Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.

Resumen

ReCiTaL MúSiCo-PoéTiCO

clausura 201TATIANA CUCERENCO(violonchelo) e EDUARDS VESBASTIKS (violín)
A Música do dúo de corda formado pola profesora de violonchelo no conservatorio de música de Lalín Tatiana Cucerenco e o estudante de violín Eduards Vesbastiks acompañou a lírica dos poetas invitados nesta emotiva tarde na Solaina de Piloño.

12/01/2008 13:45 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

MaRía DeL CaRMeN Álvaro

clausura 205-1

SIMBIOSE
Preámbulos con paisaxEs desertas
para naufragar sen medo a engañarse,
para xustificar a aliteración das verdades,
para manten o equilibrio na canle da vida
dende a gaiola híbrida do tempo.

Canto nos queda por fuxir de nos mesmos cara á nada?

Nada sobra
nesta tarde de escumas voadoras
onde se artella unha fráxil luz
de ondas e paxaros.

Sempre hai un destino que nace
escrito con ringleiras desiguais
baixo os marmelos rebeldes.
A simbiose alfabética do ser
está por vir.

Devalan os verbos e as palabras
na orela de ausencias compartidas
e cadaquén busca a súa metade.

O NOSO TEAR
Sementeiras de invernía
pcrcorren pouco a pouco os outonos baleiros
sen darse conta da súa existencia.

A noite arrola o enxerto esquecido
no cerne inmóbil que sempre dorme.
por iso fermentou, xunto a árbore cotia,
este pan tan noso,
co fin de non apagar a música
nos violíns do silencio.

Preto dun mar desbocado galopan aínda
aquelas frangullas dos calendarios burgueses.
Destoutra orela busco nas túas mans
os tecidos que saben espirme de lúas.

Ás veces queren vestirnos
coas Teas sobrantes,
pero hoxe estreamos traxe,
o noso tear ten nome propio.
María Del Carmen Álvaro

Etiquetas: , ,

12/01/2008 14:26 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

RaMóN CaRiDe

Ramón Caride recitando na Solaina de Piloño

Ramón Caride

A QUENTURA DO SANGUE
A calor máis intensa do forno que se aviva
onde o pan é só masa comunal pedra ardente
a fondura das canles
colmatadas de lama
inmensidade das medas, de edificios e mundos.

Os corpos debruzados
nos círculos do abrazo
sobre un espello lento e liso de auga fría
pan das bocas abertas
os labres que bebemos
destila o bagazo como o amor das feridas
reverdecemos lentos na saiva e na estreitura
no anel onde todo
é brillo de outra tebra
nas arterias dos rios da neve e dos acibros
remansados en veigas salferidas de orballo
na entrega dos esteiros
onde o sal nos é dado
como se verte o amor ou o vino nas cuncas.
A Xosé Fernández Ferreiro

PEDRA DO SALNES
A raíz da pedra
Cando a pedra medra
No fondo dos eidos
Pedra de nos mesmos
Mármores e áreas
O granito o xisto
Os seixos as laxes
Nas formas precisas
Esencias da pedra
Casa adro cruceiro
Penedo valado
Canastro lareira
Peto perpiaño
Lumeira pendello
Sártego escultura.

Pedra petroglifo
Dolmen pedrafita
Con mámoa pelouro
Memoria da pedra
Na flor destas pedras
Onde a térra soña.

A pedra fai voz
Fala ao noso ouvido
Cantigas tan doces
Berros que estremecen
A pedra que amamos
Pedra que latexa
Pedra con raíz
Cerne feito pedra
Lembranza esculpida
Gravada na codia
Señardade dor
Mornura agarimo
Misterio da térra
Na pedra chantada.

Aire feito pedra
Pedras que respiran
Aire que revive
No alentó das pedras
Nas bocas dos ocos
Espacios gardados.

Agarimo de pedra
Das pedras que amamos
Pedras que son tempo
Vellas testemuñas
Pedra nova agromo
De maos e olLos mozos.

Pedra irta deitada
Pedra de nos mesmos
Terra feita pedra
Pedra
feita
pedra
A raíz da pedra
Da pedra
A pedra
A pedra
A pedra
A pedra sempre a pedra.
A Ánxeles Valladares e a Manolo Paz

Etiquetas: , ,

12/01/2008 15:06 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

XoáN FueNTeS CaSTRo

Xoán Fuentes Castro
Xoán Fuentes no recital da VIII Forxa literaria, Xullo 2007

28/01/2008 21:43 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

Raúl GóMeZ

Raúl Gomez
Raúl Gómez Pato
. VIII Forxa literaria, Xullo 2007

28/01/2008 21:54 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

SeCHu SeNDe

Sechu Sende

Falar

Teño un ano e poucos días e cando escoito Clara presto atención.

Escoito ás persoas que viven nesta casa e aprendo cousas todos os días. Mamá ten outro nome que é Laura e cando mamá chama por Tomás sei que ese é papá. De vez en cando veñen outras persoas á casa, e as que teñen enrugas nos ollos e sempre están rindo son avó e avoa. Tamén está Rula, que é pequeniña e vive dentro dunha gaiola.

Sei que estou nunha idade complicada porque o día menos pensado teño que comezar a falar, que é algo que non se fai todos os días. Falar facilita moito as cousas. Cando saiba falar por fin van saber que se choro de noite non sempre é porque teña sede ou me doa a barriga, porque as veces soñó cousas que non entendo. As cousas que non entendo son moitas aínda que hai unha que me preocupa especialmente.

Nesta casa falan dunha forma moi estraña. A mamá, papá e aos avós cando están comendo, por exemplo, escóitolles palabras como Sopa, Pásame o pan, Un pouco de sal, ou Biscoito. Eu poño o oído e escoito e vou aprendendo.

Rula é unha persoa diferente, fala dunha maneira que se chama cantar ou asubiar, que llo escoito a mamá: Que ben canta Rula, ou Asubía un pouquiño, Ruliña. Antes cando estaba soa ás veces intentaba falar como Rula, pero nunca sabía o que quería dicir. Como Rula so sei dicir ffffi ou ffffu.

Aínda que ese non é o problema, porque realmente ninguén fala como Rula nesta casa. Mamá dille de cando en vez cousas lindas A ver, bonitiña, aquí che traio alpiste, mais dillo como fala mamá, sen ruídos raros.

O problema é que de escoltar falar a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escolto que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de Xoubas.

O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei porque me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.

É unhna situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar

E agora estou nun dilema, porque pensó que están esperando a que eu me poña a falar un día destes. Eu xa sei dicir Mamá en segredo. Dígoo cando estou soa porque quero practicar e teño medo de que cando o vaia dicir por primeira vez me saia mal. Mais o meu dilema é que non sei se botar a falar como falan meus pais cando falan entre eles e con meus avós ou se poñerme a falar desa outra maneira en que me falan a min.

Rula polo menos sempre fala igual.

Eu é que a meus pais non os acabo de entender. De momento vou esperar un pouco, a ver se se aclaran. Aínda que se non queren que fale como eles as súas razóns terán. Digo eu...

Texto do libro "Made in Galiza",lido por Séchu Sende na VIII Forxa literaria


28/01/2008 22:33 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia No hay comentarios. Comentar.

ESTíBaLiZ ESPiNoSa

Estívaliz

+ DE 20 SEGUNDOS

Teño menos de 20 segundos para cautivarte, veñas de onde veñas


Se non, marcharás para sempre sen lembrar en que páxina liches isto. Ou quen era iso que falaba por esta voz que semellaba querer dicir algo.

Na publicidade, os spots duran iso: 20 segundos.

En 20 segundos namorades.
En 20 segundos cúrtase o voso cordón umbilical.
Morre alguén dun tiro ñas lempas.
É moitísimo tempo encerrado en pouco tempo.
Un cosmos nun infinitamente máis cativo.
E todo iso gardado nunha caixa que fai tic e logo tac.


Pero estás aquí e alómenos 10 segundos xa voaron.
A miña responsabilidade é cósmica: manter a especie humana unida
lendo este miserábel texto arredor da mesma lumieira.
E, ao mesmo tempo, é todo tan doméstico como esa figurina de pan
de San Andrés de Teixido que olla para min confiada dende o alto da pantalla.


Pero que non olla para ti. Para ti, que estarás gastando estes 20 segundos
saben
os deuses onde, sabendo qué [da ciencia. E do clima. E de min]
E con quen.
Leraslle este verso en alto.
Mira, qué gracia.
Mira qué gracia.


E marcharedes eos 20 segundos do meu alento baixo o voso brazo, ou na vosa
retina.
E asubiaredes ledas cancionciñas.


Se é que o ser humano aínda asubía e leva textos baixo o brazo e sorrí cando o aluden nun poema para entón

Sodes moitos a crear sobre esta Terra. Os humanos sodes moitos para case calquera cousa. Pero so un para eles. Para os cans. Para eles so existe un home. Unha mullen Son o único público que aplaude sempre as nosas monerías.


Non sempre foron tal.


Aos que se negaron
CAN-LOBO


Hai algo invencíbel e xadeante nesta páxina que comeza

14 mil anos separan ao lobo dos cans rueiros actuáis


Unha sima de células separa a este ser dende o que pensó dése ser
que corre polos lameiros
Exhala un bafo que esta páxina non rexistra
O seu frío xéstase dende remotas mandas
Corre só


Hai tempo que sabe que deixou aos seus


Procura

...Cynópolis, a cidade do can en honor ao deus Anubis...


Hai algo que lle impide volver a ser o que foi esgazar a miña man que fala do seu pelo correr ourizado polos penedos de América durmir nas cavernas, dar medo aos meus


Procura
Baixo unha lúa semellante a unha páxina deten, interrogante Noutrora oulearía
Aló lonxe
o fume dun campamento indícalle onde pasar a noite
e con quen
A figura dun home crava na súa memoria xenética durante quince mil anos
Esquecerá o seu nome o seu frío cómo cazar
Nos contos medievais asediará aos seus, aínda salvaxes caminará onda un deus, será el mesmo un deus
Polas noites encherá a civilización de instinto perdido
monstruoso
deforme
Algún día, sen saber por que, trabará nesta man que lie escribe Que nunca lie deu de comer


Algunha vez sentaches

pola parte de atrás dun poema.


Entón viches Nova York.

********


As túas pernas abanearon [insensatas] entre estas letras e
o Hudson.
Os puntos do texto fóran tiros de balas perdidas.
Alguén falou unha estraña mestura de sons mentres
mastigaba unha estraña mestura de sabores.
Outro alguén maldicía a súa sorte
E ao outro lado desa mesma moeda
un rostro beixaba o chan do recen porto.


Europa ulía lonxe. África sabía lonxe. Rusia oíase mal.
Nova lork alisaba como esta folla despois de que teñas pasado moitas follas sucesivas. E ao instante ourizaba coma eses contos para nenos nos que axexa un resorte de cartón e o gato boxea...
[A semana pecha en baixa para os mercados neoiorquinos] Un indio [é broma esa palabra?]
un alguén, un Lenape
le o New Yorker apoiado no seu arpón de pescar troitas,
dous días antes de que desembarquen os holandeses.
Axusta as gafas, cantaruxa a Sinatra.
Olla para ti levemente desafiante através desta páxina,
traspasando as letras como a humidade.
Venderá a illa por 24 dólares.
#####*#
Converter na vaxina de Norteamérica
na boca de Norteamérica
o embigo de Norteamérica
na menos norteamericana
de todos os norteamericanos
levouna a se arrastrar arquexando ata os teus pes
para che pregar que a camines,
que a corras, a acalcañes
lie finques os teus xeonllos sangrantes de barco
e á segunda xeración o esquezas todo.
[A alcaldía quere que os neoiorquinos deixen de tomar auga embotellada para axudaren ao medio ambiente]
Nova lork co pelo permanentemente ourizado, procura se resarcir de non ter sido a irmá guapa.
Un indio, un Lenape,
atravesa a nado o río e espía a Annie Hall.
Non hai sáculos que poidan contra a disposición desta frase
ou contra unha letra de PJ Harvey
dende un tellado de Brooklyn.
Mannahata debeu de significar algo para ese indio
[outra volta esa palabra?]
mais a día de hoxe
que é igual que onte
e moito me temo que manan
abóndalle con se estender
pola parte de atrás dun poema
acender calquera proxector
e
ser o epicentro
da historia.
A que muda coa luz
como calquera outra puta cidade.
Como Petra.
Como Caracas.
Como a miña.
Como a historia.


Estibaliz Espinosa pechou o recital con moita arte, como só ela o sabe facer, cantando e recitando os seu poemas.

28/01/2008 23:56 Autor: asolaina. enlace permanente. Tema: VIII FoRXa LiTeRaRia Hay 2 comentarios.



FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO

Laxeiro
"¡Oxalá que a SOLAINA medre tanto que poida ser albiscada desde a berenguela de Santiago de Compostela!"dixo o mestre LAXEIRO


Suscribir con Bloglines

Add to Technorati Favorites
Add to Google

Temas

Archivos

Enlaces