Antón Lamazares deixounos a impronta dun Wily como persoa. "Wily, Toñito, Baloira...Uns chamanlle Toñito, outros chamanlle Wily, eu sempre lle chamei Baloiras, e que era unha baloira, tan alto, tan guapo, tan espabilado. Gústaballe moito xogar ao futbol, e canear, regatear, collía o balón e non pasaba o balón, quería regatearnos a todos... Baloiras era un rapaz formidable, soñador, cariñosisimo. Un rapaz inocente dende o millor sentido da palabra. Un rapaz para quen o mundo era pequeno, de aí, como ben dicía Paío, cando ía a Italia viña falando Italiano, cando ía a Andalucia viña falando andalúz, cando ía ao Xapón, que non foi, falaba Xaponés...e inventaba cousas bonitas, si. A min paréceme que a memoria de Baloiras vai a ser larga, grande porque a cousa importantes que temos os homes, sexamos pintores, sexamos albanies, sexamos agricultores, curas ou garda civiles, ou o que sexa é ser personas. E dudo que na nosa zona haxa unha soa persoa que non lle queira a Baloiras. Todos sabemos que Baloiras era un rapaz especial, claro, porque que o día que Baloiras se poñía fino nin Maradona tiraba os penaltis como el pero outro día poñíase a tocar a guitarra nunha esquina e non lle importaba que lle botasen cinco pesos, pero non era unha aptitude del artística , non era unha aptitude de pobre, era unha aptitude de grande, de espíritu... El quixo inventar o mundo a súa maneira, que é a cousa máis bonita que lle pode pasar as persoas grandes pero bueno, o mundo corre por onde corre... e aquí estamos. O amigo Baloiras, o baloiras que eu quero, era un Baloiras cariñoso, respectuoso, incapaz de ofender a ninguén, oservador de todo, soñador de todo...que curiosamente algunha vez que tratei, dende as minhas posibilidades pequenas, de botarlle unha mao no sentido organizativo e sempre botaba a correr. Cando tiña que estar sempre botaba a correr. Cada un debúxase a súa maneira. A figura de Baloiras é grande e medrará moito...Baloiras era creativo, era soñador e esa unha das facultades máis grande que temos as persoas... durará moito tempo a memoria de Baloiras"
Paco Lareo escomenzou reinvidicando unha maior sensibilidade en prol do proceso criativo no rural porque nas aldeas tamén hai grandes artistas, grandes cantores, grandes labregos...e nas aldeas tamén está, principalmente a primixenia, a natureza das cousas. Sobre a obra de Wily dixo que posiblemente non se chegara a entendela ben porque o mirar é un arte que non adeprenden nas escolas e deixou o seu compromiso de que A Solaina seguirá tendo presente a estela de Wily, profundizando na súa obra e poñendo en práctica os seus mensaxes. Rematou dicindo que CANDO NACE UN ARTISTA PRENDE UNHA LUZ E CANDO SE VAI BRILLA NO CEO UNHA ESTRELA..
A voz de Wily tamén estivo presente no acto. Tres composicións musicais que grabara facía uns anos en Radio Lalín podéronse escoitar na Solaina de piloño para lembrarnos da súa polifacética laboura artística.
Celsiño, Carlos Negro e Vázquez Pintor eran os encarregados das Loas no homenaxe de Wily pero somentes Carlos negro pudo estar presente nese intre. Vazquez Pintor por mor dunha triatlón celebrada no concello de Vila de Cruces, tivo que desplazarse por outras carreteira ata Piloño, chegando a deshora e Celsiño por motivos personais non pudo asistir.
De esquerda a dereita, Xavier Parcero, Xosé Vázquez Pintor e Carlos Negro. Xavier Parcero foi quen liu o texto, en xeito de Loa, que Vázquez Pintor publicara nos xornais esa mesma mañán. Dicir de urxencia que estás (in memoriam) na VIII Forxa Literaria da Solaina de Piloño, de Música, Palabra e un “alto relevo” para a lembranza: Antonio Taboada Ferradás. Pasou unha semana e xa sentabas na cadeira de aquí dediante. Antón López, o amigo mago universal que aínda temos por orgullo, fixo un aceno coas maus no aire e descubrimos que eras ti o pillabán que axexa, o punteirolo que arrebola as nubes da tristura, os ollos azuis que recachan a noite cando hai o setestrelo. Era a tarde máxica da aldea, no lugar das Paxariñas, na patria do Ferreiro, na República da vida. David Otero, Paco Penas e Antonio Costas recollían o recebemento que os acredita de Amigos Sabedeiros desta Casa das Labranzas, das Formas e Colores. Caldeaban dous novos libros da Fervenza no pendello e Pepe d´As Cruces, o “practicante astrónomo” que soñara unha garita para ver a Galaxia, vestía traxe e chapeu noviños, zapatos de cocrodilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices. Había xente das Artes e das Letras, e sempre nenas/nenos, coma unha riqueza que nos fai soñar no progreso pra que remate de vez a marulada. Desde a última carta pasaron cousas. No eido libertario, que é o noso, resistimos na intemperie, xa sabes, o territorio que nos vai mellor; nel medramos na abundancia das palabras e dos feitos e aborrecemos os dogmas coma sempre e os seus intermediarios da rutina. Fronte ao tedio estamos. Van saíndo os soños das gabetas. No teu caso cohabitas Lalín nunha “rotonda de tráfico” en peza identitaria da túa nombradía. Parei alí para falarmos e apupábanme os señoritos de carnet para os carricoches máis mantidos e veloces: “¡aquí non se para, papaostias!”Coidei que estabas neste sitio para a conversa demorada e a nosa admiración. Non é o teu espazo. Aínda non saben que ti gostas dos recantos e das simas, onde se coce a semprevida. Dixérache naquela última que andaba no lerio dunha ensoñación narrativa. Compría moita sorte para que alguén reparase na voz da revoltada que alí hai. Nalgunha páxina andas ti tamén sen nome e solidario, coa música da lira, contra o designio. Heicha mandar en dixital, e outrosí en libro armado de carballo e buxo. E axiña disme dos teus éxitos nese territorio das estimas onde haberá máis tempo pra un cara a cara vagaroso, e os sorrisos e un aquel dun bico e novas voces a sentir e fornecer. Se alguén pregunta entrégalles o meu enderezo, que en nada mudou. E ti canta, e palabrea, arma de proveito e luces as ponlas e os toros das árbores co aquel da motoserra máis sabida, noso múltiple xograr. Déixote por hoxe para que outras sintonías poidan falar tamén desde o cíber da Solaina: a cabina do pendello, Atenas pequeniña das tantas aldeas de Galiza, que é un sol. Non deixes de mandar de cando en vez un bocadiño dese pan das abellas e das musas, se é que hai. O teu amigo sempre.
A Solaina entrega a medalla "amigo da Solaina" a título póstumo a Wily. Recollen o recoñecemento Oliva Ferradás e M. Cruz Taboada Ferradás, nai e irmá de Wily.
M. Cruz Taboada, agradecida do homenaxe por parte da Solaina ao seu irman Toñito, leu un poema que lle adicou ao artista e titulou "Veño de Paredes e vou para New York". Paredes é onde Wily tiña o estudio e New York unha desas cidades que tanto impresionara a Wily nun viaxe que alá fixera.
Descuberta dun alto relevo de Wily na Solaina. Autor da escultura "O Vila". Tamén podemos escoitar, neste marco incomparable, o himno da Solaina a cargo dos "amigos da Solaina" Plácido Rozas e Enrique Viz.
Os Xuncos de Santiso a cargo de Plácido Rozas poñendo no ar notas musicales con arte.
Familia Rozas posando para outro obxetivo :-) Lucía Aldao, María Lado, miguel Seoane,Lorena Souto e Mario Regueira buscando unha fonte de inspiración na horta da Solaina. Manuel Moldes, Paío e Carlos Negro "molto bene" acompañados.
Como xa ven sendo costume, para rematar as actividades do día, a Solaina oferece aos seus visitantes unhas viandas. Nesta tarde o ágape estivo a cargo do Restaurante Calderón de Santiago. Estampas gastronómicas da nosa terra. A restauración tamén precisa da arte para trunfar e na Solaina encanto non lle falta.