Blogia

FUNDACIÓN PACO LAREO

8ª FoRXa LiTeRaRia

willy

SÁBADO 7 ÁS 18:00 HORAS

Inauguración:

- Exposición Fotográfica de Paco Penas "De Dorvisou".

- Presentacion a cargo de Carlos Loureiro dos libros editados por Fervenza de Paco Lareo "Camiño de volta" e de Manuel Fragoso "A primaveira continuará"

19,00 horas.

- Actuación do Mago Anton

- Entrega da Medalla Amigo da Solaina a Paco Penas, David Otero e Antonio Costas Baquero

DOMINGO 8 ÁS 17:30 HORAS

Día dos nenos e nenas

- Mural colectivo artístico literario sobre A Solaina dirixido por Luchi

- Merenda

- Pandereteiras as Trouleiras da Solaina

- Os Armadanzas da Solaina poñen en escea "Camiño de volta"

VENRES 13 A PARTIR DAS 11 HORAS

- Recepción dos participantes no obradoiro literario

- PORTUGAL: Antonio e Orlando

GALICIA: Lucía Aldao, María lado, Lara Bacelo, Miguel Seoane e Mario Regueiro

SÁBADO 14

continúa o obradoiro Literario

Homomenaxe a Antonio Taboada Ferradás "Wily"

MESA REDONDA "vida e obra"

- Ántón Lamazares

- Manuel Rodríguez Moldes

- Paco Lareo

- Paío

- Escoitamos a voz de Wily en tres composicións musicais. Descuberta dun alto relevo de "Wily" autor "O Vila"

- Himno da Solaina a cargo dos gaiteiros Plácido Rozas e Enrique Viz

LOAS:

- Vázquez Pintor

- Carlos Negro

- Celsiño

- Entrega da medalla "amigo de A Solaina" a título póstumo

- Palabras de Mª Cruz Taboada Ferradás

- Gaiteiros Os XUNCOS de Santiso

ágape, agasallo do restaurante Calderón de Santiago de Compostela.

DOMINGO 15

- Obradoiro Literario

18:00 horas

Conclusións do obradoiro Literario

Recital Músico Poético:

- Estívaliz Espinosa

- María do Cebreiro

- Ramón Caride

- Sechu Sende

- Raúl Gómez

- Elvira Ribeiro Tobio

- M del Carmen Álvaro

Musicos:

-Tatiana Cucerendo (violonchelo)

- Eduards Vesbastiks (violin)

Clausura

ágape: Filloas a cargo de Xosé Molina, decano da Facultade da Flloa de Merza.

iN MeMoRiaM...

wily_2
Onte, nos albores do día, como sempre, desde que nos abandonaches volvemos a escoitar os sons da túa arte. Desde o Candán ata as terras do Ulla ou desde o Farelo ata as terras de Trasdeza volveu a ruxir o motor da túa motoserra para deixarnos, como unha letanía da vida,  a túa música e a túa poesía...
 
wily_1a
Wily nun recital de Poesía na feira do catro, Vila de Cruces. Ano 1983 ou 84
Fotos propiedade de Paco Penas.

PaNXoLiÑa

PANXOLIÑA-1

BANDA ARTÍSTICA DE MERZA

MuÑeiRa...

Muñeira da Solaina
MUÑEIRA DA SOLAINA - AUTOR: ENRIQUE VIZ


BANDA LALIN

Banda Municipal de Lalin na eira da Solaina


CaMiÑo De VoLTa IV

Carmen Lareo

FERREIRO-NARRADOR.- Chegou o día explendido de sol apracíbel augurioso dun outono que empeza e dun verán que se vai. Vagalín e mais Solaina fálanse eos olliños das angustias da distancia coa esperanza de que unha despedida nunca sería o final do seu compromiso de amor.

SOLAINA.- (Mol resolta, SOLAINA, coma se nada pasase, colle a VAGALÍN pola man e dilles a todos os vecinos da Xunta que parolaban con OBRADOIRO e FORXA.) Se foi unha mágoa extraviarnos da nosa familia entre lusco e fusco dun día do mes de agosto, tamén foi unha ledicia convivir convosco neste fermosísimo lugar. Graciñas pola solidaria tolerancia e por todo canto aprendemos xuntos. Desta fermosa experiencia nace un novo camino de luces, aberto para todos. Os agasallos que non podemos levar connosco quedan con Vagalín na nosa casiña e levaremos ademáis da tatuaxe no corazón desta fermosa convivencia unha margaridiña salvaxe destas que poboan o chan e as que ninguén lies fai caso. Nela estaredes todos reflectidos cada instante da miña vida e con ela na man falarei de vos no noso Illote querido e de todo canto vin e escoitei neste edén que conflúe nunha aperta do río Deza co Ulla.

FERREIRO-NARRADOR.- Arroupadas as bolboretas por un respetuoso silencio rompen a voar...

TODAS XUNTAS.- (En viva voz.) Adeus, adeus, pronto volveremos o camino; xa o sabemos.

FERREIRO-NARRADOR.-
Ponen rumbo imaxinario coa esperanza de chegar ao seu Illote que albiscan despois de voar, voar e voar. Chegan e encentran a súa nai no limiar da porta velliña pero dereita como un fuso, estremécense entre abrazos e choriños.

NAL- Pasei moito tempo soñando con este día. Voso pai morreu coa esperanza de atoparvos, saímos moitas veces en busca vosa e fixemos todo o posíbel por encontrarvos pero se el nos está mirando tende a seguridade de que estará moi ledo polo voso retorno, así que hoxe fago eu a cea con aqueles doces que tanto vos gustaban e celebraremos o voso retorno con todos os vecinos.

FERREIRO-NARRADOR.-
Forxa e Obradoiro quedáronse durmidas no coló da súa nai mentres Solaina seguía a falar coa súa margaridiña na man;
elas falaban e falaban mirándose os olliños como se quixesen descubrir na
mirada lempos pasados e ausentes que lies axudaran a comprender todo aquilo
que non eran capaces de expresar as palabras.

NAI- Que é iso que tes ñas mans que tantas voltas lle das?

SOLAINA.- Esta é unha rosiña branca e amarela que ala no paraíso que
encontramos chámanlle margaridiña, o campo está cheo délas e son moi listas
porque cando vai frío ou chove encollen os seus pétalos pasando do branco
á cor vermella, agochando o seu froito. Trouxen esta para plántala aquí no
noso Illote na esperanza de que non morra nunca e que medre entre nos como
símbolo dunha historia de amor.

FERREIRO-NARRADOR.- Solaina espertou as súas irmás e sairon a dar
unha volta pola colonia saudando e convidando aos vecinos para que asistisen
á cea que quedaba a preparar a súa nai. Todos os vecinos se alegraron moito
de velas de novo. Na gran cea pasárono moi ben, comeron, cantaron, bailaron
e falaron de mil cousas. Forxa e mais Obradoiro recordaron o canto da Voz
da Memoria, lembraron as cousas acontecidas na Xunta dos ríos e con moita
sorna Obradoiro fala da posibilidade de volver ala de novo levando os nosos
costumes e música tradicional do Illote.

FORXA.- (Mirando a SOLAINA.) Así podes ver de novo a Vagalín, de quen
non negarás que estás namorada.

SOLAINA.- (Mirando á sua NAI, que lie agarima as antenas.) Si, estou
namorada dun Vagalume con as que lie chamamos Vagalín. El ten luces, moi
sensíbeis os coñecementos e por todo o que el é, quéroo moito, ademáis non
tardarei en ser nai porque sinto cóxegas na barriga.

NAI- Vou falar cuns cantos vecinos destes que lies gusta organizar feiras e
festas para que vos acompañen .

TODOS XUNTOS.- (Moi ledos.) Adeus, adeus, pronto volveremos. O camino
xa o sabemos. ’

FERREIRO-NARRADOR.- Alá se van cunha recua de bolboretas voando
ata que chegaron á Xunta dos ríos. Foi todo un acontecemento cheo de sorpresas
moi ledas. O pobo encontrábase celebrando a festa do labrego que fixo o
momento oportuno para actuar os músicos que viñan do Illote. Forxa e mais
Obradoiro ofrecían doces. Solaina e Vagalín, coludos da man, foron o centro
de todas as atencións e tamén bailaron. O rubor das súas caras delataba o moito
que se querían. Solaina falaba do importante que pedería ser que no Illote
coñecesen os costumes da Xunta dos ríos. Á comisión de festas pareceulle ben
e aceptaron viaxar ao Illote. Levan consigo a marimorena. Solaina e mais Vagalín non cabían en si coa ledicia. Mentres, facían os preparativos para a viaxe. Forxa e mais Obradoiro aceptaron viaxar antes para dar a coñecer no Illote a boa nova e mais para facer os preparativos para recibir á Delegación da Xunta do Deza co Ulla.
Solaina e mais Vagalín, condutores do séquito, chegaron ao Illote. Todo
estaba a punto, fermoso, emocionante. Ábrese o espectáculo: conversas,
música, degustacións. De súpeto xorde un berro de Vagalín, que chega a moi
lonxe: ’

VAGALÍN.-Si á memoria, intercambios, encontros!...

FERREIRO-NARRADOR.- Vagalín quédase no Illote coa súa Solaina; adícanse a plantar margaridiñas. Co paso do tempo nacen os filliños esperados, algún deles tina luz propia coma o pai.

VAGALÍN.- (Moi emocionado.) Bolboretas que aluman!

SOLAINA.-E o futuro dun pasado feliz.

VOZ DA MEMORIA.-
Agradézovos moito que lie falásedes de min aos illotenses, e ti Solaina, fonte de filosofía, nunca te esquezas de cantadles no berce esta canción aos teus filliños.

FERREIRO-NARRADOR.- E coma se dunha milagre se tratase, todo o Illote cantaba:

Ailiríai liríailé .
Adeus, adeus, espina en flor dunha serra;
Adeus, adeus, Voz. Sempre nos acordaremos déla
Ai lirí ai lirí ai le
Ai lirí ai lirí ai lí

Cae o paño...

CaMiÑo De VoLTa III

horta_2

FERREIRO-NARRADOR.- Vai rematando o verán e danse conta de que se

achegan acontecementos que elas descoñecen. Deciden entón facerlle unha

visita á Laverca co propósito de que lies contase que é o que está a pasar. Polo

camino encentran co Corvo que lies espeta...

CORVO.- (Moi fachendoso.) E vos que facedes aínda por aquí? Non fixestes

por ter familia nin nada, e agora aproxímanse tempos fríos e ventosos que non

sei se poderedes resistir.

FERREIRO-NARRADOR.- As nosas protagonistas, agora preocupadas polas

palabras do Corvo, asenten cun sorriso e seguen camino da casa da Laverca.

DONA LAVERCA.- Ola, rapazas; pasade, pasade. Sempre me colledes sen

pan e agora teño que encher a despensa porque hai que prepararse para outros

tempos que venen. .

SOLAINA.- (Entristecida.) Entón é certo o que nos dixo o Corvo.

DONA LAVERCA.- E que vos diría ese paxarraco? Porque el non ten problema,

come de todo e voa moi ben contra o vento; é como se nácese para vivir no

invernó. Coa chegada do outono hai que amorear alimentos e rou-pa. Vos, por

certo, andades espidiñas decote ensinando todo coma se non tivésedes vergoña,

aínda que non creo que aguantedes. Eu con moito gusto vos traía para a miña

casa pero con dous filliños que teño non me queda sitio. Pero correde, ide para

a vosa casiña e preparádevos ben, acopiade comida que por outro lado non.

ides atopar moka pois xa non estamos en tempo florido, pero vos non ides ter

perigo porque sodes listiñas e xa vos arregraredes.

FORXA.- Ben, pois agora que xa estamos adaptadas a este lugar, temos que

aceptar acontecementos que no noso Illote non suceden. (Vanse moi tristes

para a súa casiña da Xunta.)

OBRADOIRO.- Ánimo, rapazas! Subamos de novo aos cotos, exploremos

novos horizontes sempre na esperanza de que encontraremos o camino de

volta.

FERREIRO-NARRADOR.- Moi ilusionadas ala se van ao Cotomirón,

Colócanse de costas ao sol e miran con esperanza á profundidade do horizonte.

Tal fascinación se apoderou délas que perderon a noción do tempo e cando se

deron conta era de noite. Nestas condicións non podían volver á súa Casiña

da Xuntaza do río Deza co Ulla. Moi asustadas buscan acubillo nunha morea

de pedras que alí había, e nisto aparéceselles un Vagalume con as que lies fala:

VAGALUME.- E vos que facedes aquí a esta hora?

FERREIRO-NARRADOR: Elas danlle contestación co feito da súa historia

moi resumida. E, animando nelas, dilles o Vagalume con as:

VAGALUME.- Non vos preocupedes que vos alumo coa miña luz até a vosa

casiña.

FERREIRO-NARRADOR.- E as nosas amigas emprenden o regreso e o

Vagalume alumante falaba e falaba de historias e contos abraiantes do lugar

e de lonxe, que as bolboretas escoitaban apampanadiñas; pero cando chegou

o contó da política do Lobo....

FORXA.- Ai, por Deus! Non nos asustes, sigúenos a falar de cousas fermosas

coma por exemplo o que nos contaches do Picapotes.

VAGALUME.- (Gargarexando.) Nótase que non sodes de aquí, porque o

Lobo que todos coñecemos xa hai tempo que non pon os pelos de punta. Pero,

en fin, contareivos o contó do Picapotes.

SOLAINA.-Somos todas antenas.

VAGALUME.- Érase unha vez un Grilo que se namorou dunha Xoaniña;

polas noites do verán levávalle fermosas serenatas ata que un día a Xoaniña

quedou prendada da música do Grilo...

SOLAINA.- (Interrompendo.) Ai, que tontas. Escoltándote, pásamenos da

nosa casiña, xira para a esquerda que xa chegamos.

FERREIRO-NARRADOR.- Chegan á Casiña e ofrécenlle ao Vagalume sitio

para durmir, insistindo e agradecéndolle o grande favor que lies fixo traéndoas

á casa. Ao fin o Vagalume con as aceptou. Solaina e mais el quedaron falando

até cerca da madrugada. No almorzó Solaina, mequeira, comenta:

SOLAINA.- Pasei a noite sen sentir, embelesada coa historia tan fermosa dése

máxico monte do Cotomirón e propóñovos voltar tantas veces como sexa

necesario ata que o amor que sinto por el nos mostré a vontade de axudarnos

no noso propósito.

VAGALUME.- Pois ti non te quedas atrás. Tes música ñas tuas verbas, e que

será de min se volvo a quedar soíño coa historia e coas pantasmas do ben

nomeado monte máxico?

FERREIRO-NARRADOR.- Obradoiro e Forxa míranse na sospeita do que

escoitan...

OBRADOIRO e FORXA.-Hui, iu,iui...

FERREIRO-NARRADOR.- Alá van de novo ao Cotomirón brincando todo o tempo, principalmente Solaina e mais Vagalín (apodado así cariñosamente por Solaina para reducir de tamaño aquel nome tan longo). Toman a precaución de poner sempre as costas ao sol mirando cara ao horizonte. En principio non se daban concentrado porque Solaina e mais Vagalín facían algunhas escapadas correteando pola antiga muralla castrexa e agochándose nalgúns dos espazos que segundo a historia foran concebidos para recibir aos visitantes, pero co que mais disfrutaban era xogando ao escondite pasando dun lado para outro por debaixo dunha mesa de bruxas que alí se atopaba. Nunha destas Solaina queda abraiada pola facha do sol. Cae ao chan, acódelle Vagalín, cóllea no coló, chama polos irmáns e escoltan a Solaina delirante repetindo continuamente:

SOLAINA.- Vin o noso Illote, encontramos o camino, camino, camino.

FERREIRO-NARRADOR.- Os tres non sabían que facer para que Solaina se recuperase acusando á falta de alimento a situación na que se atopaba. OBRADOIRO.- Irnos conseguir unha pinga entre a flor do toxo e a xesta.

TODOS XUNTOS.- (Angustiados.) Solaina, esperta!

FERREIRO-NARRADOR.- Decidiron lévala para a casiña, deitárona no seu garabulliño e esperaron coa boquina aberta unha reacción vital de Solaina.

SOLAINA.-Onde estou? Onde estou?

FERREIRO-NARRADOR.- Serenamente fixeron comentarios sobre o acontecido e, con Solaina reposta, volven para o monte máxico co mesmo entusiasmo de encontrar ese camino de volta que nunca se fai porque xa está feito. Alí pasaron dous días e unha noite envoltas no murmurio do silencio e descobren o camino soñado. Obradoiro, que dende ese momento non paraba de bailar sobre dunha soa perna, propuxo convidar a unha festa a todos os vecinos da Xunta dos ríos, para celebrar a maxia cultural que ofrece a conca castrexa do Cotomirón.

Forxa choraba con ledicia por encontrar o camino e con tristura por ter que separarse das amizades da Xunta dos ríos. Cun berro saído da gorxa da nostalxía morriñenta, invocan a Voz da Memoria que retumba:

VOZ DA MEMORIA.- Xa sodes sementé da térra!

Adeus, adeus, espina en flor dunha serra;

Adeus, adeus, Voz; sempre nos acordaremos déla. Ai lirí ai lirí ai le

• Ai lirí ai lirí ai lí

CaMiÑo De VoLTa II

horta_1


capítulo II

FERREIRO-NARRADOR.- Van pasando os días e as tres bolboretas atarefadas na relación eos vecinos, abrindo novas amizades envoltas en sensacións tan diferentes as do "Illote perdido", como elas lie chamaban á súa térra, da que contaban que estaba ateigada de poboación carente de moitas cousas. Ai, pero... que fermosura o noso Illote! A nosa familia, os nosos amigos, os nosos costumes! No Maial disfrazabámonos de ramallo para homenaxear á natureza, que, por certo, como aquí non hai, e pasabámolo máis ben...

Nos seus olliños arriman as bágoas da morriña doces e tristes ao mesmo tempo, míranse entre elas con sorrisos solidarios que medran até estouparen coa risa. Serenando pouquiño a pouco, repasaron conversas curiosas con algúns vecinos, como a que tiveron coa Laverca, que devagar sornado...: DONA LAVERCA.- Pois falan moi ben de vos. E logo, de onde sodes? Pasade, pasade, e comede un pouquiño de pan para mellorar o voso aspecto porque parece que estivésedes un pouquiño negras. Tamén din por ai que vosos pais vos botaron da casa, outros din que escapastes... O outro día contoume a ra que vos extraviastes da familia nunha viaxe, pero eu non lio creo porque parecedes listiñas. Ai, por Deus! Acabóuseme o pan pero vinde por aquí cando queirades e parolamos un pouco. Adeus, adeus.

OBRADOIRO.- (De camino para a súa casiña da Xunta.) Que listiña parece a Laverca! Gustoume o niño que ten na silveira.

FORXA.- Si, tenme pinta de ser unha monosabia pregoeira que alí a onde non

chega manda recado.

SOLAINA.- Calade! Deixade os comentarios!...

VOZ DA MEMORIA.- Siii... son eu a Voz da Memoria, non... non paredes

de voar porque vén a noite e vos non sodes das bolboretas que teñen luz propia.

OBRADOIRO.- (Susurrando.) Cachifa! como trona!

VOZ DA MEMORIA.- Lembrádesvos de min?...

TODAS XUNTAS.-Siii!

VOZ DA MEMORIA.- Neste lugar primixenio conviven en solidaria harmonía

todas as formas, todas as cores e todos os costumes. A súa historia repousa na

frondosidade axustada por estes dous ríos nunha aperta eterna.

OBRADOIRO.- (Interrompendo.) Din por ai que os queren separar para facer

un encoró, pero nos non sabemos que é iso tan importante como para arrincarlle

un brazo ao río Ulla.

VOZ DA MEMORIA.- O que ti dis non o teño na memoria por se tratar dun

presente sen pasado pero coido que nunha desas priven de liberdade aos ríos

e mais aos seus habitantes.

FERREIRO-NARRADOR.- Un silencio murmurioso e penetrante envolve

o espazo do lugar e as bolboretas caladiñas vanse ao seü fogar. Xa no garabulliño,

agochadas...

OBRADOIRO.- (En baixa voz.) Moito sabe a Voz da Memoria!

SOLAINA e FORXA.- (Facendo o aceno.) Chissst! Chissst!...

FERREIRO-NARRADOR.- Espertan pola maná entre trilos e cantos,

reflectidas nunha gota de orballo, retocan as súas cores batendo as as. Almorzan

e recordan o que lies contou a Laverca sobre dunha Santa moi milagreira que

habia ala lonxe na parroquia de Pilono e que se chama igual cá Virxe, A Cápela

de "Hoy-vas".

Entón deciden ir ata aló e achegáronse ao Santuario para pedidle á Virxe de Hoy-vas que lies concédese o favor de guíalas para encontrar o camino de volta ao seu Illote.

Seguindo as instrucións da Laverca cumpren a promesa de dar a volta de xeonllos ao Santuario e mais de prenderlle unha veliña á Santa.

Achéganse á fonte de "Hoy-vas" e, mentres beben, retumba a Voz da Memoria, que, como xa lies era coñecida, escoitan con moita ledicia.

FORXA.- Señora Voz! Que nos vai contar hoxe deste fermoso lugar e mais da cápela adicada á Virxe de "Hoy-vas"?

VOZ DA MEMORIA.- Si, miñas amigas; este é un lugar moi fermoso de longa tradición relixiosa que data do século XVII. A través do tempo achegáronse aquí centos e centos de romeiros fervorosos para venerar á Santa. Desta romaría tradicional resultaron contos e anécdotas abraiantes. Mirade á porta principal do Santuario que, segundo din, permanece sempre aberta pois, aínda que a cerren, ábrese soa. Esta historia é coñecida por moita xente. Contan que un día, mellor dito unha noite, dous mozos da parroquia decidiron apostar con outros para comprobar por eles mesmos como era i so de que a porta se abría soa. Os dous mozos, moi fachendosos, o primeiro que fixeron ao chegar ao Santuario foi cerrar a porta. Seguidamete apostáronse detrás dunha nogueira que había a uns vinte metros e, mirando en fite para ela, entroulles o sonó dando cabezadas contra a nogueira, e ao fin quedaron durmidos. Domeados polo sonó, cando espertan, velaí o milagre, a porta estaba aberta. Quedaron os dous tan abraiados que, sen saír do abraio daquel soñó irreal, botáronlle peito ao asunto e cerraron a porta de novo. Neste intre rompe o escuro silencio o voar dunha curuxa que lies fai fixar a atención e, cando volven a cara, a porta estaba aberta. Tal sorpresa levaron e tanto medo collerón que no arranque tropezaron un co outro e caeron patas arriba. Revólvense pés para que vos quero axiña mirando para atrás, na sospeita de que eran perseguidos por unha pantasma que os quería coller pola cueira. Fuxidos co medo chegaron ao lugar de Paxariñas, contaron envalentonados a fazaña para non perder a aposta, pero un vecino coitado dixo: -De todo iso que contades algo hai de certo porque aquí cheira moi mal.

SOLAINA.- Que contó mais fermoso, Señora Voz. E a porta segué aberta?

VOZ DA MEMORIA.- Sempre estará aberta á curiosidade do sentido común, á intelixencia e á cultura da vontade.

Adeus, adeus, espina en flor dunha serra;

Adeus, adeus, Voz; sempre nos acordaremos déla.

Ai lirí ai lirí ai le

Ai lirí ai lirí ai lí

camiño de volta


portada_1

ESPAZO ESCÉNICO

A escenografía procurará sinxeleza co obxecto de que a obra poida ser representada en calquera lugar. Unha vella forxa como a da Solaina de Pilono será o lugar onde transcorre esta sinxela peza. Grazas á maxia do Ferreiro-Narrador polo escenario da forxa (onde o xogo de luces xogará un papel moi importante) irán pasando todos os personaxes... que poderán aparecer en escena todos sentados ao redor do lume.

PERSONAXES

FERREIRO-NARRADOR.- O dono da forxa, home curtido en mil batallas e que percorreu mil países. Será o encargado de fiar a historia e de ir introducindo os personaxes. Vestirá capa negra, chapeau e gastará mostacho (e perilla)... levará na man unha especie de pao que tal vez sexa unha variña máxica.

SOLAINA.- Bolboreta que soña con atopar o amor da súa vida, e abofé que o atopa.

OBRADOIRO.- Bolboreta irmá de Solaina.

FORXA.- Bolboreta irmá de Solaina e Obradoiro.

VOZ DA MEMORIA.- É unha voz con forza e con pouso; ben podería ser a voz dun avó.

DONA LAVERCA.- Sempre amábel e servicial, boa xente, perdón, bo bicho.

O CORVO.- Un paxarraco.

VAGALUME.- Chámanlle Vagalín. Fica namorado de Solaina.

NAI- Bolboreta traballadora e entregada as súas fillas, Solaina, Obradorio e Forxa.

I

FERREIRO-NARRADOR.- Éranse unha vez unha familia de bolboretas que saíron de excursión entre lusco e fusco dun día do mes de agosto. No rubor da lúa chea extraviáronse tres délas que respondían aos nomes de Solaina, Obradoiro e Forxa. De súpeto decatáronse de que perderán a súa familia e voaron sen descanso coa esperanza de atopar aos seus, ata que esgotadas e alumadas pola lúa chea decidiron reponer forzas e ficaron durmidas profundamente penduradas dun garabulliño. Pasa a noite e de súpeto Solaina esperta...

SOLAINA.- (Limpando os seus olliños coas antenas, berra emocionada.) Irmas... irmás!... é de día; espabilade. Mirade... mirade!... Espertade. Que marabilla, que fermoso lugar atopamos! Oh!... isto é un paraíso! Auga... flores de moitas cores, brancas, verdes, azuis, amarelas... violetas... Vede, vede, escoitade, escoitade... os cantos dos paxariños, a elegancia da garza, a curiosidade da troita buscando a posibilidade dun insecto descuidado, lagartos á raíña do sol polas pedras, escánceres escurréndose entre os xuncos de facer corozas, e no ceo a súa maxestade o azor axexando o almorzó.

OBRADOIRO.- (Interrompendo.) Tamén hai arañeiras con arañas pequeniñas e gotas do orballo engarzadas, fendidas polas raíñas do sol do amencer.

FORXA.- (Sorrindo ante tanta fermosura, susurra con voz doce.) Margaridas do campo, amieiros, carballos e freixos, toxos, silvas, garduñas e xestas, fieitos e castiñeiros, vacas pacendo, íabregos arando na térra, asubiando muiñeiras de esperanza. Velaí os coellos fóra dos seus tobos roendo herbiñas frescas, restras de formigas moi atarefadas, antenas de abellas colgadas dos castiñeiros, vermes, carricantas e avespas, cempés xuntando o cu coa cabeza, esquíos ñas copas dos piñeiros a voltas coas pinas, curuxas e mouchos adurmiñados ñas cachopas, libélulas, pitas cegas, insectos de todas as clases e cores coma nos.

As tres moi ledas brincaron, xogaron e comerán afartar néctar das flores. Volverán ao garabulliño e, mentres descansaban un pouco, acordaron faceto o seufogar e bautízalo co nome de "A casiña da Xuntaza do río Deza coUlla".

SOLAINA.- Vivimos nun paraíso que hai onde se xunta o río Deza co Ulla.

VOZ DA MEMORIA.- Pois en liña dereita quédavos cerca, voades por enriba de San Miguel de Castro, Pazo de Meirás, Gástelo de Cira e xa está.

FERREIRO-NARRADOR.- Despídense a coro as bolboretas bailando e cantando aires da súa térra natal.

Adeus, adeus espiña en flor dunha serra;

Adeus, adeus Voz, sempre nos acordaremos dela.

Ai lirí ai lirí ai lé

Ai lirí ai lirí ai lí

CaMiÑo De VoLTa...

03140213

 

 

 

A liberdade é aquela facultade que aumenta a utilidade de todas as demais facultades.

I. KANT

Eu son libre na medida en que recoñezo

á humanidade e respecto a liberdade de todos os

homes que me rodean.

M. BAKUNIN

FRONTEIRAS COERCITIVAS versus LIBERDADE

Velaquí que nos achamos perante un "locus amoenus" con todos os elementos naturais, máxicos, con vida, que dan vida... e nel, unhas personaxes libres, solidarias, tolerantes... personaxes dun mundo concebido sen fronteiras, con espazos libres e onde as diferentes razas se entenden, se respectan, se namoran... Mais, aquí cobrarán o seu peso dúas personaxes condutoras, pouso de sabiduría, e cunha filosofía que irá guiando as outras personaxes polo escenario, pola acción, pola súa existencia vital: o FERREIRO-NARRADOR e a VOZ DA MEMORIA. Estas dúas personaxes serán o elo de unión entre o pasado e o presente e, ao mesmo tempo, unhas personaxes que se situarán entre a escena e as bancadas de espectadores desta máxica obra de teatro saída da pluma dun pintor, dun modelador, dun forxador da arte, dos soños, da realidade...

Obra exemplar -e exemplarizante-, obra que ben podería ser a traslación á literatura dramática dun cadro con dous ríos irmáns (ou pai e filio), con picoutos señoriais adobiados cunhas "espinas en flor" da serra que forman estes picoutos bicados nos seus pés por eses dous ríos; uns ríos e uns picoutos con pasado, con historia e cun presente (e cun futuro?). Pero, por moito que se trate de dous ríos dependentes (ben sexan pai e filio, ben sexan irmáns), con picoutos que se olían desde os seus cumes os uns aos outros, o pasar dos tempos levou a que fosen dúas zonas (dúas nacións?) diferenciadas, dous países fronteirizos: o Deza e o Val do Ulla. Pero aquí será onde o autor (narrador-ferreiro-forxador...) inmiscirá unhas personaxes (bolboretas) simbolizando a liberdade, que nun verán (curioso que non se tratase da primavera, pero por outra parte lóxico porque á primavera séguea o verán, pero aquí o futuro, o que vai vir, xa se dexerga que pode ser algo escuro, por moita felicidade que se vexa no final da obra, e polo tanto esa escuridade vén a ser representada polo outono... ese esfarelamento dos montes, a presenza neses montes dunhas tarabelas que impiden a visión realista e gratificante do máis ala...) deciden aproveitar a liberdade que lies dan as súas as e coñecer novos mundos e así chegaron precisamente á Xunta dos ríos (Deza e Ulla), ríos obligados a se entender pero que non deixan de ser, como antes se dixo, as bases de dúas zonas, dúas illas, de dous países. E aquí será cando as bolboretas se van facer a mesma pregunta que lie fixera aquel neto ao seu avó na estampa de Castelao sobre o porqué aqueles vecinos que dexergaban da outra banda do Miño eran máis estranxeiros eos de Madrid. Na estampa dé Castelao diseños que "non se sabe o que lie responden o vello"; pero na obra presente os guieiros (Narrador e Voz da Memoria) non líelo van contestar tampouco pero si que líelo van facer intuir (que nolo van facer intuir). E así veremos como Solaina lie vai falar ao seu amor, Vagalín:

"Sefoi unha mágoa extraviarnos da nosa familia entre lusco e fusco dun día do mes de agosto, tamén foi unha ledicia convivir convosco neste fermosísimo lugar. Graciñas pola solidaria tolerancia e por todo canto aprendemos xuntos ".

E así, pouco antes de caer o paño, vagalín, quen, o mesmo cas outras personaxes, traspasa fronteiras imaxinarias e coercitivas, vainos fornecer a filosofía desta obra teatral (pictórica?):

"SI Á MEMORIA, INTERCAMBIOS, ENCONTROS!... Concluíndo, Paco Lareo, o Ferreiro-Narrador, o forxador de liberdade e de respecto polos demais, e, como non, polo "locus amoenus", un home de mundo, un coñecedor de culturas, de senrazóns, de discriminacións, de desigualdades... fornécenos aquí un mundo ideal, (e por que non posíbel?) un mundo libre, sen atadallos, igualitario... onde desaparezan os na obra chamados "emigrantes involuntarios" e onde floreza a comunicación, a liberdade, o amor, o respecto polas culturas e, como non, pola natureza. E todo o anterior tomando como referente o seu espazo vital, os seus arredores... que non son nin máis nin menos que exemplos claros da (non)cohabitación actual de pobos, países, continentes...

Soamente esixir que todo isto non fique so nun cadro-obra teatral e que este mundo aquí pintado-narrado deixe de ser unha hipotética utopía e, de non ser así, se converta nese futuro que agora, neste verán presente, se nos mostré quizáis como un outono irreversíbel.

Carlos Loureiro Rodríguez no prologo de "camiño de volta". Obra de teatro escrita por Paco Lareo e lanzada ao espazo por Edicións fervenza na coleción "A PINGUELA". Unha iniciativa para fomentar o teatro e adicada a todos os públicos pero en especial aos máis cativos.

 

 

 


03140220

 

 

 

 

 

De mestre a mestre......

olimpio

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas...Olimpio Arca


Na honra da súa aldea natal, este paxariño cruceño aletea moi novo e o seu voo remata na capital do reino, en Madrid. Alí estudia delineación e arte dramático. No seu entusiasmo de trazos urbanísticos tentou abrir espazos cidadáns e pensou sustituir a rúa das Flores pola Gran Vía. No eido do arte dramático, si que era un drama a subsistencia na metrópoli e o seu espirito de aventura lévao ata Venezuela onde na capital, Caracas, volve a estudiar debuxo e cor, na acreditada escola Tass e máis tarde na escola de Belas Artes Cristóbal Rojas, na que chega a ser mestre.

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas e así Lareo chega a EE-UU, logo a México, Colombia, Panamá, Bos Aires, etc. Todos países novos onde non hai moita cabida para a súa arte. Volve a Europa e gana a vida en Francia, en Italia, en Suiza, pero no seu interior está sempre presente o seu curruncho natal e así, retorna coma unha anduriña ao seu Pilono querido. Aquí entre os seus, deixa voar a imaxinación e crea a Asociación Cultural O Labrador e máis tarde funda a Solaina casa Museo de Pilono.

Amigo Lareo, van aló xa vinte longos séculos cando o filósofo Aristóteles deixou escrito para a posteridade que a finalidade da arte era dar corpo á esencia secreta das cousas, non copiar a súa apariencia. Iso foi o que fixeches ti na túa casa da Solaina. Co teu esforzó, co teu traballo día a día, eos teus sinsabores por mor dése virus da ENVIDIA que corroe aos ineptos, alcanzaches plenamente a esencia secreta dun mundo que sempre se abre polas portas máis sinxelas.

¡Gracias Paco pola túa grandeza de espirito e pola túa contribución ao arte con maiúsculas!



Olimpio Arca Caldas Febreiro de 2007, no homenaxe de E.Fervenza a Paco Lareo

XeNTe Da SoLaiNa

xabier

Xabier Vázquez, cavilando na eira da Solaina

...os homes e mulleres atravesan a cancela, buscan coa mirada as fisonomías que o espacio aberto lles ofrece.
O sol, solitario, sigue apoderándose dende a Solaina de tódalas vidas misteriosas que por aquí pasan.
Como unha ponte pausada, chega a luz. As cores íspense. Todo está quedo.
Hai un silencio feraz, precursor, sensual, agardandoi a chegada da PALABRA de tódolos que saben que o sol está aquí. Como sempre.
Xabier Vázquez Parcero é vocal do padroado da Fundación Casa Museo A Solaina.
(Texto recollido na IV Forxa Literaria)
lastscan

Xabier, nunha das actividades na Forxa Literaria. Ao fondo, Carmen Morao, secretaria e "señora" da Solaina

aRTe RuRaL...

IMG_3644-1

"En Galicia aínda hai un certo rexeitamento cara todo o que supón a cultura rural"

Boa proba dos atrancos que sufre a cultura rural na Galiza ponse de manifesto neste artigo de José Luis Estevez, que descubrín grazas a NeMeth , ao obviar a labor da Fundación a Solaina de Piloño cando se escribe sobor da arte na Galiza rural.
Miguel Fernández Cid, tamén profundizaba neste problema cando escribía sobor da Solaina e dicía:
"A distancia respecto dos grandes centros urbanos é un dos motivos con máis frecuencia alegados para justifica-las dificultades coas que se atopan moitos dos proxectos culturais que cualificamos de periféricos"
Esperemos que a sociedade galega reflexione e se de conta que o rural non é un termo caduco, de que o rural é o principal valor do desarrollo sostenible. Que o rural é un espazo natural onde o home pode pensar, crear e vivir en libertade...ademáis, se é verdade o que dicía Honore De Balzac " A misión da arte non é copiar da natureza senón expresala", onde millor interpretala que desde á propia natureza.
¡LONGA VIDA A SOLAINA...!

¡MoiTaS FeLiCiDaDeS SoLaiNa MaRía!

Solaina María

SoLaina María, fonte viva da cultura

O pasado día 28 de Febreiro cumpreu dous anos Solaina María , afillada da Solaina de Piloño .
Como moita xente sabe, Solaina María vive en Venezuela e foi apadriñada polo padroado da Fundación A Solaina de Piloño coa idea de perpetuar o nome da Solaina máis alá do Atlántico. Neste pasado verán Solaina María visitou a FUNDACIÓN para ledicia dos seus padriños, que xa lles tardaba coñecela. E agora, que acaba de cumprir dous anos, a Solaina de piloño quere facerlle chegar un axóuxere máxico para anegalo mundo de paz e amor e convertilo nun xardín da infancia onde os nenos podan xogar a ser felices.
¡Parabéns, Solaina María!

GLoGaueR

IMG_4645

 

Armindo Salgueiro

 

Armindo Salgueiro e Álvaro Negro son os dous pintores Dezanos que disfrutaran das becas convocadas polo Concello de Lalín para artistas locais. As bolsas de axuda, 12.000 euros cada unha, costearán a estadía dos artistas durante seis meses no centro Glogauer de Berlín. A iniciativa ten por finalidade impulsar a traxetoria, ampliar coñecementos e compartir experiencias nese centro Xermano. Hoxendía, Berlín é un referente cultural para o resto de Europa, Alí, nesa cidade, tamén vive desde fai uns anos outro artista da Terra Do Deza, Antón Lamazares, que deseguro fará un pouco de anfitrión no eido cultural para que a súa integración sexa máis doada.

 

Armindo Salgueiro, natural de Piloño e vicepresidente da Fundacion Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO, anota da importancia que teñen estes feito para romper esa barreira do espazo que hai entre as periferias e os centros neurálgicos das artes. Glogaeur defínese como un espazo de encontros internacionais orientado cara ás artes visuai co obxectivo de apoiar e fomentar a creación a investigación e o debate artístico.

Xosé Crespo, alcalde de Lalín, manifestou que coa creación destas bolsas preténdese que "este povo ademas de ser coñecido por ser berce do ilustre LAXEIRO, siga vencellado ao mundo das artes plásticas con novas xeneracións de artistas recoñecidos a nivel nacional e internacional"

 


 

Foto da Web Do Concello de Lalin

 


PaCo LaReo Fillo e Netos de Artesans.


Paco Lareo_18

O fillo do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias...(X.Vázquez Pintor)

É un mentirán en circo cando exerce nos escaparates dos múltiples convivios, un benvestido en festa, un músico de tubas no ronsel dos clásicos que souberon adubiar os seus iconos de barba froleada, restras de colores, leontina e arrecendos á selva que fabrican no seu interior de luces. A terminoloxía das modernidades teños calificado coas palabras máis diversas, desde os neoloxismos ata as máis choqueiras do noso léxico do Entroido (que outra volta velaí vén). Así lies debeu iluminar a memoria a moitos dos asistentes á inauguración da súa Mostra de Pintura na Casa da Cultura de Cangas, hai tantos anos, cando el andaba en soños coas "talópidas": Camilo Camafio concedéralle a palabra e Paco, cegado da gorxa,

apenas dixo tres, nin siquera unha frase, e rompeu nunha danza pequeniña, en espiral de muiñeira. E todos/as apampamos. Velaí a provocación ou a risa das metáforas.
Porén hai outros lareos no diario ruralita que andamos a facer de volta os herdeiros das aldeas. Tal aló na labarada de Pilono, parroquia que exerce ben distinta no universo das Solainas de Galiza, "que é un mundo". O filio do Ferreiro labra no diario aquela herdanza das estirpes que procuraban a galanura dos oficios e das maxias. Con Carme, a súa irmá, conserva e garda o niño de nación, o berce, a lareira, a forxa, a ingre e o barquín, os espacios da infancia e madureza; aínda cando houbera que marchar as Américas en antes, coma sempre. Hoxe este espacio é referente dos tres tempos que se conxugan ñas gramáticas do afecto: pasado, presente, futuro (arca, casa, edificio). Pintura, escultura, literatura: os tres piares dunha ponte mínima e universal. E ñas paredes do obradoiro, de pórtico cara á luz dos benchegados, as efixies dos recoñecidos para os ilustres amadores das esencias dos labregos/as: son bustos que perdurarán, aínda cando as sucesivas desgracias da deserción nos preocupen coa chegada da ruina. Eis o contributo do agradecemento.
Nesta tarde noite de venres febreiriño a vila antiga e petrucial d’A Estrada, pola voz de "Edicións A Fervenza", faille a entrega, ao artista máis moderno das freguesías do rural, dun ghainete de melindres ou tarta enteira de chiculate e naturrías, coa nosa/vosa gratitude por tanta lealdade e permanencia, o cariño e a calor, en Terra viva.
Xosé Vázquez Pintor no homenaxe a Paco Lareo, A Estrada, Febreiro, 2007

arte na horta

De dereita a esquerda: Paco lareo, Xosé Vazquez Pintor, Miguel Anxo Fernán Vello,
Manuel Bragado e a dona de X.V. Pintor na horta da Solaina, Maio, 2001

Paco Lareo, CaBaLeiRo Do DeZa

Paco Lareo_2

Paco Lareo é un dos grandes Artistas da Nosa Terra. ( Xosé Luna)



DA SÚA TRIBO herdou o maior tesouro do mundo, a Forxa da Vida.
Os seus amigos, que son moitos, chámanlle Paco. Responde sempre cun sorriso.
A súa figura é a dun Cabaleiro de Deza galopando no seu Golf branco polas estradas da arte. É desa especie en vías de extinción, a dos bos e xenerosos. Leva sesenta e cinco primaveras demostrándoo día a día, hora a hora. Nunha ocasión falamos do segredo das cousas e agora, o arriba asinante, escribe Cousiñas. Se tivese que pintar un animal quizáis escollería unha bolboreta de mil colores distintas. Se tivese que poner música seguramente "pincharía" calquera desas cancións que fican no corazón por sempre xamais. Se tivese que escoller un lugar no mundo tal vez iría á procura dése seu Macondo paradisíaco, onde o sol fachea sempre ao amanecer. Ten participado en mil proxectos. Coñeceu mil países. Saboreou mil culturas. Viviu baixo mil ceos. E todo iso meteuno, de vagariño, na súa maleta e tróuxoo para a Terra. Forxou, coa forza dos seus Soños, unha Solaina de Cultura. E fixo da súa aldea, Pilono, un lugar universal. Gusta de cantar no coro da parroquia. Goza actuando no teatro da vida. Pasa moitas horas mesturado eos nenos, que son futuro. E gusta de parolar eos seus vecinos na taberna ou botalle unha man no que faga falta.
Hai tempo dixen del que era un dos Grandes do noso país. Hoxe -por escrito e tendo como testemuña o luar de agosto-, repito o mesmo: Paco Lareo é un dos Grandes Artistas da nosa Terra. Un día pintou unha andoriña inscrita nun círculo, ao día seguinte xurdía entre as augas da cultura Edicións Fervenza. E é que o Lareo non fai obras de Arte, non, o Lareo fai Maxia. O seu Universo Máxico é como mil estrelas bailando nun infindo mar azul. Aínda que el nunca o buscou, xa o ten acadado dende hai moito tempo. Paco Lareo ten o recoñecemento de todos aqueles que temos a honra de trátalo como persoa e como artista. Felicidades Mestre.

Xosé Luna no homenaxe ao seu amigo Paco Lareo , Febreiro, 2007

luna

Xosé Luna, segundo pola esquerda, na Solaina de Piloño.

MaSiMaL, exposición de Paco Lareo

MASIMAL



Notas sobre a obra de Francisco Lareo por Alvaro Negro



Normalmente ante unha imaxe o noso ollo está acostumado a prestar atención primeiramente ás liñas e volumes que debuxan signos, formas ou figuras (sexan estas abstractas ou figurativas), é só despois, cando escrutamos os detalles e reparamos en como estes se integran sobre o fondo da imaxe. No caso das obras de Francisco Lareo ocorre ao contrario, a delgadez e minimalismo do que "escribe" non se impón sobre o fondo pictórico, xorde dende o interior do mesmo. É por isto que comezo a miña lectura dende unha análise da propia materia pictórica coma fondo e o que este agocha.
O seu modus operandi habitual consiste en pinceladas de ritmo curvo e constante que percorren o lenzo de límite a límite, procurando a vibración da cor e da luz, unha sensación de volume lumínico froito das propias características físicas do óleo. A min, particularmente, os fondos evocáronme moitas imaxes: o ritmo do vento nun campo de millo, a carballeira na escuridade..., e mais e mais sensacións de paisaxe, pero tamén o cabelo en trenzas caendo sobre as costas dunha muller. Todo isto ten que ver coas liñas ornamentáis barrocas que tenden cara a un movemento infinito na súa continua pregadura, na súa traxectoria mais aló do límite do visíbel ou a propia fisicidade da materia. Se a idea do cadro como xanela renacentista remitíanos á propia idea de marco como límite da ilusión de perspectiva, de fuga cara a un centro; no barroco ese marco é unha pregadura mais deses movementos continuos de despregadura e repregadura onde xa non hai centro ou este está en todas as partes. Como dicía Deleuze: "o trazo do Barroco é a despregadura que vai ata o infinito". Confórmanse así atmosferas através dunha pintura que paradoxicamente é paisaxe, natureza, ao mesmo tempo que espazo teatral, artificio, un espazo de aberturas imperceptibeis, de iluminacións escondidas; como nunha caverna escura que hai que alumear para que as inscripcións sexan visibeis e deán comezo á representación. Así tampouco foi casualidade que a caverna fora a escenografía onde aconteceu un dos mitos de iniciación da imaxe, da representación e da pintura: o mito platóni¬co da caverna, co que se inaugura a teoría occidental do coñecemento. Pensemos en tres espazos simbólicos, en tres modos de representación como tres estruturas superpostas: o espazo arquitec¬tónico dunha catedral, o retablo escultórico dunha das súas cápelas, ou a planitude dun fresco pictórico; todo nos remite a esa caverna de claroscuro que no caso da obra de Lareo se entrevé entre os sucos dunha pincelada esencialmente barroca. É asi que os fondos dos seus cadros, nos seus monocromatismos ou bicromatismos abstractos, son mesmamente representación, paño escenográfico para unha historia que se conta através do debuxo na materia. Non é casual, pois, que as formas se inscriban por incisión ou sobreposición da materia, materia sobre materia, pregue sobre pregue, imaxe sobre imaxe, ou tamén, escrita de liñas curvas no aire (nas esculturas) ou no óleo (nas pinturas).
Porque o óleo é paisaxe, auga, lume, borrasca, bosque... Ceo ou inferno... Moitas palabras posibeis que non deixan de ser a base dunha alegoría, dunha metáfora, de figuras lingüísticas (figurativas ou abstractas) que son mensaxes, historias de autocoñecemento. Francisco Lareo constrúe unha autobiografía falsa feita como un puzzle de pinturas, debuxos e esculturas que finalqmente derivan nunha verdade tan relativa coma toda verdade que acontece cando falamos do coñecemento através da expresión artística. Reescribir, repintar ou reesculpir a propia historia, é sempre un acto onde o creador se enfronta as dúbidas da súa propia existencia. Nesas dúbidas é onde paradoxicamente se atopa a autobiografía verdadeira, tamén a de Francisco.
A cinta da máquina de escribir, virxe sen a gravura das letras, é o seu eterno "aquí e agora", o eterno momento sublime do lenzo en branco que queda por "barroquizar", por encher de liñas e pregaduras da alma e a materia.

<center>

<center>

HOMENAXE A MANUEL REIMÓNDEZ PÓRTELA
por Xosé Neira Vilas

<center>HOMENAXE A MANUEL REIMÓNDEZ PÓRTELA<H6>por Xosé Neira Vilas</H6></center>


De primeiras quero saudar agarimosamente a dona Victoria Fernández, viúva de Reimóndez e a todos os familiares que a acompañan nesta ocasión. E quero felicitar á Solaina de Pilono e ó seu director, o amigo Paco Lareo, por homenaxear ó gran Manuel Reimóndez Pórtela que andou por estes e moitos outros caminos procurando levar saúde e consolo á xente, exercendo un vocacional apostolado humanístico.

Hónrase a Solaina dedicando esta sesión, esta Forxa Literaria a este gran home, a este "médico dos pobres", como todos lle chamábamos na comarca.
Os que participamos nesta mesa redonda puxémonos máis ou menos de acordó e escollemos facetas diferentes para non repetirnos, para non dicir todos as mesmas cousas. Porque Reimóndez era polifacético. Hai varios Manuel Reimóndez e abordamos cada un de nos aspectos diferentes do seu múltiple facer.

Por outra parte ahí están os seus libros imprescindibles, as súas investigacións, e está na memoria da xente a súa bonomía, a súa sabencia, a súa calidade humana.

Se se me permite voume referir á miña relación persoal con este home singular e tamén ó Reimóndez emigrante, pois a emigración gravitou decisivamente nel.

Comezou a exercer a medicina cando tiña 25 ou 26 anos. Eu andaba polos trece e fun búscalo moitas veces, camiñando os sete quilómetros que hai entre Gres e San Miguel de Castro, íao buscar para miña avóa, para miña nai ou para algún irmán pequeño. El acudía puntualmente.
Algunhas veces volvíamos xuntos caminando ou chegaba algo máis tarde dacabalo. Viñamos por Cira ou cruzábamos o río na barca de Noente, na que remaba un portugués, barqueiro moi agradable e moi amigo do noso médico, quen case a diario subía a aquela embarcación sen baixarse do cabalo dado que ante calquera emerxencia o cabalo sabía nadar e eles dous non.
Sentíamos na aldea verdadeira devoción e simpatía por aquel home, sempre atildado, sempre ben vestido, que ademáis de medicinas daba consellos con palabra grata, convincente, alentadora, por suposto en galego.
Comentábase moito que estivera en Cuba e aquelo, entre os vecinos, dáballe certa aureola, certo misterio, pois era e non era totalmente de San Miguel de Castro; era un médico que de rapaz vivirá en América e en parte formárase alí. Xa se sabe que daquela os nomes de Buenos Aires e da Habana tiñan algo de lonxano e de máxico para todos nos.
Moita xente dicía "vou buscar a San Miguel", ou "que me vexa San Miguel". É obvio que se referían á parroquia pero poder antepoñerlle o nome dun santo tiña de por si un algo de relixioso, de bo anuncio, de presaxio favorable.
Os medios que utilizou Reimóndez revelan as súas posibilidades económicas e tamén a evolución do país, que quedara moi mancado pola guerra que acababa de pasar, (guerra na que tamén estivera o noso amigo como sanitario, nada menos que no frente de Teruel). Nun tempo a pé, ó mellor ata dez ou quince quilómetros, e logo dacabalo, en bicicleta, en moto, e finalmente en coche, de primeiras nun cochiño para o que estivo anotado longo tempo e que un día por fin llo asignaron e foino buscar a Barcelona.
En 1949 marchei para Buenos Aires. Tiña vinte anos. En todo momento antes de marchar estiven relacionándome con el. El seguiu atendendo amorosamenté á miña familia. Atendeuna durante máis de trinta anos. as máis das veces sen cobralle absolutamente nada.

Dende Buenos Aires, ñas cartas a meu pai sempre lle preguntaba por don Manolo, pero a el non me atrevía a escribirlle. Xa daquela, inda que seguía indo ás casas (foi sempre) xa instalara unha clínica, en plena aldea, na que se facían operacións e se ingresaban pacientes. En lembranza do pai, o seu filio Luís coida con esmero esa casa (chamada popularmente a Casa do Médico) que nos trae a todos entrañables lembranzas do seu fundador.
En 1961 mandeille a meus pais os meus dous primeiros libros, e mandeilles tamen exemplares para don Manolo.
Logo, ese mesmo ano, Anisia e máis eu fomos residir e traballar a Cuba. Nas cartas á familia sempre preguntaba polo médico amigo, que sabía os seguía atendendo a todos.
En 1971 envieille un exemplar do meu libro para nenos "Cartas a Lelo", onde aparece un contó no que un rapaz vai buscar ó médico. Inda que sen nomes, o rapaz era eu mesmo e o médico era, por suposto, o doutor Reimóndez.

Nos comezos de 1972 recibín na Habana unha carta del, unha carta extensa, escrita en galego. Era coma unha declaración de fe no destino de Galicia, unha clara toma de conciencia do seu país. E a min alegroume saber del, de don Manolo, directamente, e alegroume saber que aquel home a quen admiraba e quería, erguía a bandeira da dignidade do seu país; estábamos enrolados na mesma idea da defensa de Galicia e da súa identidade.
Meses despois, Anisia e eu chegamos a esta térra. Ela por primeira vez e eu despois de vintecatro anos de emigrado. E o primeiro encontró que tiven na comarca foi con Reimóndez. Baixamos nun taxi dende Santiago e pasamos por San Miguel de Castro. Antes de ver a meus pais e a meus irmáns entrei por Valvoa e vino a el. Estiven con el, como estaría moitas veces máis naqueles 50 días que botamos aquí, e nas viaxes sucesivas que dende entón facíamos a Galicia.
Foi el quen fixo poner unha pedra, un monolito na miña humilde casa natal en 1982, onde me fixeron unha entrañable homenaxe en ausencia, e todo organizado por este home singular. Ese monolito anticipouse dez anos á creación do Centro Cultural de Gres, hoxe en plena actividade, e á nosa Fundación, da que Luis Reimóndez é secretario. Foi un adianto do que logo se faría, e foi indudablemente un xesto precursor, que lle debemos a don Manolo.
Xa estaba ferido de morte e asistiu gozoso, conmovido, á inauguración do dito centro en 1993, uns meses antes do seu falecemento.
Sempre recordarei os seus xestos, a súa amizade e lealtade, e o seu amor a Galicia.

Dicía no comezo que Manuel Reimóndez Pórtela fora un emigrante. A emigración, sobre todo a emigración a América, marcou moitos acontecementos galegos e moitas conductas e comportamentos das nosas xentes. El era un exemplo positivo desa circunstancia, pois despois dos seus anos naquel continente xa nunca máis tivo unha soa patria. As súas patrias eran Galicia e Cuba, de certa maneira como me ocorre a min. Eu estiven moitos máis anos fóra pero el estivo na época da infancia e eso é definitorio se nos atemos á coñecida frase de Rilke.

Tina poucos anos cando marchou cos seus pais para a Habana. Alí rematou os estudios primarios e comezou o bacharelato. Viviron no barrio de Marianao e no casco histórico da cidade, na rúa Leonor Pérez, preto da casa natal de José Martí, poeta e Heroi Nacional de Cuba. Participou en xogos, festas e cancións con rapaces do seu tempo, brancos, negros e mulatos. Con uns e outros ía patinar á histórica Alameda de Paula. E integrou un equipo de béisbol.
En 1932 voltou co pai a Galicia. Aquí rematou o bacharelato e comezou a estudiar Medicina.
Sempre falaba de Cuba e recordaba, coma Laxeiro, cancións, prazas, monumentos, campañas electorais, ditos e refráns. Recordaba todo. A Habana foi a súa primeira cidade e poida que fose a cidade que de certo amou. A "súa" cidade. Repetía que un anaco del estaba naquel país.

No outono de 1978, corenta e seis anos despois de ter regresado a Galicia, o noso amigo voltou a Cuba, nesta ocasión con Victoria, a súa esposa.
Temos constancia directa da súa emoción naquel reencontró porque os acompañamos case a diario. Van ala vintecinco anos e ainda teño presenteo seu asombro cando caminaba por unha rúa que coñecera os seus pasos de adolescente, cando vía unha estatua ou entraba nun teatro ou recorría un parque. Trataba de recoñecer a cidade en cada recanto, en cada esquina, en cada árbore ornamental. E logo na Praza da Catedral, nas fortalezas do Morro, da Cabana, da Punta, de Atares. Visitou o Centro Galego, o cemiterio onde se achan uns cincuenta panteóns que levan os nomes de outras tantas sociedades galegas, as máis délas xa extinguidas. A Habana cambiara moito pero aínda tina, no centro histórico, ese aquel de señorío inconfundible, ese selo de nobreza.

De volta trouxo fotografías, libros, recordos, e trouxo sementes e plantas tropicáis que foi plantando no salido das casas de San Miguel de Castro, á beira das flores que cultivaba Victoria e das vellas pedras traballadas que o noso médico e arqueólogo foi coleccionando, non lonxe da consulta e do laboratorio fotográfico e da biblioteca instalou un invernadeiro para protexelas e ate lie creou un clima axeitado mediante un sistema de estufas. Atendía con perenne dedicación e ata con paixón aquel recanto tropical. Quería reproducir en Galicia o máis representativo da flora cubana. E logrouno durante un bo tempo. (A atención desas plantas axudouno anímicamente nun trance difícil da súa vida: cando morreu Manolo, o seu fillo maior, nun brutal e para todos nos inesquecible accidente de tráfico).

Manuel Reimóndez Pórtela, emigrante, médico, investigador, fotógrafo, arqueólogo, animador cultural, presidente do grupo dos 16 que traballou no anteproxecto do Estatuto de Galicia, Alcalde da Estrada, filántropo, escritor, afanoso camiñante e observador... foi un home pleno, un galego integral que amou a Galicia por enriba de todo e sen pedir nada a cambio. Amouna coma quen ama un anaco de sí mesmo. Amouna e estudiouna con devoción e agarimo.

Alégrome de recordalo neste lugar, nesta Forxa Literaria, neste Piloño que caneou moitas veces. Despois que fotografou e estudiou centos de cruceiros en boa parte da provincia de Pontevedra, chegou ó pazo de Raíndo, nesta parroquia, moi preto de aquí, e no cruceiro atopouse cunha imaxe do Nazareno que mira para a esquerda, algo certamente novedoso e poida
que o único caso en toda Galicia. Sentía tal ledicia por aquel descubrimento que non se conformou con dicírnolo. Unha tardiña levounos alí e puidemos velo. Connosco ía tamén o profesor e arqueólogo estradense Xoán Andrés Fernández.

Piloño, pois, debíalle esta homenaxe, que hoxe cumple cabalmente a Solaina. Noraboa por tal acerto que é certamente un acto de xustiza.

Xosé Neira Vilas na VI Forxa Literaria na lembranza de D. Manuel Reimóndez Portela
A Solaina de Piloño, 22-6-03