Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004.

Resumen

VI XUNTANZA OBRADOIRO

portada_3.jpg
PORTADA DO CATALOGO DAS ACTIVIDADES DA VI XUNTANZA deseñada por "PAIO"


Para moitos dos que día a día traballamos neste enriquecedor mundo da
cultura constitúe un motivo de satisfacción comprobar como algunhas orixinais
iniciativas, nacidas hai anos, se van consolidando co paso do tempo ata
converterse en citas obrigadas as que asistimos en cada ocasión con verdadeiro
interese. Por iso esta nova edición da Solaina de Piloño supon un motivo de
orgullo para tódolos que dalgunha maneira nos sentimos implicados coas
diferentes manifestacións artísticas de vangarda.

Poder compartir experiencias, distintas visións creativas e incluso
intercambiar opimóns é fundamental para o mundo da cultura, porque este ámbito
fortalécese a través do diálogo, que fructifica en obras e opimóns, contribuíndo
a que cada día todos teñamos unha visión máis amplia da realidade cotiá.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo quere achegar o seu
pequeño gran de área a este proxecto que se iniciou na comarca do Deza alá
polos anos noventa, e seguir sendo testemuña e salvagarda dun traballo que
constitúe un exemplo de ilusión, de creatividade e de esperanza para todos
nos.

Jesús Pérez Várela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo


Dende hai lempo estamos a vivir no panorama internacional un momento no que a
oferta cultural e artística é cada vez máis variada e plural en tódalas súas
múltiples manifestacións: pintura, escultura, instalacións, moda...

Esta VI Xuntanza Obradoiro Internacional das artes plásticas, converte por uns
días ó concello de Vila de Cruces en escaparate das distintas tendencias artísticas
que están a xurdir dentro e fóra das nosas fronteiras. As obras que nos amosan
os diferentes artistas que este ano concorren a esta xuntanza, constitúen un
fiel reflexo da diversidade artística contemporánea, dos moitos camiños
abertos na sociedade actual, da capacidade de contrastar ideas e opinións a
través do respecto e a liberdade.

Desde esta Dirección Xeral de Promoción Cultural esperamos seguir contribuíndo
co noso esforzó a que esta xenial idea continúe consolidando a súa andaina
para facer de Piloño un lugar de privilexio no terreo das artes plásticas en
Galicia.



Mª Carmen García Campelo
Directora Xeral de Promoción Cultural

10/05/2004 20:26 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.

PILOÑO SITIO DISTINTO
por Pepe Galindo

Bmerza.jpg
Banda de música artistica de Merza na SOLAINA DE PILOÑO no homenaxe en lembranza de Xosé Casal e Luis Areán (Xuño, 2001)



Cando regresei da miña viaxe a Galicia comentaba co amigo meu Luis Armand, que por alí estivo tamén hai agora un par de anos, o disposta a gozar da arte que está a xente por aquelas térras. E aínda que esta xeneralización quizáis veña de facer niño precisamente nun contorno relacionado coa arte, e tamén polo formidable trato recibido dos fillos de ala, ó comentario non lle falta razón. Con curiosidade endémica solicitan dos chamados artistas a explicación da súa particular interpretación do mundo; e fano do modo máis natural posible, sen prexuízos, sen afectación.
Antonte miraba co meu amigo Guillermo Aymerich, que é de alí, as fotografías que tomei na miña travesía galega. Recordábame puntualmente, a propósito délas, que Galicia é un país de recantos, de fermosísimos recantos, como vacas cáchenos: ocultos, máxicos, insospeitados. Lugares de mil verdes, de mil luces nun mesmo día. Fíxense vostedes que ata polos ríos corre auga cristalina, e xeada, ademáis, como un polo. Por non falar dos generosísimos comestibles que lle ofrece o país ó alucinado viaxeiro. Pero estas bonanzas da paisaxe e a gastronomía son tópicos, e non por isto menos certas, que case fan esquecelo que realmente hai no fondo de todo isto: as xentes que alí permanecen, entre as que se poden recoñecer, e non con dificultade, aquelas que fabulaba Don Alvaro Cunqueiro nun dos seus máis fermosos libros. E xusto aquí vénme á memoria unha frase que lle gusta moito dicir ó meu amigo Pablo Ramírez, gran admirador e degustador do galega: en Galicia non ten mérito ser escritor naturalista, só tes que sentar a escoitar e transcribir literalmente todo o que escoltas. Estes son os veciños contadores de historias que habitan aquel dédalo de currunchos.
Tomemos como exemplo un deses insólitos recantos: Piloño, unha pequeña parroquia do concello de Vila de Cruces, Comarca de Deza, Galicia, fin da térra na tradición grecolatina. Un lugar no que precisamente as súas xentes son desas que están dispostas a gozar coa arte, e a participar na súa creación. Alí, un grupo de persoas, case filántropos, case personaxes de Cunqueiro, empéñanse en promover uns encontros entre artistas de diferentes nacionalidades. Ano tras ano, Paco e Carmen Lareo, Armindo Salgueiro, Damián Payo, Xavier Vázquez e José Vispo traballan para recrea-lo seu pequeño Pont-Aven, como aquel da Galicia francesa. Corren arriba, corren abaixo, para lie ofrecer á periódica concentración de artistas un contorno que, raiando no exótico, dea acollida e bendiga as musas creadoras dos seus ocupantes. E o sitio é realmente distinto: un ateigado conxunto de edificacións arredor dunha solaina interior, repleto de esculturas, texturas, muráis e escaleiras que soben en todas direccións, e con sete bustos de granito oufanos e rotundos de Colmeiro, Laxeiro, Castelao, Várela Buxán, Maruja Villanueva, Ramón Soto e Vidal Payo, encaixados nunha parede que parecen vixia-lo lugar coa súa mirada de pedra viva. Alí coexisten durante unha semana os artistas foráneos, compartindo o seu parecer e a súa maneira de facer. As súas obras permanecerán naquel lugar, no pequeño museo, nos seus caóticos espacios. Pero, quizáis, o máis importante non sexan os obxectos acumulados, senón o cúmulo de circunstancias que os provocaron: a estancia comunitaria, a conexión con outros -colegas que acaba, sobre todo, por enriquecer. E así, case sen darse conta, cada un dos que alí da e require un pouco sae notablemente mellorado. Aínda que isto non sexa cousa demasiado estraña: de Galicia adoitase saír dése modo.
Tamén discutía con Guillermo o difícil que debe ser naquel país ter vocación de pintor naturalista, e pintar ala onde te levara a burra de Courbet, é dicir, e pintar ó azar xusto no lugar onde á burra se lle ocorra parar. Son tales os cambios de luz que o iris chega a zumbar no seu incesante abrir e cerrar. Pero afortunadamente para eles, os artistas da Xuntanza de Piloño non son pintores naturalistas. Eles traballan noutros ámbitos, en relación cos símbolos ou cos medios, coa Historia da Arte ou coa mesma vida. Teñen a inmensa sorte de non verse na obriga de imitar, interpretar ou suxeri-lo millón de verdes da paisaxe que os rodea. Parece totalmente imposible, mesmo para un bo fotógrafo.
Non sabedes o que tendes, ¿ou si? "
Valencia, setembro do 2000
11/05/2004 03:18 enlace permanente. Tema: XuNTaNZaS No hay comentarios. Comentar.



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces