Blogia
FUNDACIÓN PACO LAREO

VIII FoRXa LiTeRaRia

DoMiNGo, Día 15...

clausura 165
O Domingo día 15, nunha intensa xornada de actividades, a Solaina de Piloño volveu a vestir o millor traxe de gala. Pola mañán o Obradoiro Literario seguiu o seu curso normal. María, Lucía, Lorena, Miguel, Mario, Antonio e Orlando apuraban e pulían os seus traballos cara o recital e conclusión das xornadas.

clausura 089
E namentras os poetas axustaban musas, outros dous artistas ultimaban detalles para o convite da tarde.
Carmen Lareo na Forxa do Ferreiro,co amoado das filloas que ela mesma preparou para unha colosal demostración de "arte na pedra" por parte de Xosé Molina.

AmiGoS Da SoLaiNa I

IMG_1791
Como xa ven sendo costume, para rematar as actividades do día, a Solaina oferece aos seus visitantes unhas viandas. Nesta tarde o ágape estivo a cargo do Restaurante Calderón de Santiago.
clausura 022
Estampas gastronómicas da nosa terra. A restauración tamén precisa da arte para trunfar e na Solaina encanto non lle falta.

aMiGoS Da SoLaiNa II

clausura 004
Damián Paío, Xabier Parcero, Vázquez Pintor, Carlos Negro e Antón lamazares. ¡Toda a arte na eira...alguén da máis!

clausura 044
Antón Lamazares en conversa cos pais de Antonio Taboada "Wily"

aMiGoS Da SoLiaNa III

clausura 042
Familia Rozas posando para outro obxetivo :-)
clausura 046
Lucía Aldao, María Lado, miguel Seoane,Lorena Souto e Mario Regueira buscando unha fonte de inspiración na horta da Solaina.
clausura 053
Manuel Moldes, Paío e Carlos Negro "molto bene" acompañados.

aMiGoS Da SoLaiNa IIII

clausura 057
Uxio Fdez, Vázquez Pintor e Diego Fdez.
clausura 020
Carmen Lareo, nai de Ana e Ana, colaboradora da Solaina
clausura 052
Damíán Paío e Lucía Aldao

aLTo ReLeVo...

IMG_1785
Descuberta dun alto relevo de Wily na Solaina. Autor da escultura "O Vila". Tamén podemos escoitar, neste marco incomparable, o himno da Solaina a cargo dos "amigos da Solaina" Plácido Rozas e Enrique Viz.

clausura 007
Os Xuncos de Santiso a cargo de Plácido Rozas poñendo no ar notas musicales con arte.


WiLy MeDaLLa Amigo Da Solaina

IMG_1767
A Solaina entrega a medalla "amigo da Solaina" a título póstumo a Wily. Recollen o recoñecemento Oliva Ferradás e M. Cruz Taboada Ferradás, nai e irmá de Wily.
IMG_1770

M. Cruz Taboada, agradecida do homenaxe por parte da Solaina ao seu irman Toñito, leu un poema que lle adicou ao artista e titulou "Veño de Paredes e vou para New York". Paredes é onde Wily tiña o estudio e New York unha desas cidades que tanto impresionara a Wily nun viaxe que alá fixera.

O SoN DaS LeMBRaNZaS

homenaxe

A voz de Wily tamén estivo presente no acto. Tres composicións musicais que grabara facía uns anos en Radio Lalín podéronse escoitar na Solaina de piloño para lembrarnos da súa polifacética laboura artística.

carlos Negro
Celsiño, Carlos Negro e Vázquez Pintor eran os encarregados das Loas no homenaxe de Wily pero somentes Carlos negro pudo estar presente nese intre. Vazquez Pintor por mor dunha triatlón celebrada no concello de Vila de Cruces, tivo que desplazarse por outras carreteira ata Piloño, chegando a deshora e Celsiño por motivos personais non pudo asistir.

Xavier, xosé e Carlos
De esquerda a dereita, Xavier Parcero, Xosé Vázquez Pintor e Carlos Negro.
Xavier Parcero foi quen liu o texto, en xeito de Loa, que Vázquez Pintor publicara nos xornais esa mesma mañán.
Dicir de urxencia que estás (in memoriam) na VIII Forxa Literaria da Solaina de Piloño, de Música, Palabra e un “alto relevo” para a lembranza: Antonio Taboada Ferradás.
Pasou unha semana e xa sentabas na cadeira de aquí dediante. Antón López, o amigo mago universal que aínda temos por orgullo, fixo un aceno coas maus no aire e descubrimos que eras ti o pillabán que axexa, o punteirolo que arrebola as nubes da tristura, os ollos azuis que recachan a noite cando hai o setestrelo. Era a tarde máxica da aldea, no lugar das Paxariñas, na patria do Ferreiro, na República da vida. David Otero, Paco Penas e Antonio Costas recollían o recebemento que os acredita de Amigos Sabedeiros desta Casa das Labranzas, das Formas e Colores. Caldeaban dous novos libros da Fervenza no pendello e Pepe d´As Cruces, o “practicante astrónomo” que soñara unha garita para ver a Galaxia, vestía traxe e chapeu noviños, zapatos de cocrodilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices. Había xente das Artes e das Letras, e sempre nenas/nenos, coma unha riqueza que nos fai soñar no progreso pra que remate de vez a marulada.
Desde a última carta pasaron cousas. No eido libertario, que é o noso, resistimos na intemperie, xa sabes, o territorio que nos vai mellor; nel medramos na abundancia das palabras e dos feitos e aborrecemos os dogmas coma sempre e os seus intermediarios da rutina. Fronte ao tedio estamos. Van saíndo os soños das gabetas. No teu caso cohabitas Lalín nunha “rotonda de tráfico” en peza identitaria da túa nombradía. Parei alí para falarmos e apupábanme os señoritos de carnet para os carricoches máis mantidos e veloces: “¡aquí non se para, papaostias!”Coidei que estabas neste sitio para a conversa demorada e a nosa admiración. Non é o teu espazo. Aínda non saben que ti gostas dos recantos e das simas, onde se coce a semprevida. Dixérache naquela última que andaba no lerio dunha ensoñación narrativa. Compría moita sorte para que alguén reparase na voz da revoltada que alí hai. Nalgunha páxina andas ti tamén sen nome e solidario, coa música da lira, contra o designio. Heicha mandar en dixital, e outrosí en libro armado de carballo e buxo. E axiña disme dos teus éxitos nese territorio das estimas onde haberá máis tempo pra un cara a cara vagaroso, e os sorrisos e un aquel dun bico e novas voces a sentir e fornecer. Se alguén pregunta entrégalles o meu enderezo, que en nada mudou. E ti canta, e palabrea, arma de proveito e luces as ponlas e os toros das árbores co aquel da motoserra máis sabida, noso múltiple xograr.
Déixote por hoxe para que outras sintonías poidan falar tamén desde o cíber da Solaina: a cabina do pendello, Atenas pequeniña das tantas aldeas de Galiza, que é un sol.
Non deixes de mandar de cando en vez un bocadiño dese pan das abellas e das musas, se é que hai. O teu amigo sempre.

Paco Lareo

Paco Lareo
Paco Lareo escomenzou reinvidicando unha maior sensibilidade en prol do proceso criativo no rural porque nas aldeas tamén hai grandes artistas, grandes cantores, grandes labregos...e nas aldeas tamén está, principalmente a primixenia, a natureza das cousas. Sobre a obra de Wily dixo que posiblemente non se chegara a entendela ben porque o mirar é un arte que non adeprenden nas escolas e deixou o seu compromiso de que A Solaina seguirá tendo presente a estela de Wily, profundizando na súa obra e poñendo en práctica os seus mensaxes.
Rematou dicindo que CANDO NACE UN ARTISTA PRENDE UNHA LUZ E CANDO SE VAI BRILLA NO CEO UNHA ESTRELA..

ANTóN LaMaZaReS

Antón Lamazares
Antón Lamazares

Antón Lamazares deixounos a impronta dun Wily como persoa.
"Wily, Toñito, Baloira...Uns chamanlle Toñito, outros chamanlle Wily, eu sempre lle chamei Baloiras, e que era unha baloira, tan alto, tan guapo, tan espabilado.
Gústaballe moito xogar ao futbol, e canear, regatear, collía o balón e non pasaba o balón, quería regatearnos a todos...
Baloiras era un rapaz formidable, soñador, cariñosisimo. Un rapaz inocente dende o millor sentido da palabra. Un rapaz para quen o mundo era pequeno, de aí, como ben dicía Paío, cando ía a Italia viña falando Italiano, cando ía a Andalucia viña falando andalúz, cando ía ao Xapón, que non foi, falaba Xaponés...e inventaba cousas bonitas, si.
A min paréceme que a memoria de Baloiras vai a ser larga, grande porque a cousa importantes que temos os homes, sexamos pintores, sexamos albanies, sexamos agricultores, curas ou garda civiles, ou o que sexa é ser personas. E dudo que na nosa zona haxa unha soa persoa que non lle queira a Baloiras.
Todos sabemos que Baloiras era un rapaz especial, claro, porque que o día que Baloiras se poñía fino nin Maradona tiraba os penaltis como el pero outro día poñíase a tocar a guitarra nunha esquina e non lle importaba que lle botasen cinco pesos, pero non era unha aptitude del artística , non era unha aptitude de pobre, era unha aptitude de grande, de espíritu...
El quixo inventar o mundo a súa maneira, que é a cousa máis bonita que lle pode pasar as persoas grandes pero bueno, o mundo corre por onde corre... e aquí estamos.
O amigo Baloiras, o baloiras que eu quero, era un Baloiras cariñoso, respectuoso, incapaz de ofender a ninguén, oservador de todo, soñador de todo...que curiosamente algunha vez que tratei, dende as minhas posibilidades pequenas, de botarlle unha mao no sentido organizativo e sempre botaba a correr. Cando tiña que estar sempre botaba a correr. Cada un debúxase a súa maneira.
A figura de Baloiras é grande e medrará moito...Baloiras era creativo, era soñador e esa unha das facultades máis grande que temos as persoas... durará moito tempo a memoria de Baloiras"

MaNueL MoLDeS

Manuel Moldes

Manuel Moldes, detrás dunha escultura de Wily, dou as grazas a Fundación A Solaina por invitalo a este homenaxe pero tamén deixou claro que non era moi amigo de asistir a estes eventos necrolóxicos porque coidaba que en Galiza eramos demasiados amigos de falar moito despois de mortos.
Escomenzou dicindo que “Wily era Wily”, un home fráxil. Un home que no seu xeito de andar e de pensar trasladaba ao compañeiro unha sensación de andar nas nubes…
Destacou da súa obra, a súa forma de traballar coa madeira, tosca, directa e inmediata. Coa motoserra sen máis e tamén a súa policromía. Esa policromía dunha maneira burda que entronca coas tendencias do neoexpresionismo alemán dos oitenta. Como artistas de renonbre como Baselitz, penck, Kiefer ou Lüpertz. Homes nacidos en Alemania e o Wily era un home nacido aquí en Botos, nunha aldea de Galicia. Unha diferencia moi importante anque vivamos nun tempo globalizado como din os políticos.
Calificou a obra de Wily como de contemporánea e autodicta e que posiblemente este caracter de autodidacta foi o que o fixese máis rebelde coas institucións e co establecido. Lembrando como intentara facía uns anos contactar coa dirección da facultade de belas artes de Pontevedra, onde exerce como mestre de debuxo, para unha exposición na sala da facultade pero debido ao desorde organizativo de Wily, na presentación do dossier, non foi posible chegar a bon porto coa iniciativa.

HoMeNaXe...


A Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño rinde un emotivo homenaxe a Antonio Taboada Ferradás "Wily" no cabodano do seu falecemento.


Damián Paío, Manuel Moldes, Antón Lamazares e Paco Lareo foron os contertulios da mesa sobor da vida e obra de Wily.


Damián Paío, grande dinamizador das artes na comarca do Deza e amigo do homenaxeado, deixounos unha exemplar síntese biográfica da vida de Wily.
"Antonio Taboada Ferradás, Wily...ARTISTA AUTODIDACTA E ANTIACADÉMICO...escultor, pintor, poeta, músico, compositor e organizador de eventos. Naceu no lugar do Porto, parroquia de Botos en Lalin o 18 de Maio do 1962, no seu dunha familia de campo. Xa de rapaz destacaba pola sua afición a música, a poesía e a todo o referente as artes. Poderíamolo definir como un cú inquieto. Solía rondar moito o estudio de Laxeiro con quen lle unía unha grande amistade.
Eu coñecín a Wily, no instituto LAXEIRO, fun a ver unha obra que representaban os alumnos do centro "Os vellos non deben enamorarse" de CASTELAO e chamoume moito a atención un espantallo moi "espijado", a millor representación de espantallo que eu nunca vira e pregunteille a profesora CARMEN BUXAN de quen era e fun darlle os meus parabens.Daquelas andaba acompañado dunha guitarra, facía poesía e compoñía, tamén me chamou a atención a sua forma de falar,única en Galicia, o galego misturado cun toque andaluz...e conforme visitaba algún país falaba galego-italiano, galego-francés, galego-alemán. Falaba moitos idiomas pero dunha forma tan peculiar que só se entendía el.Entablamos unha amistade que perdudaría no tempo. Eu andaba a dar os primeiros pasos no mundo das artes plásticas e solíamos ir ver algunha exposición. Nunha delas, na Coruña, había uns troncos largos de Antón Lamazares e Wily decidiu sacar a luz esa vea escultórica que tiña oculta.
Apuntouse a un curso de talla en Lalín co mestre artesano Antonio Presas e daquelas a Fundación Araguaney convocaba a segunda bienal de escultura e animámolo para que fixera unha peza para o certamén. Comprou un tronco de carballo, gracias a sua mecenas, a avoa ....utilizando como modelo a súa irmá Crucita e fai empregando machadas e júbias o que sería a súa primeira obra escultórica que bautizou como Santa Bendita.Presentámonos o Paco Lareo, Wily e eu, os tres somos selecionados, corría o ano 1986.Ese foi o comenzo dunha frutífera carreira polo mundo das artes plásticas sin esquencerse da música a que incorporaría o violín e o teclado e as súas composicións e sua moi ocurrente poesía.
Cansado de que comparasen e confundisen a sua obra coa do amigo Leiro introduce na súa ferramenta a motosierra, que pasará a ser o seu utensilio preferido, dándolle un xiro a súa escultura, pasando a utilizar a policromía dun xeito moi personal e anáquico. A madeira foi sempre o seu material preferido pero tamén atopou outros como a pedra dando os seus primeiros pasos no obradoiro do mestre canteiro Vidal Paío, usa tamén o ferro, arames, plásticos e todo tipo de materiais que caían nas súas mans, os cales reconvertía en obras de artes. Como pintor utilizaba todo tipo de soporte, madeira, pedra, papel, cartón, lenzo...
Deixou a súa marca persoal inesquencibel en todos os eventos nos que participou. Algarabía de Lalín, xuntanzas internacionais e forxas literarias da Solaina de Piloño, exposicións nos pendellos da Golada, procesos en libertade de Lalín, Domingos de furabolos en Santiago de Compostela, feira do cocido e cocido das artes en Lalín, expo-tren e arte no camiño en Botos, obradoiro de canteria e escultura exposición na fundación Semana Verde de Silleda, bienal Laxeiro en Lalín, certame de escultura ao aire libre no Grove, .... Físico debate no convento das Carmelitas en Salamanca, obradoiro de escultura con Sergio Aguilar na fundación Emilio Botín en Santander, obradoiro en bronce na facultade de belas artes de Pontevedra, ao son dun povo para a televisión galega e metrópolis para a segunda cadena de TVE.
Foi un bohemio que gustaba de levar unha vida non convencional, aceptando a sociedade establecida por imperativo legal. Nunca se esqueceu do seu Botos natal e participaba moi activamente nas actividades socioculturais da parroquia sendo un motor importante na organización. Expo-tren, arte no camiño, San xoáns, obradoiro de cabezudos, charangas...
Participou en numerosas exposición individuais e colectivas. A súa obra trascendeu alén das nosas fronteiras, destacando o seu paso por Alemania, Italia, Portugal, Francia, Nueva York, Mexico...
Acadou numerosos premios e recoñecementos. En 1989 gaña a bolsa de novos valores na Bienal de Pontevedra que a disfruta en Paris.Ao ano siguente gaña o segundo premio dazaoito bienal de arte meigas e trasnos de Sarria, Lugo. En 1990 consigue un accesit no primeiro simposium ao aire libre concello do Grove, no mesmo ano gaña o primeiro premio no certame de artes plásticas Xuventude-90 en Lugo. En 1991 consigue o segundo premio no segundo simposium internacional de escultura concello do Grove. En 1992 acada o primeiro premio da bienal das Sinas en Viana do Castelo, Potugal, en 1995 gaña a bolsa de creación artística no estranxeiro concello de Lalín na segunda bienal Pintor Laxeiro, a que disfruta na cidade de Florencia, en 1999 consigue acessit no vinte premio de minicuadros na cidade de "ElDa" "Aqui, cando o xurado comunicou o premio, Wily gañara o primeiro premio, pero como wily era wily e tiña que ir recollelo alá, non foi...pero gañara o primeiro premio)
Na actualidade, algunhas das súas pezas andan itenirando por Burgos, baixo o títudo "tres miradas al románico olvidado" xunto cos burgaleses Rosario Palacio e Manuel Estevez.
Wily é deses galegos bos e xenerosos que perdudará no tempo. Disfrutemos entre todos desa ermita chea de arte que nos deixou en Botos.
Moitas gracias.


CuRSo De PiNTuRa


Sabado día 14.
Fora das actividades da VIII Forxa literaria, a Solaina de Piloño en colaboración co concello de Vila de Cruces organiza, como cada verán, un obradoiro de pintura para nenos impartido, por Paco Lareo en colaboración con Francisco Alén Pena . O horario desta actividade será todos os Sábados , dende o 7 de Xullo ata o 8 de Setembro entre as 11 e as 12:30 da mañá.


Obxetivos do Obradoiro:
-A busqueda de novos valores dentro do noso concello.
- Iniciar ós xóvenes na creación plástica.
- Incentivar a creatividade.
- Potenciar as actividades socioculturais.
- Buscar unha nova ocupación para o tempo de lecer dos rapaces durante o verán.


Os temas que se impartirán:
- traballos co cor
- Traballos sobre motivos reais: bodegóns, diversos obxetos, temas florais, etc
- acrílico sobre papel, cartóns, lenzos.


Neste curso participan nenos e nenas do concello a partir dos oito anos. As prazas son limitadas e o rematar o curso entregaráselle ós aumnos un diploma acreditativo da realización do curso e os traballos serán expostos na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces.

oBRaDoiRo LiTeRaRio

A VIII Forxa Literaria continuou o seu curso nos días 13, 14 e 15 de Xullo...

O Venres 13, ábrense as cancelas de par en par para recibir os participantes do Obradoiro literario. Tres días para compartir e soñar en xuntanza.



Mario Regueira e Lorena Souto no balcón da Solaina filla esculcando nos arrabales.


Como se dun reality schow se tratase pero sen cámaras indiscretas, somentes os obxetivo de Paco Penas, Damián Paío e Paco Lareo se mantiñan en guardia para inmortalizar estas curiosas estampas.



Retrincos de María Lado, Damián Paío, Lucía Aldao e Miguel seoane nun alarde de afabilidade...


Antonio e Orlando foron os "elexidos" de Potugal que se achegaron a Solaina de Piloño para participar nestes encontros culturais no rural.

Día DoS NeNoS 08/07/2007


"Todo adulto precisa dun neno a quen enseñar, dese xeito aprenden os maiores"



As actividades do Domingo (08/07/2007) adicado os máis cativos, escomenzaron coa elaboración duns murales artisticos, dirixido por Luchi, a cargo dos nenos e nenas que se achegaron a Solaina nesa tarde.




As pandereteiras " as trouleiras da Solaina" foron as encarregadas de pórlle notas musicais á tarde



Xoán Carlos Domato é o director musical das Trouleiras da Solaina. Outra persoa desas boas, xenerosas e comprometida coa Solaina...


E chegou a hora da merenda. Nenos e non tan nenos collendo pulo para sentalo corpo na horta da Solaina.

aMiGoS Da SoLaiNa...for ever


A media tarde, Xavier Parcero e Paco Lareo entregaron os diplomas e medallas aos "amigos da Solaina" David Otero, Paco Penas de Dorvisou e Antonio Costa Baquero.


David Otero fixo tremer a terra e ata o mesmo G-8 cando dixo: "Imos cara o futuro. E se é, ha de ser pequeno. E ha de ser pequeno porque ha de ser de moitos. Porque hai futuros grandes pero son duns poucos que caben nun sofa, e eses nunca invitan aos pobres ao salón. O futuro tamén ha ser unha ponte, unha ponte que nos leve aos días bons. E o futuro tamén ha de ser algo que cumpla, solidario...como este espazo nos que nos atopamos"


Antonio Costa Baquero "Lonxe" despois de dar as grazas a todos dixo que nesta terra a semente máis pura é a da arte e da cultura. Tamén invitou a os nenos que estaban alí presentes que non deixaran nunca de seguir plantando ese árbol, que o árbol da cultura e da arte sempre derrota ao árbol da guerra. Que a arte e a cultura son a base para o benestar, para o entendemento e para os praceres da vida..."


Paco Penas de Dorvisou agradeceu todos por estar nesa tarde marabillosa nun dos recuncho dos máis fértiles do planeta terra e tamén a súa compañeira poder facer posible compartir ese grande amor pola Solaina e deixarlle acostarse e levantarse tantos días cavilando na Solaina. Dixo que non se adicaba a fotografía profesionalmente, senón que era unha afición a que adicaba moitas horas e reinvidicou a necesidade de que o povo tamén faga arte. Que moitas veces tíñamos que deixar de lado eses conceptos ou esteriotipos dos entendidos ou filósofos da arte para deixarse levar pola intuición e criar. Non querendo dicir con eso que haxa que rexeitar da súa doutrina.

CaMiÑo De VoLTa e a PRiMaVeRa CoNTiNuaRá...


Na segunda actividade da tarde, Xavier Parcero dou paso a Carlos Loureiro Rodriguez para facer unha introdución aos libros Camiño de Volta de Paco Lareo e a Primavera Continuará... de Manuel Fragoso.
Pódense escoitar neste arquivo de audio e a tamén os agasallados, Paco Penas de DORVISOU, David Otero e Antonio Costa Baquero cos diplomas e medallas de "amigos da SOLAINA".


Paco Lareo, Manuel Fragoso, Carlos Loureiro e dona.


O santo poder da Solaina fixo que se espallasen as nubes a outros lugares para que o sol brilase con máis intensidade e poder, deste xeito, disfrutar dunha tarde marabillosa en tódolos eidos.


¡Divina xuventude!...tanto brilo nos ollos non pode ser en vao.

VIII FoRXa LiTeRaRia Na SoLaiNa de PiLoÑo
Encontros culturais no rural


As actividades da VIII Forxa literaria escomenzaron O día 7 de Xullo coa inaguración dunha exposición fotográfica a cargo de Paco Penas de Dorvisou. De esquerda a dereita Damián "Paio",Paco Penas, Jesus Otero, Xavier Parcero, Paco Lareo e Nicolás Juan Castro Rodríguez


Paco Lareo conversando con Manuel Moldes, David Otero e Manuel Fragoso. Ao fondo, outros amigos da Solaina...

Paco Penas, Paco Lareo e Xosé Vázquez Pintor



Uxio e Paco Lareo


Checha (aNGRoiS iNDeSiGN) e Alex



Paco Penas de (DoRViSou) e Manuel Busto (AQuaM LaTaM)


Iria e Mercedes Seijo (BaRRuLLaDaS)



Paco Penas arroupado por nai e filla

8ª FoRXa LiTeRaRia

willy

SÁBADO 7 ÁS 18:00 HORAS

Inauguración:

- Exposición Fotográfica de Paco Penas "De Dorvisou".

- Presentacion a cargo de Carlos Loureiro dos libros editados por Fervenza de Paco Lareo "Camiño de volta" e de Manuel Fragoso "A primaveira continuará"

19,00 horas.

- Actuación do Mago Anton

- Entrega da Medalla Amigo da Solaina a Paco Penas, David Otero e Antonio Costas Baquero

DOMINGO 8 ÁS 17:30 HORAS

Día dos nenos e nenas

- Mural colectivo artístico literario sobre A Solaina dirixido por Luchi

- Merenda

- Pandereteiras as Trouleiras da Solaina

- Os Armadanzas da Solaina poñen en escea "Camiño de volta"

VENRES 13 A PARTIR DAS 11 HORAS

- Recepción dos participantes no obradoiro literario

- PORTUGAL: Antonio e Orlando

GALICIA: Lucía Aldao, María lado, Lara Bacelo, Miguel Seoane e Mario Regueiro

SÁBADO 14

continúa o obradoiro Literario

Homomenaxe a Antonio Taboada Ferradás "Wily"

MESA REDONDA "vida e obra"

- Ántón Lamazares

- Manuel Rodríguez Moldes

- Paco Lareo

- Paío

- Escoitamos a voz de Wily en tres composicións musicais. Descuberta dun alto relevo de "Wily" autor "O Vila"

- Himno da Solaina a cargo dos gaiteiros Plácido Rozas e Enrique Viz

LOAS:

- Vázquez Pintor

- Carlos Negro

- Celsiño

- Entrega da medalla "amigo de A Solaina" a título póstumo

- Palabras de Mª Cruz Taboada Ferradás

- Gaiteiros Os XUNCOS de Santiso

ágape, agasallo do restaurante Calderón de Santiago de Compostela.

DOMINGO 15

- Obradoiro Literario

18:00 horas

Conclusións do obradoiro Literario

Recital Músico Poético:

- Estívaliz Espinosa

- María do Cebreiro

- Ramón Caride

- Sechu Sende

- Raúl Gómez

- Elvira Ribeiro Tobio

- M del Carmen Álvaro

Musicos:

-Tatiana Cucerendo (violonchelo)

- Eduards Vesbastiks (violin)

Clausura

ágape: Filloas a cargo de Xosé Molina, decano da Facultade da Flloa de Merza.