Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007.

Resumen

¡MoiTaS FeLiCiDaDeS SoLaiNa MaRía!

Solaina María

SoLaina María, fonte viva da cultura

O pasado día 28 de Febreiro cumpreu dous anos Solaina María , afillada da Solaina de Piloño .
Como moita xente sabe, Solaina María vive en Venezuela e foi apadriñada polo padroado da Fundación A Solaina de Piloño coa idea de perpetuar o nome da Solaina máis alá do Atlántico. Neste pasado verán Solaina María visitou a FUNDACIÓN para ledicia dos seus padriños, que xa lles tardaba coñecela. E agora, que acaba de cumprir dous anos, a Solaina de piloño quere facerlle chegar un axóuxere máxico para anegalo mundo de paz e amor e convertilo nun xardín da infancia onde os nenos podan xogar a ser felices.
¡Parabéns, Solaina María!

Etiquetas:

03/03/2007 13:02 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: a FoRXa Hay 1 comentario.

aRTe RuRaL...

IMG_3644-1

"En Galicia aínda hai un certo rexeitamento cara todo o que supón a cultura rural"

Boa proba dos atrancos que sufre a cultura rural na Galiza ponse de manifesto neste artigo de José Luis Estevez, que descubrín grazas a NeMeth , ao obviar a labor da Fundación a Solaina de Piloño cando se escribe sobor da arte na Galiza rural.
Miguel Fernández Cid, tamén profundizaba neste problema cando escribía sobor da Solaina e dicía:
"A distancia respecto dos grandes centros urbanos é un dos motivos con máis frecuencia alegados para justifica-las dificultades coas que se atopan moitos dos proxectos culturais que cualificamos de periféricos"
Esperemos que a sociedade galega reflexione e se de conta que o rural non é un termo caduco, de que o rural é o principal valor do desarrollo sostenible. Que o rural é un espazo natural onde o home pode pensar, crear e vivir en libertade...ademáis, se é verdade o que dicía Honore De Balzac " A misión da arte non é copiar da natureza senón expresala", onde millor interpretala que desde á propia natureza.
¡LONGA VIDA A SOLAINA...!

Etiquetas: , ,

06/03/2007 09:08 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: a FoRXa No hay comentarios. Comentar.

XeNTe Da SoLaiNa

xabier

Xabier Vázquez, cavilando na eira da Solaina

...os homes e mulleres atravesan a cancela, buscan coa mirada as fisonomías que o espacio aberto lles ofrece.
O sol, solitario, sigue apoderándose dende a Solaina de tódalas vidas misteriosas que por aquí pasan.
Como unha ponte pausada, chega a luz. As cores íspense. Todo está quedo.
Hai un silencio feraz, precursor, sensual, agardandoi a chegada da PALABRA de tódolos que saben que o sol está aquí. Como sempre.
Xabier Vázquez Parcero é vocal do padroado da Fundación Casa Museo A Solaina.
(Texto recollido na IV Forxa Literaria)
lastscan

Xabier, nunha das actividades na Forxa Literaria. Ao fondo, Carmen Morao, secretaria e "señora" da Solaina

Etiquetas: ,

13/03/2007 12:02 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: FoRXaS LiTeRaRiaS No hay comentarios. Comentar.

De mestre a mestre......

olimpio

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas...Olimpio Arca


Na honra da súa aldea natal, este paxariño cruceño aletea moi novo e o seu voo remata na capital do reino, en Madrid. Alí estudia delineación e arte dramático. No seu entusiasmo de trazos urbanísticos tentou abrir espazos cidadáns e pensou sustituir a rúa das Flores pola Gran Vía. No eido do arte dramático, si que era un drama a subsistencia na metrópoli e o seu espirito de aventura lévao ata Venezuela onde na capital, Caracas, volve a estudiar debuxo e cor, na acreditada escola Tass e máis tarde na escola de Belas Artes Cristóbal Rojas, na que chega a ser mestre.

O mundo non é tan grande para Paco como se representa nos mapas e así Lareo chega a EE-UU, logo a México, Colombia, Panamá, Bos Aires, etc. Todos países novos onde non hai moita cabida para a súa arte. Volve a Europa e gana a vida en Francia, en Italia, en Suiza, pero no seu interior está sempre presente o seu curruncho natal e así, retorna coma unha anduriña ao seu Pilono querido. Aquí entre os seus, deixa voar a imaxinación e crea a Asociación Cultural O Labrador e máis tarde funda a Solaina casa Museo de Pilono.

Amigo Lareo, van aló xa vinte longos séculos cando o filósofo Aristóteles deixou escrito para a posteridade que a finalidade da arte era dar corpo á esencia secreta das cousas, non copiar a súa apariencia. Iso foi o que fixeches ti na túa casa da Solaina. Co teu esforzó, co teu traballo día a día, eos teus sinsabores por mor dése virus da ENVIDIA que corroe aos ineptos, alcanzaches plenamente a esencia secreta dun mundo que sempre se abre polas portas máis sinxelas.

¡Gracias Paco pola túa grandeza de espirito e pola túa contribución ao arte con maiúsculas!



Olimpio Arca Caldas Febreiro de 2007, no homenaxe de E.Fervenza a Paco Lareo

Etiquetas: , ,

28/03/2007 12:07 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: a FoRXa No hay comentarios. Comentar.

CaMiÑo De VoLTa...

03140213

 

 

 

A liberdade é aquela facultade que aumenta a utilidade de todas as demais facultades.

I. KANT

Eu son libre na medida en que recoñezo

á humanidade e respecto a liberdade de todos os

homes que me rodean.

M. BAKUNIN

FRONTEIRAS COERCITIVAS versus LIBERDADE

Velaquí que nos achamos perante un "locus amoenus" con todos os elementos naturais, máxicos, con vida, que dan vida... e nel, unhas personaxes libres, solidarias, tolerantes... personaxes dun mundo concebido sen fronteiras, con espazos libres e onde as diferentes razas se entenden, se respectan, se namoran... Mais, aquí cobrarán o seu peso dúas personaxes condutoras, pouso de sabiduría, e cunha filosofía que irá guiando as outras personaxes polo escenario, pola acción, pola súa existencia vital: o FERREIRO-NARRADOR e a VOZ DA MEMORIA. Estas dúas personaxes serán o elo de unión entre o pasado e o presente e, ao mesmo tempo, unhas personaxes que se situarán entre a escena e as bancadas de espectadores desta máxica obra de teatro saída da pluma dun pintor, dun modelador, dun forxador da arte, dos soños, da realidade...

Obra exemplar -e exemplarizante-, obra que ben podería ser a traslación á literatura dramática dun cadro con dous ríos irmáns (ou pai e filio), con picoutos señoriais adobiados cunhas "espinas en flor" da serra que forman estes picoutos bicados nos seus pés por eses dous ríos; uns ríos e uns picoutos con pasado, con historia e cun presente (e cun futuro?). Pero, por moito que se trate de dous ríos dependentes (ben sexan pai e filio, ben sexan irmáns), con picoutos que se olían desde os seus cumes os uns aos outros, o pasar dos tempos levou a que fosen dúas zonas (dúas nacións?) diferenciadas, dous países fronteirizos: o Deza e o Val do Ulla. Pero aquí será onde o autor (narrador-ferreiro-forxador...) inmiscirá unhas personaxes (bolboretas) simbolizando a liberdade, que nun verán (curioso que non se tratase da primavera, pero por outra parte lóxico porque á primavera séguea o verán, pero aquí o futuro, o que vai vir, xa se dexerga que pode ser algo escuro, por moita felicidade que se vexa no final da obra, e polo tanto esa escuridade vén a ser representada polo outono... ese esfarelamento dos montes, a presenza neses montes dunhas tarabelas que impiden a visión realista e gratificante do máis ala...) deciden aproveitar a liberdade que lies dan as súas as e coñecer novos mundos e así chegaron precisamente á Xunta dos ríos (Deza e Ulla), ríos obligados a se entender pero que non deixan de ser, como antes se dixo, as bases de dúas zonas, dúas illas, de dous países. E aquí será cando as bolboretas se van facer a mesma pregunta que lie fixera aquel neto ao seu avó na estampa de Castelao sobre o porqué aqueles vecinos que dexergaban da outra banda do Miño eran máis estranxeiros eos de Madrid. Na estampa dé Castelao diseños que "non se sabe o que lie responden o vello"; pero na obra presente os guieiros (Narrador e Voz da Memoria) non líelo van contestar tampouco pero si que líelo van facer intuir (que nolo van facer intuir). E así veremos como Solaina lie vai falar ao seu amor, Vagalín:

"Sefoi unha mágoa extraviarnos da nosa familia entre lusco e fusco dun día do mes de agosto, tamén foi unha ledicia convivir convosco neste fermosísimo lugar. Graciñas pola solidaria tolerancia e por todo canto aprendemos xuntos ".

E así, pouco antes de caer o paño, vagalín, quen, o mesmo cas outras personaxes, traspasa fronteiras imaxinarias e coercitivas, vainos fornecer a filosofía desta obra teatral (pictórica?):

"SI Á MEMORIA, INTERCAMBIOS, ENCONTROS!... Concluíndo, Paco Lareo, o Ferreiro-Narrador, o forxador de liberdade e de respecto polos demais, e, como non, polo "locus amoenus", un home de mundo, un coñecedor de culturas, de senrazóns, de discriminacións, de desigualdades... fornécenos aquí un mundo ideal, (e por que non posíbel?) un mundo libre, sen atadallos, igualitario... onde desaparezan os na obra chamados "emigrantes involuntarios" e onde floreza a comunicación, a liberdade, o amor, o respecto polas culturas e, como non, pola natureza. E todo o anterior tomando como referente o seu espazo vital, os seus arredores... que non son nin máis nin menos que exemplos claros da (non)cohabitación actual de pobos, países, continentes...

Soamente esixir que todo isto non fique so nun cadro-obra teatral e que este mundo aquí pintado-narrado deixe de ser unha hipotética utopía e, de non ser así, se converta nese futuro que agora, neste verán presente, se nos mostré quizáis como un outono irreversíbel.

Carlos Loureiro Rodríguez no prologo de "camiño de volta". Obra de teatro escrita por Paco Lareo e lanzada ao espazo por Edicións fervenza na coleción "A PINGUELA". Unha iniciativa para fomentar o teatro e adicada a todos os públicos pero en especial aos máis cativos.

 

 

 


 

 

 

 

 

Etiquetas: ,

28/03/2007 12:24 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: a FoRXa No hay comentarios. Comentar.



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces