VIII FoRXa LiTeRaRia Na SoLaiNa de PiLoÑoEncontros culturais no rural
As actividades da VIII Forxa literaria escomenzaron O día 7 de Xullo coa inaguración dunha exposición fotográfica a cargo de Paco Penas de Dorvisou. De esquerda a dereita Damián "Paio",Paco Penas, Jesus Otero, Xavier Parcero, Paco Lareo e Nicolás Juan Castro Rodríguez
Paco Lareo conversando con Manuel Moldes, David Otero e Manuel Fragoso. Ao fondo, outros amigos da Solaina...
Na segunda actividade da tarde, Xavier Parcero dou paso a Carlos Loureiro Rodriguez para facer unha introdución aos libros Camiño de Volta de Paco Lareo e a Primavera Continuará... de Manuel Fragoso. Pódense escoitar neste arquivo de audio e a tamén os agasallados, Paco Penas de DORVISOU, David Otero e Antonio Costa Baquero cos diplomas e medallas de "amigos da SOLAINA".
Paco Lareo, Manuel Fragoso, Carlos Loureiro e dona.
O santo poder da Solaina fixo que se espallasen as nubes a outros lugares para que o sol brilase con máis intensidade e poder, deste xeito, disfrutar dunha tarde marabillosa en tódolos eidos.
¡Divina xuventude!...tanto brilo nos ollos non pode ser en vao.
A media tarde, Xavier Parcero e Paco Lareo entregaron os diplomas e medallas aos "amigos da Solaina" David Otero, Paco Penas de Dorvisou e Antonio Costa Baquero.
David Otero fixo tremer a terra e ata o mesmo G-8 cando dixo: "Imos cara o futuro. E se é, ha de ser pequeno. E ha de ser pequeno porque ha de ser de moitos. Porque hai futuros grandes pero son duns poucos que caben nun sofa, e eses nunca invitan aos pobres ao salón. O futuro tamén ha ser unha ponte, unha ponte que nos leve aos días bons. E o futuro tamén ha de ser algo que cumpla, solidario...como este espazo nos que nos atopamos"
Antonio Costa Baquero "Lonxe" despois de dar as grazas a todos dixo que nesta terra a semente máis pura é a da arte e da cultura. Tamén invitou a os nenos que estaban alí presentes que non deixaran nunca de seguir plantando ese árbol, que o árbol da cultura e da arte sempre derrota ao árbol da guerra. Que a arte e a cultura son a base para o benestar, para o entendemento e para os praceres da vida..."
Paco Penas de Dorvisou agradeceu todos por estar nesa tarde marabillosa nun dos recuncho dos máis fértiles do planeta terra e tamén a súa compañeira poder facer posible compartir ese grande amor pola Solaina e deixarlle acostarse e levantarse tantos días cavilando na Solaina. Dixo que non se adicaba a fotografía profesionalmente, senón que era unha afición a que adicaba moitas horas e reinvidicou a necesidade de que o povo tamén faga arte. Que moitas veces tíñamos que deixar de lado eses conceptos ou esteriotipos dos entendidos ou filósofos da arte para deixarse levar pola intuición e criar. Non querendo dicir con eso que haxa que rexeitar da súa doutrina.
O mago Antón, xa un clásico da Solaina, deixounos testemuña da súa arte nos enredos do entretenemento. A súa profesionalidade e humor non deixou indiferente a ninguén. Neste caso, nos fixo pensar que chegar a fin de mes é posible...convirtindo billetes de cinco euros en billetes de dez.
O mago Antón con Iria...
...e tamén con Alex
E no peche da súa actuación deleitounos co xogo da guillotina, onde o noso amigo Manolo pasou máis de un apuro.
Foto do álbum para rematar as actividades do primeiro día (07/07/07) da VIII forxa literaria. De esquerda a dereita, Pedro Guitián, Berta Bodaño, Xose Vázquez Pintor, Mero de A Quenlla, Xoán Xosé Fernández Abella, o Mago Antón, Alfonso Blanco Torrado, acompañante de Alfonso Blanco, Concha Rodríguez, Manuel Fragoso, David Otero, Mini de A Quenlla, Paco Lareo, Paco Penas e Manuel Busto.
A xente da Solaina collendo sombra...
Manuel Busto, Xosé Vázquez Pintor e Mero da Quenlla compartindo palabra, viño e empanada.
"Todo adulto precisa dun neno a quen enseñar, dese xeito aprenden os maiores"
As actividades do Domingo (08/07/2007) adicado os máis cativos, escomenzaron coa elaboración duns murales artisticos, dirixido por Luchi, a cargo dos nenos e nenas que se achegaron a Solaina nesa tarde.
As pandereteiras " as trouleiras da Solaina" foron as encarregadas de pórlle notas musicais á tarde
Xoán Carlos Domato é o director musical das Trouleiras da Solaina. Outra persoa desas boas, xenerosas e comprometida coa Solaina...
E chegou a hora da merenda. Nenos e non tan nenos collendo pulo para sentalo corpo na horta da Solaina.
Carmen Lareo Morao, secretaria da fundación, é unha muller que traballa arreo en prol da cultura e da Solaina. A súa labor cos nenos da parroquia é inconmesurable e a súa xenerosidade e hospitalidade quedou de manifesto, lonxe de protagonismos, nesa laboura que non brila para os ollos dos curiosos pero que é determinante para que en cada xuntanza da Solaina emerxa a maxia da amistade, da armonia... .
E para rematar as actividades do día , os armadanzas da Solaina, baixo a dirección de Carmen Lareo poñían en escea a obra de teatro "camiño de volta" de Paco Lareo na Sala Laxeiro da Solaina.
Moita foi a xente que disfrutou da obra de teatro escrita por Paco Lareo e representada con moito acerto por este grupo de nenas que non se cansan de traballar e disfrutar da música, do teatro...nunha palabra, da arte da Solaina .