Se muestran los artículos pertenecientes al tema VIII FoRXa LiTeRaRia.

iNTeRFeReNCiAs... por PaCo Lareo

Email0002


PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN

“INTERFERENCIAS”

VIGO

A miudo encontramos ó camiñar , soños, ilusións que son reais ata o espertar, este sería o caso das INTERFERENCIAS como ilustración máxica dunha historia garimosa de alegres garabatos inarmónicos que se organizan entre si para ensinarnos que formamos parte daquel debate cultural, que mestura ao sufremento coa ledicia para obter a enerxía simplificadora das accións cotiáns, resolvedoras de todalas dúbidas que poidan garantir a nosa existencia.

¡ Cal sería a tensión daquela primeira INTERFERENCIA! Que me dou o acordo do recordo da memoría, da existencia. Este glorioso momento pilloume nas gallas dunha cerdeira nas cereixas da Ascensión, cereixas de liberdade, admiración, sorpresa, sensación de vivir, garabateando na miña concencia para sempre a miña primeira INTERFERENCIA.


PACO LAREO

Email0001


Etiquetas: , ,

27/03/2008 14:23 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ao LoCuS aMoeNuS...

O ARTISTA Paco lareo no entorno da SOLAINA. Fotos de Paco Penas

Etiquetas: , ,

27/03/2008 14:16 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aRMaDaNZaS Da SOLAINA...

"OS ARMADANZAS DA SOLAINA", a cargo de Carmen Lareo puxeron en escea a obra de teatro CAMIÑO DE VOLTA, escrita por Paco Lareo.

Etiquetas: , ,

27/03/2008 14:10 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aRTe eN eSTaDo PuRo...

Video fotográfico do Mural colectivo artístico literario sobre a Solaina feito polos cativos no día adicado aos nenos e nenas, e tamén do curso de pintura que imparte A SOLAINA, cada verán, os "pequenos" artistas.

Etiquetas: , ,

27/03/2008 13:41 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

DaViD OTeRo

DAVID OTERO
ZooM

A FORXA QUE NOS LEVA AO CORAZÓN


DAVID OTERO

" CANDO SOÑAMOS sós,
iso é un soñó.
Cando soñamos xuntos...
eses soños poden facerse
realidade..."
Boa tarde a todas e a todos:
Velaí - e direino en palabras de ALFONSO BLANCO TORRADO DE GUITIRIZ DA TERRA CHA - que xa hai anos que esta casa está feita - e faise máis a cada paso - para constituirse nun espazo para encontros na convivencia, para debates, fabulacións, para as creacións, pensamentos e tanto máis e máis. Velaí unha linda oportunidade popular e colectiva. Plenamente galega e por tal auténtica. Esta SOLAINA.
E aquí nesta SOLAINA e neste chan que pisamos a este aire de tempos limpos que compartimos, aquí, foilles amigas e amigos onde comezou hai anos un soñó importante e asemade para el a construcción dun camiño teimoso , quizabes unhas veces acedo, outras agredoce, as máis de melura polo entusiasmo dos seus forxadores e porque non dicilo, tamén coa idea entregada de se consolidar definitivamente en ESPAZO CULTURAL plenamente IRMANDIÑO.
O SOÑÓ mesmamente foilles:
" Producir CULTURA...
a lume de amor,
a facer rexo de mans xenerosas e de ferro, forxadoras,
a golpe de forza popular, alentó aldeán. A ánimo comunal e sempre noso. De Forxadores! De Ferreiros! Que velaí pois... está esta A SOLAINA! A DE PILOÑO)."
E a eles, aos forxadores, e para tal non sei se terei as palabras atinadas para o que me dicta o corazón, hoxe quero expresarlles públicamente o meu respecto, a miña admiración, o meu cariño... a miña gratitude, por seren quen son e estaren onde están (pois ben podían estar noutro lado e non xunto nosa e chamándonos, convocándonos). E polo tanto tamén, que non podería ser doutra maneira, agradecerlles a distinción que me fan, a de AMIGO DA SOLAINA xunto a dous compañeiros máis. Velaí pois que así xa que logo hoxe especialmente somos tres a agradecer.
CRAZAS meus amigos e quero que valla niso tamén o recordó afectivo de Willi, " O WILLI" , sempre presente, sempre, xa que de aquí nunca se foi e así o temos conosco a cariño fondo.
Quero dicirvos que a min persoalmente este recoñecemento de hoxe dame azos inmedibeis para seguir responsabelmente militando na humildade do orgullo de ser galego, porque como deixou escrito Manuel María da Terra Cha, poeta nacional...
" Galicia é un pobo e nada máis. O que non é pobo... Non pode ser Galicia.


O pobo está abaixo, nas raíces, E é o que sostén a arbre, Os cementos sobor dos que Se ergue o edificio"
Velaí xa que logo ben ás claras quero manifestar e sen rodeos o voso anaco de argumento para manter viva a crencia absoluta da vontade xigante da civilización dos pobos e a súa solidariedade, pois soamente desde abaixo se pode autodeterminar (que iso é humanizar) un pobo, neste caso sen dúbida refíromo ao noso, O POBO DO GALEGO.
Pois ben, como dixen, aquí na Solaina comezou un soñó, coma así outros soños e poño por caso: na Golada, en Boimorto, na Terra Cha, en Pardiñas de Guitiriz, en Gres, na Estrada, en Chantada, o soñó e non outro de PRODUCIR CULTURA.
Esa CULTURA que non se reduce a " bellas artes", nin se reserva a élites e a minorías que se din selectas e delicadas, esa CULTURA non...e refírome á Cultura dita e expresada en AMOR e polo pobo. Cultura de inclusión, pois O POBO É CULTURA (ALMA COLECTIVA E COMUNAL).E non haberá futuro se non partimos de saber quen somos.
MARTÍ dicía: "HAI QUE SER CULTOS PARA SER LIBRES", por iso, como así median e estimulan moitos aquí presentes para sermos máis nos a cada hora , enormes nomes como: Alfonso Torrado, Mini e Mero, Abella, Carlos Loureiro, X.C. Garrido, Manolo Fragoso, Xosé Luna, Vázquez Pintor, Mingos de Melide, os compañeiros hoxe recoñecidos, e tantas e tantos que dicilos non sería para acabar hoxe, xunto cos da Solaina, todas e todos tratan a cada momento vital de liberar a potencia cultural e desta maneira que fale a vida, a nosa vida, en clave absoluta de pobo libre. Que triunfe a liberdade da imaxinación. Esa que rebelde non se resigna á realidade que ten diante e que a sofre.. .e que a padece.. .pero que a transformará pouco a pouco a paso firme.. .pois como xa teño escrito en outras ocasións e non me canso diso:


"A salvación do mundo depende da capacidade dos pobos para determinarse na palabra de idioma seu, na súa CULTURA. Todo afeito de liberación... E así coñecerémos os nosos tempos... Velaía esperanza. Esa esperanza...A que comeza por recuperar a dignidade. A deste pobo noso en Lingua propia (A GALEGA E NON OUTRA)"
POIS han saber...que o futuro se é... ha ser pequeño, pero iso si... ha ser de moitos e en especial por deber e dereito de humanidade: dos humildes, dos pobres, dos que sofren, dos desprezados, dos excluidos, dos que están no reverso ou á marxe, da historia oficial, xa que o futuro , no dicir daqueles , daqueles que non somos nos, nin coma nos, non queren, poderá ser grande...pero deles que é dicir de poucos, pois poucos son os mercaderes do mundo que mesmo caben nun sofá, pero as súas reu-nións... non invitan aos pobres...nunca. E por iso eles falan de grande, de globalización, para que o ben o disfruten poucos...Eles producen unha serpe a cal cos aneis poderosos agola aos que somos excluidos e tratan de nos meter en vea o seu veleno feito pensamento único... paralizándonos a capacidade crítica.
POR ISO...o futuro, indo a el no calmo andar e decididos, ha ser pequeño, humilde, de moitos e como unha ponte de comunicación e irmandade para conquistar o ben e a xustiza.
O futuro se é, tamén ha ser en equipo. Equipo dos do pobo, dos das nacións libres, liberadas, comunitarias e todos moi acompañados. Xuntos.
E así velaquí hoxe na aldea, no pobo, na SOLAINA, producindo cultura, onde deberemos ejercer e ter de maneira moi clara unha mostra de cómo comezar a coller o futuro sentido e desexado, compartido, que nos é propio e nos pertence, si, como comezar a collelo polos pelos e aca-riñalo,bicalo, defendelo e facelo maior, para consérvalo e orgullosamente dicilo NOSO e a traballo de man con man, solidariamente, multiplica-lo...e compartilo en fraternidade irmandiña sen negar a ninguén.
Velaí hoxe amigas e amigos que con alegría sentimos de xeito real a máxica presenza da luz da estrela nosa que aluma e nos aluma no noso anaco de ceo de azul e branco, aquí neste chan e para sempre da SOLAINA DE PILONO DAS CRUCES, que é dicila SOLAINA ENORME DE CALIZA
Dise que o tempo é quen aluma os nosos traballos, pero aquí na Solaina ao pe e exemplo do voso argumento de bonomía responsabel de traballadores entregados por causa de Caliza, direi con orgullo e agradecido que neste caso é o voso traballo quen aluma os nosos tempos..
Moitas Crazas.


DAVID OTERO con motivo da entrega da medalla "AMIGO DA SOLAINA"

David _2 David


Etiquetas: ,

16/03/2008 13:07 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ESTíBaLiZ ESPiNoSa

Estívaliz

+ DE 20 SEGUNDOS

Teño menos de 20 segundos para cautivarte, veñas de onde veñas


Se non, marcharás para sempre sen lembrar en que páxina liches isto. Ou quen era iso que falaba por esta voz que semellaba querer dicir algo.

Na publicidade, os spots duran iso: 20 segundos.

En 20 segundos namorades.
En 20 segundos cúrtase o voso cordón umbilical.
Morre alguén dun tiro ñas lempas.
É moitísimo tempo encerrado en pouco tempo.
Un cosmos nun infinitamente máis cativo.
E todo iso gardado nunha caixa que fai tic e logo tac.


Pero estás aquí e alómenos 10 segundos xa voaron.
A miña responsabilidade é cósmica: manter a especie humana unida
lendo este miserábel texto arredor da mesma lumieira.
E, ao mesmo tempo, é todo tan doméstico como esa figurina de pan
de San Andrés de Teixido que olla para min confiada dende o alto da pantalla.


Pero que non olla para ti. Para ti, que estarás gastando estes 20 segundos
saben
os deuses onde, sabendo qué [da ciencia. E do clima. E de min]
E con quen.
Leraslle este verso en alto.
Mira, qué gracia.
Mira qué gracia.


E marcharedes eos 20 segundos do meu alento baixo o voso brazo, ou na vosa
retina.
E asubiaredes ledas cancionciñas.


Se é que o ser humano aínda asubía e leva textos baixo o brazo e sorrí cando o aluden nun poema para entón

Sodes moitos a crear sobre esta Terra. Os humanos sodes moitos para case calquera cousa. Pero so un para eles. Para os cans. Para eles so existe un home. Unha mullen Son o único público que aplaude sempre as nosas monerías.


Non sempre foron tal.


Aos que se negaron
CAN-LOBO


Hai algo invencíbel e xadeante nesta páxina que comeza

14 mil anos separan ao lobo dos cans rueiros actuáis


Unha sima de células separa a este ser dende o que pensó dése ser
que corre polos lameiros
Exhala un bafo que esta páxina non rexistra
O seu frío xéstase dende remotas mandas
Corre só


Hai tempo que sabe que deixou aos seus


Procura

...Cynópolis, a cidade do can en honor ao deus Anubis...


Hai algo que lle impide volver a ser o que foi esgazar a miña man que fala do seu pelo correr ourizado polos penedos de América durmir nas cavernas, dar medo aos meus


Procura
Baixo unha lúa semellante a unha páxina deten, interrogante Noutrora oulearía
Aló lonxe
o fume dun campamento indícalle onde pasar a noite
e con quen
A figura dun home crava na súa memoria xenética durante quince mil anos
Esquecerá o seu nome o seu frío cómo cazar
Nos contos medievais asediará aos seus, aínda salvaxes caminará onda un deus, será el mesmo un deus
Polas noites encherá a civilización de instinto perdido
monstruoso
deforme
Algún día, sen saber por que, trabará nesta man que lie escribe Que nunca lie deu de comer


Algunha vez sentaches

pola parte de atrás dun poema.


Entón viches Nova York.

********


As túas pernas abanearon [insensatas] entre estas letras e
o Hudson.
Os puntos do texto fóran tiros de balas perdidas.
Alguén falou unha estraña mestura de sons mentres
mastigaba unha estraña mestura de sabores.
Outro alguén maldicía a súa sorte
E ao outro lado desa mesma moeda
un rostro beixaba o chan do recen porto.


Europa ulía lonxe. África sabía lonxe. Rusia oíase mal.
Nova lork alisaba como esta folla despois de que teñas pasado moitas follas sucesivas. E ao instante ourizaba coma eses contos para nenos nos que axexa un resorte de cartón e o gato boxea...
[A semana pecha en baixa para os mercados neoiorquinos] Un indio [é broma esa palabra?]
un alguén, un Lenape
le o New Yorker apoiado no seu arpón de pescar troitas,
dous días antes de que desembarquen os holandeses.
Axusta as gafas, cantaruxa a Sinatra.
Olla para ti levemente desafiante através desta páxina,
traspasando as letras como a humidade.
Venderá a illa por 24 dólares.
#####*#
Converter na vaxina de Norteamérica
na boca de Norteamérica
o embigo de Norteamérica
na menos norteamericana
de todos os norteamericanos
levouna a se arrastrar arquexando ata os teus pes
para che pregar que a camines,
que a corras, a acalcañes
lie finques os teus xeonllos sangrantes de barco
e á segunda xeración o esquezas todo.
[A alcaldía quere que os neoiorquinos deixen de tomar auga embotellada para axudaren ao medio ambiente]
Nova lork co pelo permanentemente ourizado, procura se resarcir de non ter sido a irmá guapa.
Un indio, un Lenape,
atravesa a nado o río e espía a Annie Hall.
Non hai sáculos que poidan contra a disposición desta frase
ou contra unha letra de PJ Harvey
dende un tellado de Brooklyn.
Mannahata debeu de significar algo para ese indio
[outra volta esa palabra?]
mais a día de hoxe
que é igual que onte
e moito me temo que manan
abóndalle con se estender
pola parte de atrás dun poema
acender calquera proxector
e
ser o epicentro
da historia.
A que muda coa luz
como calquera outra puta cidade.
Como Petra.
Como Caracas.
Como a miña.
Como a historia.


Estibaliz Espinosa pechou o recital con moita arte, como só ela o sabe facer, cantando e recitando os seu poemas.

28/01/2008 23:56 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia Hay 2 comentarios.

SeCHu SeNDe

Sechu Sende

Falar

Teño un ano e poucos días e cando escoito Clara presto atención.

Escoito ás persoas que viven nesta casa e aprendo cousas todos os días. Mamá ten outro nome que é Laura e cando mamá chama por Tomás sei que ese é papá. De vez en cando veñen outras persoas á casa, e as que teñen enrugas nos ollos e sempre están rindo son avó e avoa. Tamén está Rula, que é pequeniña e vive dentro dunha gaiola.

Sei que estou nunha idade complicada porque o día menos pensado teño que comezar a falar, que é algo que non se fai todos os días. Falar facilita moito as cousas. Cando saiba falar por fin van saber que se choro de noite non sempre é porque teña sede ou me doa a barriga, porque as veces soñó cousas que non entendo. As cousas que non entendo son moitas aínda que hai unha que me preocupa especialmente.

Nesta casa falan dunha forma moi estraña. A mamá, papá e aos avós cando están comendo, por exemplo, escóitolles palabras como Sopa, Pásame o pan, Un pouco de sal, ou Biscoito. Eu poño o oído e escoito e vou aprendendo.

Rula é unha persoa diferente, fala dunha maneira que se chama cantar ou asubiar, que llo escoito a mamá: Que ben canta Rula, ou Asubía un pouquiño, Ruliña. Antes cando estaba soa ás veces intentaba falar como Rula, pero nunca sabía o que quería dicir. Como Rula so sei dicir ffffi ou ffffu.

Aínda que ese non é o problema, porque realmente ninguén fala como Rula nesta casa. Mamá dille de cando en vez cousas lindas A ver, bonitiña, aquí che traio alpiste, mais dillo como fala mamá, sen ruídos raros.

O problema é que de escoltar falar a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escolto que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de Xoubas.

O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei porque me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.

É unhna situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar

E agora estou nun dilema, porque pensó que están esperando a que eu me poña a falar un día destes. Eu xa sei dicir Mamá en segredo. Dígoo cando estou soa porque quero practicar e teño medo de que cando o vaia dicir por primeira vez me saia mal. Mais o meu dilema é que non sei se botar a falar como falan meus pais cando falan entre eles e con meus avós ou se poñerme a falar desa outra maneira en que me falan a min.

Rula polo menos sempre fala igual.

Eu é que a meus pais non os acabo de entender. De momento vou esperar un pouco, a ver se se aclaran. Aínda que se non queren que fale como eles as súas razóns terán. Digo eu...

Texto do libro "Made in Galiza",lido por Séchu Sende na VIII Forxa literaria


28/01/2008 22:33 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

Raúl GóMeZ

Raúl Gomez
Raúl Gómez Pato
. VIII Forxa literaria, Xullo 2007

28/01/2008 21:54 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

XoáN FueNTeS CaSTRo

Xoán Fuentes Castro
Xoán Fuentes no recital da VIII Forxa literaria, Xullo 2007

28/01/2008 21:43 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

RaMóN CaRiDe

Ramón Caride recitando na Solaina de Piloño

Ramón Caride

A QUENTURA DO SANGUE
A calor máis intensa do forno que se aviva
onde o pan é só masa comunal pedra ardente
a fondura das canles
colmatadas de lama
inmensidade das medas, de edificios e mundos.

Os corpos debruzados
nos círculos do abrazo
sobre un espello lento e liso de auga fría
pan das bocas abertas
os labres que bebemos
destila o bagazo como o amor das feridas
reverdecemos lentos na saiva e na estreitura
no anel onde todo
é brillo de outra tebra
nas arterias dos rios da neve e dos acibros
remansados en veigas salferidas de orballo
na entrega dos esteiros
onde o sal nos é dado
como se verte o amor ou o vino nas cuncas.
A Xosé Fernández Ferreiro

PEDRA DO SALNES
A raíz da pedra
Cando a pedra medra
No fondo dos eidos
Pedra de nos mesmos
Mármores e áreas
O granito o xisto
Os seixos as laxes
Nas formas precisas
Esencias da pedra
Casa adro cruceiro
Penedo valado
Canastro lareira
Peto perpiaño
Lumeira pendello
Sártego escultura.

Pedra petroglifo
Dolmen pedrafita
Con mámoa pelouro
Memoria da pedra
Na flor destas pedras
Onde a térra soña.

A pedra fai voz
Fala ao noso ouvido
Cantigas tan doces
Berros que estremecen
A pedra que amamos
Pedra que latexa
Pedra con raíz
Cerne feito pedra
Lembranza esculpida
Gravada na codia
Señardade dor
Mornura agarimo
Misterio da térra
Na pedra chantada.

Aire feito pedra
Pedras que respiran
Aire que revive
No alentó das pedras
Nas bocas dos ocos
Espacios gardados.

Agarimo de pedra
Das pedras que amamos
Pedras que son tempo
Vellas testemuñas
Pedra nova agromo
De maos e olLos mozos.

Pedra irta deitada
Pedra de nos mesmos
Terra feita pedra
Pedra
feita
pedra
A raíz da pedra
Da pedra
A pedra
A pedra
A pedra
A pedra sempre a pedra.
A Ánxeles Valladares e a Manolo Paz

Etiquetas: , ,

12/01/2008 15:06 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MaRía DeL CaRMeN Álvaro

clausura 205-1

SIMBIOSE
Preámbulos con paisaxEs desertas
para naufragar sen medo a engañarse,
para xustificar a aliteración das verdades,
para manten o equilibrio na canle da vida
dende a gaiola híbrida do tempo.

Canto nos queda por fuxir de nos mesmos cara á nada?

Nada sobra
nesta tarde de escumas voadoras
onde se artella unha fráxil luz
de ondas e paxaros.

Sempre hai un destino que nace
escrito con ringleiras desiguais
baixo os marmelos rebeldes.
A simbiose alfabética do ser
está por vir.

Devalan os verbos e as palabras
na orela de ausencias compartidas
e cadaquén busca a súa metade.

O NOSO TEAR
Sementeiras de invernía
pcrcorren pouco a pouco os outonos baleiros
sen darse conta da súa existencia.

A noite arrola o enxerto esquecido
no cerne inmóbil que sempre dorme.
por iso fermentou, xunto a árbore cotia,
este pan tan noso,
co fin de non apagar a música
nos violíns do silencio.

Preto dun mar desbocado galopan aínda
aquelas frangullas dos calendarios burgueses.
Destoutra orela busco nas túas mans
os tecidos que saben espirme de lúas.

Ás veces queren vestirnos
coas Teas sobrantes,
pero hoxe estreamos traxe,
o noso tear ten nome propio.
María Del Carmen Álvaro

Etiquetas: , ,

12/01/2008 14:26 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ReCiTaL MúSiCo-PoéTiCO

clausura 201TATIANA CUCERENCO(violonchelo) e EDUARDS VESBASTIKS (violín)
A Música do dúo de corda formado pola profesora de violonchelo no conservatorio de música de Lalín Tatiana Cucerenco e o estudante de violín Eduards Vesbastiks acompañou a lírica dos poetas invitados nesta emotiva tarde na Solaina de Piloño.

12/01/2008 13:45 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MiGueL SeoaNe


Miguel Seoane
As artes audivisuales chegaron a esta xuntanza da man do polifacético Miguel Seoane. Unha creación de audio e video con imaxes recollidas no exercicio da forxa servíronlle para deixarnos un anticipo das súas posibilidades.

non son as pernas as que insisten en desaparecer
nin as mans as que me resumen
a mentira
o silencio
a potencialidade do erro
o placer malabar
a derrota do ADN...
Insisto en crerme curvo pero
a felicidade de rabaño
tamen me perseque aqui,
onde a ausencia de crepúsculo consume
os poetas nas suas cadeiras.
MiGueL SeoaNe.


Etiquetas: , ,

03/12/2007 13:43 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

LuCía ALDao

clausura 192

Foi por non decatarme a tempo de que quería que o meu poema
soubese a churrasco.
que houbo que agardar ó final da tardiña
para confirmar tema e intencións.
O verán e os versos
pídoos todos sempre con moita carne.
O día enteiro sen deixarnos,
e con torpeza e indignada
deixei que a aldea toda se me fose metendo nos pulmóns.
Eu con fame non sei escribir, pero ocórrenseme moitos versos...
E foi comezar a ver en riguroso directo os primeiros pasos da cea
para que o fume rico ese
chegara a estas páxinas bastante antes ca min.
Qué detallazo.
Qué agradecido o vicio este
que me permite facer saliba e facer poemas
mentres se van facendo as brasas.
Eu mordo o bolígrafo en plan metáfora de fame
e achegándome á mesa, miña musa,
comprobó como a ensalada de tomate lle ha de facer tanto bcn
ó meu poema coma ó churrasco.
Saboreo cada anaco deste verán que non comeza.
Son quen de comer en proporción ó que te boto de menos.
Poema nacido dunha costela (de porco). Lucía Aldao

Etiquetas: , ,

03/12/2007 13:27 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia Hay 1 comentario.

LoReNa SouTo

clausura 190
Lorena Souto

Unha respiración eco das paredes
que me envolven nas súas vidas.
A voz búscame
con caricias grises e traxectorias de po
E alí, os meus dedos
apañando historias ocultas,

lembrando un percorrido que identifico
túas mans fortes.

1890

O soñó da orixe.
A trabada do lume na pedra,
os restos do carbón de cachopa,
aquel xeito propio de percibir
as cores quentes
na boca da escuridade.

Tócoo todo.
Sinto a dureza cedendo ao tacto,
a prolongación das túas extremidades
petando na miña memoria
co golpe do esteixador.

O recordó témplase con lume
e auga
co dente da talleira
sobre a zafra
e a lingua húmida da moa.

Na miña pel queda
o sinal que imprimes en cada peza.

1952

Cara a noitiña
a calidez da forxa
acolle silencios e confidencias,
o vapor do ferro e os netos de tinto da Florinda.
Sábese das feridas e dos pesadelos,
do amigo morto na loita do río,
das cartas atlánticas do irmán maior.

Pero entón, Pilono é ese
e ninguén soña xa en alto
porque entre as xuntas das paredes
os sapos escoitan
e o medo aconsella.

A escuridade do inverno
desténsase co vermello da brasa
e a excusa da ferramenta
serve para quecer entre palabras.

2007

Os caminos nunca te levaron
tan lonxe que non souberas
volver.

O teu soñó ficaba aquí.

El engánchame nos pulsos
todas as túas vidas
e as deles na túa.

Pinceis e tenaces de corte
tenaces de volta
tenaces de lume
o branco roto
e o afiador que informaba á CÍA.

No outro lado
a barriga dos cabalos de madeira
sumaba a túa vida á miña,
os amorodos de regaliz,
as bonecas degoladas,
e o desexo de morrer
nunha cortiza de carballo.
Lorena Souto
A solaina de Pilono, xullo 2007

Etiquetas: , ,

03/12/2007 13:16 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MaRio ReGueiRa

clausura 184
Mario regueira

Madeira e pedra triscan entre os meus dedos
e a cidade dorme o sono do que nunca esperta.
"No fondo da última rúa verás un sinal"
e o consello de non procurar máis.
Corpos cinguidos á roupa que seguen a se cruzar comigo
e agasállanme alentos de sur a norte.
"A culpa é túa por non querer escribir as nosas historias"
(Quen se fire é por non saber coidar de si).
"Olla as pedras fermosas, as postais e todas as lembranzas
que non quixeches para ti.
Olla o vento do sur que ti so imaxinaches
e que ondeaba nos nosos cábelos.
Olla o noso corpo dos vinte anos tremendo
ante as túas olladas
e a dor da choiva sobre o chao
que os teus beizos non souberon rematar
no baixo das nosas costas".
Madeira e pedra triscan entre os meus dedos,
o amor que bate neles é maldición
e as súas sombras perseguen os meus pasos.

Veredes nas entrañas torvas da madeira
os segredos do herdo
como o vello rei soterra a espada
antes de ocupar a casca de carballo
e procurar a morneza furiosa dos ríos.
O xeito no que as feridas queimantes
se transmiten
e veñen entón en fila
os besbellos do afiador na escuridade,
a forza dos ídolos creados na éxtase mística,
a ansia de patacas e máis a fame negra.
E o sangue, coa forza das traxedias
que se bifurca
e flúe.

Como quen resume a forza do paso das multitudes
e das mil vontades sabe
que facer escolla é limitarse.
Detemos o golpe que procura
a forma orixinal da pedra
e nas pulsións das maos
o ferro torcese
e constrúe con nos o seu destino
cravado fondo na nosa carne.

Etiquetas: , ,

03/12/2007 13:09 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ORLaNDo JoRGe FiGueiReDo

clausura 181


Ha máquinas para fazer tudo.
Máquinas para enrolar tabaco e máquinas para fazer pastas de dentes.
Máquinas de costurar sapatos e máquinas de fazer sabáo.

Enquanto penso em máquinas, um gato cinzento observa-me. Depois, vai descendo as escadas.
De vez em quando para. Silencioso, olhar verde e pensativo. Que ocupará a cabeça grande daquele paspalho ali sentado?

Ha máquinas para nos apagarem da vida, ha máquinas para nos devolve-rem á vida. Ha máquinas para fazer tudo. Para nos fazerem rir, para nos fazerem chorar. E ha balanças para pesar o riso e o choro como ha balanças para pesar repolhos e batatas.

O gato alimenta-se, tranquilamente. Para qué pressas? É o único gato neste espaco de livros abertos, de portôes abertos. Ninguém disputará os seus restos, como ninguém carregará o seu caixáo na hora da despedida.

Hà duas máquinas de costura ao lado de Saturno. No meio as vides. As pedras estao no fundo, onde se esconde a tua imagem submersa. Ha máquinas de fazer o pâo e fazer o vinho. Nâo hà máquinas de nos fazerem felizes. Olho em volta. Estou só. Talvez o gato tenha existido apenas na minha imaginaçâo

Hà máquinas para costurar os retalhos das nossas vidas como ha máquinas de fazer hostias para comungarmos e ficarmos com a alma limpinha.
Sento-me junto à fonte. Ouço a água correr. Sou feliz.
Orlando Jorge Figueiredo
Julho 2007-Solaina do Pilonho

Etiquetas: , ,

03/12/2007 13:02 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ANTóNio LuíS OLiVeiRa,

clausura 179
António Luís Oliveira

NA SOLAINA DE PILOÑO
Sou cativado pelo centro do coraçâo
Onde a seta despenhada
Marca o tempo da poesía.

No centro do poema
A mulher sai das paredes
Ante a ruína industrial...
E sou convocado.

Sou convocado!

"O homem busca a primeira mulher
E a mulher o último homem",
Ali se diz
Como um pássaro mensageiro
Quando o olhar percorre todo o
Mundo condensado, esculpido, plasmado,
No espaço em volta e no
Tempo aceso e Nas memórias
Que o animal ao centro
Que a mulher De Lado
Discretamente, animam, ordenarm, dominam.

Sou convocado!

Sou convocado pela ave do poema
Pelo voo escondido na Solaina de Paco
Desdobrado no museu vivo da poesia...
Por isso e tanto, tanto mais,
Deixa-me ver-te, ave que voas,
A alma com que voas.
Deixa-me ver, quando escrevo
Á procura de beleza,
O horizonte antigo das palavras de agora
A sombra que em surdina dá
Cor à luz
E me afaga um sonho de perto
Ao longe
No calor de outrora
Que na vida e no tempo
Há-de ir morrendo.
Na memória das palavras transparecé
Na seda do olhar caminha
Ao meu encontro
Poesia
Sólida e nua.

Etiquetas: , ,

03/12/2007 12:54 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MaRía LaDo

clausura 172
Na clausura da Forxa LiterariaMaría lado, en nome de todos os seus compañeiros, e co seu propio donaire e verbo, agradeceu a presenza de todos e como preámbulo da exposición dos traballos feitos nese taller obradoiro, contounos un pouco como foi o traballo dos poetas. Sobretodo para os que eran de lonxe, para que non pensaran que estiveran alí dándolle as cañas nada máis, senón que estiveron alí encerrados escribindo, que o que fixeron foi traballar todos tomando como referencia A Solaina, partindo da forxa, das esculturas e dos diferentes ambentes e espazos da casa museo para inspirarse neles.

ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa
verás a casa deitada na tarde.
solaina de portas abertas. e con tal luxuria
que na seguinte liña
desexarás ser a brisa que agora entra
e a dous centímetros exactos de caricia
percorre as súas estancias e colma as cortinas.
pero ti,
chamada por unha das palabras escritas máis abaixo,
cruzarás a eira ata o xardín e alí
baixo unha sombra que as follas tezan
sentarás a escribir un poema
no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén
que chega
é alguén anterior a ti
un home de cabelos grises que garda a casa
pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos
que baixo sombra idéntica
e nesta mesma tarde que detén este verso.
senta no espazo exacto, idéntico
ao que ti ocupas.
e no seu caderno escribe
que ti estás aquí
no final do poema
pero que non es a única.

María Lado
.

Etiquetas: , ,

03/12/2007 12:34 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

Lorena
Lorena Souto non quixo perder a oportunidade de iniciarse coas filloas á pedra, recibindo unha maxistral clase do gran mestre e Decano da Facultade da Filloa de Merza, Xosé Molina.
clausura 139

30/11/2007 11:21 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

DoMiNGo, Día 15...

clausura 165
O Domingo día 15, nunha intensa xornada de actividades, a Solaina de Piloño volveu a vestir o millor traxe de gala. Pola mañán o Obradoiro Literario seguiu o seu curso normal. María, Lucía, Lorena, Miguel, Mario, Antonio e Orlando apuraban e pulían os seus traballos cara o recital e conclusión das xornadas.

clausura 089
E namentras os poetas axustaban musas, outros dous artistas ultimaban detalles para o convite da tarde.
Carmen Lareo na Forxa do Ferreiro,co amoado das filloas que ela mesma preparou para unha colosal demostración de "arte na pedra" por parte de Xosé Molina.

Etiquetas: , ,

30/11/2007 11:03 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

AmiGoS Da SoLaiNa I

IMG_1791
Como xa ven sendo costume, para rematar as actividades do día, a Solaina oferece aos seus visitantes unhas viandas. Nesta tarde o ágape estivo a cargo do Restaurante Calderón de Santiago.
clausura 022
Estampas gastronómicas da nosa terra. A restauración tamén precisa da arte para trunfar e na Solaina encanto non lle falta.

Etiquetas: , ,

23/10/2007 01:51 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia Hay 1 comentario.

aMiGoS Da SoLaiNa II

clausura 004
Damián Paío, Xabier Parcero, Vázquez Pintor, Carlos Negro e Antón lamazares. ¡Toda a arte na eira...alguén da máis!

clausura 044
Antón Lamazares en conversa cos pais de Antonio Taboada "Wily"

Etiquetas: , ,

23/10/2007 01:38 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aMiGoS Da SoLiaNa III

clausura 042
Familia Rozas posando para outro obxetivo :-)
clausura 046
Lucía Aldao, María Lado, miguel Seoane,Lorena Souto e Mario Regueira buscando unha fonte de inspiración na horta da Solaina.
clausura 053
Manuel Moldes, Paío e Carlos Negro "molto bene" acompañados.

Etiquetas: , ,

23/10/2007 01:16 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aMiGoS Da SoLaiNa IIII

clausura 057
Uxio Fdez, Vázquez Pintor e Diego Fdez.
clausura 020
Carmen Lareo, nai de Ana e Ana, colaboradora da Solaina
clausura 052
Damíán Paío e Lucía Aldao

Etiquetas: , ,

23/10/2007 00:59 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aLTo ReLeVo...

IMG_1785
Descuberta dun alto relevo de Wily na Solaina. Autor da escultura "O Vila". Tamén podemos escoitar, neste marco incomparable, o himno da Solaina a cargo dos "amigos da Solaina" Plácido Rozas e Enrique Viz.

clausura 007
Os Xuncos de Santiso a cargo de Plácido Rozas poñendo no ar notas musicales con arte.


Etiquetas: , ,

23/10/2007 00:22 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

WiLy MeDaLLa Amigo Da Solaina

IMG_1767
A Solaina entrega a medalla "amigo da Solaina" a título póstumo a Wily. Recollen o recoñecemento Oliva Ferradás e M. Cruz Taboada Ferradás, nai e irmá de Wily.
IMG_1770

M. Cruz Taboada, agradecida do homenaxe por parte da Solaina ao seu irman Toñito, leu un poema que lle adicou ao artista e titulou "Veño de Paredes e vou para New York". Paredes é onde Wily tiña o estudio e New York unha desas cidades que tanto impresionara a Wily nun viaxe que alá fixera.

Etiquetas: , ,

22/10/2007 22:56 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

O SoN DaS LeMBRaNZaS

homenaxe

A voz de Wily tamén estivo presente no acto. Tres composicións musicais que grabara facía uns anos en Radio Lalín podéronse escoitar na Solaina de piloño para lembrarnos da súa polifacética laboura artística.

carlos Negro
Celsiño, Carlos Negro e Vázquez Pintor eran os encarregados das Loas no homenaxe de Wily pero somentes Carlos negro pudo estar presente nese intre. Vazquez Pintor por mor dunha triatlón celebrada no concello de Vila de Cruces, tivo que desplazarse por outras carreteira ata Piloño, chegando a deshora e Celsiño por motivos personais non pudo asistir.

Xavier, xosé e Carlos
De esquerda a dereita, Xavier Parcero, Xosé Vázquez Pintor e Carlos Negro.
Xavier Parcero foi quen liu o texto, en xeito de Loa, que Vázquez Pintor publicara nos xornais esa mesma mañán.
Dicir de urxencia que estás (in memoriam) na VIII Forxa Literaria da Solaina de Piloño, de Música, Palabra e un “alto relevo” para a lembranza: Antonio Taboada Ferradás.
Pasou unha semana e xa sentabas na cadeira de aquí dediante. Antón López, o amigo mago universal que aínda temos por orgullo, fixo un aceno coas maus no aire e descubrimos que eras ti o pillabán que axexa, o punteirolo que arrebola as nubes da tristura, os ollos azuis que recachan a noite cando hai o setestrelo. Era a tarde máxica da aldea, no lugar das Paxariñas, na patria do Ferreiro, na República da vida. David Otero, Paco Penas e Antonio Costas recollían o recebemento que os acredita de Amigos Sabedeiros desta Casa das Labranzas, das Formas e Colores. Caldeaban dous novos libros da Fervenza no pendello e Pepe d´As Cruces, o “practicante astrónomo” que soñara unha garita para ver a Galaxia, vestía traxe e chapeu noviños, zapatos de cocrodilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices. Había xente das Artes e das Letras, e sempre nenas/nenos, coma unha riqueza que nos fai soñar no progreso pra que remate de vez a marulada.
Desde a última carta pasaron cousas. No eido libertario, que é o noso, resistimos na intemperie, xa sabes, o territorio que nos vai mellor; nel medramos na abundancia das palabras e dos feitos e aborrecemos os dogmas coma sempre e os seus intermediarios da rutina. Fronte ao tedio estamos. Van saíndo os soños das gabetas. No teu caso cohabitas Lalín nunha “rotonda de tráfico” en peza identitaria da túa nombradía. Parei alí para falarmos e apupábanme os señoritos de carnet para os carricoches máis mantidos e veloces: “¡aquí non se para, papaostias!”Coidei que estabas neste sitio para a conversa demorada e a nosa admiración. Non é o teu espazo. Aínda non saben que ti gostas dos recantos e das simas, onde se coce a semprevida. Dixérache naquela última que andaba no lerio dunha ensoñación narrativa. Compría moita sorte para que alguén reparase na voz da revoltada que alí hai. Nalgunha páxina andas ti tamén sen nome e solidario, coa música da lira, contra o designio. Heicha mandar en dixital, e outrosí en libro armado de carballo e buxo. E axiña disme dos teus éxitos nese territorio das estimas onde haberá máis tempo pra un cara a cara vagaroso, e os sorrisos e un aquel dun bico e novas voces a sentir e fornecer. Se alguén pregunta entrégalles o meu enderezo, que en nada mudou. E ti canta, e palabrea, arma de proveito e luces as ponlas e os toros das árbores co aquel da motoserra máis sabida, noso múltiple xograr.
Déixote por hoxe para que outras sintonías poidan falar tamén desde o cíber da Solaina: a cabina do pendello, Atenas pequeniña das tantas aldeas de Galiza, que é un sol.
Non deixes de mandar de cando en vez un bocadiño dese pan das abellas e das musas, se é que hai. O teu amigo sempre.

Etiquetas: , ,

02/10/2007 12:34 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

Paco Lareo

Paco Lareo
Paco Lareo escomenzou reinvidicando unha maior sensibilidade en prol do proceso criativo no rural porque nas aldeas tamén hai grandes artistas, grandes cantores, grandes labregos...e nas aldeas tamén está, principalmente a primixenia, a natureza das cousas. Sobre a obra de Wily dixo que posiblemente non se chegara a entendela ben porque o mirar é un arte que non adeprenden nas escolas e deixou o seu compromiso de que A Solaina seguirá tendo presente a estela de Wily, profundizando na súa obra e poñendo en práctica os seus mensaxes.
Rematou dicindo que CANDO NACE UN ARTISTA PRENDE UNHA LUZ E CANDO SE VAI BRILLA NO CEO UNHA ESTRELA..

Etiquetas: , ,

02/10/2007 10:54 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ANTóN LaMaZaReS

Antón Lamazares
Antón Lamazares

Antón Lamazares deixounos a impronta dun Wily como persoa.
"Wily, Toñito, Baloira...Uns chamanlle Toñito, outros chamanlle Wily, eu sempre lle chamei Baloiras, e que era unha baloira, tan alto, tan guapo, tan espabilado.
Gústaballe moito xogar ao futbol, e canear, regatear, collía o balón e non pasaba o balón, quería regatearnos a todos...
Baloiras era un rapaz formidable, soñador, cariñosisimo. Un rapaz inocente dende o millor sentido da palabra. Un rapaz para quen o mundo era pequeno, de aí, como ben dicía Paío, cando ía a Italia viña falando Italiano, cando ía a Andalucia viña falando andalúz, cando ía ao Xapón, que non foi, falaba Xaponés...e inventaba cousas bonitas, si.
A min paréceme que a memoria de Baloiras vai a ser larga, grande porque a cousa importantes que temos os homes, sexamos pintores, sexamos albanies, sexamos agricultores, curas ou garda civiles, ou o que sexa é ser personas. E dudo que na nosa zona haxa unha soa persoa que non lle queira a Baloiras.
Todos sabemos que Baloiras era un rapaz especial, claro, porque que o día que Baloiras se poñía fino nin Maradona tiraba os penaltis como el pero outro día poñíase a tocar a guitarra nunha esquina e non lle importaba que lle botasen cinco pesos, pero non era unha aptitude del artística , non era unha aptitude de pobre, era unha aptitude de grande, de espíritu...
El quixo inventar o mundo a súa maneira, que é a cousa máis bonita que lle pode pasar as persoas grandes pero bueno, o mundo corre por onde corre... e aquí estamos.
O amigo Baloiras, o baloiras que eu quero, era un Baloiras cariñoso, respectuoso, incapaz de ofender a ninguén, oservador de todo, soñador de todo...que curiosamente algunha vez que tratei, dende as minhas posibilidades pequenas, de botarlle unha mao no sentido organizativo e sempre botaba a correr. Cando tiña que estar sempre botaba a correr. Cada un debúxase a súa maneira.
A figura de Baloiras é grande e medrará moito...Baloiras era creativo, era soñador e esa unha das facultades máis grande que temos as persoas... durará moito tempo a memoria de Baloiras"

Etiquetas: , ,

01/10/2007 08:40 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MaNueL MoLDeS

Manuel Moldes

Manuel Moldes, detrás dunha escultura de Wily, dou as grazas a Fundación A Solaina por invitalo a este homenaxe pero tamén deixou claro que non era moi amigo de asistir a estes eventos necrolóxicos porque coidaba que en Galiza eramos demasiados amigos de falar moito despois de mortos.
Escomenzou dicindo que “Wily era Wily”, un home fráxil. Un home que no seu xeito de andar e de pensar trasladaba ao compañeiro unha sensación de andar nas nubes…
Destacou da súa obra, a súa forma de traballar coa madeira, tosca, directa e inmediata. Coa motoserra sen máis e tamén a súa policromía. Esa policromía dunha maneira burda que entronca coas tendencias do neoexpresionismo alemán dos oitenta. Como artistas de renonbre como Baselitz, penck, Kiefer ou Lüpertz. Homes nacidos en Alemania e o Wily era un home nacido aquí en Botos, nunha aldea de Galicia. Unha diferencia moi importante anque vivamos nun tempo globalizado como din os políticos.
Calificou a obra de Wily como de contemporánea e autodicta e que posiblemente este caracter de autodidacta foi o que o fixese máis rebelde coas institucións e co establecido. Lembrando como intentara facía uns anos contactar coa dirección da facultade de belas artes de Pontevedra, onde exerce como mestre de debuxo, para unha exposición na sala da facultade pero debido ao desorde organizativo de Wily, na presentación do dossier, non foi posible chegar a bon porto coa iniciativa.

Etiquetas: , ,

04/09/2007 01:38 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

HoMeNaXe...


A Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño rinde un emotivo homenaxe a Antonio Taboada Ferradás "Wily" no cabodano do seu falecemento.


Damián Paío, Manuel Moldes, Antón Lamazares e Paco Lareo foron os contertulios da mesa sobor da vida e obra de Wily.


Damián Paío, grande dinamizador das artes na comarca do Deza e amigo do homenaxeado, deixounos unha exemplar síntese biográfica da vida de Wily.
"Antonio Taboada Ferradás, Wily...ARTISTA AUTODIDACTA E ANTIACADÉMICO...escultor, pintor, poeta, músico, compositor e organizador de eventos. Naceu no lugar do Porto, parroquia de Botos en Lalin o 18 de Maio do 1962, no seu dunha familia de campo. Xa de rapaz destacaba pola sua afición a música, a poesía e a todo o referente as artes. Poderíamolo definir como un cú inquieto. Solía rondar moito o estudio de Laxeiro con quen lle unía unha grande amistade.
Eu coñecín a Wily, no instituto LAXEIRO, fun a ver unha obra que representaban os alumnos do centro "Os vellos non deben enamorarse" de CASTELAO e chamoume moito a atención un espantallo moi "espijado", a millor representación de espantallo que eu nunca vira e pregunteille a profesora CARMEN BUXAN de quen era e fun darlle os meus parabens.Daquelas andaba acompañado dunha guitarra, facía poesía e compoñía, tamén me chamou a atención a sua forma de falar,única en Galicia, o galego misturado cun toque andaluz...e conforme visitaba algún país falaba galego-italiano, galego-francés, galego-alemán. Falaba moitos idiomas pero dunha forma tan peculiar que só se entendía el.Entablamos unha amistade que perdudaría no tempo. Eu andaba a dar os primeiros pasos no mundo das artes plásticas e solíamos ir ver algunha exposición. Nunha delas, na Coruña, había uns troncos largos de Antón Lamazares e Wily decidiu sacar a luz esa vea escultórica que tiña oculta.
Apuntouse a un curso de talla en Lalín co mestre artesano Antonio Presas e daquelas a Fundación Araguaney convocaba a segunda bienal de escultura e animámolo para que fixera unha peza para o certamén. Comprou un tronco de carballo, gracias a sua mecenas, a avoa ....utilizando como modelo a súa irmá Crucita e fai empregando machadas e júbias o que sería a súa primeira obra escultórica que bautizou como Santa Bendita.Presentámonos o Paco Lareo, Wily e eu, os tres somos selecionados, corría o ano 1986.Ese foi o comenzo dunha frutífera carreira polo mundo das artes plásticas sin esquencerse da música a que incorporaría o violín e o teclado e as súas composicións e sua moi ocurrente poesía.
Cansado de que comparasen e confundisen a sua obra coa do amigo Leiro introduce na súa ferramenta a motosierra, que pasará a ser o seu utensilio preferido, dándolle un xiro a súa escultura, pasando a utilizar a policromía dun xeito moi personal e anáquico. A madeira foi sempre o seu material preferido pero tamén atopou outros como a pedra dando os seus primeiros pasos no obradoiro do mestre canteiro Vidal Paío, usa tamén o ferro, arames, plásticos e todo tipo de materiais que caían nas súas mans, os cales reconvertía en obras de artes. Como pintor utilizaba todo tipo de soporte, madeira, pedra, papel, cartón, lenzo...
Deixou a súa marca persoal inesquencibel en todos os eventos nos que participou. Algarabía de Lalín, xuntanzas internacionais e forxas literarias da Solaina de Piloño, exposicións nos pendellos da Golada, procesos en libertade de Lalín, Domingos de furabolos en Santiago de Compostela, feira do cocido e cocido das artes en Lalín, expo-tren e arte no camiño en Botos, obradoiro de canteria e escultura exposición na fundación Semana Verde de Silleda, bienal Laxeiro en Lalín, certame de escultura ao aire libre no Grove, .... Físico debate no convento das Carmelitas en Salamanca, obradoiro de escultura con Sergio Aguilar na fundación Emilio Botín en Santander, obradoiro en bronce na facultade de belas artes de Pontevedra, ao son dun povo para a televisión galega e metrópolis para a segunda cadena de TVE.
Foi un bohemio que gustaba de levar unha vida non convencional, aceptando a sociedade establecida por imperativo legal. Nunca se esqueceu do seu Botos natal e participaba moi activamente nas actividades socioculturais da parroquia sendo un motor importante na organización. Expo-tren, arte no camiño, San xoáns, obradoiro de cabezudos, charangas...
Participou en numerosas exposición individuais e colectivas. A súa obra trascendeu alén das nosas fronteiras, destacando o seu paso por Alemania, Italia, Portugal, Francia, Nueva York, Mexico...
Acadou numerosos premios e recoñecementos. En 1989 gaña a bolsa de novos valores na Bienal de Pontevedra que a disfruta en Paris.Ao ano siguente gaña o segundo premio dazaoito bienal de arte meigas e trasnos de Sarria, Lugo. En 1990 consigue un accesit no primeiro simposium ao aire libre concello do Grove, no mesmo ano gaña o primeiro premio no certame de artes plásticas Xuventude-90 en Lugo. En 1991 consigue o segundo premio no segundo simposium internacional de escultura concello do Grove. En 1992 acada o primeiro premio da bienal das Sinas en Viana do Castelo, Potugal, en 1995 gaña a bolsa de creación artística no estranxeiro concello de Lalín na segunda bienal Pintor Laxeiro, a que disfruta na cidade de Florencia, en 1999 consigue acessit no vinte premio de minicuadros na cidade de "ElDa" "Aqui, cando o xurado comunicou o premio, Wily gañara o primeiro premio, pero como wily era wily e tiña que ir recollelo alá, non foi...pero gañara o primeiro premio)
Na actualidade, algunhas das súas pezas andan itenirando por Burgos, baixo o títudo "tres miradas al románico olvidado" xunto cos burgaleses Rosario Palacio e Manuel Estevez.
Wily é deses galegos bos e xenerosos que perdudará no tempo. Disfrutemos entre todos desa ermita chea de arte que nos deixou en Botos.
Moitas gracias.


Etiquetas: , ,

08/08/2007 12:52 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

CuRSo De PiNTuRa


Sabado día 14.
Fora das actividades da VIII Forxa literaria, a Solaina de Piloño en colaboración co concello de Vila de Cruces organiza, como cada verán, un obradoiro de pintura para nenos impartido, por Paco Lareo en colaboración con Francisco Alén Pena . O horario desta actividade será todos os Sábados , dende o 7 de Xullo ata o 8 de Setembro entre as 11 e as 12:30 da mañá.


Obxetivos do Obradoiro:
-A busqueda de novos valores dentro do noso concello.
- Iniciar ós xóvenes na creación plástica.
- Incentivar a creatividade.
- Potenciar as actividades socioculturais.
- Buscar unha nova ocupación para o tempo de lecer dos rapaces durante o verán.


Os temas que se impartirán:
- traballos co cor
- Traballos sobre motivos reais: bodegóns, diversos obxetos, temas florais, etc
- acrílico sobre papel, cartóns, lenzos.


Neste curso participan nenos e nenas do concello a partir dos oito anos. As prazas son limitadas e o rematar o curso entregaráselle ós aumnos un diploma acreditativo da realización do curso e os traballos serán expostos na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces.

Etiquetas: , ,

07/08/2007 11:33 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

oBRaDoiRo LiTeRaRio

A VIII Forxa Literaria continuou o seu curso nos días 13, 14 e 15 de Xullo...

O Venres 13, ábrense as cancelas de par en par para recibir os participantes do Obradoiro literario. Tres días para compartir e soñar en xuntanza.



Mario Regueira e Lorena Souto no balcón da Solaina filla esculcando nos arrabales.


Como se dun reality schow se tratase pero sen cámaras indiscretas, somentes os obxetivo de Paco Penas, Damián Paío e Paco Lareo se mantiñan en guardia para inmortalizar estas curiosas estampas.



Retrincos de María Lado, Damián Paío, Lucía Aldao e Miguel seoane nun alarde de afabilidade...


Antonio e Orlando foron os "elexidos" de Potugal que se achegaron a Solaina de Piloño para participar nestes encontros culturais no rural.

Etiquetas: , ,

04/08/2007 21:09 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

Día DoS NeNoS 08/07/2007


"Todo adulto precisa dun neno a quen enseñar, dese xeito aprenden os maiores"



As actividades do Domingo (08/07/2007) adicado os máis cativos, escomenzaron coa elaboración duns murales artisticos, dirixido por Luchi, a cargo dos nenos e nenas que se achegaron a Solaina nesa tarde.




As pandereteiras " as trouleiras da Solaina" foron as encarregadas de pórlle notas musicais á tarde



Xoán Carlos Domato é o director musical das Trouleiras da Solaina. Outra persoa desas boas, xenerosas e comprometida coa Solaina...


E chegou a hora da merenda. Nenos e non tan nenos collendo pulo para sentalo corpo na horta da Solaina.

Etiquetas: , ,

30/07/2007 20:51 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

aMiGoS Da SoLaiNa...for ever


A media tarde, Xavier Parcero e Paco Lareo entregaron os diplomas e medallas aos "amigos da Solaina" David Otero, Paco Penas de Dorvisou e Antonio Costa Baquero.


David Otero fixo tremer a terra e ata o mesmo G-8 cando dixo: "Imos cara o futuro. E se é, ha de ser pequeno. E ha de ser pequeno porque ha de ser de moitos. Porque hai futuros grandes pero son duns poucos que caben nun sofa, e eses nunca invitan aos pobres ao salón. O futuro tamén ha ser unha ponte, unha ponte que nos leve aos días bons. E o futuro tamén ha de ser algo que cumpla, solidario...como este espazo nos que nos atopamos"


Antonio Costa Baquero "Lonxe" despois de dar as grazas a todos dixo que nesta terra a semente máis pura é a da arte e da cultura. Tamén invitou a os nenos que estaban alí presentes que non deixaran nunca de seguir plantando ese árbol, que o árbol da cultura e da arte sempre derrota ao árbol da guerra. Que a arte e a cultura son a base para o benestar, para o entendemento e para os praceres da vida..."


Paco Penas de Dorvisou agradeceu todos por estar nesa tarde marabillosa nun dos recuncho dos máis fértiles do planeta terra e tamén a súa compañeira poder facer posible compartir ese grande amor pola Solaina e deixarlle acostarse e levantarse tantos días cavilando na Solaina. Dixo que non se adicaba a fotografía profesionalmente, senón que era unha afición a que adicaba moitas horas e reinvidicou a necesidade de que o povo tamén faga arte. Que moitas veces tíñamos que deixar de lado eses conceptos ou esteriotipos dos entendidos ou filósofos da arte para deixarse levar pola intuición e criar. Non querendo dicir con eso que haxa que rexeitar da súa doutrina.

Etiquetas: , ,

24/07/2007 11:37 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

CaMiÑo De VoLTa e a PRiMaVeRa CoNTiNuaRá...


Na segunda actividade da tarde, Xavier Parcero dou paso a Carlos Loureiro Rodriguez para facer unha introdución aos libros Camiño de Volta de Paco Lareo e a Primavera Continuará... de Manuel Fragoso.
Pódense escoitar neste arquivo de audio e a tamén os agasallados, Paco Penas de DORVISOU, David Otero e Antonio Costa Baquero cos diplomas e medallas de "amigos da SOLAINA".


Paco Lareo, Manuel Fragoso, Carlos Loureiro e dona.


O santo poder da Solaina fixo que se espallasen as nubes a outros lugares para que o sol brilase con máis intensidade e poder, deste xeito, disfrutar dunha tarde marabillosa en tódolos eidos.


¡Divina xuventude!...tanto brilo nos ollos non pode ser en vao.

Etiquetas: , ,

21/07/2007 12:22 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

VIII FoRXa LiTeRaRia Na SoLaiNa de PiLoÑo
Encontros culturais no rural


As actividades da VIII Forxa literaria escomenzaron O día 7 de Xullo coa inaguración dunha exposición fotográfica a cargo de Paco Penas de Dorvisou. De esquerda a dereita Damián "Paio",Paco Penas, Jesus Otero, Xavier Parcero, Paco Lareo e Nicolás Juan Castro Rodríguez


Paco Lareo conversando con Manuel Moldes, David Otero e Manuel Fragoso. Ao fondo, outros amigos da Solaina...

Paco Penas, Paco Lareo e Xosé Vázquez Pintor



Uxio e Paco Lareo


Checha (aNGRoiS iNDeSiGN) e Alex



Paco Penas de (DoRViSou) e Manuel Busto (AQuaM LaTaM)


Iria e Mercedes Seijo (BaRRuLLaDaS)



Paco Penas arroupado por nai e filla

Etiquetas: , ,

20/07/2007 13:22 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

8ª FoRXa LiTeRaRia

willy

SÁBADO 7 ÁS 18:00 HORAS

Inauguración:

- Exposición Fotográfica de Paco Penas "De Dorvisou".

- Presentacion a cargo de Carlos Loureiro dos libros editados por Fervenza de Paco Lareo "Camiño de volta" e de Manuel Fragoso "A primaveira continuará"

19,00 horas.

- Actuación do Mago Anton

- Entrega da Medalla Amigo da Solaina a Paco Penas, David Otero e Antonio Costas Baquero

DOMINGO 8 ÁS 17:30 HORAS

Día dos nenos e nenas

- Mural colectivo artístico literario sobre A Solaina dirixido por Luchi

- Merenda

- Pandereteiras as Trouleiras da Solaina

- Os Armadanzas da Solaina poñen en escea "Camiño de volta"

VENRES 13 A PARTIR DAS 11 HORAS

- Recepción dos participantes no obradoiro literario

- PORTUGAL: Antonio e Orlando

GALICIA: Lucía Aldao, María lado, Lara Bacelo, Miguel Seoane e Mario Regueiro

SÁBADO 14

continúa o obradoiro Literario

Homomenaxe a Antonio Taboada Ferradás "Wily"

MESA REDONDA "vida e obra"

- Ántón Lamazares

- Manuel Rodríguez Moldes

- Paco Lareo

- Paío

- Escoitamos a voz de Wily en tres composicións musicais. Descuberta dun alto relevo de "Wily" autor "O Vila"

- Himno da Solaina a cargo dos gaiteiros Plácido Rozas e Enrique Viz

LOAS:

- Vázquez Pintor

- Carlos Negro

- Celsiño

- Entrega da medalla "amigo de A Solaina" a título póstumo

- Palabras de Mª Cruz Taboada Ferradás

- Gaiteiros Os XUNCOS de Santiso

ágape, agasallo do restaurante Calderón de Santiago de Compostela.

DOMINGO 15

- Obradoiro Literario

18:00 horas

Conclusións do obradoiro Literario

Recital Músico Poético:

- Estívaliz Espinosa

- María do Cebreiro

- Ramón Caride

- Sechu Sende

- Raúl Gómez

- Elvira Ribeiro Tobio

- M del Carmen Álvaro

Musicos:

-Tatiana Cucerendo (violonchelo)

- Eduards Vesbastiks (violin)

Clausura

ágape: Filloas a cargo de Xosé Molina, decano da Facultade da Flloa de Merza.

Etiquetas: , ,

28/06/2007 13:35 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.




FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]