Na clausura da Forxa LiterariaMaría lado, en nome de todos os seus compañeiros, e co seu propio donaire e verbo, agradeceu a presenza de todos e como preámbulo da exposición dos traballos feitos nese taller obradoiro, contounos un pouco como foi o traballo dos poetas. Sobretodo para os que eran de lonxe, para que non pensaran que estiveran alí dándolle as cañas nada máis, senón que estiveron alí encerrados escribindo, que o que fixeron foi traballar todos tomando como referencia A Solaina, partindo da forxa, das esculturas e dos diferentes ambentes e espazos da casa museo para inspirarse neles.
ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa verás a casa deitada na tarde. solaina de portas abertas. e con tal luxuria que na seguinte liña desexarás ser a brisa que agora entra e a dous centímetros exactos de caricia percorre as súas estancias e colma as cortinas. pero ti, chamada por unha das palabras escritas máis abaixo, cruzarás a eira ata o xardín e alí baixo unha sombra que as follas tezan sentarás a escribir un poema no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén que chega é alguén anterior a ti un home de cabelos grises que garda a casa pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos que baixo sombra idéntica e nesta mesma tarde que detén este verso. senta no espazo exacto, idéntico ao que ti ocupas. e no seu caderno escribe que ti estás aquí no final do poema pero que non es a única. María Lado .
NA SOLAINA DE PILOÑO Sou cativado pelo centro do coraçâo Onde a seta despenhada Marca o tempo da poesía.
No centro do poema A mulher sai das paredes Ante a ruína industrial... E sou convocado.
Sou convocado!
"O homem busca a primeira mulher E a mulher o último homem", Ali se diz Como um pássaro mensageiro Quando o olhar percorre todo o Mundo condensado, esculpido, plasmado, No espaço em volta e no Tempo aceso e Nas memórias Que o animal ao centro Que a mulher De Lado Discretamente, animam, ordenarm, dominam.
Sou convocado!
Sou convocado pela ave do poema Pelo voo escondido na Solaina de Paco Desdobrado no museu vivo da poesia... Por isso e tanto, tanto mais, Deixa-me ver-te, ave que voas, A alma com que voas. Deixa-me ver, quando escrevo Á procura de beleza, O horizonte antigo das palavras de agora A sombra que em surdina dá Cor à luz E me afaga um sonho de perto Ao longe No calor de outrora Que na vida e no tempo Há-de ir morrendo. Na memória das palavras transparecé Na seda do olhar caminha Ao meu encontro Poesia Sólida e nua.
Ha máquinas para fazer tudo. Máquinas para enrolar tabaco e máquinas para fazer pastas de dentes. Máquinas de costurar sapatos e máquinas de fazer sabáo.
Enquanto penso em máquinas, um gato cinzento observa-me. Depois, vai descendo as escadas. De vez em quando para. Silencioso, olhar verde e pensativo. Que ocupará a cabeça grande daquele paspalho ali sentado?
Ha máquinas para nos apagarem da vida, ha máquinas para nos devolve-rem á vida. Ha máquinas para fazer tudo. Para nos fazerem rir, para nos fazerem chorar. E ha balanças para pesar o riso e o choro como ha balanças para pesar repolhos e batatas.
O gato alimenta-se, tranquilamente. Para qué pressas? É o único gato neste espaco de livros abertos, de portôes abertos. Ninguém disputará os seus restos, como ninguém carregará o seu caixáo na hora da despedida.
Hà duas máquinas de costura ao lado de Saturno. No meio as vides. As pedras estao no fundo, onde se esconde a tua imagem submersa. Ha máquinas de fazer o pâo e fazer o vinho. Nâo hà máquinas de nos fazerem felizes. Olho em volta. Estou só. Talvez o gato tenha existido apenas na minha imaginaçâo
Hà máquinas para costurar os retalhos das nossas vidas como ha máquinas de fazer hostias para comungarmos e ficarmos com a alma limpinha. Sento-me junto à fonte. Ouço a água correr. Sou feliz. Orlando Jorge Figueiredo Julho 2007-Solaina do Pilonho
Madeira e pedra triscan entre os meus dedos e a cidade dorme o sono do que nunca esperta. "No fondo da última rúa verás un sinal" e o consello de non procurar máis. Corpos cinguidos á roupa que seguen a se cruzar comigo e agasállanme alentos de sur a norte. "A culpa é túa por non querer escribir as nosas historias" (Quen se fire é por non saber coidar de si). "Olla as pedras fermosas, as postais e todas as lembranzas que non quixeches para ti. Olla o vento do sur que ti so imaxinaches e que ondeaba nos nosos cábelos. Olla o noso corpo dos vinte anos tremendo ante as túas olladas e a dor da choiva sobre o chao que os teus beizos non souberon rematar no baixo das nosas costas". Madeira e pedra triscan entre os meus dedos, o amor que bate neles é maldición e as súas sombras perseguen os meus pasos.
Veredes nas entrañas torvas da madeira os segredos do herdo como o vello rei soterra a espada antes de ocupar a casca de carballo e procurar a morneza furiosa dos ríos. O xeito no que as feridas queimantes se transmiten e veñen entón en fila os besbellos do afiador na escuridade, a forza dos ídolos creados na éxtase mística, a ansia de patacas e máis a fame negra. E o sangue, coa forza das traxedias que se bifurca e flúe.
Como quen resume a forza do paso das multitudes e das mil vontades sabe que facer escolla é limitarse. Detemos o golpe que procura a forma orixinal da pedra e nas pulsións das maos o ferro torcese e constrúe con nos o seu destino cravado fondo na nosa carne.
Unha respiración eco das paredes que me envolven nas súas vidas. A voz búscame con caricias grises e traxectorias de po E alí, os meus dedos apañando historias ocultas,
lembrando un percorrido que identifico túas mans fortes.
1890
O soñó da orixe. A trabada do lume na pedra, os restos do carbón de cachopa, aquel xeito propio de percibir as cores quentes na boca da escuridade.
Tócoo todo. Sinto a dureza cedendo ao tacto, a prolongación das túas extremidades petando na miña memoria co golpe do esteixador.
O recordó témplase con lume e auga co dente da talleira sobre a zafra e a lingua húmida da moa.
Na miña pel queda o sinal que imprimes en cada peza.
1952
Cara a noitiña a calidez da forxa acolle silencios e confidencias, o vapor do ferro e os netos de tinto da Florinda. Sábese das feridas e dos pesadelos, do amigo morto na loita do río, das cartas atlánticas do irmán maior.
Pero entón, Pilono é ese e ninguén soña xa en alto porque entre as xuntas das paredes os sapos escoitan e o medo aconsella.
A escuridade do inverno desténsase co vermello da brasa e a excusa da ferramenta serve para quecer entre palabras.
2007
Os caminos nunca te levaron tan lonxe que non souberas volver.
O teu soñó ficaba aquí.
El engánchame nos pulsos todas as túas vidas e as deles na túa.
Pinceis e tenaces de corte tenaces de volta tenaces de lume o branco roto e o afiador que informaba á CÍA.
No outro lado a barriga dos cabalos de madeira sumaba a túa vida á miña, os amorodos de regaliz, as bonecas degoladas, e o desexo de morrer nunha cortiza de carballo. Lorena Souto A solaina de Pilono, xullo 2007
Foi por non decatarme a tempo de que quería que o meu poema soubese a churrasco. que houbo que agardar ó final da tardiña para confirmar tema e intencións. O verán e os versos pídoos todos sempre con moita carne. O día enteiro sen deixarnos, e con torpeza e indignada deixei que a aldea toda se me fose metendo nos pulmóns. Eu con fame non sei escribir, pero ocórrenseme moitos versos... E foi comezar a ver en riguroso directo os primeiros pasos da cea para que o fume rico ese chegara a estas páxinas bastante antes ca min. Qué detallazo. Qué agradecido o vicio este que me permite facer saliba e facer poemas mentres se van facendo as brasas. Eu mordo o bolígrafo en plan metáfora de fame e achegándome á mesa, miña musa, comprobó como a ensalada de tomate lle ha de facer tanto bcn ó meu poema coma ó churrasco. Saboreo cada anaco deste verán que non comeza. Son quen de comer en proporción ó que te boto de menos. Poema nacido dunha costela (de porco). Lucía Aldao
As artes audivisuales chegaron a esta xuntanza da man do polifacético Miguel Seoane. Unha creación de audio e video con imaxes recollidas no exercicio da forxa servíronlle para deixarnos un anticipo das súas posibilidades.
non son as pernas as que insisten en desaparecer nin as mans as que me resumen a mentira o silencio a potencialidade do erro o placer malabar a derrota do ADN... Insisto en crerme curvo pero a felicidade de rabaño tamen me perseque aqui, onde a ausencia de crepúsculo consume os poetas nas suas cadeiras. MiGueL SeoaNe.