia.
¿Viviu sempre aquí en Galicia?
Non, ata os 15 anos estiven en Galicia e logo marchei para Madrid.
¿Por que razón tivo que marchar?
Pola razón de facerse artista.
¿Marcouno en algo a emigración?
Claro que si, marchei moi novo, prácticamente a mellor época dun ser humano paseina fóra de España. Pero no que máis me marcou foi en aprender a valorar o noso país. Non sabía que era tan importante, que tiña esa calidade de fermosura, que a nosa xente é de corazón aberto e tamén comprendín a necesidade de facer cousas para mellorar o noso coñecemento.
A obra, o artista, o home
Imos poñernos no caso de que eu non coñezo a Paco Lareo; ¿como se definiría?
Definirse un mesmo non pode, non debería. O único que podo resaltar é que eu polas mañás cando me levanto, despois de observar que espertei e que teño un día por diante, saco unha bandeiriña, é a bandeiriña de tonto; porque vexo que é unha palabra que ofende a todo o mundo e considero que é tan común ser listos que non me vale, prefiro ser tonto.
¿Sempre desexou ter e ser o que actualmente ten e é?
Nunca mo planteei como un desexo, senón como un estímulo, unha necesidade.
¿Foille doado conseguir o que ten?
Non, pero considérome unha persoa filla do amor e con sorte.
Vostede é pintor e escultor pero, ¿qué é o que máis lle gusta?
Onde son máis feliz é na escultura, onde máis sufro é na pintura.
¿Cal é o seu artista preferido?
Prefiro buscar dentro de min, o resto son referencias.
¿Como consegue inspirarse?
Polo regular, o exercicio das artes ten que ser diario. É un exercicio diario. Eu remataríache dicindo unha frase de Picasso: "A inspiración se existe que me pida traballar"
¿En que ano e onde presentou a súa primeira obra?
En 1953, en Santiago, nunha pequena exposición no colexio Peleteiro.
¿Cal foi a súa obra máis importante e coñecida?
Titúlase A deusa de Vulcano
¿Cal foi a súa última obra?
Será o meu cadaleito.
¿Realiza algunha outra actividade ademais da pintura e a escultura?
Atendo á miña condición de director da Solaina: a parte administrativa, a de conservación do espacio e a atención ás relacións públicas.
¿Como considera que está actualmente o mundo desa arte á que lle dedica a súa vida e o seu tempo con énfase?
Eu diríache, así de maneira graciosa, que está coma unha moto, porque a verdade é que algunhas veces me asombro dos brincos que pillamos principalmente o noso rural galego, que aínda non saímos do arado de pao e xa estamos en Internet.
A Solaina: orixes, organización, actividades, obxectivos...
Segundo os meus datos o Museo da Solaina fundouse no ano 1984 e legalizouse no 94. Fálenos un pouco dos factores que axudaron e interviron para que puidera xurdir. Primeiramente chamouse Fundación o Labrego, logo Solaina Bohemia de Piloño. O factor está dentro dela. Intenta crear en Piloño un espacio para as artes en liberdade.
¿Que había antigamente no que é hoxe A Solaina?
Era unha palleira de estructura arquitectónica ó lado da casa do labrego para a palla, orientada cara o surleste, de aí vén o nome da Solaina, interpretándoo en latín.
¿En que ano se empezou a construír A Solaina?
En 1893, por Andrés Lareo Vaamonde, nacido en 1870 na aldea de Ollares.
¿E acabar?
A cultura é o que vén detrás. Agora o que fai a Solaina é traballar coas artes. Non se acabou.
¿Como definiría e que significa A Solaina?
Definiríaa como unha necesidade que non existe nos seus arredores.
Á parte, para min, primeiro foi o espacio no que nacín. Segundo estamos sentados na forxa que recordo dende neno. Foi onde despertei e é un sentimento imborrable. Agora mesmo parece que estou escoitando contos a través das pedras da forxa. A Solaina para min unhas veces fai de nai, de muller, fai de amor, ese sentimento quente que todos os seres humanos temos e que cadaquén adícao ó que sente nese momento.
¿De cantas partes consta a Solaina e para que serve cada unha delas?
A Solaina propiamente dita, a forxa, a Solaina Filla, Eira de mallar, o baixo da Solaina Nova, o ático da Solaina Filla. A forxa está sen terminar e serve para traballar no inverno.
A Solaina Filla é un lugar de exposición permanente, para conferencias, concertos e teatro. A Solaina é un lugar de exposición permanente de obras de arte.
¿Cal desas partes é a máis antiga e cal a máis nova?
A máis antiga é a Forxa e a máis nova é a Solaina Filla.
¿Cal é o obxectivo fundamental da Solaina?
Promover e divulgar a cultura dentro e fóra da nosa autonomía.
¿Ten relación con outros países?
Si: Alemaña, Francia, Inglaterra, Italia, Portugal, Arxentina, Venezuela e diversas autonomías de España.
En 1997 pasaron exactamente 3325 visitantes.
Coméntenos un pouco a estatística deste ano.
Desbordouse, duplícase en relacióna outros anos, moitísima asistencia. Un novo fenómeno apareceu, os colexios intentan facer un taller de debuxo. Estou moi contento, pero tamén aumentan os compromisos.
¿Quen forma a directiva da Solaina?
Armindo Salgueiro (vicepresidente); Carmen Lareo (secretaria);José Bispo Montero, Javier Vázquez Parcero, Damián Paio e o presidente da Asociación de Veciños como patrono; e eu como presidente.
¿A maioría das obras que se expoñen son súas ou doutros pintores?
Doutros. Exponse unha obra por autor.
¿Están en venda?
Non ,non se vende, a non ser que sexa en consenso.
¿Que outros artistas mostran a súa arte aquí?
Moitos: Laxeiro, Sucasas, Lamazares, Guerreiro...
Pero ademais de cadros e esculturas ten tamén na Solaina expostos obxectos antigos, fálenos un pouco deles.
Estanse preparando para unha exhibición permanente onde estarán obras de interese histórico.
Se non estou mal informada, a Solaina ten socios ¿hai moitos?
150
Por aquí, como é de supoñer, debeu pasar moita xente importante.
D e todos os niveis, tanto políticos como culturais: Fraga, Alfredo Conde, Vázquez Quintol... As visitas que máis estimo son as do contorno.Neste ano pasado estiveron Avelino Poussa Antelo, Xosé Luna, Vázquez Pintor, Fernando Vilanova...
Fálenos un pouco das actividades que leva a cabo A Solaina.
Están todas encadradas dentro dos obxectivos fundamentais que debe cumprir: Obradoiro das artes, teatro, forxa literaria, talleres de literatura e estar aberta ó publico sempre.
Tódolos anos na parede hai unha nova escultura dunha cara representativa ¿cantas ten?
Cinco, fanas outros artistas colaboradores da Solaina.
¿Cal foi a primeira?
A de Laxeiro.
Resúmanos as finalidades das actividades da Solaina
Promover e divulgar a cultura. Harmonizar o noso espacio labrego.
¿Decepcionouno algunha vez?
A Solaina nunca me decepcionou, o único que cometo fallos son eu.
E para rematar, ¿a Solaina é inmortal ou, pola contra, cre que desaparecerá cando o sentimento de Paco Lareo desvaneza?
Eso non me pasa nin pola cabeza. Teño fe de que esto vai seguir.
Patricia Méndez
4º de ESO
PACO LAREO é pintor, escultor e presidente do Museo A Solaina de Piloño. Este artista que di preferir buscar dentro de si mesmo, que o demais son referencias, é autor dunha abundante obra, entre a que destaca A deusa de Vulcano e define a súa vida como un "arrimar continuamente o ombreiro e meter a man no corazón na busca da liberdade". A seguir ofrecémosvos varios fragmentos de dúas entrevistas realizadas en agosto do 1999 e setembro do 2000 por Patricia Méndez, que nos permitirán coñecer algo mellor á persoa que se brindou a crear para nós a portada do primeiro número de Camballón.com. www.camballon.com