Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2004.

Resumen

A XENTE DA SOLAINA II

paco_1.jpg
FRANCISCO LAREO MORAO


Naceu en Piloño - Vila de Cruces (Pontevedra), o 14 de Xullo de 1938. Cursa estudios de delineante no "Centro de Calculadores y Delineantes" en Madrid. Remata o Bacharelato e emigra a Venezuela onde estudia debuxo e cor na Escola de Arte "TASS", actividade que comparte ca docencia. Viaxa a Estados Unidos, México, Colombia, Panamá, Milán, Francia, Alemania e Portugal.
Dedicase á pintura e á escultura a partires dos trinta e cinco anos. Fillo e neto de artesáns. É AUTODIDACTA.


1970-78 Exposicións colectivas, estudos e outras actividades.
1979 Salón da Mariña. Venezuela.
1980 Palacio das Industrias, Caracas - Venezuela.
1981 Primer Salón Federación Campesina, Caracas
Venezuela.
1982 Segundo Salón Federación Campesina, Caracas-Venezuela.
XXX Aniversario da Academia TASS, Caracas-Venezuela.
     Participa no I Salón IPAS-ME, Caracas - Venezuela.
Participa no XVIII Salón Nacional, Sala Armando Reverón, Caracas - Venezuela.
1983 Individual. "América al Libertador Simón Bolivar".
Sala de Cultura "José A. Pavón", Caracas-Venezuela.
1984 Regresa a sua aldea natal, Piloño, e alí crea a "Asociación Cultural 0 LABREGO,
e con tal motivo dona á parroquia unha escultura en ferro titulada "HOMENAXE 0 LABREGO.
1985 Individual. "Homenaxe á Xuventude", Círculo Mercantil, Santiago de Compostela.
VII Feria Exposición "Semana Verde de Galicia".
VIII Bienal de Arte "novos Valores", Pontevedra.
1986 Exposición co escultor Acuña na "casa Hogar" de Lalín.
II Premio de Arte, Fundación Araguaney. Bienal de Escultura, Santiago de Compostela.

1987 Individual. Aula de Cultura "Caixa Galicia", Santiago de Compostela.
"Algarabía" de Lalín, ó aire libre.
Semana Cultural de Vila de Cruces "Feira do Catro".
Individual. Sala de Arte "Caixavigo", Vigo.
1988 Individual. Asociación Cultural "0 Cruceiro", Vila de Cruces.
Incorporase ó Colectivo de Investigación sobre Plástica ANDROX, Vigo.
1989 Exposición co grupo ANDROX na "Caja Municipal" Aranda de Duero.
Exposición en Vigo con motivo da presentación duN libro sobre actividades do Grupo ANDROX.
Colectivo ANDROX na "Caja de Ahorros Municipal", Burgos.
Individual. "TALOPIDAS", na Sala de Arte ANDROX, Vigo.
Exposición Colectivo ANDROX, Sala Millares, Madrid.
"INTERBIENAIS 89", ANDROX, Vilanova de
Cerveira - Portugal.
Exposición "casa da Xuventude", Viana do Castelo - Portugal.
Colectivo ANDROX en "Caixa Ourense", Ourense.
Colectivo ANDROX en "Caixa Ourense", Barco de Valdeorras.
1990 Centro Cultural Dr. Madrazo, ANDROX EN SANTANDER.
Colectivo ANDROX, Sala Hércules Coruñés, A Coruña.
Incorporase a Galería de Arte 1900 DC, Viana de Castelo - Portugal.
Individual no Museo Municipal de Lalín.
XXI Bienal de Arte "Pontevedra 90". Escultura.
Centro Cultural "Galileo", con ANDROX, en Madrid.

1991 Colectiva. 1900 DC. Viana do Castelo - Portugal
Colectiva. 1900 DC. Foz - Portugal.
Sala de Exposicións do Instituto da Xuventude.
Galería de Arte 1900 DC, Viana de Castelo - Portugal.
Participa na "I Mostra de Arte", Agolada. Casa de Cultura.
Participa nas "I Xornadas Galegas de Solídariedade" con América Latina", Sala Municipal de Exposicións,
Casa da Cultura "Salvador de Madariaga", A Coruña.
Restaura un pallar e nel instala un proxecto que ve a luz o 11 de maio do 91, a "SOLAINA BOHEMIA",
hoxe coñecida como CASA MUSEO "A SOLAINA DE PILOÑO".
Exposición "Crypte de Saint Julien Chapteuil", Francia, con 1900 DC. Galería de Arte.
Invitado de honra no "Salón Internacionale Artistique D'Haute Loire", Puy-En Velay. Galería de
Arte 1900 DC. Francia.
Participa na "Biennale Internacionale dAuvergne".Francia.
Participa no II Simposium Internacional de Escultura o Aire Libre" de 0 Grove.
17-XII. Capela de San Antonio, Melide, na semana da entrega do "Premio Blanco Amor" de Novela Corta.
1992 Casa da Cultura de Cangas, con ANDROX.
23-II, Cartel para a "XXIV Feira do Cocido" de Lalín.
Participa no Museo de Lalín con ANDROX.
"Projecto 1900 DC". Galería Horizonte de Foz - Portugal.
Xullo. Realiza a "I Xuntanza Taller" na casa museo "A Solaina" de Piloño
Xullo. "Trienal latina", exposición internacional de arte, Viana do Castelo - Portugal.
Agosto. Participa en "VALDARTE 92", "Simbiosis con el Paisaje del Barco", Ourense.
Novembro. Museo Municipal de Lalín. Exposición I Xuntanza Tal1er"
Novembro. Participa na presentación da I Bienal de Lalín "PINTOR LAXEIRO".
1993 Febreiro "Artistas do Deza", "Casa da Parra", Santiago de Compostela.
Xuño. "Artistas Actuais no Camiño Xacobeo Ourense - Santiago", no Castelo de Villamarín.
Xuño. I Forxa Literaria", na Casa Museo "A Solaina" de Piloño.
Agosto. "A Solaina" en Cambados,
Novembro. I Bienal "PINTOR LAXEIRO". Lalín.
1994 Xaneiro. "Saira". Sala de Arte. Vigo.
Marzo. Colectiva "Rincón dos Artistas". Vigo.
Maio. Cartel "I Festa Gastronómica do Galo de Corral", Vila de Cruces.
Xunio. Cartel y Medallas de Bronce, Campeonato de España de Piragüismo Portodemouros.
Xullo. II Xuntanza Obradoiro das Artes Visuais", na Casa Museo "A Solaina" de Piloño.
Setembro. "A Solaina" en Fornelos. "XIV Festival de Poesía no Condado de Salvaterra de Miño".
Decembro. Exposición de Pintura na Sala Francisco Asorey", Facultade de Filosofía e CC. Da Educación
e Psicología, Santiago de Compostela.
1995 Xaneiro. "Teatro Principal", Concello de Pontevedra.
Deza-Sete Artistas-itinerante-Xunta de Galicia. Mar de Fondo.
Itinerante - Trinta artistas de Galicia. Aula de Cultura "Renfe", Asociación de Artistas de Vigo,
Marzo. Centro Cultural Príncipe de Asturias, Madrid.
Abril. "II Bienal Laxeiro", Lalín.
Maio. "Feira do Debuxo e do Gravado" de Santiago de Compostela.
Carta Fundacional pola que "A Solaina" queda constituida en FUNDACION "CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO"
Xuño "II Forxa Literaria - Encontros Culturais no
Rural na SOLAINA", Piloño.
Intercambio Cultural coa Asociación Kultur-Modell de Passau, Alemaña.
Xullo. "Homenaxe ó pintor SEVILLANO", Instituto de Carril, Vilagarcía de Arousa.
1996 Maio e Xuño. Taller en Kulturmodell. Passau - Alemania.
Expón na Aula Cultural KULTURMODELL.
Expón no FOYER da Biblioteca da Universidade de Passau - Alemania.
Xullo. "III Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Visuais", Fundación Casa Museo "A Solaiña",Piloño.
Septembro. Exposición Internacional Comunidade Europea. Beers - Holanda.
Novembro 20. Congreso Galego de Expresión e Arte.Lugo
1997 Febreiro. Individual. Casa da Cultura de Silleda.
Marzo. Centre Culturel de Bagneux "GALERIE SUD". Salón D'ART CONTEMPORAIN. París.
Individual. Galería Restaurante, Santiago.
Maio. Casa da Cultura de Agolada.
Xuño. "III Forxa Literaria" na Fundación Casa Museo "A SOLAINA" de Piloño.
Xullo. Casa das Artes, Vigo, en GALICIA TERRA UNICA (Galicia Exterior).
1998 Febreiro. Homenaxe de artistas galegos ó Che no 30 aniversario da súa morte. Sala de Actos do Teatro
Principal de Pontevedra.
Abril. Individual. Castelo de Soutomaior. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
Xuño. Individual. Centro Galicia de Bos Aires. Galería de Arte "Luís Seoane".
Xullo. IV Xuntanza Obradoiro das Artes Visuais na Solaina de Piloño.
OBRAS EN:
Museo de Pontevedra
Instituto de Superación del Magisterio. Caracas Venezuela.
Caixavigo. Vigo.
Caixa Galicia. Santiago.
Colección ANDROX. Vigo.
Museo Rosalía de Castro. Padrón. Colección Marcote.
Caja de Ahorros Municipal de Burgos. Colección Manfred Schwarz.
Casa de los Madrazo. Santander.
Colección da Galería de Arte 1900 DC. Portugal. Museo Municipal de Lalín.
Casa do Concello de Vila de Cruces.
Casa do Concello de 0 Grove.
Museo "A Solaina", Piloño.
Casa do Concello de 0 Barco. Ourense.
Facultade de Filosofía e CC. da Educación e Psicoloxía de Santiago de Compostela.
Concellería de Cultura de Pontevedra.
Centro Cultural Príncipe de Asturias". Madrid,
Orensanz Fundatión, New York.
Museo Oberhause - Passau ´- Alemaña,
Mairie de Lalinde - Francia.
En diversas colecciones públicas y privadas de Europa y América.

MENCIONES RECIBIDAS
Diploma de Honra. Salón de la Marina, Caracas -Venezuela.
Accesit I Palacio de las Industrias, Caracas - Venezuela.
Primeiro Premio. Medalla de Oro. Academia TASS, Caracas - Venezuela.
Premio Especial, Investigación Pura, Grunbacher Internacional, Caracas - Venezuela.
Mención Especial I Salón IPAS-ME. 1982. Caracas -Venezuela.
Primeiro Premio a Creatividade, Ministerio de Educación. Venezuela.
I Premio da Paz otorgado por SUNEP-ME. XVIII Salón Nacional,
Sala Armando Reverón, Caracas -Venezuela.
Accesit II. Simposium Internacional de Escultura de 0 Grove, Pontevedra.     

ESCULTURAS na Solaina de Piloño

esculturas na solaina_3.jpg

Autor da escultura( non das esculturas): Paco
Lareo



Desde a opaca pátina do balcón pechado.
(Retirada a cadeira contra a parede para non ver, un
proceso no que debo tapar os ouvidos con forza até facerme dano).
Desde a toupeza dun aceno feral
dunha verde balsa onde non conseguín perderme,
e os ruídos fanse de máis
e o elemento
accidentes.

Desde o lugar exacto
dalgunha ausencia
lambo anacos de marfín desta matriz
e pecho os ollos nesta brancura da que xa non son princesa.

A autista vixiante no faiado, Lucía coa súa vida na bandexa.
Desde esta corda dun outeiro cego
nin ninfa nin altazor,
recodo de carqueixa onde borrarme.

Desde o fervor das trenzas que tanto custaron,
disciplina das trenzas das que ti non es valente.

Coma un deserto verde que vomite o meu deserto,
o sono dun mosteiro no que só se escoi ten os meus berros
(ou rúa do orzán, avenida da marina, o borrazás e a casa túa
aquí en Piloño).
Desde a paisaxe dun oco.
A miña desrelación co medio.
Que vin brillar en Jorge esa atención que hoxe non é miña
e a Orlando matinar no porqué dun escenario.
O sol de María desde un patio de butacas
e no sorriso de Estevo un corazón asistido.

Se Celso entenderá que Carlos me atopou de cóstas o balcón
que con tal ansia e tenrura me tiña preparado.
Que o branco palacio se fai fortaleza, e o labirinto unha presenza animal,
e de Triana imposible
e as habitacións
concéntricas.

Son eu na cripta e o meu nome dentro, debuxado de tiza.

Se entender esta presbicia
é cousa dalgún espacio,
verde
ou branco.

YOLANDA CASTAÑO- V forxa literaria ( Encontros Culturais no rural, Xuño 2001 )

O TALLO DA FORXA DA SOLAINA

paco_fernan_1.jpg
Paco Lareo con Miguel Anxo Fernán Bello na saa de exposición da Solaina de Piloño


Alá polo verán do oitenta e catro, de súpeto, atopeime un día do señor, alí onde o río Ulla mailo Deza se xuntan, bolboretas, cabaliños do demo, paxariños e cegoñas, alí lagartos e escánceres, insectos de mil cores xogando cos bechos, alí fungos e amoras da flor da silva, pebidas, landras e margaridifias que pisamos. Fermoso manto da natureza arroupando a vida mesma nun doce e humilde abrazo da creación. Sinfonía de compasados sons. ¡Pum!, unha troita que salta, entra a percusión. Un rano con dó de peito chamando pola actriz dos seus amores. Nace unha fusa de silencio para lles dar paso ós protagonistas da noite. Xa estamos na movida: morcegos, gatos, mouchos e curuxas rompen o silencio na oitava final do luscofusco.

Cara á casa do ferreiro de Paxariñas, collín o antigo camiño real e, botando un pé diante do outro, cheguei á forxa e senteime no tallo que herdei dos zoquiños cheos de terra de meu pai. A carón da zafra, collinme da asa que pende dunha cadea, da que tantas veces na nenez tire¡ polo barquín para face-lo vento necesario que aviva as ascuas que quentan o ferro, e , con ela, un tufo de muxicas apagadas do carbón de castiñeiro enzóufanme toda a cara, que lavo na pía de tempera-las ferramentas de corte. Escorrendo a cara coas mans, chora ferralla o espello do martelo. Oio entón polos ollos do trasacordo, á suor das catro paredes de pedra e barro, falar daquelas noites invernais de caldeos e muxicas resultantes da fusión do ferro, lumieiras de antigos contos das fazafias e medos dos nosos vellos que sorrían ledos como o tallo, vendo como nacía a Asociación Cultural "0 labrego de Piloño", co seu Museo Labrego, monumento e todo. Día fermoso que, aínda hoxe, cumprindo catorce anos (14 de outubro de 1998), se lembra pola xente daquel tempo.

Como un resorte saín disparado pola porta da forxa cara á eira. Á esquerda, a cama; á dereita, a palleira. Nela brilla un puntiño de luz, a curiosidade levourne a el; cólloo entre os dedos e dime " i vaia home!, escaralláchesme o cu". Déixoo caer no chan convertido nun puntiño negro que se arrastraba con dificultade. Fixen mal, pensei, e, daquela, unha morea de vagalumes, amorosamente, achéganselle nun esfórzo de lle restaura-lo abdome. Moi sentido polo que fixen, miro para o corpo do delicto e sorpréndenme os dedos impregnados da luceciña do pobriño vagalume. Desde entón, cambieille o nome á palleira polo de Solaina. Entón o tallo da antiga forxa empezou a pilingrinar falando dos espacios da Solaina bohemia de Piloño, programando actividades culturais no rural. Xuntanzas Obradoiros das Artes Plásticas, Forxas Literarias e outras armadanceiras con efectos pruídores do noso castrato rural galego.

Xorde, entón, a boa acollida dos medios de información. Medra a admiración dos artistas galegos que escoitan o berro do noso mestre Laxeiro, "¡Oxalá que a Solaina medre tanto que poida ser albiscada desde a Berenguela de Santiago de Compostela". E viñeron os parabéns da Xunta de Galicia; nace, así, a Fundación Casa Museo "A Solaina de Piloño". Abre a porta de par en par para todos. Xustifica o anagrama convidando a visitala a entendidos e a curiosos que chegan do mundo enteiro. Xa van dúas edicións de Xuntanzas Obradoiros Intemacionais das Artes Plásticas xa se celebrou en xullo do 98 a IV, da que dá fe o presente catálogo- que faÍ a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo cooperando cos obxectivos fundamentais da Solaina, na divulgación e na promoción da cultura, dentro e fóra de Galicia.

Fráxil coma un cristal, situada no concello de Vila de Cruces, comarca do Deza, entre a flor do toxo e da xesta, arroupada pola mesma natureza, convive co seu contorno labrego, valorando moito máis a pureza dun sentimento cá aprendizaxe de punta afiada e estreita dos intereses que non son creados.

Está ben, talliño... Xa imos para o Museo Don Ramón MªAller de Lalín e mais para Viana do Castelo en Portugal, pero non teimes máis niso de que as estradas debían ser de cor branca e as liñas de azul mariño. De acordo, habería menos accidentes. ¡Tes cada cousa!...
Francisco Lareo Morao (IV Xuntanza Obradoiro Das Artes Plásticas, ano 1998)

A XEITO DE PRESENTACIÓN por XOSÉ LUNA

pillado_5.jpg

BOA TARDE A TODOS, AMIGAS E AMIGOS.
Hai tempo, nunhas xornadas en Cuntis adícadas ao xornalista e poeta Roberto Blanco Torres -que como sabedes era oriundo das terras de Deza, o seu pai Pedro Blanco Torres era natural da parroquia de Donramiro no concello de Lalín-, un amigo meu, poeta, preguntoume, no medio dunha das conferencias, se sabía qué era iso da Solaina de Piloño. A verdade que aínda que eu puxen todo o ímpetu en explicarlle, pois que era unha Casa-Museo, un espacio aberto a todo o mundo, onde se desenvolven exposicións, encontros internacionais, obradoiros, forxas literarias.., el seguía sen velo claro. E recordo, recordo, que tiña nas miñas mans a edición facsímile que se viña de facer do libriño Orballo da media noite. Abríno e saíume o Poema do Alfareiro. Lino en baixa voz, paseillo ao meu amigo, leuno paseniñamente, e asentiu coa cabeza. Agora tiña unha visión poética do que era a Solaina de Piloño.

“Ti crês que o Mundo está feito
pró teu regalo,
e n-él danzas, jogas, vives, sin pensar n-outra cousa. Pois non; o Mundo faise
está facéndose;
II será o que ti queiras i-outros queiran,
e compre non Ile furtes teu esforzo.
(… …)
Arranja ó teu amor o cosmos,
no desorde pon ritmo,
no amorfo, arista.
Traballa e descansa;
e baijo do ceo infindo
frúe a beleza da túa obra,
chea de concentos eternaes.
Despois de cada jornada
regusta o júbilo fecundo
de crear, de trocar a Nada
en forma, dándolle senso e vida.
Racionaliza o caos e séntate â dereita de Deus-pai.”

Efectivamente, a Solaina ten a capacidade de crear, de trocar a Nada en forma, dándolle senso e vida. Por iso cando meu bo amigo Paco Lareo, que compartiu comigo, ao longo deste ano, moitos proxectos e soños literarios, invitoume a participar nesta xuntanza cultural, nesta V Forxa Literaria adícada á memoria de dous grandes músicos, de dous dinamizadores culturais, de dous homes que amaban á súa Terra, Luís Areán e Xosé Casal, contesteille que para min era unha honra.
Díxome, tamén, Paco, que ía vir a persoa que teño ao meu carón e que lle gustaría que eu a presentase e, por suposto, accedín encantado porque, amigas e amigos, Francisco Pillado Mayor é para min, mellor dito, é para a miña xeración, un referente, un deses homes imprescindibles. Fixádevos senón.
Principios dos anos 70. Francisco Pillado Mayor, Pancho para os amigos, fala co seu pai, daquela subdirector de La Voz de Galicia e dille: “Mira, este heme, esta persoa, é absolutamente descoñecido, está absolutamente ignorado, e creo que a miña obriga é dalo a coñecer. Se ti me permites eu fágolle unha entrevista”, O seu pai dille que adiante. A entrevista era a Manuel Daniel Varela Buxán, que levaba máis de 20 anos en Galicia sen que ninguén soubese da súa existencia. Anos máis tarde, así o recoñecía o mesmo Varela Buxán: “Dende que ti... escomenzaches a esparexer o meu nome, ...tudas son satisfaicións pra min...chamáronme para que fora a falar a Burela... En Vigo e Pontevedra estanse representando simultaneamente obras miñas. O día 5 do mes que ven... fanme unha homenaxe... e tuda ista ledicia lla debo, sin dúbida, ó irmán Pancho, que foi o que promovéu isto en Galiza.
Se ti non foras, amiguiño meu, ¿Quen me coñecía eiquí? Eu seguiría caladiño en Cercio e nadie sabería que houbo un galego que fixo o que puido polo noso teatro”
Ben. Quixera, moi brevemente, falarvos do abraiante curriculum de Francisco Pillado, de toda a súa traxectoria e, de verdade, de verdade, que teño que facer un exercicio de síntese, para desbullar todo o seu quefacer como director, investigador, ensaista, dramaturgo, tradutor e adaptador.
Foi o cofundador do grupo de teatro O Facho (grupo que debuta no ano 1965, cun espectáculo dirixido polo propio Pillado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura da Coruña, ante un público de auténtico luxo, alí estaba xente como García Sabeli, Rof Carballo, Silvio Santiago, Juan Naya ou Leandro Carré Alvarellos).
Cofundador da Escola Dramática Galéga, e precisamente poio seu labor como director dos cadernos, imprescindibles para calquera investigación neste terreo, foi galardoado no ano 1989, co Premio da Crítica.
Cofundador da Compañía Luís Seoane e do Clube Teatral Elsinor. E tamén foi fundador e director da colección Castrodouro-Teatro e da revista Don Satúrio.
Ten publicado, entre moitos outros, os ensaios Glosa do Teatro Galego (1984), 0 Teatro de Luís Seoane, (1985) e O teatro de Manuel Lugrís Freire.
En colaboración con Manuel Lourenzo publica: O Teatro Galego (1979), libro que Ile adican a Varela Buxán e á memoria de Leandro Carré Alvarellos e Antoloxía do Teatro Galego (1982), obras que tiveron como obxectivo principal impulsar os estudos teatrais como parte dunha común empresa de cultura e de país. Como complemento ás dúas obras citadas publican, no 1987 o Diccionario do Teatro Galego, diccionario de fácil e rápida consulta que abarca dende 1671, ano do Entremés de Feixó de Araúxo
-primeira obra coñecida na nosa dramaturxia-, ata 1985.
Como dramaturgo Pillado é autor, entre outras, das obras: Fígaro ou a inútil precaución e Cyrano de Bergerac, esta en colaboración con Paulino Pereiro. Ambas as dúas obras foron estreadas por Librescena. Tamén por encargo deste grupo teatral fai unha adaptación de O barbeiro de Sevilla.
Como traductor e adaptador verteu ao galego, entre outras, obras de Federico García Lorca, Chekhov, Genet, Ionesco, Beckett ou a Máxia Vermella de Michel de Ghelderode.
En colaboración con Miguel Anxo Fernán-Vello ten publicado dous libros hoxe en día fundamentais: Conversas en Compostela con Carballo Calero e A Nación incesante, libro de conversas con Xosé Manuel Beiras.
Na actualidade dirixe a revista de Teatro Casahamlet, os Cadernos de Teatro, e tamén ese incrible, marabilloso e comprometido proxecto editorial chamado Laiovento, nome que o mesmo Pillado tomou prestado da peza teatral Vento nocturnio de Ramón Otero Pedraio, o vello fidalgo vivía no pazo de Laiovento. A editorial que, precisamente, vén de celebrar o seu X aniversario destaca pola súa preocupación pola cuestión do idioma e a recuperación da memoria histórica do noso país.
Pillado é sabedor de que a nosa cultura é o noso mellor patrimonio, quizais por iso regalou a soberbia biblioteca do seu pai á Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago; e quizais por iso, tamén, regalou o seu excepcional arquivo teatral á Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, na que se creou a Biblioteca-Arquivo “Francisco Pillado Mayor”.
Gusta da música. Toca o piano, é un bo orador, un bo conferenciante e, como algúns dos que estades aquí tendes comprobado nalgunha velada, é un excepcional contertulio.
Considera esperpéntico que os medios de comunicación falen de bombardeos humanitarios. Sabe practicamente de memoria os poemas de Federico García Lorca. Se tivera que recomendar unha lectura, de seguro, esta podería estar entre os Jrmdns Karamazov de Dostoyevsky, o Merlin e familia de Álvaro Cunqueiro, o Calendario do perpetuo, de Xosé María Álvarez Cáccamo ou calquera dos esperpentos do seu admirado Valle Inclán.
Preguntáronlle, hai un par de anos, cal era a súa análise da producción literaria galega e contestou con esta xenialidade:
“O panorama é patético, tanto na Galiza como no Estado. As afinidades selectivas de Goethe leva esgotado máis de dez anos. É como se, na música, desaparecese das tendas a V Sinfonía de Beethoven”.

En fin. Francisco Pillado Mayor, o adalide da nosa dramaturxia, é unha das persoas que máis leva traballado a prol do teatro galego. É un dos intelectuais que máis traballou e segue a traballar a prol da cultura do noso país. E o seu compromiso estético e, sobre de todo, ético maniféstase, está presente, en todos e cada un dos seus proxectos, en toda a súa traxectoria vital; sempre na boa e sabia compaña da súa compañeira, da súa muller, NoIi Vega, á quen Varela Buxán Ile adicou o libro O cego de Fornelos, “pola sila bondade e outros méritos de galeguidade”.
E remato. Dicía ese xenial poeta e excepcional dramaturgo alemán, Bertoid Brecht, algo así como que: “Hai homes que loitan un día e son bos; hai outros que loitan moitos días e son mellores; e hai, e hai, os que loitan toda a vida e eses, eses, son os imprescindibles”. Pois ben, amigas e amigos, hoxe temos aquí, connosco, para abrir esta V Forxa Literaria, a un deses homes imprescindibles da cultura do noso país, a un deses loitadores da vida, Francisco Pillado Mayor; Benvido á Solaina de Piloño.


XOSÉ LUNA na inaguración da V FORXA LITERARIA presentando a FRANCISCO PILLADO
23/03/2004 02:02 enlace permanente. Tema: FoRXaS LiTeRaRiaS No hay comentarios. Comentar.

AS BELAS ARTES

Amoote.jpg
A escultura da foto naceu das mans de Antonio Taboada "Willi", viveu na horta da SOLAINA un tempo concreto, non chegou a reproducirse e morreu ós poucos coma a xente da aldea para falarnos un chisco da fugacidade do tempo e das cousas.


OLA FERVENDO
Dende o principio, os artistas viaxaron para acrecentar os seus coñecementos. Velázquez e Goya foron a Roma, e Picasso a París. A tecnoloxía moderna fixo marabillas co factor tempo e o mundo é agora moito máis accesible no que se refire á mobilidade. Galicia e o País de Gales non están lonxe nin xeográfica nin culturalmente, aínda que as súas semellanzas e diferencias crean un ingrediente que serve de reto para cal- quera especialista en Belas Artes.

A VI Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas na Solaina de Piloño, Vila de Cruces, na galega comarca de Deza e a Bienal de Harlech no País de Gales, Fixo posible un intercambio entre pintores e escultores destes dous países.

No mes de xullo de 2002, Piloño acolleu a varios artistas de España e Europa. Durante unha semana: pintura, madeira, pedra, ideas, debates, música e emocións todas elas semeilaban estar nunha ola fervendo. O escenario era a forxa dos Lareo. O decorado unha terra húmida e vizosa tan antiga como as súas xentes. Un horario moi completo, moita enerxía eas delicias daposible. O producto Final foi unha serie de traballos obrigados a xermolar prematuramente.

Mirando pezas producidas, aparentan complementarse as unhas coas outras. Notas por antonomasia, pero que no seu conxunto semellan actuar como unha sinfonía. Referencias ao surrealismo, abstracción, minimalismo; cor monocroma en soportes de dous e tres dimensións. Os participantes incluían talentosos estudiantes da facultade de Belas Artes de Pontevedra e xoves e maduros profesionais. Esta experiencia foi recibida por todos coma un río veloz portador do botín de cofiecementos novos.

A arte moderna é a miúdo definida como a expresión da cultura filtrada por individuos, nunha mesturada información que xirando no remuíño maratoniano dos tempos actuais remata no mellor dos casos nunha afirmación visual plástica.

Os intercambios culturais dan acceso a coller prestado valiosos cofiecementos que permiten ao artista unha maior oportunidade de triunFo e de regreso á casa, os talleres enchéronse de novas imaxes, todas vestidas con galas de lembranzas e de contactos persoais de alleas terras celtas.

EVA BOSCH na VI Xuntanza Obradoiro-Internacional. Ano 2002
25/03/2004 13:29 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

A FORZA DUN ENCONTRO
por DAVID BARRO

Solain_6.jpg
Xuntanza de amigos na lúdica horta da Solaina


Tras unha longa conversa co artista alemán Jügen Partenheimer, acabamos por falar de viaxes. El dicía que hai que distinguir a viaxe de tipo turística que é unha especie de escapismo, unha parvada porque é viaxar por viaxar, por evitar o lugar no cal se desenvolve a nosa vida; da viaxe espiritual, a da imaxinación, é dicir, a viaxe artística que significa a posibilidade de volver, de centrarse, ‘e desa enerxía podes tirar todo porque sabes que vas volver e porque o fas coa impresión de realizar o que desexas. A maioría da xente que participa en viaxes turísticas non quere regresar, están fuxindo dunha Frustración da sóa vida persoal, da súa profesión e iso non é a viaxe en sentido artístico, que non ten ningunha frustración, é parte dun ciclo da vida, dun desenvolvemento que aceptas e queres aceptar con motivo do descoñecido”. E, polo tanto, que a idea de viaxe non ten que ser algo ligado á realidade, ten moito de imaxinación ó privarte da propia existencia do vivido, de separar todo o que semella seguro, o que pensas gue coñeces. Falamos dun estado mental, aberto e cheo de curiosidade, dun encontro.
Un encontro abre o mundo, abre o ego, segundo Blanchot. Os artistas perseguen metas, moitas veces descoñecidas e o que atopan é o froito de diferentes encontros, de acumulacións de cousas e situacións que acaban por definir unha vida, unha actitude. Por iso, vivencias e xuntanzas como esta da Solaina de Pilo- ño moitas veces resultan claves para fortalecer un contorno, para contaminar e enriquecer diferentes propostas. A soidade do estudio cobra luz e acaba por compartir esa intimidade con visións moitas veces moi distintas e distantes, proba dun momento artístico como o actual que, cada vez mais, amosa unha perspectiva plural. Dar a coñecer novas experiencias como estas preséntase como vital de cara a fortalecer a cultura galega e proxectala ó exterior.
Non cabe dúbida de que a arte é un producto social e como tal, deixa atrás toda noción romántica da obra como producto dun xenio creador que se manifiesta á marxe da sociedade. A arte ten un lugar na historia, é producida nun momento concreto, e iniciativas deste tipo propician a práctica artística e o intercambio de experiencias entre os creadores, ó tempo que contribúen á superación entre os propios artistas.
Dende os seus inicios e como reflexo fiel da realidade, esta xuntanza na Solaina de Piloño, ofreceu unha suxerente diversidade de propostas. Nesto radica un dos principias actrativos duna cita como esta. Ver como se comportan artistas que defenden intereses estéticos moi diferentes, artistas con orixes e idades ben distintas e, polo tanto, portadores de experiencias vitais descoñecidas polos seus compañeiros. Así, nesta comarca de Deza, comprendemos a liberdade que se reclama como característica primeira das creacións artísticas.
Non é de estrañar que esta xuntanza se presente en Lalín, terra que deu grandes artistas de xeracións diferentes, sirvan de exemplo Laxeiro, Antón Lamazares, Guillermo Aymerich ou Alvaro Negro. Neste ano son Eva Bosch, Andrew Smith, Juan Carlos Platis, Monique van Steen, Mónica Trastoy, Iñigo Legazpi, Ana Carina Valcarce, Ana Pillado, Lorena Lázara, Celeste Pena, Miranda, John Brown, Paco Lareo, Ramón Conde, Isabel Alonso, Débora Quelle, Iván Prieto y Teresa Otero. Interesante tamén son os estampados de deseños de Enmanuel, Carmen L. Barcala e Lola F. Dapena, a cargo de Pamen Pereira, Antón Pulido e Boke Bazán.
Na mestura de nomes, recoñezo seguir atentamente os pasos dalgúm deles, con outros non concordo en propostas estéticas. Por iso prefiro non entrar a valorar as súas obras, non é este o lugar e si o é para enxalzar iniciativas como esta da VI Xuntanza Obradoiro Internacional das artes Plásticas, quizais máis importante de cara ó futuro do que os propios artistas e organizadores podan hoxe intuír.

DAVID BARRO na VI Xuntanza Obradoiro-Internacional das artes plásticas. Ano 2002
27/03/2004 19:05 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

ESTÉTICA E ESPIRITUALIDADE
por LUÍS QUINTEIRO FIUZA

Museo_222.jpg
ESTÉTICA E ESPIRITUALIDADE
Un dos fenómenos máis interesantes que se están a producir no eido da cultura do noso tempo é a recuperación, sen complexos ideolóxicos, da espiritualidade como dimensión inesquecible da existencia humana. Non deixa de resultar rechamante que, despois da radical sospeita da razón ilustrada poio que respecta á relixión, sexa a actividade artística a canle máis doada a través da que se está a producir este novo rexurdir do feito relixioso.
En realidade, na historia da cultura e na vida concreta de cada persoa sempre estiveron estreita e fondamente conxugados o pulchrum e o sacrum. Xa no noso século foi o fenomenólogo alemán da relixión Rudolf Otto quen, na súa obra clásica Das Heilige, reivindicou con máis forza a necesidade de tomar absolutamente en conta a dimensión do sagrado para poder entende-lo ser humano como existencia aberta por natureza á transcendencia.
Ninguén poderá nunca esquece-lo cambio epocal que trouxo consigo o emprego sistemático da razón ilustrada nos diferentes campos da vida humana. Pero a esta razón ilustrada tamén Ile chegou a súa crise. E foi o filósofo Martin Heidegger un dos pensadores contemporáneos que analizou con máis radicalidade as consecuencias últimas desta crise. Ata o punto de que a súa análise levouno ós albores mesmos do nacemento da filosofía, para, desde alí, retoma-las augas puras da interrogación humana polo ser e polo sentido da realidade.
Nos seus comezos, a pregunta do ser humano polo cosmos e por si mesmo dentro del maniféstase como admiración e fascinación polo misterio da realidade que se ergue diante de nós como un factum que nos vén dado. E é xustamente a fascinación polo misterio da realidade unha das raíces do fenómeno relixioso universal.
A cultura dos nosos tempos está profundamente marcada por esta volta á pureza primeira e radical da vida e do pensamento. Aquí hai que situar tamén os avatares da permanente inquietude dos nosos días pola autenticidade ética.
No interior existencial dos artistas de tódolos tempos adiviñámo-la arela de acada-la autenticidade dunha realidade en continuo cambio. Coa urxencia que sempre tivo para os que se consagran ó cultivo da dimensión estética da realidade, eles bitan tamén hoxe a cotío por descifraren en categorías de sinxeleza as complexas tramas dun mundo que se nos fai cada día máis difícil de abranguer.
Por todo oque levamos dito, ternos que sentirnos intimamente agradecidos a aqueles que desde A Solaina consagran o mellor de si mesmos para descifraren, desde a forza demiúrxica do seu talento artístico, as complexas claves dun mundo que non pode renunciar nunca á utopía da súa sinxeleza orixinal.
Así como en tempos pasados, quen se achegou á Academia de Platón ou ó Liceo de Aristóteles entregou o mellor de si mesmo ó cultivo da sabedoría, cómpre que tamén hoxe os homes e as mulleres dos nosos tempos atopen lugares de referencia simbólica para poderen consagra-las súas enerxías á busca gratuíta do sentido último da realidade. Deste xeito, poderannos ofrece-lo froito do seu esforzo. desde a relevancia da obra de arte. ós que habitamos no mundo cotián.
LUÍS QUINTEIRO FIUZA,Obispo de Ourense, na IV Xuntanza Obradoiro-Internacional das Artes Plásticas.
29/03/2004 03:19 enlace permanente. Tema: FoRXaS LiTeRaRiaS No hay comentarios. Comentar.

A SOLAINA E AS SÚAS XUNTANZAS

por Román Rodríguez González

cadro_1.jpg

Pintura: Paco Lareo



Nos mundos de hoxe, qué separa o local do global, o continente do contido nunha obra creativa, ou a paisaxe arte. A estas grandes cuestións, mesmo filosóficas, as Xuntanzas Obradoiro da Solaina tentan dar resposta.
Paxariñas. Piloño. Vila de Cruces. Deza. A terra. Son palabras que inventámo-los homes para delimita-la nosa realidade. Cada unha transmite percepcións e sensacións diferentes. E cada unha escenifica un espacio concreto onde pezas que o configuran encaixan como nos crebacabezas que fan os nenos. O Pico da Piñeireta pecha o particular microcosmos que enmarca a Solaina, pero é tamén, ¡que contradicción!, a porta dun mundo sen límites nin fronteiras. mundo de relacións e de intercambios que dá como froito unha obra artística singular na súa concreción e no seu proceso creativo.
O acontecemento remóntase a 1992. Cada dous anos témo-la sorte de que este foro de acollida se difunda cada con máis forza, convertendo a pequena aldea de Paxariñas nun referente -quen sabe se mundial?- das vangardas artísticas. E facéndoo, o que ten máis mérito, sen perder nunca a súa idiosincrasia, a súa orixe netamente rural e a súa conexión coas xentes do lugar. A Solaina e as súas Xuntanzas nacen e viven ó pé dun pequeno camiño que leva ó campo festa. Está rodeada de leiras, prados e algunhas vides. Non desentoa nin causa impacto no sitio. E só un xa inmaterial cruceiro de ferro avisa da súa presencia. Non é, xa que logo, unha catedral no deserto, nin un invento, nin un artificio. É unha parte da paisaxe, da cultura, cunhas raíces profundas e ben alimentadas que lle permiten ofrecer unha frondosidade xenerosa, atraente e cativadora non só de numerosos artistas, senón tamén de moitos profanos que, coma mim, se senten amigos da Solaina.
Estamos perante unha exposición e un catálogo no que a propia localización da Solaina se reflicte. Onde artistas de toda España e outros chegados de Alemaña, Portugal, Francia ou Inglaterra non son alleos ó verde e rico colorido do contorno natural que os envolve e mimetiza. A utilización de materiais saídos das eiras, das carballeiras ou dos camiños e a propia concepción de moitas das obras paridas nesta IV Xuntanza son testemuños, xa historia, da reacción da proxección do espacio na creación artística.
É neste intre cando a maxia da comunicación ten lugar. Cando o global, o internacional, se deixa influír polo local, pola xeografía que envolve a Solaina e ó revés. Cando o continente dunha obra racha a fina raia que o separa do contido a través da inspiración. E cando a paisaxe se converte en arte pola interiorización e pola representación dos seus elementos na peza creada.
Román Rodríguez González na IV Xuntanza Obradoiro-Internacional das Artes Plásticas
30/03/2004 03:16 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces